O león fraco Mon Daporta Cousiñas feitas na casa.

Slides:



Advertisements
Presentaciones similares
IMOS SOBRE RODAS EEI FINA CASALDERREY MARGARITA RODRIGUEZ VAZQUEZ
Advertisements

A acuicultura.
Feliz Nadal a todos os que comparten o desexo dun
AS RELACIÓNS SEMÁNTICAS
O Coliseum romano Historia dun símbolo.
Os textos argumentativos
OS CLIMAS 1.º FP BÁSICA.
Os Séculos Escuros.
Os Séculos Escuros.
A clonación e as células nai.
Traballo de investigación feito polos de 6ºB.
Traballo cooperativo Historia Catedral de Burgos 2 ESO
Normas de aula Educación en valores
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense.
Auga 22 de marzo día mundial.
Ricos países pobres Lidia Iglesias Vaamonde Helena García Muñoz
CURTA HISTORIA... Charles Plumb, era piloto dun bombardero na guerra de Vietnam. Despois de moitas misións de combate, o seu avión foi derribado por un.
VINCENT VAN GOGH
A arte de Maurits C. Escher.
Carlos Dosil Güeto 4º ESO
Podes ler un libro da biblioteca facendo clic no tema do teu interese.
Oe mamá… teño unha pregunta Beatriz Pérez Conde
Manifestación agrarista en Ribadavia (Ourense)
Servizo de asesoramento e información para a xuventude
¿COMO BUSCAMOS UN LIBRO DA NOSA BIBLIOTECA?
LINGUAXE MUSICAL I A música é unha linguaxe, e para escribila, necesitamos aprender os seus signos. Nuria García Amigo.
¿Por qué chorar mentres vou andando, se outros rín e non teñen pés?
A VIDA....
A llama.
1 Deseña un experimento para comproba-la seguinte hipótese: O rozamento é debido ás rugosidades que existen nas superficies dos corpos en contacto. Sobre.
ESTRANXEIRISMOS.
O cambio climático. Traballo feito por Carolina Barros Moran, Cristina Barros .oran e Ana Mañas Hernández.
Erros máis comúns (2ª parte)
Falando do pasado: COPRETÉRITO
Aulas ABALAR.
Traballo voz natura Traballo Traballo Voz Voz Natura Natura Traballo
AS ETAPAS DE PAULO COELHO.
O cAsTeLo De MaCeDa Castelo.
Carlos Gradín (Universidade de Vigo)
A alpaca.
Falando do pasado: COPRETÉRITO
Víctor Núñez Gómez Aldán Gay García Nacho Felpeto Criado
O DEPORTE FEMININO NA PRENSA GALEGA
Emilio Arias Consultor. Director de proxectos de Edan Xestión, s.l.
CONTOS DA RATA LUÍSA No mar Mon Daporta.
O cabalo branco do demo:
A época dos navegantes Miniquest adaptada por José Otón Mallo
O morcego Roque.
Alumnado 3º Eso DO I.E.S aquis celenis
de súpeto, o fillo cae, lastímase e grita: "aaaaaahhhhhhhhh!!!!!"
FACULTADE DE MEDICINA ACOE
O MAGOSTO en Ourense..
Era unha vez unha competencia ...
30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ
¡ Ah...! ¡Se entre Amigos fóramos gansos!.
CONECTANDO MUNDOS: Cando se torcen os dereitos.
O portfolio como recurso na avaliación do alumnado
CEIP ISIDORA RIESTRA I ENCONTROS DE E.INFANTIL E DE E. PRIMARIA.
Os volcáns.
Historia dunha castaña
O elefante asiático.
O TFG NA FACULTADE DE CC. EE. E EMPRESARIAIS DA USC Curso
MATRIMONIO HOMOSEXUAL
unha bruxa horriblemente guapa
Cousas da rata Luisa.
Cousas da rata Luisa.
Nunha xunta de pais de familia de certa escola, a directora resaltaba o apoio que os pais deben darlle aos fillos.
SOÑEI CUN ANXO.
Ramón Piñeiro López Armea (Láncara ) 31de maio de 1915.
A AVALIACIÓN NA EDUCACIÓN PRIMARIA
Transcripción de la presentación:

O león fraco Mon Daporta Cousiñas feitas na casa

Nun lugar da sabana africana vivía un fato de leóns, tal vez o fato de leóns máis gordos e felices de todo o mundo. Estaban gordos e eran felices porque tiñan de sobra con que matar a fame e porque ninguén os molestaba.

Todos os leóns eran gordos e felices menos un Todos os leóns eran gordos e felices menos un. Sí, no medio do fato había un león tan fraco e estragado que máis que un león parecía a radiografía dun león.

Había un león que estaba nos ósos porque os demáis, que lle sacaban máis de unha cuarta ao alto e varias ao longo, non o deixaban en paz. Non lle deixaban comer do que eles cazaban e roubábanlle o pouco que el conseguía.

O león fraco estaba tan débil que un día camiñando, mellor dito case arrastrándose, pola pradeira bateu nunha pedra que había entre a herba e dou cos dentes no chan.

E da caída saltoulle un dente que, sen que puidese evitalo, se coou nun burato, como de formigueiro que había diante do seu fuciño.

Ao instante de caír o dente polo burato (o león aínda non tivera tempo de laiarse nin lle quedaba forza para facelo) empezou a saír do burato un fume mesto

que foi tomando formas extrañas ata acadar a dun ser dunha altura superior á de calquera outro coñecido. O león, asustado, nin tentou fuxir, a súa debilidade era tan grande que non llo permiteu.

De seguido aquelo falou : Quen foi? - preguntou- Quen me despertou? O león, agardando o peor, permaneceu mudo tremendo de medo e sen mover un pelo.

Quen meteu no burato a única chave que podía liberarme Quen meteu no burato a única chave que podía liberarme? – Volveu preguntar, amosando o dente que tiña na man. Fun… eu -dixo o león cun fío de voz. Mellor dito foron esas pedras de ahí atrás nas que tropecei … e esta de aquí na que batín cos dentes. Pídolle disculpas e… Por favor… non mo tome a mal!

-Tomalo a mal. Agradecido che teño que estar -Tomalo a mal! Agradecido che teño que estar! Este dente foi a chave que abreu a cela na que estaba pechado desde xa case non me acordo cando. Adaptou o seu tamaño ao do seu acompañante e sigueu a falar

–Hai moitos anos, nunha das ducias de pelexas que tiven co Mago da Escuridade, pilloume cunha trapela e encerroume no soto do seu castelo. Desde aquela estiven alí metido ata hoxe mesmo. -Un castelo? Ninguén dos que vivimos aquí, nin siquera os máis vellos, sentiron falar nunca dun castelo.

-Pois mira ti o tempo que pasei soterrado -Pois mira ti o tempo que pasei soterrado! Neste lugar había unha cidade e nela un castelo, o castelo do Mago da Escuridade, coñecido en todo o mundo. Hoxe, por fin, gracias ao teu dente, son libre, e polo favor que acabas de facerme… podes pedir o que queiras!

- Quen. Eu. Eu non necesito nada… Eu son un león… o rei da selva - Quen? Eu? Eu non necesito nada… Eu son un león… o rei da selva!– dixo o león coa pouca fachenda que lle permitía o seu lamentable estado. - Ti o rei da selva? Non me fagas rir! Home, ser serás rei, pero, así a primeira vista, ninguén o diría. Tes máis pinta de esclavo que de rei.

- Boh… sí… é certo que son un león, pero máis ben un león pouca cousa… o máis cativo dos leóns que viven nesta parte do mundo. Paso tanta fame que case non teño forzas nin para moverme. - Pois imos rematar con eso. Pide o que queiras… polo favor que me fixeches concédocho.

Dubidou o león entre pedir unha enchenta de carne …facía tanto tempo que non comía ao dereito!, ou gañar un par de cuartas ao alto e as suficientes ao longo para facerlles pagar aos compañeiros cantas lle levaban feito ou… e decideuse polo terceiro.

-Quero que me convirtas no animal máis grande, máis forte e máis sabio destes lugares… Ah! e no que máis tempo viva. -É para min un placer satisfacer o teu desexo –dixo o feiticeiro liberado.

Dito e feito! O mago dirixeu o dedo índice da man dereita cara ao león, pronunciou unhas extrañas palabras; produceuse unha descarga de enerxía… e o león fraco transformouse no animal máis grande, máis forte, máis sabio e máis lonxevo de todos os animais da sabana.

O león fraco transformouse nun ELEFANTE!!