auga 22 de marzo día mundial
A Asamblea Xeral das Nacións Unidas, na súa resolución do 22/12/1992 decidiu declarar o 22 de marzo como DÍA MUNDIAL DA AUGA a celebrar a partir de 1993
É unha data para recordarnos a todos e a todas que hai que facer esforzos concretos para proveer de auga potable a todas as persoas do mundo e concienciarnos sobre a súa correcta xestión.
Cada ano a Asamble Xeral das Nacións Unidas adíca esta celebración a un tema diferente
1993 A auga: Unha Herdanza en Común Todos herdamos o prezado tesouro da auga. Se non o conservamos as xeracións futuras non poderán gozalo.
1994 Coidar dos recursos hídricos é cousa de todos A xestión da auga xera disputas entre persoas, comunidades ou países debido aos desequilibrios entre a demanda e a disponibilidade. Hai que destacar a importancia da cooperación a todos os niveis.
1995 Muller e auga Nas problematicas asociadas á dispoñibilidade da auga as máis afectadas son as mulleres que, en moitas sociedades, xogan un papel central na obtención, manexo e distribución deste prezado recurso
Na maioría dos paísen en vías de desenvolvemento as mulleres son as responsables da xestión da auga a escala doméstica e comunitaria. Algunhas mulleres e nenas destes paises empregan máis de 8 horas ao día e percorren ata 15 km para trasladar de 15 a 25 litros de auga por viaxe.
1996 Auga para as cidades sedentas No 2020, o 60% de la poboación mundial vivirá nas cidades polo que o desenvolvemento de infraestruturas para o abastecemento de auga e a súa correcta xestión é sumamente urxente.
1997 A auga no mundo, resulta suficiente? -Máis de 1.100 millóns de persoas non teñen garantido o acceso a auga potable. -Máis de 2.400 millóns non teñen saneamento seguro. -A maioría dos ecosistemas acuáticos do planeta están ameazados.
1998 Auga subterránea, o recurso invisible
1999 Todos vivimos augas abaixo
2000 Auga para o século XXI A escaseza de auga é un dos problemas máis importantes que debe afrontar o mundo no século XXI. Durante o pasado século o uso da auga aumentou a un ritmo máis de dúas veces superior á taxa de crecemento da poboación.
Para o ano 2025, 1.800 millones de personas habitarán en áreas con escaseza absoluta de auga, e 2/3 da poboación mundial padecerá conflictos relacionados co seu uso.
2001 Auga e saúde Un chamamento a unha conciencia global sobre a escaseza de augas limpas e vivas nun mundo cada vez máis agresivo e menos habitable en pro dunha nova racionalidade fronte ao modelo de desenvolvemento actual
Dous millóns de nenos e nenas morren cada ano por falta de auga potable.
2002 Auga para o desenvolvemento A agua é o recurso natural máis importante e inflúe en todos los aspectos da civilización. Ao longo da historia da humanidade a necesidade e a demanda de auga foron un motor de desenvolvemento social, económico e cultural. Sen auga non hai agricultura, industria, lecer...
2003 Auga para o futuro Nun mundo que experimenta un forte crecemento demográfico e onde o consumo de auga aumenta constantemente, as dificultades para garantir o recurso son cada vez maiores. As dificultades medioambientales, sociais e económicas van en aumento como resultado das moitas presións que se exercen sobre os recursos naturais.
2004 A auga e os desastres Hai unha profunda preocupación polo aumento da frecuencia e a intensidade dos fenómenos climáticos extremos e os desastres naturais que se producen en moitas zonas do mundo polo seu considerable impacto económico, social e ambiental, en particular nos países en desenvolvemento.
2005-2015 Comeza o Decenio Internacional da Auga co lema “Auga para todos, auga para a vida” co obxectivo de ocuparse das cuestións relativas á auga (escaseza, contaminación, saneamento, reducción do risco de desastres...) e da execución de programas e proxectos que servan para mellorar a situación mundial.
2005 A auga fonte de vida A auga é esencial para a vida, pero é escasa para millóns de persoas en todo o mundo. Moitos millóns de nenos e nenas morren cada día por enfermidades transmitidas pola auga. A seca azota periódicamente a algúns dos países máis pobres do planeta.
2006 Auga e cultura Existen tantas maneiras de considerar, utilizar e conmemorar a agua como tradicións culturais hai no mundo. A agua sitúase no centro de numerosas relixións e emprégase en diversos rituais e ceremonias.
"Debido ao seu papel fundamental na vida da sociedade, a auga ten unha forte dimensión cultural. Non se pode atopar ningunha solución de futuro sostible sen entender nen considerar os aspectos culturais dos nosos problemas relacionados coa auga”.
2007 Afrontando a escaseza de auga Ao tempo que medra a poboación e as necesidades de desenvolvemento esixen maior cantidade de auga para as ciudades, a agricultura e a industria, a presión sobre los recursos hídricos intensifícase, o que produce tensións e conflictos, e un impacto excesivo no medio ambiente.
A principal dificultade consiste en atopar maneiras máis efectivas de conservar, utilizar e protexer os recursos hídricos a nivel global.
Espérase que a poboación mundial acade os 8 Espérase que a poboación mundial acade os 8.100 millones de personas no ano 2030. Para manter o ritmo da crecente demanda de alimentos, durante os próximos 30 anos será necesario destinar ao uso agrícola un 14 % máis de auga dóce.
2008 Saneamento Un correcto manexo sanitario da auga potable e das augas residuais reduce os riscos para a saúde e mellora a calidade de vida das persoas. 2.600 millones de personas no mundo carecen de acceso a un saneamiento básico o que as fai víctimas potenciais do 80% de las enfermidades.
A mellora do saneamento reduce o cólera, o tifo, a malaria, as diarreas, a pneumonía, e ata a desnutrición o que evitaría 1,5 millóns de mortes ao ano.
2009 Recursos hídricos transfronteirizos As 263 cuncas e lagos transfronteirizos do mundo cobren case a metade das superficie dos continentes e esténdense a través do territorio de 145 países. Tamén se moven grandes cantidades de auga dóce por debaixoo das fronteiras nos acuíferos subterráneos. É importante fomentar as oportunidades de cooperación na xestión da auga. Todos compartimos esa responsabilidade de cara ás xeracións actuais e futuras.
2010 Auga limpa para un mundo san
2011 Auga para as cidades, respondendo ao desafío urbano”. Todos (gobernos, organizacións, comunidades e persoas individuais) debemos participar activamente para responder ao desafío da xestión da auga urbana para mellorar o seu aproveitamento e a eficacia dos sistemas de distribución e tratamento.
A auga é un dos recursos máis preciados do planeta, é unha necesidade e un dereito humano primordial... pero case unha sexta parte da poboación mundial non ten acceso a ela.
consumo de auga no mundo
2012 Auga e seguridade alimentaria Auga e alimentación están estreitamente relacionadas Segundo a ONU existe seguridade alimentaria cando calquera persoa pode satisfacer as súa necesidades . El deficiencias están generado graves crisis en amplias y cada vez más numerosas zonas del mundo. Según la ONU, "existe seguridad alimentaria cuando cualquier persona puede satisfacer sus necesidades dietéticas para poder tener una vida activa y sana; y el agua es uno de los factores fundamentales para la producción de los alimentos".
2012 Auga e seguridade alimentaria Auga e alimentación están estreitamente relacionadas Segundo a ONU existe seguridade alimentaria “cando calquera persoa pode satisfacer as súas necesidades dietética para poder ter unha vida activa e san; e a auga é un dos factores fundamentais para a produción de alimentos”.
2013 ANO INTERNACIONAL AUGA E COOPERACIÓN
2013 OBXECTIVOS: -Fomentar a sensibilización sobre a importancia, os beneficios e retos da cooperación en materia de auga; -Mellorar o coñecemento e a capacitación para a cooperación -Estimular accións concretas e innovadoras cara á cooperación en materia de auga -Fomentar as asociacións e o diálogo arredor da cooperación en materia de auga.
2014 Auga e enerxía Auga e enerxía están moi relacionados entre sí e son interdependientes. A producción e trasmisión de enerxía precisa da auga (centrais hidroeléctricas, térmicas ou nucleares) e una importante cantidade de enerxía (aproximadamente un 8% emprégase para a extracción, o tratamento e o transporte da auga aos consumidores.
Hai que poner especial interese no estudo das desigualdades, especialmente nos problemas que teñen una gran parte das poboacións que viven en barrios marxinais e zonas rurais pobres sen acceso á auga potable, a un saneamento axeitado, alimentos suficientes e fontes de enerxía.
facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo. Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo. PROVERBIO AFRICANO
auga e enerxía 22 de marzo 2014 DÍA MUNDIAL DA AUGA IMAXES: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet Marzo 2014