AS PLANTAS
As plantas son seres vivos: -pluricelulares -formados por células eucariotas con parede de celulosa e cloroplastos, diferenciadas en tecidos. -Fotosintéticas e autótrofas (nútrense a partir da materia inorgánica) -sen capacidade de desprazamento -reprodución sexual ou asexual (con embrión) A ciencia que estuda as plantas é a BOTÁNICA. Célula vexetal
FUNCIÓNS DAS PLANTAS -Nutrición: fotosíntese -Respiración. recollen osíxeno a través dos estomas -Transpiración: expulsan auga, sobre todo a través das follas estoma
RELACIÓN Responden a estímulos do ambiente: cambios de temperatura e luz, cambios químicos, contacto.. Caída da folla: luz, temperatura Gabiáns: contacto Orientación á luz
REPRODUCIÓN SEXUAL ASEXUAL A partir de elementos: estacas, raíces, follas... Con gametos e cigoto Con esporas haploides
SEGUNDO A SÚA ESTRUTURA TIPOS DE PLANTAS SEGUNDO A SÚA ESTRUTURA
FOLLA Estrutura laminar de formas e tamaños moi variados, encargada da respiración e da fotosíntese (nutrición) da planta. ANXIOSPERMAS FLOR: Órgano produtor e portador das células reprodutoras TALO Parte aérea da planta, endurecida, que serve de soporte a todas as demais. FROITO: Elemento que protexe o embrión mentres non está formado. RAÍZ: Suxeita a planta e absorbe auga e sales minerais.
Mapoula mariña Gramínea
XIMNOSPERMAS
Piñeiro bravo
PTERIDOFITAS SOROS grupos de esporanxios, que conteñen as esporas. FRONDE parte aérea, laminar, de cor verde. Realiza as funcións de respiración e nutrición e serve de soporte aos órganos reprodutivos. TALO Xeralmente rizoma. RAÍCES
BRIOFITAS ESPORANXIO: Cápsula coas esporas FILODIOS: realizan a mesma función que as follas (nutrición e respiración) CAULOIDE falso talo RIZOIDE fileiras de células que serven de suxección.
TIPOS DE PLANTAS SEGUNDO O ASPECTO herba
macizo
tapizante
mata
árbores arbustos
arbusto
ÁRBORES Formas das copas esférica
cilíndrica
cónica
irregular
colgante
ALGUNHAS CURIOSIDADES DAS PLANTAS
Planta con flores máis pequena: lentella de auga: 0,6 mm.
Árbore máis alta: secuoia vermella Stratosphere Giant, con 112,34 m Árbore máis alta: secuoia vermella Stratosphere Giant, con 112,34 m. California.
Árbore máis pequena: salgueiro ártico.
Árbore máis grosa: alcipreste de Oaxaca (México)
A árbore máis vella: pícea de 9.550 años: Dalarna, en Suecia.
O Baobad pode almacenar no seu toro 136.000 litros de auga.
A herba máis grande: bambú, pode acadar 15 m de altura.
A folla máis grande: Raphia farinifera (Madagascar): 20 m.
A flor máis grande: Rafflesia arnoldii (Borneo) : 105 cm de diámetro e 7 kg
Inflorescencia máis grande: Aro gigante (Amorphophallus titanum) de Sumatra-Indonesia: 2,5 m de alto.
Semente máis grande: cocoteiro de mar: ata 27 kg
O froito máis grande é o da árbore Artocarpus heterophyllus que pode pesar ata 50 quilos. Algunhas cabazas tamén poden acadar este peso e máis de1 m de diámetro.
Cactus máis grande: saguaro (México) 20 m de altura e 200 anos
A selva máis extensa: Amazonia: 7.000.000 de km2 Produción de osíxeno das selvas: 40%
Montaxe: Adela Leiro Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet Debuxos: Mon Daporta