Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
1
cousas da rata Luisa
2
ENSALADAS
3
Desde o aquel do biscoito, aos nenos de Luisa,
entroulles afección polas cousas da cociña.
4
O que máis lles gusta e preparar ensaladas,
con moitas cousas xuntas de cores variadas
5
Mesturan leituga, tomate, cenoria e, si a hai na casa, calquera outra cousa.
6
E a según o día, bótanlle aceitunas
pasas, millo, noces… e outras cousas crúas
7
Pepino, repolo, rábanos, escarola, endivias, pemento, berros, cebola…
8
ou verduras cociñadas:
chicharos, coliflor, patacas, xudías, cogumelos; ou arroz.
9
Unhas veces botan froita:
uvas, mazán, pexego, piña, pera, melón, amorodos, plátano, mandarina…
10
Outras veces botan carne:
polo, pavo, xamón cocido, mortadela, salchichón, ou calquera outro embutido.
11
En ocasións botan peixe:
atún, anchoas, pauciños… Gambas, berberichos, mexillóns, e outros mariscos.
12
E outras un pouco de todo:
Pastas frías varidas, fermosas de forma e de cor, queixos, ás veces un, ás veces varios, pan torrado, ovo, piñóns…
13
E preparando os aliños aínda o pasan mellor.
Múdanlle case a diario o aspecto a cor e o sabor
14
Uns días fanlle o de sempre, seguindo ao pé o refrán:
Xeneroso co aceite, co vinagre avaro, e axustado co sal.
15
E outros ensaian e proban:
salsa rosa, mahonesa, allo, pemento, iogur, perixel, mostaza, especias…
16
E igual que cando as preparan, disfrutan logo ao comelas.
Son tan bonitas, tan variadas, que dan fame só con velas
17
Que ricas as ensaladas! Frescas, cheas de cor
con todo xa en anaquiños e cada un co seu sabor.
18
fin As fotografías son collidas da Internet.
Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.