Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
1
A DIXESTIÓN EN VERTEBRADOS
2
O aparato dixestivo de vertebrados é o máis evolucionado do reino animal.
Presenta un tubo dixestivo con rexións moi especializadas e conta con diversas glándulas anexas.
3
Procesos que se realizan no aparato dixestivo: a dixestión require 2 tipos de tratamento do alimento: Tratamento mecánico: supón a fragmentación do alimento e movemento do bolo alimenticio a través do tubo dixestivo, grazas a procesos bucais e contraccións da musculatura do tubo dixestivo denominadas contraccións peristálticas. Tratamento químico: produce a hidrólise das macromoléculas do alimento polos enzimas dos zumes dixestivos e da bile. Con este tratamento químico se liberan moléculas de pequeño tamaño (nutrintes), que poden atravesar a parede dixestiva (absorción) e incorporarse ao medio interno, para ser distribuidas polo sangue aos diferentes tecidos.
4
Partes do tubo dixestivo
A BOCA Na boca se fragmenta o alimento e se inicia a dixestión química dos hidratos de carbono, grazas aos enzimas da saliva (amilases). As glándulas salivares son: as parótidas, as submaxilares e as sublinguais. A fragmentación do alimento: Nos animais con dentes ou estruturas análogas, o alimento é triturado mecánicamente mediante a mastigación. A dentición é característica de cada especie e está adaptada ao tipo de alimentación
5
A dixestión química e a lubricación do alimento :
A saliva se mestura co alimento e inicia a dixestión química dos hidratos de carbono. A saliva é unha solución acuosa composta de auga e proteínas (ptialina hidroliza almidón e glicóxeno / mucinalubrica a mucosa bucal). Unha vez troceado e lubricado o alimento se transforma no BOLO ALIMENTICIO. A saliva, ademáis da súa función dixestiva, lubrica o bolo e favorece a deglutición. A deglutición: É a fase na que o bolo pasa da boca ao esófago. 1º: o bolo é impulsado cara á farinxe pola lingua, de forma voluntaria. 2º: o bolo pasa ao esófago e se despraza por él impulsado polas contraccións peristálticas.
6
O ESÓFAGO Estrutura: é un tubo que comunica a boca co estómago. Funcións: Continúa o tratamento mecánico do alimento e a súa dixestión química (lévaa a cabo a saliva contida no bolo) Segrega substancias mucoides que lubrican o bolo e evitan a abrasión das súas paredes. O ESTÓMAGO Estrutura: é unha porción dilatada do tubo dixestivo, situada entre o esófago e o intestino. É un saco muscular, cunha estrutura típica na que se localizan 3 zonas: fondo, corpo e antro pilórico. Funcións: Almacena a comida Regula o paso da comida ao intestino Realiza parte da dixestión. Absorción de auga, ións e certas substancias como a aspirina e o etanol
7
O quimo e as secrecións gástricas
Quimo: masa semilíquida resultante dos movementos aos que está sometido o alimento dende que se inxire ata que chega ao estómago, onde é mesturado cos zumes gástricos. Secrecións gástricas: son secrecións segregadas polas glándulas das paredes de revestimento do estómago. Están formadas por: Auga Mucina: función protectora Pepsinóxeno: precursor da pepsina, enzima que degrada as proteínas a péptidos Renina: actúa sobre as proteínas do leite Ácido clorhídrico: mantén o pH ácido para que funcionen os enzimas e ten ademáis acción bactericida.
8
Partes do estómago
9
O INTESTINO DELGADO Estrutura: divídese en 3 partes (duodeno, xexuno e íleo) e representa a porción máis longa do tubo dixestivo. A súa lonxitude varía co tipo de alimentación (longo nos herbívoros e máis curto nos carnívoros) Funcións: Realiza a maior parte da dixestión química e da absorción de nutrintes Para isto: as secrecións vertidas polo páncreas, fígado e glándulas intestinais teñen que mesturarse co quimo, transformando éste nunha substancia denominada quilo O quilo está formado por auga, sales minerais, monosacáridos, aa, etc. que serán absorbidos pola mucosa intestinal para ser incorporados ao aparato circulatorio.
10
Glándulas intestinais: segregan o zume intestinal
Glándulas intestinais: segregan o zume intestinal. Producen un mucus que protexe ao intestino. Segregan tamén enzimas dixestivas, como a enteroquinasa, que activa o tripsinóxeno (precursor da tripsina, que transforma oligoéptidos en aa). Fígado: glándula que fabrica e segrega a bile, que se almacena na vesícula biliar. Cando é necesaria para o proceso dixestivo, a bile é vertida ao intestino e contribúe á dixestión de lípidos, emulsionando as graxas. Páncreas: é unha glándula mixta que segrega hoemonas, como a insulina e o glicagón e o zume pancreático. Os enzimas máis importantes do zume pancreático son: Amilases hidrolizan o almidón Lipases transforman as graxas en ácidos graxos e glicerina Tripsina continúa a dixestión das proteínas a aa.
11
TRANSFORMACIÓN DO ALIMENTO NO TUBO DIXESTIVO ATA O INTESTINO DELGADO
BOLO ALIMENTICIO (saliva) QUIMO (alimento batido + zumes gástricos) QUILO (auga, sales, aa) COMIDA BOCA + ESÓFAGO INTESTINO DELGADO ESTÓMAGO
12
O INTESTINO GROSO Estrutura: é a parte terminal do tubo dixestivo. Divídese en 3 partes: Cego: porción inicial do intestino groso Colon: continuación do cego Recto : porción terminal do intestino groso. Regula a saída ao exterior das feces fecais a través do ano. Funcións: Absorción de ións e auga, proceso que orixina as feces fecais, constituidas polos restos da dixestión.
13
A absorción intestinal
Absorción: proceso polo cal os produtos obtidos na dixestión atravesan a parede intestinal e pasan ao aparato circulatorio. Adaptacións do intestino para a absorción: Incremento da lonxitude do tubo aparición de múltiples pregamentos, entre os que destacan as vilosidades intestinais (proxeccións cara o interior do tubo con finísimas prolongacións denominadas microvilosidades Algúns animais presentan repregamentos, como os cegos intestinais dos peixes
14
Cómo se realiza a absorción:
No intestino delgado: a maioría dos nutrintes orgánicos son absorbidos por transporte activo. Algunhas substancias, como a auga, difúndense directamente ao capilar da vilosidade intestinal. Outras son absorbidas por difusión. No intestino groso: continúase a absorción de ións e auga, e se forman as feces fecais. Este tramo do intestino contén bacterias simbiontes, que descompoñen os alimentos non dixeridos nin absorbidos no intestino delgado Regulación das secrecións intestinais: Zume intestinal: a presenza de alimento no duodeno induce a síntese de secretina (hormona que desencadea a produción do zume intestinal) Zume pancreático: a presenza de alimento na boca produce un sinal nervioso que induce a síntese pancreática Secreción biliar: a chegada das graxas ao intestino provoca a síntese de proteínas que favorecen a secreción biliar.
15
Polisacáridos disacáridos
ZUME DIXESTIVO LUGAR DE ELABORACIÓN VERTIDO ENZIMAS ACCIÓN Saliva Glándulas salivares Boca Ptialina Polisacáridos disacáridos Zumes Gástricos Paredes do estómago (glándulas gástricas) Estómago Pepsina Renina Proteínas polipéptidos Proteínas do leite Zume intestinal Glándulas intestinais Intestino delgado Enteroquinasa Activa o tripsinóxeno (precursor da Tripsina) Oligopéptidos aa Bile Vesícula biliar (fígado) --- Contribúe á dixestión dos lípidos (emulsiona graxas) Zume pancreático Páncreas Amilasa Lipasa Tripsina Graxas ácidos graxos e glicerina Dixestión de proteínas:Oligopéptidos aa
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.