La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

O león fraco Mon Daporta Cousiñas feitas na casa.

Presentaciones similares


Presentación del tema: "O león fraco Mon Daporta Cousiñas feitas na casa."— Transcripción de la presentación:

1 O león fraco Mon Daporta Cousiñas feitas na casa

2 Nun lugar da sabana africana vivía un fato de leóns, tal vez o fato de leóns máis gordos e felices de todo o mundo. Estaban gordos e eran felices porque tiñan de sobra con que matar a fame e porque ninguén os molestaba.

3 Todos os leóns eran gordos e felices menos un
Todos os leóns eran gordos e felices menos un. Sí, no medio do fato había un león tan fraco e estragado que máis que un león parecía a radiografía dun león.

4 Había un león que estaba nos ósos porque os demáis, que lle sacaban máis de unha cuarta ao alto e varias ao longo, non o deixaban en paz. Non lle deixaban comer do que eles cazaban e roubábanlle o pouco que el conseguía.

5 O león fraco estaba tan débil que un día camiñando, mellor dito case arrastrándose, pola pradeira bateu nunha pedra que había entre a herba e dou cos dentes no chan.

6 E da caída saltoulle un dente que, sen que puidese evitalo, se coou nun burato, como de formigueiro que había diante do seu fuciño.

7 Ao instante de caír o dente polo burato (o león aínda non tivera tempo de laiarse nin lle quedaba forza para facelo) empezou a saír do burato un fume mesto

8 que foi tomando formas extrañas ata acadar a dun ser dunha altura superior á de calquera outro coñecido. O león, asustado, nin tentou fuxir, a súa debilidade era tan grande que non llo permiteu.

9 De seguido aquelo falou : Quen foi? - preguntou- Quen me despertou?
O león, agardando o peor, permaneceu mudo tremendo de medo e sen mover un pelo.

10 Quen meteu no burato a única chave que podía liberarme
Quen meteu no burato a única chave que podía liberarme? – Volveu preguntar, amosando o dente que tiña na man. Fun… eu -dixo o león cun fío de voz. Mellor dito foron esas pedras de ahí atrás nas que tropecei … e esta de aquí na que batín cos dentes. Pídolle disculpas e… Por favor… non mo tome a mal!

11 -Tomalo a mal. Agradecido che teño que estar
-Tomalo a mal! Agradecido che teño que estar! Este dente foi a chave que abreu a cela na que estaba pechado desde xa case non me acordo cando. Adaptou o seu tamaño ao do seu acompañante e sigueu a falar

12 –Hai moitos anos, nunha das ducias de pelexas que tiven co Mago da Escuridade, pilloume cunha trapela e encerroume no soto do seu castelo. Desde aquela estiven alí metido ata hoxe mesmo. -Un castelo? Ninguén dos que vivimos aquí, nin siquera os máis vellos, sentiron falar nunca dun castelo.

13 -Pois mira ti o tempo que pasei soterrado
-Pois mira ti o tempo que pasei soterrado! Neste lugar había unha cidade e nela un castelo, o castelo do Mago da Escuridade, coñecido en todo o mundo. Hoxe, por fin, gracias ao teu dente, son libre, e polo favor que acabas de facerme… podes pedir o que queiras!

14 - Quen. Eu. Eu non necesito nada… Eu son un león… o rei da selva
- Quen? Eu? Eu non necesito nada… Eu son un león… o rei da selva!– dixo o león coa pouca fachenda que lle permitía o seu lamentable estado. - Ti o rei da selva? Non me fagas rir! Home, ser serás rei, pero, así a primeira vista, ninguén o diría. Tes máis pinta de esclavo que de rei.

15 - Boh… sí… é certo que son un león, pero máis ben un león pouca cousa… o máis cativo dos leóns que viven nesta parte do mundo. Paso tanta fame que case non teño forzas nin para moverme. - Pois imos rematar con eso. Pide o que queiras… polo favor que me fixeches concédocho.

16 Dubidou o león entre pedir unha enchenta de carne …facía tanto tempo que non comía ao dereito!, ou gañar un par de cuartas ao alto e as suficientes ao longo para facerlles pagar aos compañeiros cantas lle levaban feito ou… e decideuse polo terceiro.

17 -Quero que me convirtas no animal máis grande, máis forte e máis sabio destes lugares… Ah! e no que máis tempo viva. -É para min un placer satisfacer o teu desexo –dixo o feiticeiro liberado.

18 Dito e feito! O mago dirixeu o dedo índice da man dereita cara ao león, pronunciou unhas extrañas palabras; produceuse unha descarga de enerxía… e o león fraco transformouse no animal máis grande, máis forte, máis sabio e máis lonxevo de todos os animais da sabana.

19 O león fraco transformouse nun ELEFANTE!!


Descargar ppt "O león fraco Mon Daporta Cousiñas feitas na casa."

Presentaciones similares


Anuncios Google