La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

A llama.

Presentaciones similares


Presentación del tema: "A llama."— Transcripción de la presentación:

1 a llama

2 Da importancia da llama para os pobos andinos son mostra as numerosas representacións que fixeron dela ao longo dos tempos. Cerámica con forma de llama da cultura de Nazca, 0 a 700 d C. Llamas nun petroglifo do deserto de Atacama Figuriña precolombina dunha llama feita en ouro.

3 A llama (Lama glama) é un animal creado polos pobos andinos a partir dos guanacos. Está emparentada cos camelos e os dromedarios. Vive nas chairas de altura dos Andes, entre os 2300 e os 4000 m de altitude, desde Colombia ata o centro de Chile e o norte da Arxentina. Ten unha figura lanzal, con patas, e pescozo longos. Mide entre 1 m e 1.20 m de altura na cruz, ata 1,90 m do chan á cabeza, e pode pesar ata 125 kg.

4 Aliméntase de herbas e follas propias das zonas altas nas que se desenvolve.

5 Ten o labio superior partido, para non danalo coas herbas duras, e os dentes longos para cortala mellor.

6 Cando se enfadan botan as orellas para atrás e moitas escupen, son quen de lanzar un chorro de cuspe a bastante distancia.

7 Ten as patas finas pero con bos apoios, os dedos protexidos por unllas fortes e as plantas endurecidas para non danarse coas irregularidades do terreo.

8 Cando descansan recollen as patas debaixo do corpo para non perder calor

9 Para rañarse e para limpar a pel, as veces, danse baños de terra.

10 A llama vive en grupos de 7 a 15 animais, formados por un macho reproductor dominante, as femias e as súas crías. Cada rebaño ocupa un territorio delimitado e marcado por acumulacións de excrementos e ouriños

11 Como son animais territoriais os machos pelexan, a empurróns patadas e dentadas, polo control do seu espazo e polas femias.

12 Maduran ao ano de vida pero póñense a criar aos 3 anos
Maduran ao ano de vida pero póñense a criar aos 3 anos. A xestación dura 11 meses e teñen unha soa cría que nace ben desenvolvida

13 As crías maman ata os 6 meses.

14 Chegan a vivir entre 15 e 20 anos.

15 Críase en réxime de pastoreo

16 E téñense como animais de carga, productores de carne, lá, e coiro; tamén se lle aproveita a graxa para facer velas e os excrementos como abono e como combustible.

17 Os amchos utilízanse como animais de carga
Os amchos utilízanse como animais de carga. Transportan uns 40 kg en viaxes longas e ata 60 kg en viaxes dun só día.

18

19 A carne dos machos cómese pouco, porque é moi dura, a das femias ten un sabor perecido a de carneiro.

20 Unha llama produce 4 kg de lá cada 2 anos
Unha llama produce 4 kg de lá cada 2 anos.Despois da rapa sepárase a lá, fina e de boa calidade, que se utiliza para a confección de roupa, do pelo, longo e duro, que se trenza para facer cordas.

21 A lá úsase soa ou mesturada coa de ovella para fiar e facer todo tipo de prendas.
Corda de pelo de llama

22 A pel e o coiro utilízanse para facer colchas, tapizados, alfombras, calzado, carteiras,…

23 Tamén se usan como recurso turístico para facerse fotos, para dar paseos,…

24 Son protagonistas en algúns eventos como festas, cabalgatas

25 e carreiras. Carreira de llamas nunha celebración.

26 Hai dúas razas principais:
Raza de pelo curto "Ccara", "Q'ara" ou "Pelada", que ten lá curta e só pelo curto na cara, no pescozo e nas patas. Raza lanuda "Ch'aku", menos común, con pelo de febras longas de finura media tamén no pescozo.

27 Os “adornos” que levan nas orellas son marcas que lle poñen os propietarios para poderen distinguilas e recoñecelas, aínda que tamén se lle poñen adornos especiais en datas sinaladas.

28

29 Pola mobilidade dos labios e a mandíbula as llamas poden adoptar expresións moi chamativas.

30

31

32

33

34

35 fin As imaxes foron collidas da internet.
Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta COUSIÑAS FEITAS NA CASA


Descargar ppt "A llama."

Presentaciones similares


Anuncios Google