La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

ROSALIND FRANKLIN A NOBEL QUE NON PUIDO SER

Presentaciones similares


Presentación del tema: "ROSALIND FRANKLIN A NOBEL QUE NON PUIDO SER"— Transcripción de la presentación:

1 ROSALIND FRANKLIN A NOBEL QUE NON PUIDO SER
LUCÍA PÉREZ COELLO (1º BACHARELATO) Ciencias para o mundo contemporáneo IES Otero Pedrayo.Ourense Profesora: Carmen Cid Manzano

2 A nosa homenaxe 50 anos despois da súa morte

3 Rosalind Franklin naceu o 25 de xullo de 1920 en Kensington (Londres), nunha familia anglo-xudea conservadora e culta. Rosalind Franklin á idade de 12 anos. cos seus irmáns The Rosalind Franklin Papers . Rosalind Franklin coa súa irmá Jenifer.. The Rosalind Franklin Papers . I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

4 Científica de vocación…
O seu pai defendía que as mulleres non debían realizar ningunha outra actividade que non fose benéfica ou social.Pero Rosalind sabía xa desde os 15 anos que iso non era o seu. Tras longas discusións, Rosalind logrou matricularse no Newnham College de Cambridge (institución exclusivamente feminina), en 1938. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

5 Vida no Newnham College de Cambridge…
A pesar do elevado grao de rendemento que amosaban as mulleres, non eran consideradas “membros da universidade”. Só podían obter un grao de licenciatura “nominal”, sen poder acadar o de Masters of Arts (reservado ós homes).

6 Foi así como descubriu a súa paixón pola cristalografía.
A vida no College non foi moi gratificante para Rosalind e a discriminación que sufría a muller fixo mela na súa autoestima. O estalido da II Guerra Mundial empeorou as circunstancias, pero puido aprender a traballar soa. Foi así como descubriu a súa paixón pola cristalografía. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

7 Trala guerra… Trasladouse a París, onde gozou dun ambiente aberto, cordial e amigable. En xaneiro de 1951, incorporouse á Unidad de Biofísica do King´s College de Londres. O King’s era un centro de prestixio dominado enteiramente por homes . O SEU OBXECTIVO PRINCIPAL: a aplicación da Física ao estudo de moléculas biolóxicas importantes, entre as que se atopaban os ácidos nucleicos. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

8 No King’s College… Ó chegar, Rosalind bateu cos intereses e obxectivos de Maurice Wilkins, o subdirector do grupo de traballo, que tiña experiencia previa sobre o estudo do ADN. Wilkins impuxo que Rosalind traballara baixo a súa supervisión. Rosalind, de coñecer a subordinación a Wilkins, é moi probable que non aceptara este traballo.

9 Maurice Wilkins non aceptou de bo grao á nova investigadora
Maurice Wilkins non aceptou de bo grao á nova investigadora. Pero a antipatía foi mutua. A propia Rosalind recoñecía que no único no que se puñan de acordo ela e Maurice era en non estar de acordo en nada. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

10 DESCUBRIMENTO DA ESTRUTURA DO ADN…
O primeiro traballo de Rosalind ao incorporarse ao King’s, consistiu en instalar un novo equipo de raios X e introducir un conxunto de melloras para optimizar o sistema de detección para o estudo das fibras de ADN. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

11 Franklin utilizou unha técnica chamada DIFRACCIÓN DE RAIOS X para fotografar a molécula do ADN.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

12 reflíctense ao seu paso, dispérsanse,
DIFRACCIÓN DE RAIOS X Esta técnica pode crear imaxes de pequenas estruturas como moléculas, porque a lonxitude de onda da radiación X é tan pequena como a separación entre átomos, producíndose reflexións nos mesmos. Os raios X pasan a través do ADN e: reflíctense ao seu paso, dispérsanse, ou difráctanse en diferentes direccións. Todas as reflexións de Bragg son rexistradas ao mesmo tempo. Cando os raios X saen do conxunto, levan un modelo do mesmo que impresionan unha película fotográfica. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

13 Franklin dirixiu os raios X a unha fibra de ADN, do espesor dun cabelo, do timo dun becerro.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

14 Cristalografía de Raios X do ADN
Esta imaxe pasou á historia como Fotografía 51 I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

15 Ao mesmo tempo, Watson e Crick, no Laboratorio de Cambridge, estaban a construír un modelo sobre a estrutura do ADN e non dispuñan dunha evidencia experimental directa a favor dunha dobre hélice. Rosalind Franklin Rosalind, coa colaboración de Raymond Gosling, proporcionáronlle a experiencia que necesitaban. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

16 Rosalind Franklin deduciu, mediante cálculos precisos, que as cadeas do ADN eran dúas. Ademais, calculou varios parámetros da hélice, como a distancia ou período de repetición. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

17 I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense As imaxes que garantían a estrutura da dobre hélice foron obtidas ás costas da súa autora coa complicidade de Wilkins, quen facilitou a Watson a entrada ao laboratorio de Rosalind Franklin. Bragg tamén ofreceu unha axuda inestimable a Watson e Crick facilitándolles datos confidenciais que posuía. William Lawrence Bragg Ela nunca soubo que unha filtración do seu traballo contribuíra a desvelar o segredo da vida.

18 Cando Watson e Crick viron a imaxe de difracción de raios X tomada por Rosalind Franklin, comprenderon inmediatamente a estrutura do ADN. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

19 Rosalind só tivo que facer pequenas correccións ao manuscrito que xa tiña preparado para envialo á revista Nature cando Watson e Crick enviaron o seu modelo. Quizais cun exceso de modestia escribiu (penúltima liña do texto): “Así, a nosa idea xeral é coherente co modelo proposto por Watson e Crick”. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

20 MODELO DA DOBRE HÉLICE POR WATSON E CRICK (1953)
A dobre hélice caracterízase por: ► As dúas cadeas de polinucleótidos enrólanse en torno a un eixe imaxinario. ► É DEXTRÓXIRA: o enrolamento de cadea prodúcese á dereita. ► É PLECTONÍMICA: as cadeas non se poden separar a menos que se desfaga a hélice. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

21 ► A base A emparéllase sempre coa T mediante 2 pontes de hidróxeno, mentres que a C emparéllase sempre coa G por medio de 3 pontes de hidróxeno. Isto significa que as secuencias de bases de ambas cadeas son complementarias. ► As cadeas son antiparalelas, é dicir; teñen unha orientación diferente. Unha en dirección 5´ 3´e a outra en dirección 3´ 5´. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

22 Controversia As imaxes que validaban o modelo conseguíronse sen que a autora o aprobase. A aportación de Franklin foi minimizada primeiro e utilizada indebidamente despois. Como escribiu o mesmo Watson: “Rosalind, non nos deu directamente a súa información. Por isto, ninguén no King’s se decatou de que estaban nas nosas mans”. Non a fixeron constar como autora no coñecidísimo traballo sobre a estrutura do ADN publicado na revista Nature en 1953. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

23 O premio Nobel foi concedido a Watson, Crick e Wilkins (1962) polo modelo da dobre hélice do ADN.
Watson e Crick cando recibiron o premio Nobel, non lembraron a contribución de Rosalind á construción do seu modelo. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

24 A estrutura do DNA representa o descubrimento máis importante na Bioloxía do século XX.
Sabendo que o Nobel pode darse como máximo a tres galardoados, que pasaría se a científica estivese aínda viva ? I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

25 Sen embargo, esta posibilidade nin sequera se puido considerar, Rosalind Franklin falecera prematuramente en 1958 dun cancro de ovario probablemente causado polas repetidas exposicións á radiación durante as súas investigacións. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Rosalind Franklin's lab The Rosalind Franklin Papers .

26 Rosalind Franklin, segundo a súa biógrafa Anne Sayre, foi despedida dun xeito vergoñento do King's College, pero a súa carreira investigadora seguiu sendo excelente. Trasladouse á Universidade de Birkbeck onde foi practicamente obrigada a abandonar o traballo sobre o ADN e comezou a traballar sobre a estrutura dos virus, publicando 15 artigos de investigación entre 1953 e 1958, ano no que morreu. Rosalind Franklin's lab The Rosalind Franklin Papers .

27 A pesar de que Watson e Crick aseguran que Rosalind Franklin nunca amosou resentimento nin se sentiu roubada, moitos opinan que este episodio simboliza os ataques e abusos que as mulleres de ciencia tiveron que sufrir por parte dos seus compañeiros masculinos. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

28 Selo de Suecia de 1989 non que se observa a molécula de ADN diante dá fotografía obtida por difracción de raios X por Rosalind Franklin. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Hoxe en día as achegas á Ciencia de Rosalind Franklin son recoñecidas por toda a comunidade internacional.

29 Rosalind Franklin é unha icona no avance das mulleres na Ciencia
Rosalind Franklin é unha icona no avance das mulleres na Ciencia. Aínda que sempre adoitamos falar da dobre hélice de Watson e Crick, deberiamos engadir o nome de Rosalind Franklin. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

30

31 FIN

32 FONTES González-Duarte, Roser, caderno nº 13: Doce mujeres en la biomedicina del siglo XX, Fundación Dr. Antonio Esteve, Barcelona, 2007. INTERNET I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

33 PARA SABER MÁIS… A cristalografía é o estudo do crecemento, a forma e a xeometría dos cristais. A maioría dos minerais adoptan formas cristalinas cando se forman en condicións favorables. A cristalografía asistida por raios X é o principal método de obtención de información estrutural no estudo de proteínas e outras macromoléculas orgánicas (como a dobre hélice de ADN). I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

34 PARA SABER MÁIS… O King’s era un centro de prestixio, fundado en 1829 pola Iglesia de Inglaterra, enraizado na máis pura tradición anglicana e dominado enteiramente por homes. Non é de estranar, pois, que unha das primeiras indicacións que recibiu Rosalind Franklin ao chegar foi que había dous comedores, un exclusivamente masculino que frecuentaban clérigos, directores e membros do claustro, e outro para o resto do persoal. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

35 PARA SABER MÁIS… Maurice Hugh Frederick Wilkins (Nova Zelanda 15 de decembro de outubro 2004). Estudou Física na Universidade de Cambridge e se doutorou na Universidade de Birmingham. Ao comezar a Segunda Guerra Mundial trasládase a Estados Unidos onde traballa no Proxecto Manhattan para o perfeccionamento do radar e na separación de isótopos mediante espectrógrafo de masas para construción da bomba atómica. Wilkins xunto con Rosalind Franklin, traballando sobre a difracción de raios X, describen a estrutura helicoidal do ADN, que posteriormente servirá de base para a descrición da devandita estrutura por James Watson e Francis Crick. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

36 PARA SABER MÁIS… A difracción ocorre en todo tipo de ondas, desde ondas sonoras, ondas na superficie dun fluído e ondas electromagnéticas como a luz e as ondas de radio. Tamén sucede cando un grupo de ondas de tamaño finito se propaga. No espectro electromagnético os raios X teñen lonxitudes de onda similares ás distancias interatómicas na materia. É posible, polo tanto, utilizar a difracción de raios X como un método para explorar a natureza da estrutura cristalina. Esta técnica permitiu descubrir a estrutura de dobre hélice do ADN en A difracción producida por unha estrutura cristalina verifica a lei de Bragg. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

37 PARA SABER MÁIS… Entre os grupos de biofísicos do momento destacaba o Laboratorio Cavendish de Cambridge, dirixido per Sir Lawrence Bragg, cristalógrafo que obtivera o premio Nobel xunto co seu pai, en 1915, polos seus estudos sobre o efecto dos raios X sobre as proteínas. Francis Crick incorporouse a este equipo para facer a tese doutoral e máis tarde faríao James Watson interesado na estrutura do DNA. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

38 PARA SABER MÁIS… A lei de Bragg permite estudar as direccións nas que a difracción de raios X sobre a superficie dun cristal produce interferencias constructivas, dado que permite predicir os ángulos nos que os raios X son difractados por un material con estrutura atómica periódica (materiais cristalinos). Foi derivada polos físicos británicos William Henry Bragg e o seu fillo William Lawrence Bragg en Os Bragg foron premiados co Premio Nobel de Física en 1915 polos seus traballos na determinación da estrutura cristalina do NaCl, o ZnS e o diamante. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

39 PARA SABER MÁIS… TIMO: glándula endocrina dos vertebrados que participa na función inmunitaria a través dos linfocitos T. Os linfocitos T constitúen o 70% de todos os linfocitos e son os responsables de coordinar a resposta inmune mediada por células, así como de realizar funcións de cooperación para que se desenvolvan todas as formas de respostas inmunes, incluída a resposta de produción de anticorpos. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense


Descargar ppt "ROSALIND FRANKLIN A NOBEL QUE NON PUIDO SER"

Presentaciones similares


Anuncios Google