Os Séculos Escuros.

Slides:



Advertisements
Presentaciones similares
DEREITOS DE CONCILIACIÓN E NEGOCIACIÓN COLECTIVA
Advertisements

O legado de Roma IES MONTE DAS MOAS 1º ES0 MAIO 2011.
A BIBLIOTECA DO IES “RAFAEL PUGA RAMÓN” deséxavos
Batáns.
Historia da Literatura galega: a idade media
O efecto invernadoiro en Galiza
BIOGRAFÍA DE ALEXANDRE BÓVEDA
O PORTFOLIO EUROPEO DAS LINGUAS (2009/10)
AS RELACIÓNS SEMÁNTICAS
O Coliseum romano Historia dun símbolo.
Humor en galego 09/10/2014.
Os textos argumentativos
Os Séculos Escuros.
MARCO LEGAL DA LINGUA GALEGA
SÉCULOS ESCUROS E ILUSTRACIÓN
A clonación e as células nai.
Traballo de investigación feito polos de 6ºB.
Situación de Galiza, con respecto as emisións dos gases invernadoiro.
O barroco compostelán.
I.E.S OTERO PEDRAYO FACENDO HISTORIA.
O Barroco. Unha arte para a sociedade do seu tempo
Obradoiro do portal educativo do Instituto Galego de Estatística (IGE)
VOLUNTARIADO AMBIENTAL
CONCILIACIÓN IMPULSO DE MODELOS DE CONCILIACIÓN, RESPONSABILIDADE FAMILIAR E/OU IGUALDADE DE OPORTUNIDADES. CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN AS EMPRESAS SOBRE.
PROGRAMA MUNICIPAL DE INTERVENCIÓN FAMILIAR
O primeiro terzo do século XX
VINCENT VAN GOGH
O Proxecto de Dragal permite ao alumnado acceder, de xeito interdisciplinar, á historia e á cultura de Galicia a través do éxito das aventuras que agocha.
A arte de Maurits C. Escher.
Grupo de traballo combas a-1
Historia da literatura galega ( ): Ramón Cabanillas, as Irmandades da Fala e o Grupo Nós Materia de Lingua galega 4º ESO (07-08)
Oe mamá… teño unha pregunta Beatriz Pérez Conde
R E T O S D A S P O L Í T I C A S de Igualdade E N G A L I Z A.
Manifestación agrarista en Ribadavia (Ourense)
Manifestación agrarista en Ribadavia (Ourense)
Educación Secundaria Obrigatoria Real decreto 1105/2014, do 26 de decembro, polo que se establece o currículo básico da Educación Secundaria Obrigatoria.
Emilio Arias Consultor. Director de proxectos de Edan Xestión, s.l.
UNIVERSO FILGUEIRA.
Ágora Actividades Actividades que podes facer dentro do Ágora
Distribuir os números do 1 ao 9 entre os aneis olímpicos, de xeito que a suma dos números que hai en cada anel sexa sempre USC.
15 de novembro de 2012 Ramón Verea Adicado a Leonardo da Vinci e a...
ESTRANXEIRISMOS.
Erros máis comúns (2ª parte)
Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.
Atenas.
O león fraco Mon Daporta Cousiñas feitas na casa.
Traballo voz natura Traballo Traballo Voz Voz Natura Natura Traballo
O uso das MAIÚSCULAS.
VIDA e OBRA NACE O 24 DE AGOSTO DE 1941 EN OURENSE
O cAsTeLo De MaCeDa Castelo.
Carlos Gradín (Universidade de Vigo)
O DEPORTE FEMININO NA PRENSA GALEGA
Emilio Arias Consultor. Director de proxectos de Edan Xestión, s.l.
Linguas e educación en Galicia
A época dos navegantes Miniquest adaptada por José Otón Mallo
Alumnado 3º Eso DO I.E.S aquis celenis
NORMATIVA E MARCO LEGAL
O MAGOSTO en Ourense..
RECOÑECEMENTO DE COMPETENCIAS POR EXPERIENCIA LABORAL (Real Decreto 1224/2009, de 17 de Xullo, de recoñecemento das competencias profesionais.
CONECTANDO MUNDOS: Cando se torcen os dereitos.
PARA QUÉ SERVE HOXE EN DÍA ESTUDAR LATÍN E GREGO?
Proyectos dTítulo do traballo de innovación e/ou nvestigación
Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade
Historia dunha castaña
MATRIMONIO HOMOSEXUAL
Nunha xunta de pais de familia de certa escola, a directora resaltaba o apoio que os pais deben darlle aos fillos.
SOÑEI CUN ANXO.
Ramón Piñeiro López Armea (Láncara ) 31de maio de 1915.
6. NARRATIVA DE POSGUERRA (I). ÁLVARO CUNQUEIRO E ÁNXEL FOLE
TRATAMENTO INTEGRADO DE LINGUAS
Transcripción de la presentación:

Os Séculos Escuros

Os ss. XVI, XVII e XVIII noméanse Escuros porque o idioma galego escasea de manifestacións literarias escritas; este emprégase como única lingua no ámbito familiar nun país cunha gran masa forestal que fornecía de madeira á flota do Estado español sen recibir nada a cambio.

Os cegos transmitían a literatura oral A literatura galega só se transmitía oralmente: cantigas, refráns, adiviñas, lendas e contos... Os cegos transmitían a literatura oral

Cando a imprenta chega a España e a Galiza, esta non difunde o seu uso escrito, pois estaba en mans dos gobernantes casteláns, que vivían de costas á cultura do país galego.

Incluso a fidalguía galega fala galego coa servidume Incluso a fidalguía galega fala galego coa servidume. Porén, esta mesma nobreza usa o castelán para relacionarse coa castelá. Por tanto emprega o galego diglosicamente ó reservalo soamente para situacións informais.

A Igrexa, que utilizaba principalmente o latín, tamén se nega a usar o galego na confesión ou nas homilías, dirixidas a uns fregueses e freguesas que non entendían nin latín nin castelán.

A burguesía, que xa fora debilitada politicamente nas Guerras Irmandiñas pola aristocracia (s. XV) ...

non foi capaz de manter o emprego do galego nos concellos nin nos gremios.

Así, a medida que pasaban estes anos, a burguesía foise castelanizando nas vilas e cidades galegas.

A persistencia desta situación fixo que o pobo, analfabeto, non concibise o seu idioma como apto para relacionarse nos ámbitos formais, así que o sentimento de diglosia prendeu fortemente nel.

Ao longo destes séculos o galego foise castelanizando, vulgarizando e dialectalizando fortemente ao carecer de gramáticas ou dun modelo culto de idioma no poder.

Durante estes longos anos os funcionarios dos concellos e os sacerdotes dedícanse sistematicamente a castelanizar a toponimia e, consecuentemente, os apelidos. Así xorden barbarismos orais e ortográficos como Seijo, Perero, Orense, Carballino, Arteijo, Villarino, Ameijeiras, Boutureira, Porranes, Sangiao, Regenjo, Balado, Cobas, Noya, Niño de la Guía, Valle del Oro, Segad, Gontad, Mamed...

Esta imposición do español levou a que mesmo hoxe en día o pobo galego non teña unha conciencia clara de cales son os seus nomes. Incluso a xente cre que as poboacións galegas poden levar un nome galego e outro castelán segundo o idioma que se fale.

Sarmiento Feijoo Cornide A ILUSTRACIÓN s. XVIII Sarmiento Feijoo Cornide

Mais no s. XVIII as ideas racionais dos ilustrados impelen a personaxes como Sarmiento a reclamar o uso do galego no ensino, Administración e Igrexa.

Benito J. Feijoo, pola súa banda, defende nos seus escritos que o galego non é un dialecto do castelán senón unha lingua coa mesma orixe latina ca este.

Ademais, Sarmiento, Cornide ou o Padre Sobreira inauguraron a ciencia da lexicografía galega creando listas de termos galegos sobre fauna e flora galegas.

Literatura

A literatura popular, anónima, presentaba composicións circunstanciais baseadas en feitos históricos, como o Pranto da Frouseira, que narra morte do mariscal Pardo de Cela (1483), ou o saqueo de Cangas polos turcos en 1617. TORRE DA FROUSEIRA

Curiosamente, destes tempos temos noticia da primeira muller escritora, Isabel de Castro e Andrade, quen compuxo varios sonetos no s. XVI, dos que só conservamos un.

A literatura culta amosa poucas mostras, como unhas décimas ao Apóstolo Santiago, de Martín Torrado, no s. XVII.

Tamén resulta curioso que a primeira peza teatral coñecida en galego date do s. XVII, nunha época de grande escaseza literaria.

A poesía tamén se manifestou nos vilancicos feitos por autores como Carlos Patiño ou Frei Francisco de Santiago. Outros moitos tamén se atoparon nas catedrais de Santiago de Compostela e Mondoñedo. Os vilancicos de galegos tiveron moito éxito nas celebracións litúrxicas do Nadal durante os séculos XVII e XVIII.

manuscrito Tamén os ilustrados foron literatos: Frei Martín Sarmiento, que realmente se chamaba Pedro J. García Balboa, escribiu 1.200 coplas de carácter popularista baixo o pseudónimo de Tío Marcos da Portela.

Outro poeta popularista foi o cura de Fruíme, Diego Antonio de Cernadas e Castro, autor dunhas famosas coplas de tema costumista.

Os irmáns de Feijoo, Anselmo e Plácido, ademais de Cornide, elaboraron poesía culta (sonetos) ao estilo do dezaoito. Anselmo Feijoo ten un poema en quintillas sobre a batalla de Rande (ría de Vigo) contra a flota inglesa, en 1702.

Tamén sabemos da creación literaria por parte dalgunha muller cultivada, como Mª Francisca de Isla e Losada, alcumada a Musa Compostelá, quen, polo feito de ser muller nuns tempos pouco igualitarios, non nos deixou mostras da súa autoría a pesar do recoñecemento literario e persoal de que gozaba entre os ilustrados.

O labor dos ilustrados, totalmente descoñecido polo pobo analfabeto, foi sentando as bases para a entrada nun novo século, o XIX, que deparará tamén unha nova sorte para a lingua galega.