Os textos argumentativos

Slides:



Advertisements
Presentaciones similares
Gia Zambrano Gabriela Montalvo
Advertisements

EL PARRAFO.
La Argumentación.
LA ARGUMENTACIÓN Argumentar consiste en dar razones para defender o atacar una opinión o idea (tesis), con el fin de convencer o persuadir a alguien sobre.
Por Lucy del Carmen Mosquera. El texto argumentativo tiene como objetivo expresar opiniones o rebatirlas con el fin de persuadir a un receptor. La finalidad.
El texto argumentativo
Argumentos y contraargumentos
TIPOS DE ENSAYOS EXPOSICIÓN DE IDEAS CRÍTICA CREACIÓN
ARGUMENTACIÓN. Objetivo/Estructura/Fases.
EL TEXTO Y SUS TIPOS.
BACHARELATO CPI DE PANXÓN Curso
O legado de Roma IES MONTE DAS MOAS 1º ES0 MAIO 2011.
DESCARTES EN GALICIA. E.D.A.2008
EL TEXTO ARGUMENTATIVO
Historia da Literatura galega: a idade media
Plan de Desenvolvemento Sostible da USC
O PORTFOLIO EUROPEO DAS LINGUAS (2009/10)
AS RELACIÓNS SEMÁNTICAS
Os textos argumentativos
Enfermedades inflamatorias do intestino
A clonación e as células nai.
1. OS RISCOS ELÉCTRICOS 2. O ESTRÉS 3. O BURN-OUT 4. O MOBBING
Reversión dos procesos de substitución
ESTUDO DOS AUTÓNOMOS DE PONTEVEDRA ESTUDO DOS AUTÓNOMOS DE PONTEVEDRA
E DESPOIS DO COLEXIO... QUE?
PROXECTO LOVA ELECTRICIDADE.
Obradoiro do portal educativo do Instituto Galego de Estatística (IGE)
Pratos combinados saudables
PROGRAMA MUNICIPAL DE INTERVENCIÓN FAMILIAR
A arte de Maurits C. Escher.
Proxecto interdisciplinar
CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL
Grupo de traballo combas a-1
Grao en Enxeñaría da Enerxía ou dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
Oe mamá… teño unha pregunta Beatriz Pérez Conde
R E T O S D A S P O L Í T I C A S de Igualdade E N G A L I Z A.
¿COMO BUSCAMOS UN LIBRO DA NOSA BIBLIOTECA?
Educación Secundaria Obrigatoria Real decreto 1105/2014, do 26 de decembro, polo que se establece o currículo básico da Educación Secundaria Obrigatoria.
1 Deseña un experimento para comproba-la seguinte hipótese: O rozamento é debido ás rugosidades que existen nas superficies dos corpos en contacto. Sobre.
O cambio climático. Traballo feito por Carolina Barros Moran, Cristina Barros .oran e Ana Mañas Hernández.
Erros máis comúns (2ª parte)
Falando do pasado: COPRETÉRITO
Texto argumentativo: principales características
CONQUISTA E ROMANIZACIÓN DE GALLAECIA
Traballo voz natura Traballo Traballo Voz Voz Natura Natura Traballo
As 7 ferramentas básicas de control da calidade
Grao en Enxeñaría da Enerxía ou dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
Carlos Gradín (Universidade de Vigo)
Falando do pasado: COPRETÉRITO
DEFORMACIÓNS DAS ROCHAS
O DEPORTE FEMININO NA PRENSA GALEGA
Emilio Arias Consultor. Director de proxectos de Edan Xestión, s.l.
Atréveste a crear un book tráiler?
Linguas e educación en Galicia
Alumnado 3º Eso DO I.E.S aquis celenis
A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL
NORMATIVA E MARCO LEGAL
Era unha vez unha competencia ...
¡ Ah...! ¡Se entre Amigos fóramos gansos!.
CONECTANDO MUNDOS: Cando se torcen os dereitos.
Proyectos dTítulo do traballo de innovación e/ou nvestigación
ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE
O portfolio como recurso na avaliación do alumnado
O TFG NA FACULTADE DE CC. EE. E EMPRESARIAIS DA USC Curso
MATRIMONIO HOMOSEXUAL
Nunha xunta de pais de familia de certa escola, a directora resaltaba o apoio que os pais deben darlle aos fillos.
Pagamentos en metálico
“Discurso do Gran Xefe Seattle ao Presidente dos EEUU”
UNHA VEZ REMATADO 4º DA ESO… UNHA VEZ REMATADO O BACHARELATO…..
Segue o esquema proposto
Transcripción de la presentación:

Os textos argumentativos

DEFINICIÓN Argumentar consiste en proporcionar razóns, ideas ou opinións para probar unha tese. O autor defende razoadamente o seu punto de vista sobre un tema determinado e achega datos para probar a veracidade das súas afirmacións. A finalidade é, pois, convencer ou persuadir o lector ou o receptor.

Estrutura do texto argumentativo 1. Presentación ou introdución + Exposición da tese Dáse a coñecer o tema sobre o que se argumenta e exponse a tese a defender. Procúrase captar a atención do destinatario e espertar nel o interese, así como unha actitude favorable. (Un parágrafo) 2. Corpo argumentativo (dous parágrafos, aínda que, dependendo do traballo, pode conter máis) Trátase ben de xustificar a tese coa presentación de probas e argumentos variados (argumentación positiva), refutar a tese contraria, ou admitir algún argumento contrario (concesión) para contraargumentar. 3. Conclusión (un parágrafo) Recórdase ao receptor/interlocutor a tese, as partes máis relevantes do exposto e insístese na posición argumentativa adoptada.

A tese A tese é a postura que se mantén ante o tema. Pode aparecer ao principio ou ao final do texto e é o núcleo da argumentación. Unha tese que non se apoie en argumentos racionais non constitúe unha boa argumentación. Ao defender unha opinión adoita adoptarse unha destas tres posturas argumentativas: a) Postura positiva: o emisor-argumentador achega argumentos que apoian a súa tese (argumentación positiva ou de proba). b) Postura negativa: ofrécense razóns que refutan ou rexeitan argumentos contrarios ao propio punto de vista (argumentación negativa ou de refutación). c) Postura ecléctica: acéptanse algunhas razóns alleas (concesións) e achéganse argumentos propios.

Características lingüísticas Substantivos abstractos Tecnicismos Impersoais Pasiva reflexa Sintaxe complexa e longa Conectores Linguaxe culta e formal

Substantivos abstractos Non designan obxectos que se poden percibir cos sentidos. Son o oposto dos substantivos concretos (ex. casa, gato, mesa…). Adoitan presentar as terminacións: -ade, -eza, -ude, -ura, -ción. *PERO non sempre: (ex. amor, perigo, engano, nación, lectura, crise…).

tecnicismos Os tecnicismos ou a terminoloxía son o vocabulario especializado propio da materia ou do tema sobre o que verse o texto argumentativo para comunicarse con precisión. Exemplos: Tecnoloxía: microchip, spam, emulador, placa base… Medicina: hemorraxia, necrose, hepatite, estreptococo… Literatura: metáfora, paradoxo, pleonasmo, circunloquio… Sociolingüística: lingua minorizada, conflito lingüístico, diglosia… Filosofía: mito, logos, verdade, aristotelismo, determinismo… Historia: Neolítico, polis, cidadán, república, oligarquía…

ORACIÓNS IMPERSOAIS Estas oracións carecen de suxeito; non nos interesa ou non sabemos quen realiza a acción. Nas oracións impersoais, se é o elemento que remarca a impersonalidade. Ex: No campo vívese mellor ca na cidade. Na cidade contamínase moito.

Pasiva reflexa Poden confundirse coas anteriores, pero a maior diferenciación é que estas oracións son bimembres e contan polo tanto con suxeito e predicado. Ex: Aprobouse o decreto//Aprobáronse os decretos.

Sintaxe longa e complexa Nos textos argumentativos predomina a subordinación (condicionais, concesivas, consecutivas…). Ex: Se non actuamos na loita contra o cambio climático, desaparecerán moitas especies. Aínda que as centrais nucleares producen moita enerxía, cómpre ter en conta os riscos medioambientais que poden supoñer. O consumismo está a destruír os recursos da biosfera, por conseguinte, temos que cambiar os valores da nosa sociedade.

conectores Aditivos: ademais, alén, tamén, do mesmo xeito, igualmente, así como… De orde: en primeiro lugar, primeiro, para empezar, en segundo lugar, por último, finalmente Causais: a causa de, porque, por mor de, debido a, xa que, grazas a, por culpa de, dado que… Condicionais: se, agás que, coa condición de que, con tal de que… Consecutivos: a consecuencia de, entón, por conseguinte, polo tanto, por esa razón, así… Finais: para que, coa intención de, co obxecto de, a fin de que… Exemplificadores e explicativos: como, por exemplo, é dicir, ou sexa, a saber, noutras palabras Concesivos: aínda que, malia, a pesar de, pese a, aínda cando… Contrastivos: pero, mais, non obstante, por outra banda, ao contrario, en comparación, mentres que, en cambio… Conclusivos: en conclusión, en definitiva, en suma, en resumo, para rematar, en poucas palabras…