Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
Publicada porBethany Berry Modificado hace 5 años
1
WEBS DINÁMICAS O QUE TEMOS... Juan Ramón Alonso García
CPI. ATIOS-Valdoviño
3
WEBS DINÁMICAS A Consellería de Educación e O.U. está ofrecendo aos centros educativos públicos a participación nun proxecto denominado "Webs dinámicas" que basicamente consiste na instalación e configuración de tres ferramentas web que son: Drupal, como portal web do centro. Moodle, como aula virtual. Coppermine, como galería de imaxes e vídeos. Estes servizos están destinados ó centro podendo facer uso dos mesmos toda a comunidade escolar segundo determine a dirección do mesmo. Todas estas ferramentas están baseadas na tecnoloxía da web 2.0 polo que para facer uso das mesmas tan só é necesario dispoñer de conexión a Internet e un navegador: Mozilla Firefox, Google Chrome... Non se recomenda o uso de Internet Explorer sobre todo para a edición dos contidos. A instalación e configuración destas ferramentas, así como as seguintes actualizacións, parches de seguridade, novos temas, novos módulos, etc. corren a cargo do proxecto, buscando unha uniformidade dos compoñentes instalados aos centros participantes. A Consellería de Educación e O.U. pon a disposición dos centros participantes a asistencia dun asesor de zona que realizará as primeiras explicacións sobre o uso destas ferramentas.
4
WEBS DINÁMICAS Para solicitar estes servizos, a dirección do centro deberá remitir a súa solicitude ó enderezo con copia á desde a conta de correo electrónico do centro, indicando que "Desexan participar no proxecto Webs dinámicas". Unha vez solicitado recibirían no correo electrónico do centro as oportunas indicacións e xa poderán concertar a asistencia co asesor ou asesora correspondente. Esta asesoría contará coa cunha conta de usuario, con rol de administrador, que responde ao nome de "webmaster" para poder acceder ás aplicacións instaladas no caso de ser necesario e requirido desde o centro e poder así resolver incidencias no uso das mesmas. É imprescindible a existencia desta conta de usuario "webmaster" para a participación no proxecto e poder así contar coa asistencia oportuna. Para calquera xestión posterior sempre se utilizará este protocolo de comunicación, desde e para a conta de correo do centro educativo, polo que non se enviarán indicacións nin datos de acceso a contas persoais. Webs dinámicas.
5
OBXECTIVOS Favorecer a comunicación e colaboración entre os membros da comunidade educativa a través de plataformas web 2.0. Fomentar a utilización das tecnoloxías da información e da comunicación no marco da Sociedade da Información. Permitir o achegamento real de contidos educativos dixitais ás aulas a través de tecnoloxías innovadoras. Universalizar a creación de contidos en contorno web e redución da fenda dixital. Contribuír á difusión do coñecemento libre nun marco altamente colaborativo e de licenzas abertas, en consonancia coas novas tendencias na Sociedade do Coñecemento. Buscando solucións e tratando de darlle sentido as páxinas web dos centros xorde o proxecto de aplicacións dinámicas para os centros educativos. Un proxecto no que a información e os contidos cobran maior importancia, onde se ten en conta fundamentalmente o traballo colaborativo e o construtivismo.
6
PROXECTO DE APLICACIÓNS "WEBS DINÁMICAS":
Pretendemos ofertar aos centros educativos unhas aplicacións dinámicas en contorno web preinstaladas nos servidores da Consellería de Educación. Como características comúns as ditas aplicacións sinalariamos: Son código libre (software libre). PHP. Bases de datos MSQL Desenvólvense contorno Web Defínense roles e perfís de usuario Transmisión de ficheiros por http Non se precisan coñecementos de linguaxes html, php, jsp,... Respectan as normas de seguridade dos servidores da Consellería Asistencia nas actualizacións as novas versións Existen múltiples posibilidades de estilos ou temas Favorecen o traballo colaborativo Permiten e fomentan a participación de toda a comunidade educativa Eliminan as diferencias entre centros educativos de alta cualificación tecnolóxica con aqueles menos alfabetizados, xa que non se precisan grandes coñecementos a nivel usuario.
7
Drupal: Xestor de información e contidos.
Ferramenta para a creación do portal web dos centros educativos. Dun xeito moi sinxelo se elabora un menú de navegación, libros colaborativos, blog’s, chats, artigos con posibilidade de comentarios,...
8
Coppermine: Aplicación para xerar galerías de imaxes e vídeos.
Os usuarios con permisos poden engadir galerías, textos, valoracións e comentarios aos albumes e as imaxes ou vídeos.
9
Moodle: Xestor de contidos e ferramenta de teleformación. Aula virtual do centro educativo. Moodle é unha ferramenta imprescindible para a xestión dos contidos de apoio na ensinanza presencial. Con ela o profesorado pode elaborar as súas unidades didácticas e sesións presencias dun xeito rápido e sinxelo. Permitirá ao alumnado asignado a cada unidade ou lección traballar na aula, na casa, nas bibliotecas sen a presencia obrigada do profesorado. Os pais, nais e titores poderán ter acceso as leccións, traballos, e seguir a evolución das tarefas dende a presentación, elaboración e avaliación. Pretendemos polo tanto, que Moodle sexa máis unha ferramenta de apoio para a xestión de contidos na ensinanza presencial que unha ferramenta de ensinanza a distancia. Evidentemente vai a ser unha ferramenta moi apropiada para a formación continua do profesorado do propio centro educativo ou para abrir a formación a comunidade educativa do propio centro.
10
Porque Creative Commons?
LICENZAS: Porque Creative Commons? As licenzas Creative Commons concíbense respecto ó uso de materiais didácticos, música, películas, fotografías, blogs, etc. Segundo a lexislación vixente se o autor dunha obra non especifica a que tipo de licenza a somete, esta adquire directamente Copyright dende o momento da súa creación. Acollerse a este tipo de licenza libre significa permitir certos usos das obras que creamos, que non estarían dispoñibles se non o especificamos. O coñecemento deste tipo de licenzas faise, se cabe, máis importante no eido educativo xa que responde directamente ó principio educativo de colaboración, facilitando o traballo en equipo a través do uso das TIC.
11
LICENZAS: Que tipo de permisos podemos otorgar con este tipo de licenzas? Tal e como explica a páxina oficial de Creative Commons existen catro tipos de condicións que combinadas dan lugar a seis tipos de licenza diferentes. Catro condicións: Recoñecemento (Atribution): Significa o recoñecemento da obra utilizada. Esta é a única condición obrigatoria. Non Comercial (Non commercial): A utilización da obra non pode ser para uso comercial. Sen obras derivadas (No Derivate Works): Non permite a modificación da obra orixinal, co cal non se poderán facer obras derivadas. Compartir Igual (Share alike): Os usuarios poderán modificar a obra orixinal sempre e cando a nova obra manteña o mesmo tipo de licenza. Esta condición é importante xa que garante a continuidade da cadea de colaboración.
12
LICENZAS: Seis tipos de licenza:
Recoñecemento (by): Permítese calquera explotación da obra, incluíndo unha finalidade comercial, así como a creación de obras derivadas, a distribución das cales tamén está permitida sen ningunha restricción. Recoñecemento – NonComercial (by-nc): Permítese a xeración de obras derivadas sempre que non se faga un uso comercial. Tampouco se pode utilizar a obra orixinal con finalidades comerciais. Recoñecemento – NonComercial – CompartirIgual (by-nc-sa): Non se permite un uso comercial da obra orixinal nin das posibles obras derivadas. A distribución deberase facer con unha licenza igual a que regula a obra orixinal. Recoñecemento – NonComercial – SenObraDerivada (by-nc-nd): Non se permite o uso comercial da obra orixinal nin a xeración de obras derivadas. Recoñeccemento – CompartirIgual (by-sa): Permítese o uso comercial da obra e das posibles obras derivadas. A distribución deberase facer con unha licenza igual á que regula a obra orixinal. Recoñecemento – SenObraDerivada (by-nd): Permítese o uso comercial da obra pero non a xeración de obras derivadas.
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.