Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
1
O matrimonio homosexual.
Debe ser legal.. Ou non?
2
Que é? Tamén coñecido como matrimonio entre dúas persoas dun mesmo sexo ou matrimonio igualitario: é aquel que recoñece legalmente un matrimonio formado por contraentes dun mesmo sexo biolóxico.
3
A súa situación en Éspaña.
É legal dende o 3 de xullo do 2005, por unha lei aprobada polo PSOE con Zapatero ó mando dese goberno. Despois da formación dese goberno e de moito debate aprobouse unha lei que reformaba o código civil o 30 de xuño dese ano. Permitía -> matrimonio entre persoas dun mesmo sexo + adopción conxunta + herdanza + pensión.
4
Como consecuencia desta lei xurdiron movementos sociais en contra, pero tamén a favor da medida, que congregaron a miles de persoas en España. Unha das oposicións mais grandes que se atopou foi a da Igrexa Católica.
5
Argumentos en contra O matrimonio defínese como unión entre un home e unha muller, non só o di a relixión, senón a historia en si. Os nenos teñen dereito a un pai e unha nai. Cada un pola súa parte proporciónanlle valores diferentes, necesarios e irremplazables. É un atentado contra a institución da familia, un dos piares da nosa sociedade. Son máis inestables que as relacións heterosexuais. Por que concederlle o matrimonio se van acabar divorciándose? A homosexualidade é unha condición adquirida e as veces simplemente unha moda. Legalizalo promocionao na sociedade, cando deberíamos axudar ás persoas a superalos.
6
É respetable pero deberíase limitar á intimidade. Legalizalo é un erro.
O obxetivo do matrimonio é a reprodución e a continuación da especie humana, é imposible entre persoas dun mesmo sexo polo que non debería chamarse matrimonio. Nadie lle nega o dereito a quererse e compartir o seu amor, pero non deben casarse.
7
Argumentos a favor. Todas as persoas teñen dereito a ser felices e isto implica ser libres e iguais tamén ante a lei. As leis deben ser iguais para todos, e non deben importar se alguén é heterosexual ou non. A institución da familia, igual que calquera institución é un producto social suxeito a modificacións. As leis e normas modifícanse co obxetivo de acompañar os cambios culturais. Os matrimonios homosexuais se poden adoptar é beneficioso aínda que non sexan biolóxicamente súa nai e seu pai xa que poden axudar a nenos que quedan sen un dos seus pais ou sen os dous.
8
Axuda a sociedade no seu conxunto, xa que dunha situación de marxinación e exclusión ofrecéselle sentarse na mesma mesa sen condenalos. Non é unha cuestión de promovela homosexualidade senón para evitar unha discriminación cando son iguais os demais. Negalo sería considerado homofobia e desigualdade de dereitos.
9
Evidencias Na actualidade 19 países e tres zonas de Reino Unido permiten casar a persoas dun mesmo sexo. O primeiro país en aceptalo foi os Países Baixos. O 66% da poboación española aceptaba o matrimonio homosexual cando se aprobou a lei. Noutros países hai unións civís que otorgan os contraentes moitos dos dereitos e obrigacións que supoñen o matrimonio, aínda que non os equipararan totalmente. (como Alemania, Andorra..) Hai estudos que demostran que os fillos criados por parexas un mesmo sexo desenvólvense igual que os criados por familias con pais de diferente sexo.
11
Conclusión Dende o meu punto de vista debe ser legal. Cada quen é libre de querer e compartir a súa vida con quen queira. Todos temos os mesmos dereitos e todos somos iguais de libres para decidir. Nadie ten dereito a impornos o que debemos ou non facer, nin a relixión, nin un estado, etc. Cada relixión é libre de impor as súas normas pero non ten que meterse no matrimonio civil. Hai que aceptar que a sociedade vai cambiando e as leis e normas debeno facer canda ela. A homosexualidade non é unha enfermidade, nin unha moda nin algo que se deba superar, está demostrado que é igual de natural que a heterosexualidade e que a bisexualidade e existiu sempre. Permitirlles adoptar tamén e beneficioso para a sociedade en xeral porque sería darlle oportunidades, un fogar e unha familia a nenos que non o teñen, e non por eso os rapaces estarían peor educados, xa que, por exemplo, no pasado, por causas de guerras ou simplemente por non querer a mairoía dos rapaces foron criados soamente por súa nai e case sen unha presencia paterna.
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.