La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

Historia dunha castaña

Presentaciones similares


Presentación del tema: "Historia dunha castaña"— Transcripción de la presentación:

1 Historia dunha castaña

2 A castaña vivía tranquila no seu ourizo no curuto do castiñeiro, escoitando os paxaros, as historias que traía o vento e as ensinanzas da árbore que a criaba. Pero aburríase naquel escuro. Era curiosa e quería ver.

3 E para ver tiña que abrir o ourizo no que estaba pechada.
Pero como? E tivo unha idea: facer forza! Colleu aire. Fixo canta forza tiña contra as paredes… e, non sen tempo, conseguíuno. No bico do ourizo fúixose unha pequena regaña pola que entrou a luz e puido ver o ceo e as follas arroladas polo vento.

4 Conseguira un triunfo, pero non era abondo
Conseguira un triunfo, pero non era abondo. Volveu empuxar e a regaña fíxose máis grande: xa entraba a calor do sol, xa se vían os paxaros e ata, de reollo, alá en baixo, o chan.

5 Pero non lle era suficiente, empurrou un pouco máis
e, de súpeto, veuse no aire, e dando tombos entre ponlas e follas, foi parar ao chan.

6 Non lle doeu tanto o golpe, que non foi pequeno, como darse conta do que lle acababa de pasar.
Estaba exposta aos perigos do mundo. Xa non tiña a protección do ourizo nin da altura. E empezou a pensar no seu futuro: levaría un paxaro no peteiro?... comería un rato?... un xabarín?…

7 o tempo pasaba amodiño e medraba o medo, mentras, a castaña, tentaba adiviñar canto tardaría o futuro en facerse realidade; cando, de repente, sentiu que a erguían no aire e logo todo se fixo escuro.

8 ¡O futuro xa era presente. cal sería o final
¡O futuro xa era presente!. cal sería o final? sería rillada polo esquío que a agochara? iría polo mundo metida nun saco? para ser cocida, asada, ou convertida en calquera das cousas que se fan coas castañas, ou plantaríana para que fora unha árbore.

9 Logo dun anaco, decatouse de que non sentira nada extraño, só calor e escuridade , pero nada máis. Polo momento ningún dos terribles acasos se fixera realidade. O que non deixaba de ser unha grande sorte. Pero que lle pasara entonces?

10 Pois pasara que unha nena que paseaba polo souto descubrira brilando entre a herba “¡A primeira castaña do ano!”. Despois de collela, pensou en partila e rillala mentras continuaba o seu paseo, pero logo, volveuna mirar e meteuna no peto para ensinarlla, ao día seguinte, aos seus compañeiros da escola.

11 Pola mañán a castaña foi vista e admirada por todos os nenos e nenas da clase e, sen saber de quen foi a idea, acordaron plantala nunha maceta.

12 Tiveron a pacencia suficiente para regala con mimo e agardar ata que no medio da terra abrollou un gromo e nel, uns días máis tarde, a primeira folla, e logo a seguinte,

13 e outra, e outras… e o pequeno castiñeiro sigueu a medrar ata que o espacio do cacharro xa lle era insuficiente.

14 Undía transplantárono ao monte

15 onde co paso dos anos, e libre do lume e das enfermidades, se converteu nun rexo castiñeiro no que cada verán brilan ao sol os ourizos, que gardan castañas que escoitan a voz dos paxaros e do vento, e ulen o mundo, e aprenden moreas de historias

16 como esta que me contou unha castaña que atopei o outro día á que metín no peto e levei a escola e logo plantamos nun cacharro que estamos a regar con mimo.

17 fin


Descargar ppt "Historia dunha castaña"

Presentaciones similares


Anuncios Google