Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
1
O APARATO EXCRETOR
2
A excreción non só é un mecanismo para a expulsión de produtos de refugallo. O seu papel é moito máis complexo: representa unha vía de regulación homeostática, é dicir, mantemento das características e composición química do medio interno. Como resultado do metabolismo celular orixínanse unha serie de produtos de refugallo. Uns son tóxicos e deben ser eliminados ao exterior. Outros son inofensivos ou necesarios para outras funcións metabólicas.
3
Os produtos de refugallo
Produtos non nitroxenados: principalmente CO2, auga, sales minerais e pigmentos biliares. CO2: eliminado mediante a respiración. Auga: eliminada a través do aparato excretor e outros procesos como a transpiración pola pel. Sales minerais: eliminados pola urina e a suor Pigmentos biliares procedentes da degradación da hemoglobina: a través do aparato dixestivo, nas feces.
4
Os produtos de refugallo
Produtos nitroxenados: proceden do metabolismo dos aa e dos ácidos nucleicos. Estes compostos, altamente tóxicos, pódense eliminar en forma de diversas substancias, entre as que destacan o amoníaco, o ácido úrico e a urea. En función disto, os animais clasifícanse en: Amoniotélicos: produto de excreción é o amoníaco (moi tóxico). Ex: peixes Uricotélicos: produto de excreción: ácido úrico (excretado en forma de cristaisaforro de auga). Ex: animais de ambientes secos, reptiles, insectos. Urotélicos: o produto de excreción é a urea (menos tóxica que o amoníaco, aínda que tamén necesita estar diluída). Ex: anfibios, algúns reptiles, mamíferos.
5
Proceso da excreción: a excreción realízase mediante 3 tipos de procesos:
Filtración: paso de substancias desde o medio interno ao interior dos tubos excretores por un proceso de difusión. Reabsorción: proceso que devolve ao medio interno as substancias que son imprescindibles para o organismo, e pode ser necesario un transporte activo. Secreción: proceso que transfire por transporte activo e selectivamente certas substancias desde o medio interno ao órgano excretor ata formar o produto final da excreción: a urina.
6
Aparato excretor humano
7
Órganos excretores de vertebrados:
Os órganos excretores dos vertebrados son os riles, que están formados por un conxunto de unidades denominadas nefronas. Os riles: nun ril distínguense as seguintes estruturas: Cápsula renal: é a capa máis externa Zona cortical: forma unha cuberta continua baixo a cápsula renal, que presenta unhas prolongacións cara ao interior. Zona medular ou médula: é de cor máis clara Pelve renal: constitúe unha zona de tubos que recollen a urina
8
A nefrona É a unidade básica funcional dos riles. Consta de: Corpúsculo renal (ou corpúsculo de Malpighi): zona na que se produce a filtración do líquido plasmático sanguíneo. Tubo (ou túbulo) contorneado: tubo de lonxitude variable, con diferentes especializacións morfolóxicas e funcionais. Neste tubo teñen lugar os procesos de reabsorción e eliminación activa de solutos. Este tubo presenta 2 zonas: tubo contorneado proximal e tubo contorneado distal. Tubo colector: tubo no que desmbocan os túbulos de varias nefronas. Finalmente desemboca no uréter. Nos mamíferos o uréter desemboca na vexiga urinaria, que acumula a urina e a concentra para a súa posterior eliminación.
9
O ril e a nefrona
10
O ril e a nefrona
11
A nefrona dos mamíferos
Formada por: Copúsculo de Malpighi (corpúsculo renal): formado á súa vez por: Glomérulo: rede de capilares con forma de ovillo Cápsula de Bowman: cápsula que rodea ao glomérulo. Túbulo contorneado: nel se diferencian 3 zonas: Túbulo contorneado proximal Asa de Henle: ten unha rama ascendente e unha descendente Túbulo contorneado distal. Tubo colector: tubo no que desembocan os túbulos de varias nefronas. Finalmente desemboca no uréter.
12
A nefrona
13
Formación da urina A urina é un líquido formado por auga e substancias de refugallo. Prodúcese nas nefronas e o proceso da súa formación desenvólvese en 3 etapas: Filtración: o sangue que circula polos capilares é filtrado ao interior da cápsula de Bowman. As substancias con gran masa molecular (proteínas) non poden ser filtradas. Reabsorción: o obxectivo desta etapa é recuperar as substancias útiles que se filtraron na cápsula de Bowman. A reabsorción ten lugar nos túbulos que forman a nefrona. En cada túbulo se reabsorben substancias diferentes, que pasan de novo ao sangue. Secreción: é o paso dalgunhas substancias (ións K+ , H, fármacos) desde o sangue ao filtrado que se encontra na nefrona. Ten lugar, principalmente no túbulo distal. A urina formada pasa aos tubos colectores dos riles uréteres vexiga (onde se almacena ataque é expulsada ao exterior a través da uretra)
14
Filtración, Reabsorción e Secreción na nefrona
15
Regulación da concentración de urina
As variacións que se producen no medio interno se compensan coa eliminación dunha urina máis ou menos concentrada (con máis ou menos cantidade de auga) por isto a urina que se expulsa ao exterior non ten sempre a mesma concentración!! A concentración da urina depende do grao de absorción de auga na nefrona, proceso regulado pola hormona antidiurética ou vasopresina (ADH). Esta hormona é segregada pola hipófise en función da información que recibe sobre a concentración do medio interno: Cando a concentración do medio interno aumenta sinal de que falta auga: a hipófise segrega vasopresina (ADH). Ao chegar ao ril, a ADH aumenta a permeabilidade á auga da nefrona (a nefrona é máis permeable) se reabsorbe máis auga a urina sae máis concentrada.
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.