Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
1
vide vid common grape vine
2
A vide é unha planta perenne, leñosa e trepadora.
Orixinouse no norte de África e na actualidade está extendida por todos os continentes e pode vivir nos solos máis variados.
3
ponlas, brazos ou vides follas froitos TALO (cepa) RAÍCES
4
TALO Leñoso e retorcido, pode chegar a medir ata uns trinta metros, aínda que case nunca llo permiten os labores de poda. A tona é de cor castaña escura e despréndese en tiras.
5
Nos nós xorden as xemas que son a orixe de todos os órganos: follas, gaviláns, acios... Cando están pechadas chámanse ollos e cando se abren gomos. A gomariza (ponlas herbáceas dun ano, que ao lignificaren chámanse vides ou videiras) ten nós ben marcados dos que xorden as follas, os gaviláns, as xemas e os acios.
6
espadeiro folla redonda FOLLAS Caedizas, alternas, simples co limbo de forma palmeada e con moitas varacións segundo a caste. A beira é serrada e o seu tamaño oscila entre 15 e 30 cm de longo (correspondendo 1/3 ao rabo) e entre 10 e 20 cm de ancho. cabernet
7
Os gabiáns que saen dos nós e opostos ás follas, enrólanse aos soportes para suxeitar a planta.
8
FLORES Pequenas e agrupadas en acios compostos (panículas). Cada flor está formada por un cálice verde ancho na base e un pistilo rodeado de cinco estames amarelos. Á floración coñecese co nome de purga.
9
FROITOS (uvas ou bagos).
Bagas esféricas ou oblongas coa tona lisa e a polpa carnosa, con varias sementes (pebidas) pequenas e leñosas. Son de cor e tamaño diferentes segundo o tipo e a variedade, desde case negras ata verde-amarelas.
10
CICLO ANUAL-VIDE Folla Flor Froito xaneiro febreiro marzo abril maio
xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro
11
A VITICULTURA OS TRABALLOS
12
PLANTACIÓN: Preparación do solo (limpeza, fertilizado...) Colocación de elementos de soporte (postes, arames...) e das plantas.
13
MARCOS DE PLANTACIÓN cepas soltas arxóns parras
14
preparando unha parra
15
PODA Eliminación das vides non axeitadas e recorte das outras ata o nivel preciso para manter o desenvolvemento da vide e a produción de uva nos niveis óptimos. Realízase despois da caída da folla, durante o descanso invernal da planta, entre os meses de novembro e febreiro.
16
ATADO atado con bimbias máquina de atar
17
FERTILIZACIÓN: Con produtos orgánicos, fertilizantes minerais, foliares...
18
PROTECCIÓN CONTRA PRAGAS E ENFERMIDADES
As pragas máis importantes que padecen as vides son producidas por fungos (oídio ou polvillo, mildeu, escoriose, botrite ou podremia...), ácaros (araña vermella), insectos (pulgóns, mosquilla, avelaíñas, pedroulo...), virus, bacterias... Existen multitude de produtos fitosanitarios que se presentan en forma de po para esparexer, po mollable e líquidos.
19
OS LABORES DO SOLO Cavas para eliminar malas herbas, airear a terra...
20
A VENDIMA Recolleita da uva madura. Xeralmente faise nos meses de setembro e outubro.
21
albariño caíño En Galiza cultívanse máis de 200 variedades de vides, das que 77 (41 de tinto e 36 de branco) son autóctonas. godello mencía
22
PRINCIPAIS ZONAS DE CULTIVO DA VIDE EN GALIZA
DENOMINACIÓNS DE ORIXE PROTEXIDAS: O Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Monterrei e Ribeira Sacra VIÑOS DA TERRA: Val do Miño Betanzos. Barbanza e Iria
23
RÍAS BAIXAS-O SALNÉS
24
RÍAS BAIXAS-O ULLA
25
RÍAS BAIXAS-O O ROSAL
26
O RIBEIRO
27
VALDEORRAS
28
RIBEIRA SACRA-Sil
29
RIBEIRA SACRA-Miño
30
VAL DO BIBEI-XARES
31
VAL DE MONTERREI
32
USOS DAS UVAS Consumo en fresco, elaboración de zumes, viño, vinagre, licores, confituras, aromatizantes... Pasas (uvas secas).
33
ESCOLMA LITERARIA ¡O espadeiro! ¡Asios mouros, cepas tortas
follas verdes, douradas e vermellas, gala nas terras vivas de Castrelo, nos Casteles de Ouviña e nas areas de Tragove e Sisán, do mar de Arousa e o Umia cristaíño nas ribeiras! ¡O espadeiro amante! ¡O viño doce! ¡Alegría de mallas e espadelas, compañeiro das bolas de pan quente e as castañas asadas na lareira! RAMÓN CABANILLAS
34
TRADICIÓN ORAL REFRÁNS: Poda en xaneiro, vendima no sombreiro.
O que en marzo non poda perde a vendima toda. Gomo de marzo, non vai ó cabazo. O vello pon a viña, o mozo vendímaa. Nin viña no baixo, nin trigo no cascallo. Casas cantas mores, viñas cantas podes. San Miguel das uvas, tarde vés e pouco duras. Amoria madura, pinta a uva. Polo San Mateu vendima ti, vendimo eu. Vendima enxoito se queres coller bo mosto. Boca que canta non come uvas. En agosto, nin viño nin mosto. No San Martiño xa se coñece o bo viño. Chuvia de agosto, mel e mosto.
35
Estou encarnado e ben maduriño, antes do outono de min farán viño
ADIVIÑAS: Unha vella xorobada, ten un fillo enredador, unhas netas moi fermosas e un xenro predicador (A CEPA) Estou encarnado e ben maduriño, antes do outono de min farán viño (O ACIO DE UVAS) Dous irmáns son, un vai á misa e o outro non (VIÑO E VINAGRE, VIÑO BRANCO E TINTO) Unha vella moi enrugada, leva no cú unha palla atrancada (UVA PASA)
36
CANTIGAS Vendimai, vendimadeiras, na vendima do meu pai. Vendimai e comer uvas que outra cousa non a hai. Meu amor eu quero viño, a iauga non sei beber, a iauga ten samesugas, teño medo de morrer.
37
MONTAXE: Adela Leiro TEXTOS: Adela Leiro, Hernando Martínez FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Juan Maceira, Internet DEBUXOS: Mon Daporta Decembro 2014
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.