La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

Hospital Lucus Augusti, 7-8 de junio de 2013

Presentaciones similares


Presentación del tema: "Hospital Lucus Augusti, 7-8 de junio de 2013"— Transcripción de la presentación:

1 Hospital Lucus Augusti, 7-8 de junio de 2013
INMUNODEFICIENCIA COMÚN VARIABLE: CARACTERÍSTICAS DOS PACIENTES EN SEGUEMENTO NUNHA CONSULTA ESPECIALIZADA DE MEDICINA INTERNA Caínzos Romero T, Sánchez Trigo S, Mariño Callejo A, Lijó Carballeda C, García Alén D, Gómez Buela I, Vilariño Maneiro L, Sardina Ferreiro R, Sesma Sánchez P. Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol Hospital Lucus Augusti, 7-8 de junio de 2013

2 INTRODUCCIÓN OBXECTIVOS MATERIAL E MÉTODOS
A Inmunodeficiencia Común Variable (ICV) describe un grupo heteroxéneo de patoloxías que se manifesta fundamentalmente pola presenza de infeccións recurrentes, sobre todo pulmonares e/ou gastrointestinais e que ademáis se pode asociar a outras enfermidades. Desde febreiro de 2012 o servizo de Medicina Interna puxo en marcha unha consulta protocolizada para o diagnóstico, seguemento e tratamento destes pacientes. OBXECTIVOS Presentamos as características clínicas e epidemiolóxicas dunha serie de pacientes diagnosticados de ICV e en seguemento nunha consulta protocolizada de Medicina Interna. MATERIAL E MÉTODOS Revisamos as historias clínicas dos pacientes diagnosticados de ICV en seguemento nunha consulta especializada de Medicina Interna desde febreiro de 2012 ata marzo de 2013.

3 RESULTADOS (1) Total de casos: 16 (prevalencia = 7,6 casos/ habitantes) 50% mulleres Idade media: 58,25 anos (rango: 34-76)

4 RESULTADOS (2) Das manifestacións clínicas crónicas de tipo respiratorio, as máis frecuentes foron as bronquiectasias (43,8%). Das patoloxías autoinmunes asociadas, as máis frecuentes foron o hipotiroidismo (12,5%) e a anemia perniciosa (12,5%).

5 RESULTADOS (3) Tratamento Mortalidade
50% reciben Inmunoglobulina intraveosa 12,5% (2 pacientes) tiveron reaccións adversas (un deles, reacción anafiláctica con anticorpos anti-IgA positivos) Mortalidade 12,5% (2 pacientes): adenocarcinoma gástrico avanzado e shock séptico

6 CONCLUSIÓNS Os pacientes con ICV presentan unha importante variedade de complicacións infecciosas, respiratorias, dixestivas, autoinmunes e neoplásicas. A infección respiratoria é a manifestación clínica inicial máis frecuente nos nosos pacientes. Un manexo protocolizado e especializado permite realizar un diagnóstico precoz das complicacións e optimizar o seguemento e o tratamento.


Descargar ppt "Hospital Lucus Augusti, 7-8 de junio de 2013"

Presentaciones similares


Anuncios Google