Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
1
FINA CASALDERREY
2
BIOGRAFÍA Fina Casalderrey Fraga (nacida en Xeve, provincia de Pontevedra, en 1951) é escritora, profesora de educación secundaria, etnógrafa vocacional, gastrónoma, conferenciante e periodista. Foi premiada varias veces por toda a súa obra e traducida a todas as linguas de España. Na actualidade reside en Lérez e imparte clases no I.E.S. Salvador Moreno de Marín.
3
Notas autobiográficas
Lérez (onde vivo actualmente) nun ambiente rural que paulatinamente vaise facendo semiurbano, urbano... Xa case non falamos entre a veciñanza, polas mañás mestúranse os trinos dos paxaros coas bucinas e rouquéns dalgúns coches... O saco da miña nenez está cheo de vivencias, para min, entrañables.
4
¿CANDO COMEZA A ESCRIBIR?
Dende os dezanove anos, exerce a profesión de mestra. Foi daquela cando se mergullou nas augas da creación literaria como autora e directora de varias pezas teatrais representadas polo seu alumnado, algunhas recollidas na publicación Recursos teatrais para a expresión dramática na escola publicada en Edicións Xerais.
5
¡Un texto autobiográfico!
É mágoa que teña que ser eu quen o escriba. Se lle deran a oportunidade a meus pais exporían calidades extraordinarias sobre a miña persoa e méritos incribles arredor do meu traballo. Eu... ¿que podo dicir? Non son unha beleza de pasarela, non nacín nun pazo e, de nena, nin sequera tiñamos biblioteca no barrio. Non pasei fame de xurelos nin de cariño, mesmo engadiría que nin de historias; contábanmas meu pai e a radio. Si pasei fame de libros, aínda que os que afanaba ás agachadelas tiñan sabor a larpeiradas. E é que, no meu ambiente, case era “pecado” ler cousas que non levasen por título Matemáticas, Xeografía...
6
FRASES INTERESANTES DUNHA ENTREVISTA…
... Sempre trato de guiarme por "arroutadas" para facer brotar as miñas historias. Parto a cotío da idea de que non se pode convencer do que non estás convencida, ou o que é o mesmo, non se pode emocionar a ninguén se ti non estás emocionada... Encántame escribir en primeira persoa: ser un neno, unha nena, unha xove, unha anciá, un can... ¿Para que servíu este Premio Nacional? Pois... entre outras cousas para ter un pouquiño máis de seguridade nas miñas propias dudas.
7
Libros que limos en 6º David xunto coa súa noiva Branca tratan de descubrir a razón de que os fillos da súa gata Lúa desaparezan cada vez que ten unha camada. A súa bisavoa, como xa é moi maior, dille que o seu pai enterrounos na veiga. Pero existen outros sospeitosos, como o señor Indalecio... Terán que poñer trampas e estar atentos ás pegadas do posible ladrón de gatos; pero o ladrón non é quen David e Branca imaxinaban. Este misterio, unido á preocupación por xuntar pecados para a Primeira Comunión ou por saber por onde entraron os gatos na barriga antes de nacer, son algúns dos enigmas que o protagonista logra resolver ao final dunha trama detectivesca cargada de inxenuidade e tenrura.
8
A LAGOA DAS NENAS MUDAS Amina vaise vivir a un lugar remoto do que descoñece ata o idioma. Un día chega ao seu novo colexio e decátase de que todas as nenas visten coma ela, peitéanse coma ela... son de súpeto cuspidiñas a ela. A profesora de inglés fai unha impresionante revelación que Amina vai descifrando grazas aos debuxos da súa amiga Ío. Pero Ío desaparece misteriosamente...
9
ÁS DE MOSCA PARA ANXO ¿Chegará algún día no que poida existir unha convivencia feliz entre os seres humanos máis alá das diferencias de ideas ou capacidades? Estrela, unha nova alumna do derradeiro curso de primaria -que recibe clases de apoio-, demostrará ós seus compañeiros de colexio, á súa familia e... a todo o mundo que o máis importante é ter un gran corazón.
10
DÚAS BÁGOAS POR MÁQUINA
Dúas bágoas por Máquina é unha historia realista e tenra que conta as relacións entre unha nena e o seu can. Ten como pano de fondo unha familia rural de hoxe, na que conviven avós, pais e fillos, con problemas actuais (un pai en paro, unha avoa que semella insoportable, un primeiro amor, un can que estorba...) Pretende ser unha defensa do mundo animal, ao través das diferentes situacións polas que pasa o can, malia as cales el segue fiel ata o incrible.
11
CHAMIZO Martina é unha nena de nove anos cun pelo acastañado, unhas meixelas salpicadas de graciosas pencas e uns ollos claros. O que máis desexa no mundo é ter un animal, pero ós seus pais sempre lle están a explicar que un piso non é o lugar axeitado para telo. Un día no patio do colexio ve na papeleira, algo que mira dentro dela, fai que se deteña. ¡Un gatiño pequeno! É como un chamizo, soamente unha mancha branca lle interrompe a cor negra.
12
UN MISTERIO NA MOCHILA DE ALBA
Nunha vella casa abandoada instálase un día Alba. Non leva nada consigo, non coñece a ninguén, pero é feliz vivindo en plena comunión coa natureza, alimentándose dos frutos que esta lle da, comunicándose cos paxaros e xogando cos peixes. A súa única propiedade é unha misteriosa mochila de cor cereixa. Nela leva todo canto necesita e está sempre contenta ante o asombro da xente do pobo. Intrigados polo misterio do seu contido, uns rapaces ofrécenlle cambiala por xeados, convertila en fada se lla da ou regalárlla as estrelas. Mais Alba non renuncia ao tesouro gardado nela, que finalmente descubre para o lector: "unha goma de borrar malos momentos, unha caricia, un abrazo, un anaco de pan duro e un beso tenro".
13
O ESTANQUE DOS PARRULOS POBRES
Co seu avó, Noema aprendeu moitas cousas, xa que o avó é sabio. E tamén é un campión e un pirata. Con el xoga a morrer, que é moi doado. Un só ten que botarse na cama, pecha-los ollos e poñer unha man enriba da outra.
14
Premios recibidos polas obras que nós temos lido
Ás de mosca para Anxo Lista de honra de CLIJ O estanque dos parrulos pobres Premio Edebé de Literatura Infantil Lista de honra de CLIJ 1996. O misterio dos fillos de Lúa Premio O Barco de Vapor Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil Inclusión na selección "Los mejores de la década" de CLIJ Chamizo Lista de honra de CLIJ 1994. Dúas bágoas por Máquina Premio Merlín de Literatura Infantil 1991
15
ALGÚNS DOS LIBROS TRADUCIDOS A MOITOS IDIOMAS
A Pomba e o Degolado Traducido ó castelán e valenciano. A lagoa das nenas mudas Traducido: Bilingüe castelán-inglés. Un día de caca e vaca Traducido ó catalán, castelán, valenciano e euskera. ¡¡¡Lume!!! Traducido ó catalán e castelán. Isha, nacida do corazón Traducido ó catalán e castelán. Un cabalo de lume Traducido ó catalán, castelán, valenciano e euskera. ¡Un can no piso! ¿E que? Traducido ó catalán, castelán, euskera, asturiano e aragonés.
16
Os nenos e nenas de 6º opinan...
É unha boa escritora. Os seus libros son moi bos. O misterio dos fillos de Lúa é moi interesante e moi bonito. Os seus libros gústanme moito. Paréceme moi interesante que conte a historia nos libros como se fora realidade. Non ten medo de dicir a verdade. É moi interesante que veña á escola para falarnos dos seus libros e explicarnos a súa vida. É moi detallista e nos libros tamén. É unha muller creativa. Ten mérito. Fai libros interesantes, por exemplo, A lagoa das nenas mudas. Gustoume Ás de mosca para Anxo. Os libros que publicou parecéronme entretidos e divertidos. O meu favorito é Dúas bágoas por Máquina. É unha das mellores escritoras de Galicia. Gustoume moito O estanque dos parrulos pobres. É simpática. Gústame moito Dúas bágoas por Máquina estaba xenial. É a mellor. Firmoume o libro Dúas bágoas por Máquina (é precioso). A súa vida ten mérito. Empezou a escribir con 19 anos e non parou. Son unha gran admiradora súa.
17
AGRADECEMENTOS: Moitas grazas por vir ao colexio Sofía Casanova e por contestar ás nosas preguntas con sinceridade. Esperamos que aos nenos dos outros colexios lles gustara tanto como a nós…
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.