Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
Publicada porMaría Pilar Salas Vega Modificado hace 6 años
1
Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa. (LOMCE)
2
Educación Secundaria Obrigatoria Real decreto 1105/2014, do 26 de decembro, polo que se establece o currículo básico da Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato BORRADOR DECRETO (GALICIA)
3
Principios xerais A ESO ten por finalidade lograr que o alumnado adquira os elementos básicos da cultura, desenvolva e consolide hábitos de estudo e de traballo, preparalos para a súa incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral e formalos para o exercicio dos seus dereitos e obrigacións na vida como cidadáns. Ten carácter obrigatorio e gratuíto e constitúe, xunto coa E. Primaria, a educación básica. Préstase especial atención á orientación educativa e profesional do alumnado.
4
Currículo Está integrado por:
Os obxectivos.- son os referentes relativos aos logros que o alumnado debe acadar. As competencias.- son as capacidades para aplicar os contidos propios de cada materia. Os contidos.- conxunto de coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que contribúen ao logro dos obxectivos e a adquisición de competencias. Os criterios de avaliación.- son os referentes específicos para avaliar as aprendizaxes do alumnado. Describen o que se debe valorar e o que o alumno debe lograr. Os Estándares de aprendizaxe.- son especificacións dos criterios de avaliación que concretan o que o alumnado debe saber, comprender e saber facer. A metodoloxía didáctica.- son as estratexias, procedementos e accións planificadas polo profesorado para posibilitar a aprendizaxe do alumnado.
5
Competencias clave 1º Comunicación lingüística (CCL).
2º Competencia matemática e competencias básicas en ciencias e tecnoloxía (CMCCT). 3º Competencia dixital (CD). 4º Aprender a aprender (CAA). 5º Competencias sociais e cívicas (CSC). 6º Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE). 7º Conciencia e expresións culturais (CCEC).
6
Organización Organízase en materias (troncais, específicas e de libre configuración autonómica) de acordo cos principios de educación común e de atención á diversidade do alumnado. Comprende dous ciclos: O 1º ciclo de tres cursos escolares ( 1º, 2º e 3º de ESO) O 2º ciclo dun curso (4º de E.S.O.). Terá un carácter fundamentalmente propedéutico. Co fin de facilitar o tránsito do alumnado entre a E. Primaria e o 1º curso de E.S.O., as Administracións educativas e, no seu caso, os centros docentes, poderán agrupar as materias de 1º curso en ámbitos de coñecemento.
7
Organización do 1º ciclo de E.S.O.
Materias de 1º curso Bloque de asignaturas troncais Bloque de asignaturas específicas Bloque de asignaturas de libre configuración autonómica Bioloxía e Xeoloxía. Xeografía e Historia. L. Castelá e Literatura. Matemáticas. 1ª Lingua Estranxeira. Educación Física. Relixión, ou Valores Éticos. + E. Plástica, Visual e Audiovisual. 2ª Lingua estranxeira L. Galega e Literatura (obrigatorio). As horas de libre configuración do centro poderán dedicarse: Ao afondamento e/ou reforzo dalgunha das materias do curso. Establecer outra ou outras materias que determine o centro (previa autorización da Consellería).
8
Organización do 1º ciclo de E.S.O.
Materias de 2º curso Bloque de asignaturas troncais Bloque de asignaturas específicas Bloque de asignaturas de libre configuración autonómica Física e Química. Xeografía e Historia. L. Castelá e Literatura. Matemáticas. 1ª Lingua Estranxeira. Educación Física. Relixión, ou Valores Éticos. + Música. 2ª Lingua estranxeira Tecnoloxía. L. Galega e Literatura (obrigatorio). As horas de libre configuración do centro poderán dedicarse: Ao afondamento e/ou reforzo dalgunha das materias do curso. Establecer outra ou outras materias que determine o centro (previa autorización da Consellería).
9
Organización do 1º ciclo de E.S.O.
Materias de 3º curso Bloque de asignaturas troncais Bloque de asignaturas específicas Bloque de asignaturas de libre configuración autonómica Bioloxía e Xeoloxía. Física e Química. Xeografía e Historia L. Castelá e Literatura 1ª Lingua Estranxeira Como materia de opción cursarase: Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas OU - Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas Educación Física. Relixión, ou Valores Éticos. + E. Plástica, Visual e Audiovisual. Música. Tecnoloxía. Unha materia a elixir entre : 2ª Lingua Estranxeira/Cultura Clásica L. Galega e Literatura (obrigatorio). As horas de libre configuración do centro poderán dedicarse: Ao afondamento e/ou reforzo dalgunha das materias do curso. Establecer outra ou outras materias que determine o centro (previa autorización da Consellería).
10
Organización do 4º curso de E.S.O. (2º ciclo)
Os pais, nais ou titores legais ou, no seu caso, os alumnos/as poderán escoller cursar 4º curso da E.S.O. por unha das seguintes opcións: Opción de ensinanzas académicas para a iniciación ao Bacharelato. Opción de ensinanzas aplicadas para a iniciación á F. Profesional. A estes efectos, non son vinculantes as opcións cursadas en 3º curso de E.S.O. As administracións educativas e , no seu caso, os centros poderán elaborar itinerarios para orientar aos alumnos/as na elección das materias troncais de opción
11
4º curso: Opción de ensinanzas académicas.
Materias Bloque de asignaturas troncais Bloque de asignaturas específicas Bloque de asignaturas de libre configuración autonómica Xeografía e Historia. L. Castelá e Literatura. Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas. 1ª Lingua Estranxeira. + 2 materias de entre as seguintes: Bioloxía e Xeoloxía Economía Física e Química Latín Educación Física. Relixión, ou Valores Éticos. Dúas de entre as seguintes: Artes Escénicas e Danza Cultura Científica Cultura Clásica E. Plástica, Visual e Audiovisual. Filosofía Música. 2ª Lingua estranxeira Tecnoloxías da Información e a Comunicación Unha materia do bloque de asignaturas troncais NON cursada. L. Galega e Literatura (obrigatorio).
12
4º curso: Opción de ensinanzas aplicadas.
Materias Bloque de asignaturas troncais Bloque de asignaturas específicas Bloque de asignaturas de libre configuración autonómica Xeografía e Historia L. Castelá e Literatura Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas 1ª Lingua Estranxeira + 2 materias de entre as seguintes: Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional. 2. Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial 3. Tecnoloxía Educación Física. Relixión, ou Valores Éticos. Dúas de entre as seguintes: Artes Escénicas e Danza Cultura Científica Cultura Clásica E. Plástica, Visual e Audiovisual. Filosofía Música. 2ª Lingua estranxeira Tecnoloxías da Información e a Comunicación Unha materia do bloque de asignaturas troncais NON cursada. L. Galega e Literatura (obrigatorio).
13
Atención á diversidade
Corresponde ás Administracións educativas regular as medidas de atención á diversidade, organizativas e curriculares, incluídas as medidas de atención ao alumnado con neae. Tipo de medidas : Adaptacións do currículo (o alumnado con ACS deberá superar a avaliación final para opter o título correspondente). A integración de materias en ámbitos Os agrupamentos flexibles. O apoio a grupos ordinarios. Os desdobramentos de grupos. A oferta de materias específica. Os Programas de Mellora da Aprendizaxe e o Rendemento. Outros programas de tratamento personalizado para o alumnado con neae
14
Avaliación e promoción
A avaliación será continúa formativa e integradora. Estableceranse as medidas máis axeitadas para que as condicións de realización das avaliacións se adapten ás necesidades do alumnado con nee. As decisións de promoción dun curso a outro, dentro da etapa, serán adoptadas de xeito colexiado polo conxunto do profesorado do alumno/a. O alumno/a promocionará de curso cando teña superadas todas as materias cursadas ou teña avaliación negativa en dúas materias como máximo. O alumno/a repetirá curso cando teña avaliación negativa en tres ou máis materias, ou en dúas materias que sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas.
15
Avaliación e promoción
Quen promocione sen superar todas as materias ten que matricularse das materias non superadas, seguirá os programas de reforzo que estableza o equipo docente e deberá superar as avaliacións correspondentes a ditos programas. Poderase repetir o mesmo curso UNHA SOA VEZ e DÚAS VECES como máximo dentro da etapa. Excepcionalmente, poderase repetir unha 2ª vez en 4º curso se non se repetiu nos cursos anteriores da etapa.
16
Proposta de acceso á F. Profesional Básica
O equipo docente poderá propoñer aos pais, nais ou titores legais, a través do consello orientador, a incorporación do alumno/a a un ciclo de F. Profesional Básica cando o grao de adquisición das competencias así o aconselle, sempre que cumpran simultaneamente os seguintes requisitos: Ter cumpridos 15 anos, ou cumprilos durante o ano natural en curso, e non superar os 17 anos no momento de acceso ou durante o ano natural en curso. Ter cursado o 1º ciclo de E.S.O. ou, excepcionalmente, ter cursado o 2º curso da E.S.O.
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.