Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
1
XORNADAS DE ATENCIÓN TEMPERÁ
Secretaría Xeral de Política Social Consellería de Traballo e Benestar
2
A ATENCIÓN TEMPERÁ NO ÁMBITO DA ACTUACIÓN DOS SERVIZOS SOCIAIS.
ATENCIÓN TEMPERÁ DENTRO DO SISTEMA PARA A AUTONOMÍA E ATENCIÓN Á DEPENDENCIA (SAAD). ATENCIÓN TEMPERÁ FÓRA DO SAAD: PERSOAS QUE NON OBTIVERON O RECOÑECEMENTO DUNHA SITUACIÓN DE DEPENDENCIA.
3
ATENCIÓN TEMPERÁ DENTRO DO SISTEMA PARA A AUTONOMÍA E ATENCIÓN Á DEPENDENCIA (SAAD). REFERENCIAS NORMATIVAS Ley 39/2006, de 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia (BOE nº 299, de 15 de decembro de 2006). - Artigo 15 Catálogo de servizos. 1.a) Servizos de prevención das situacións de dependencia e os de promoción da autonomía persoal. Artigo 21. Definición dos Servizos de prevención das situacións de dependencia e os de promoción da autonomía persoal. - Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 34 de 19 de febreiro de 2010). -Artigo 3. Catálogo de servizos do Sistema pa a Autonomía e Atención á Dependencia. 1.a) Servizos de prevención das situacións de dependencia e de promoción da autonomía persoal. Orde de 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 9 do 13 de xaneiro de 2012), modificada pola orde de 19 de abril de 2013 (DOG nº 86, de 6 de maio de 2013). Artigo 16. Servizo de atención temperá. Decreto 149/2013, de 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo (DOG nº 182, do 24 de setembro de 2013).
4
¿QUÉ É O SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ?
Artigo 16 Orde 2 xaneiro 2012 1.O servizo de atención temperá é o conxunto de actuacións preventivas, de diagnóstico e de intervención que de forma coordinada se dirixen á poboación infantil de 0 a 6 anos, á familia e ao seu contorno, que teñen por finalidade dar resposta o máis axiña posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos no seu desenvolvemento ou que teñen risco de padecelos. Estas actuacións, que deben considerar a globalidade do neno ou da nena, deben ser programadas e executadas por equipos multidisciplinares. 2. Serán persoas beneficiarias os nenos e nenas de 0 a 6 anos aos cales se detecte algún tipo de limitación na actividade, discapacidade, trastorno no desenvolvemento ou risco de padecelos, sen perxuízo de que a faceta preventiva deba estenderse tamén a todo o ámbito familiar, así como ao seu contorno próximo cando se considere procedente. 3. Estableceranse programas de atención temperá orientados á prevención, á consecución do nivel óptimo do desenvolvemento evolutivo do neno e da nena e á redución das consecuencias negativas das discapacidades, alteracións e trastornos do desenvolvemento. As estratexias de atención temperá realizaranse, preferentemente, no contorno normalizado en que se desenvolve a vida do neno ou da nena. A faceta preventiva debe estenderse tamén ao ámbito familiar, así como ao seu contorno próximo cando se considere procedente, considerando ambos os dous ámbitos como parte do programa de intervención. 4. As técnicas e programas estarán destinadas ao: a) Desenvolvemento psicomotor. b) Desenvolvemento cognitivo. c) Desenvolvemento da linguaxe e a comunicación. d) Desenvolvemento da autonomía. e) Desenvolvemento da área social e afectiva. f) Apoio, información, habilitación e formación da familia
5
¿A quén vai dirixido? Poboación infantil.
Nenos con idade comprendida de entre 0 a 6 anos. Valorados e que teñan recoñecida unha situación de dependencia, calquera que sexa o seu grao (I, II ou III).
6
Acceso ao servizo dentro do SAAD.
Como servizo público. Prestación directa pola Xunta de Galicia. Prestación indirecta, mediante a concertación do servizo cunha entidade privada. Como libranza vinculada á prestación dun servizo. Adquisición dun servizo de carácter privado.
7
Contido do servizo de atención temperá dentro do SAAD.
Servizo (dentro do Decreto 149/2013). Prestacións: Forman parte deste servizo as seguintes prestacións: Diagnóstico e valoración dos trastornos de desenvolvemento de nenos e nenas Desenvolvemento psicomotor Desenvolvemento cognitivo Desenvolvemento da linguaxe e comunicación Desenvolvemento da autonomía Desenvolvemento da área social e afectiva Apoio, información, habilitación e formación da familia.
8
Participación económica no custe do servizo
Este servizo prestarase con carácter gratuíto. Non ten participación económica, por parte do usuario, cando se recibe como servizo público.
9
¿Quén pode prestar este servizo?
O Decreto 149/2013, do 5 de setembro non regula os requisitos de prestación dos servizos que define. Artigo 6. Réxime de autorización e acreditación de servizos. 1. Os servizos regulados neste decreto serán obxecto de autorización polo órgano que corresponda da consellería con competencias en materia de servizos sociais, sen prexuízo da súa posterior acreditación, de conformidade e cos estándares e criterios de calidade que desenvolva para estes efectos a dita consellería e tendo en conta o procedemento establecido no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia. 2. Para os efectos do previsto no artigo 68 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, así como no artigo 20 do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección de servizos sociais de Galicia, os servizos de prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal quedarán autorizados logo da súa inscrición no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais. 3. A acreditación poderase ter en conta como criterio de solvencia nos procesos de contratación dos servizos de atención á dependencia e promoción da autonomía persoal. 4. A acreditación dos servizos regulados neste decreto será un requisito imprescindible para atender persoas que perciban a libranza vinculada ao servizo.
10
¿Quén pode prestar este servizo?
Proxecto de …/2015, polo que se establecen os requisitos específicos de funcionamento e acreditación dos servizos definidos pola carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia, regulada polo Decreto 149/2013, do 5 de setembro. Requiren comunicación previa de inicio de actividade e de cese os servizos de prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal da carteira de servizos comúns e da carteira de servizos específicos destinada a persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, a excepción do servizo de supervisión e apoios puntuais en equipamentos especiais e do servizo de apoio á vida independente, regulados no Decreto 149/2013 de 5 de setembro, que quedan suxeitos a autorización previa. O desenvolvemento dos servizos de prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal poderá levarse a cabo en instalacións que non requiran autorización administrativa previa, agás no caso de servizos de respiro familiar a través da atención diúrna, nocturna, residencial, os cales unicamente poderán desenvolverse en instalacións dun servizo de atención diúrna, nocturna, residencial respectivamente que conten con autorización previa de inicio de actividades e no caso do servizo de respiro a través do servizo de axuda no fogar poderá desenvolverse únicamente en servizos de axuda no fogar respecto dos que se teña presentado a correspondente declaración responsable. No caso de que estes servizos se presten en instalacións doutros servizos sometidos a autorización previa, desenvolveranse fóra dos horarios de apertura do servizo de que se trate ou en horario coincidente, sempre que non se exceda a máxima capacidade recoñecida na autorización, en cuxo caso o persoal mínimo esixible será o resultado de sumar a rateo esixible ao servizo suxeito a autorización máis a que resulte esixible ao servizo de prevención e promoción, de acordo co establecido no Anexo II deste Decreto. Para o inicio de actividade destes servizos, as entidades titulares dos mesmos deberán estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais. Os servizos de prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal da carteira de servizos comúns poden destinarse, ben á poboación dependente en xeral ou exclusivamente a algún dos colectivos específicos de persoas que teñan diagnosticado alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, discapacidade física, parálise cerebral, dano cerebral, discapacidade intelectual, trastorno do espectro autista ou enfermidade mental.
11
¿Baixo qué condicións debe prestarse este servizo?
Servizo de atención temperá (0-6 anos) Servizo Prestación Intensidade recomendada Perfil profesional Ratio recomendada Servizo de atención temperá (0-6 anos) Diagnóstico e valoración dos trastornos de desenvolvemento de nenos e nenas Intensidade establecida na orde de 2 de xaneiro de 2012 de desenrolo do Decreto 15/2010, de 4 de febreiro, ou na normativa vixente Equipo formado por un mínimo de 3 profesionais universitarios con titulacións diferentes e relacionadas coas prestacións a realizar, segundo o recollido na Resolución de 3 de agosto de 2011, da Secretaría Xeral de Política Social e Consumo, pola que se publica o Acordo sobre a determinación do contido dos servizos de promoción da autonomía persoal dirixidos a persoas recoñecidas en situación de dependencia en grao I, ou na normativa vixente. Polo menos o coordinador do equipo deberá dispor dunha formación específica en desenvolvemento infantil e atención temperá e/ou terapia e apoio familiar, de como mínimo 300 horas. No caso de non dispor desta formación específica, deberá contar cunha experiencia mínima acreditada de 2 anos en atención temperá. Equipo de 3 profesionais cada 60 usuarios Desenvolvemento psicomotor Desenvolvemento cognitivo Desenvolvemento da linguaxe e comunicación Desenvolvemento da autonomía Desenvolvemento da área social e afectiva Apoio, información, habilitación e formación da familia
12
¿Qué contido debe ter a formación dos profesionais que forman parte dos equipos de atención temperá?
O contido mínimo da formación específica en desenvolvemento infantil e atención temperá e/ou terapia e apoio familiar é o seguinte. Formación en desenvolvemento infantil e atención temperá. A familia como contexto de desenvolvemento. Familia e atención temperá. Avaliación e diagnóstico. O/A neno/a e a familia na comunidade desde a perspectiva biopsicosocial. Intervención co neno/a e a familia. Risco biolóxico e risco social. Dirección e avaliación de servizos dirixidos á primeira infancia e ás súas familias. Traballo en equipo. Traballo en rede. Prácticum, metodoloxía de investigación. Formación postgrao en terapia e apoio familiar. Marco teóricos dos modelos sistémicos . Conceptos básicos en terapia familiar. Modelos / Escolas en terapia familiar Técnicas en terapia familiar. Apoio e intervención con familias en situacións especiais Esixirase un mínimo de 300 horas de formación.
13
Réxime de acreditación
Esixe o cumprimento dun plus de calidade. Avaliarase a existencia dun plan de calidade. Avaliarase a existencia de protocolos mínimos e rexistros de actuación. Avaliarase a posta a disposición dos usuarios dunha serie de documentación que ten que ver con información sobre a propia entidade e o servizo que presta, cos compromisos de calidade ofrecidos, etc.
14
Efectos da acreditación
Outórgase por un período de 4 anos e será renovable por períodos iguais, agás no suposto de cambio de titularidade do servizo ou da entidade xestora, caso no que deberá presentarse nova solicitude. A acreditación poderase ter en conta como criterio de solvencia nos procesos de contratación dos servizos de atención á dependencia e promoción da autonomía persoal e será un requisito imprescindible para atender persoas beneficiarias das libranzas vinculadas á adquisición do servizo. Así mesmo, as disposicións que regulen as subvencións ou as axudas, así como calquera outro tipo de financiamento público, poderán ter en conta a acreditación como criterio necesario ou preferente para a súa concesión
15
RÉXIME TRANSITORIO DE ACREDITACIÓN
Prazo máximo de 5 anos dende a entrada en vigor desta norma para a acreditación de servizos.
16
Servizo de atención temperá fóra do SAAD
Proxecto de Decreto /2015, do , polo que se define a carteira de servizos sociais para a atención de persoas maiores e/ou con discapacidade autónomas.
17
MOITAS GRAZAS POLA SÚA ATENCIÓN
MOITAS GRAZAS POLA SÚA ATENCIÓN
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.