La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

Os axentes sociais e o reto da converxencia en Europa no 2010

Presentaciones similares


Presentación del tema: "Os axentes sociais e o reto da converxencia en Europa no 2010"— Transcripción de la presentación:

1 Os axentes sociais e o reto da converxencia en Europa no 2010
“La libertad no hace felices a las personas, las hace sencillamente personas" Manuel Azaña (traducido a linguaxe non sexista) Os axentes sociais e o reto da converxencia en Europa no 2010 FORMACIÓN, ORIENTACIÓN E COMPETENCIA Dicía José María Ridao en El País do domingo pasado que, en España, os gobernos de esquerdas consideran de esquerdas só aos que lles aplauden sempre. Non estamos conformes, somos de esquerdas, a Administración galega sábeo e CCOO non veu aplaudir senón facer propostas para construír. Comezamos, pois, cunha frase de Azaña que nos parece oportuna

2 COMPROMISO PROGRESISTA
DIÁLOGO SOCIAL - como estratexia  - como obxectivo COMPROMISO PROGRESISTA   - contribuír a consolidar un goberno de progreso   - realizar os cambios estruturais necesarios      . para máis autogoberno      . para máis competencias      . para lograr os obxectivos básicos de Lisboa (innovación e coñecemento)      . para mellorar a actividade produtiva aumentando o investimento en I+D+i - converxer coa media europea a española Dicía José María Ridao en El País do domingo pasado que, en España, os gobernos de esquerdas consideran de esquerdas só aos que lles aplauden sempre. Non estamos conformes, somos de esquerdas, a Administración galega sábeo e CCOO non veu aplaudir senón facer propostas para construír. Comezamos, pois, cunha frase de Azaña que nos parece oportuna

3 Índice de asuntos Que é converxencia? PIB fronte a coñecemento I+D+i?
Salarios e demografía As cualificacións no modelo que buscamos Os avances do diálogo social Reflexións para a mellora Avaliación de actuacións e análise Capital social e axentes sociais Indicios para un moderado optimismo Intentaremos fixar algúns conceptos, entre eles o de converxencia. No informe CES este concepto inclúe só PIB e algúns outros indicadores de competitividade rexional complexos

4 Que é converxencia? PIB fronte a coñecemento
É necesario para o país un esforzo en formación para cubrir o diferencial con Europa? Si, pero… O problema actual en Galicia xa non é o paro masivo senón o tipo de emprego que se crea. Servizos e construción seguen a ser o motor do crecemento. Máis do 80% do novo emprego creado o ano pasado foi nos servizos, mentres que na industria o emprego apenas aumentou. Os servizos que máis medran son os que demandan menor cualificación, a hostalaría, actividades de limpeza e de seguridade. Os empregos de baixa cualificación son máis do 50% dos creados. O noso sistema produtivo está xerando empregos, pero pouco cualificados. Os empregos están a cubrirse basicamente con mulleres e con poboación inmigrante. Retroaliméntase a segregación ocupacional e a desigualdade laboral. Curiosamente, se se retorcen os datos que empregamos, poderían crearse argumentos próximos ao neoliberalismo ou a posturas populistas. Lei da dependencia e lei de igualdade

5 Que é converxencia? Coa salvidade da baixa cualificación as leis de igualdade e a dependencia están, pese a todo, a mellorar o emprego feminino e poden facelo máis aínda, pero polo de agora estamos lonxe das taxas europeas. Datos Eurostat, INE e IGE 2º semestre 2007 A medida da taxa de paro debe ter algún erro, como vimos a denunciar deseguido. Non cadra ter una taxa de desemprego máis pequena e una de actividade e de ocupación tamén menores en Galicia

6 Que é converxencia? I+D+i
Hai vontade por parte da Administración, hai aumentos orzamentarios, pero…: O investimento público parte de niveis moi baixos, aínda que aumente significativamente, e as empresas investiron menos. En 2006 Galicia caeu do sexto ao oitavo posto en porcentaxe do PIB investido en I+D. A Xunta sorpréndese, pero os números son os números. Estamos a piques de pasar a un novo grupo do mapa. Tampouco os indicadores Tic son para botar foguetes, aínda que en 2006 (informe CES) parece que se reduciu lixeiramente a fenda dixital de Galicia con España

7 Que é converxencia? En 2004 a porcentaxe do PIB adicado a I+D para a UE 25 era do 1,86, para a UE 15 era do 1,92 e dende entón continuou medrando. Estatística sobre actividades en I+D. Ano (Resultados provisionais) INE, 20/11/2006 (a táboa é unha copia). Galicia é a comunidade en que menos medra o investimento, é posible que, como afirma a Consellaría de Innovación, haxa investimento oculto que non aflorou no informe En 2006, no conxunto de España a media foi 1,20

8 Que é converxencia? Salarios e demografía
A situación mellora, pero a diferenza salarial con España aínda é moi grande. Os traballadores cualificados buscan en moitas ocasións oportunidades fóra de Galicia Para reter o talento axudarán, sen dúbida, mellorar salarios e condicións de traballo Sen medidas adicionais a cualificación por si mesma pode non ser abondo A dinámica da emigración das persoas cualificadas e máis decididas mantense dende hai anos, reduciuse pero aínda é preocupante

9 Os avances do diálogo social
Logros Boa parte dos obxectivos fixados no diálogo social abordáronse con mellor ou peor fortuna. Lembrámolos: 1. Proporcionarlles aos traballadores a formación axeitada. 2. Determinación clara das prioridades de formación. 3. Asumir competencias na formación continua. 4. Creación dunha entidade de xestión paritaria e tripartita da formación para o emprego. 5. Establecer un sistema áxil e flexible de homologación de especialidades de formación. 6. Conectar a planificación da formación coas necesidades. 7. Definir un sistema participativo que teña como eixe fundamental as organizacións empresariais e sindicais máis representativas. 8. Deseñar e iniciar a implantación dun sistema de acreditación de competencias que sexa áxil e xeneralizable. 9. Equilibrio de oferta formativa e posta en valor da formación de activos. Quizais a nosa maior crítica poida vir dos ritmos e da vertebración entre as diferentes medidas para alcanzar os obxectivos

10 Reflexións para a mellora
Avaliación de actuacións e análises Cremos necesario 1. Mellorar as análises e os instrumentos de planificación, para poder avaliar a rendibilidade social das actuacións. 2. Unha mellor determinación das prioridades de formación. 3. A creación, por fin, dunha entidade de xestión paritaria e tripartita da formación para o emprego. 4. Investir máis recursos en mellorar a planificación e a impartición, reducindo a carga de xestión pura e dura e as rixideces administrativas. 5. Sobre todo, integración das formacións profesionais no marco do sistema de cualificacións. É certo que se realizou un grande esforzo no sentido de crear indicadores e instrumentos de planificación. Agora temos algúns pero hai que redobrar o esforzo e introducir criterios de avaliación económica

11 Reflexións para a mellora
Capital social e axentes sociais Entendemos o capital social, como un concepto que: Subliña o valor das relacións sociais, a cooperación entre iguais e a confianza para o logro de resultados. Podería resumirse como "non só é importante o que sabes, ou o que tes, senón a quen coñeces". Igualmente, refírese ao valor colectivo das redes sociais. As comunidades con máis capital social son as de maior desenvolvemento, Galicia é a quinta pola cola. O capital social pode axudar a paliar os tres déficits do cambio estrutural: a baixa lealdade institucional, a diminución da confianza informal e o debilitamento do coñecemento institucional. Os axentes sociais de Galicia e as administracións implicadas na FP temos unha tarefa neste eido. Tamén foi recoñecido hai pouco por institucións tales como o Banco Mundial. Entre 2000 e 2004 estaba en oitavo lugar en canto a crecemento en capital social, agora baixamos. Trataríase de poñernos de acordo non só no que facer senón tamén de quen o fai Hai que reflexionar sobre a cooperación sindical, máis que en competir pola formación. Neste compromiso poderían participar os empresarios.

12 Indicios para un moderado optimismo
O II Plan galego de formación profesional está abordando como liñas estratéxicas moitas das cuestións que se propoñen. O grupo de traballo que o redacta está, en si mesmo, aumentando o capital social entre os axentes e as administracións que participan. Todos vostedes son profesores de FP. Pois ben, un estudo sobre a opinión dos docentes publicado hai pouco sinala que, en Madrid, só os profesores de FP cren que mellorou a educación. É un sinal? O ex presidente propón cuestións que se compadecen mal con triunfalismos, si

13 Grazas CÓMPRE NON PERDERMOS O TEMPO
-Inserir a Galicia nos países máis desenvolvidos -Utilizar os recursos europeos neste período -Fomentar a complicidade social, implicando os axentes sociais Conclusións: Para cambiar o actual patrón de crecemento é necesario inverter máis e mellor na formación profesional, e prever as necesidades a medio prazo. Xa non serven nin a improvisación, nin a formación e a cualificación que non se poden aplicar, recoñecer e retribuír no sistema produtivo. É necesario que a formación e o emprego “se atopen”, e a integración de toda a formación profesional nun sistema único ten un papel principal nese achegamento. A resposta á pregunta coa que iniciamos esta intervención é que si hai un desaxuste entre os sistema produtivo e a formación e cualificación da poboación, pero se debe a que o sistema crea demasiados empregos pouco cualificados, e non á falta xeneralizada de persoas cualificadas, aínda que cada vez escoitamos máis voces empresariais interesadas, dicindo que en España falta esta mao de obra e que é necesario recorrer á inmigración laboral cualificada. Hoxe por hoxe o que hai detrás desa demanda empresarial é o desexo de abaratar o custo laboral e de “disciplinar” as relacións laborais. Grazas

14 Conclusións Para cambiar o actual patrón de crecemento é necesario inverter máis e mellor na formación profesional, e prever as necesidades a medio prazo. Xa non serven nin a improvisación, nin a formación e a cualificación que non se poden aplicar, recoñecer e retribuír no sistema produtivo. É necesario que a formación e o emprego “se atopen”, e a integración de toda a formación profesional nun sistema único ten un papel principal nese achegamento. A resposta á pregunta coa que iniciamos esta intervención é que si hai un desaxuste entre os sistema produtivo e a formación e cualificación da poboación, pero se debe a que o sistema crea demasiados empregos pouco cualificados, e non á falta xeneralizada de persoas cualificadas, aínda que cada vez escoitamos máis voces empresariais interesadas, dicindo que en España falta esta mao de obra e que é necesario recorrer á inmigración laboral cualificada. Hoxe por hoxe o que hai detrás desa demanda empresarial é o desexo de abaratar o custo laboral e de “desregular” as relacións laborais.


Descargar ppt "Os axentes sociais e o reto da converxencia en Europa no 2010"

Presentaciones similares


Anuncios Google