La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICIOS ITE

Presentaciones similares


Presentación del tema: "INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICIOS ITE"— Transcripción de la presentación:

1 INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICIOS ITE
1 INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICIOS ITE Ana Belén Vilas Fernández Técnico de Administración Xeral Servizo de Urbanismo-Disciplina Urbanística Excmo Concello de Lugo

2 NORMATIVA ITE NORMATIVA AUTONÓMICA
O artigo 200 da Lei 9/2002, de 30 de decembro de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (DOGA 31/12/02) obriga ós Concellos mediante a correspondente ordenanza á inspección periódica das edificacións para determinar o seu estado de conservación. O artigo 8 da Lei 18/2008 de data do 29 de decembro de vivenda de Galicia establece dentro das competencias municipais no seu apartado e) “o exercizo da potestade de inspección para garantir o cumprimento da normativa da edificación e utilización de vivendas”

3 NORMATIVA ITE NORMATIVA MUNICIPAL
O Concello de Lugo en Pleno na súa sesión ordinaria do 3 de marzo de 2003 aprobou inicialmente a Ordenanza sobre conservación, rehabilitación e estado ruinoso das edificacións. O Texto definitivo publicouse no BOP nº 231 da Provincia de Lugo con data do 8 de outubro de De conformidade co disposto na disposición final terceira entrou en vigor ós quince días hábiles da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

4 QUE é a ITE ? É unha Inspección Técnica periódica dos edificios para determinar o seu estado. Trátase dunha Inspección que deberán pasar TODOS os edificios en función da súa antigüidade para acreditar: o seu estado de conservación, condiciones de estabilidade, condicións de seguridade, condicións de estanqueidade, consolidación, e habitabilidade, Calquera que sexa o seu destino (vivenda, oficinas, industria, comercio etc,.) A ITE permitirá, de ser estas premisas, que se acometa a tempo a execución das medidas inmediatas que eviten tanto os riscos para a seguridade das persoas como a necesidade de afrontar reparacións mais complexas e costosas.

5 PRAZOS da ITE RÉXIME XERAL: ÁMBITO PEPRI: EXCEPTÚANSE:
A PRIMEIRA inspección deberá levarse a cabo dentro do ano seguinte ó que cumpran 30 de antigüidade. Os TRINTA (30) anos computanse dende a súa construcción ou obra de rehabilitación integral. A antiguidade que se terá en conta será a que consta no Censo de edificios exposto durante os meses de abril e maio de 2009 no Taboleiro de Edictos do Concello. As SUBSEGUINTES inspeccións faránse dentro do ano seguinte a aquel no que transcorresen DEZ (10) anos dende a anterior inspección. ÁMBITO PEPRI: Os edificios situados no ámbito do PEPRI dentro dos 5 anos seguintes ó que cumpran 10 anos. Porén, e dado que no ano 2005 se levou cabo a inspección de tódolos inmobles sitos no ámbito PEPRI, durante o ano 2015 deberán realizar unha nova inspección. EXCEPTÚANSE: As edificacións declaradas en situación de ruina por resolución firme e as sometidas a un expediente contradictorio de ruína.

6 Actualización de Inspeccións
ANTIGUIDADE DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN Edificios fora do PEPRI Anteriores ó ano 1951 31 de decembro de 2010 Entre o ano 1952 e o 1965 31 de decembro de 2011 Entre o ano 1966 e o 1982 31 de decembro de 2012 Ano 1983 e seguintes 31 de decembro do ano seguinte a aquel no que o edificio cumpra 30 anos de antiguidade Edificios do PEPRI Menos de 10 anos de Antiguidade Dentro dos 5 anos seguintes á data na que alcancen 10 anos Edificios inspeccionados 2005 Durante o ano 2015

7 Como determinar a IDADE da edificación?
Para os efectos desta ordenanza, con carácter XERAL enténdese como idade da edificación a que consta no CENSO DE EDIFICIO exposto no Taboleiro de edictos o Concello entre o 1 de maio e 30 de xuño de 2009, por estimarse como data de remate total da construcción. Non obstante, no caso de obtención de LICENZA DE OCUPACIÓN para a execución de obras de reforma xeral que afecten á edificación completa o prazo de presentación do informe de inspección técnica da edificación, así coma o das sucesivas renovacións, comezará a contar a partir da data de aprobación desta.

8 Como determinar a IDADE da edificación?
Así a idade de edificación, en calquera caso acreditaráse documentalmente seguindo a seguinte orde de prelación: -Certificado final de obras. -Licenza de ocupación. -Licenza de obras. -Por estimación técnica en función da súa tipoloxía e características constructivas. -Calquera medio de proba admisible en dereito.

9 OUTROS SUPOSTOS Con independencia dos anteriores prazos previstos con carácter xeral, o Concello de xeito EXCEPCIONAL, cando se estime preciso, ou se derive de calquera actuación administrativa ou informe emitido polos técnicos municipais, PODERÁ ESIXIR as persoas propietarias a súa presentación antes de que se cumpran os anteditos PRAZOS

10 INCUMPRIMENTO DOS PRAZOS
Poderá presentalo calquera propietario titular lexítimo dun dereito sobre a edificación (arrendatario, usufructuario etc..) no prazo de UN ANO en caso de incumprimento do prazo xeral e no prazo de SEIS MESES en caso de incumprimento do prazo específico. Non se concederán axudas para a REHABILITACIÓN INTEGRAL OU PARCIAL

11 INCUMPRIMENTO DOS PRAZOS
REQUERIRÁSELLE PARA QUE A PRESENTE NO PRAZO DE TRES MESES, MULTAS COERCITIVAS; No caso de incumprimento do requerimento de presentación da ITE no prazo de tres meses, o Concello poderá impoñerlle á persoa obrigada multas coercitivas e 300 a euros, reiterables ata logra-lo cumprimento. EXECUCIÓN SUBSIDIARIA: Transcorrido dito prazo de tres meses sen que se cumprise o ordenado, o Concello poderá levar a cabo a ITE de oficio e a custa dos obrigados. Para estes efectos notificaráselles a identidade do técnico colexiado designado e o custo estimativo da súa intervención. Os honorarios a percibir polos traballos da ITE serán liquidados polo Concello ós propietarios, puidendo recorrer, de ser o caso, á vía de constrinximento SANCIÓNS; O incumprimento do propietario da súa obriga de presentación do primeiro e sucesivos informes no tempo e a forma establecidos nesta Ordenanza, así como das ordes de execución das obras resultantes da inspección técnica, constitúe, de acordo co artigo da LOUGA, infracción urbanística leve, que será sancionada con multa de 300 a 6000 € (art a] LOUGA).

12 INCUMPRIMENTO; execución subsidiaria
CONVENIO DE COLABORACIÓN: Coa finalidad de levar a cabo a ejecución subsidiaria prevista na Ordenanza, o Concello ASINOU un Convenio de colaboración cos colexios profesionais a fin de que os colexiados que reúnan os requisitos de capacitación e idoneidade técnica necesarios poidan realizar a inspección regulada na Ordenanza. A designación do colexiado a efectuará o respectivo colexio, elaborando unhas listas, segundo a súa normativa interna, limitándose o Concello por un procedemento rotatorio a decidir cal é o Colexio profesional que ten que seleccionar técnico, a medida de que xurdan os incumprimentos desta obriga.

13 ¿Quén é o obrigado a presentar a ITE?
As PERSOAS PROPIETARIAS entendéndose como tales as persoas físicas ou xurídicas titulares de calquera tipo de ben inmoble (vivendas, oficinas, fábricas, etc.). A persoa propietaria DEBERÁ facilitar ó técnico/a redactor do informe a visita de inspección a tódalas dependencias do edificio, ó fin de que poida determinar qué obras son necesarias no inmoble para garantir as condicións de seguridade constructiva ou que este non precisa actuación ningunha. Ademais DEBERÁ proporcionar toda a documentación xurídica correspondente ó inmoble (documentación catastral, rexistral, Libro do edificio entre outras…)

14 ¿Quén é o obrigado a presentar a ITE?
VIVENDA UNIFAMILIAR: A persoa propietaria é a obrigada. Debe acreditalo documentalmente VIVENDA COLECTIVA: A persoa que represente á Comunidade de Propietarios e non caso de que non exista, á que represente á totalidade de propietarios. Debendo estar acreditado documentalmente. Esto é así, xa que cada edificación tendrá unha ÚNICA ITE.

15 ¿Cómo hai que presentar a ITE?
A obriga formal de acreditar o cumprimento do deber de conservación, verificaráse mediante a obtención por conta e cargo da persoa propietaria do INFORME expedido por técnico/a competente, no contido e nos prazos establecidos. Unha vez efectuada a inspección faráse constar o seu resultado no impreso normalizado que deberá ser visado polo colexio profesional correspondente.

16 Onde se presenta? Presentaráse en papel e formato dixital
Dito INFORME de INSPECCIÓN xunto coa FICHA do EDIFICIO presentaráse pola propiedade, para a súa incorporación no REXISTRO DE EDIFICIOS onde quedará reflectido o seu resultado, no REXISTRO XERAL do Concello Presentaráse en papel e formato dixital

17 Primeira ITE

18 FICHA TÉCNICA DO EDIFICIO
RECOLLERÁ - A situación XURÍDICA, ARQUITECTÓNICA, URBANÍSTICA. - O rexime de propiedade e ocupación do inmoble - Se presentará xunto co Informe de ITE. DEBERÁ Presentarse como documentación preceptiva na tramitación da licencia de primeira ocupación, cando corresponda a edificación de nova planta ou resultante dunha reforma xeral rematada con posterioridade á entrada en vigor desta ordenanza, pasando ó Rexistro de Inspección Técnica da Edificación.

19 INFORME DE INSPECCIÓN TÉCNICA DO EDIFICIO
ITE INFORME DE INSPECCIÓN TÉCNICA DO EDIFICIO

20 1.- OBXETO Elaboración dun informe onde quede recollido o HISTORIAL CONSTRUCTIVO E PATOLÓXICO do edificio en cada unha das súas partes nas que se entende dividido o mesmo para a súa análise, coa determinación do seu estado de conservación e finalmente a emisión dun DICTAME no que segundo a importancia dos danos detectados, evaluaráse a intervención e se prescribirá a necesidade da mesma

21 2.- ALCANCE A cimentación A estrutura
As fachadas exteriores e interiores e as medianeiras As cubertas e terrazas Os elementos anexos ó inmoble (toldos, antenas, chemineas, rótulos…) As instalacións de saneamento, fontanería, electricidade, gas así como calquera outra infraestrutura común As instalacións mecánicas (ascensores..) e instalacións de protección contra incendios Calquera outro elemento que afecte ás condicións de habitabilidade, salubridade, ornato público e ó uso efectivo do destino da edificación.

22 3.- CONTIDO (art 34 ordenanza)
a) Plano de situación do PXOU de Lugo, sinalando a súa localización. b) Esbozo dos alzados ou fotografías a cor das fachadas, situando nestes as deficiencias que existiran. Estado xeral. Valoración. c) Descripción do tipo de estrutura e cimentación. Estado xeral. Valoración. d) Descripción do tipo de cubertas e azoteas, o seu material de cubrición e a estrutura portante. Estado xeral. Valoración. e) Descrición da fontanería e a rede de saneamento do edifico (rexistrable, grupo de bombeo, etc.). Estado xeral. Valoración. f) Descrición das instalacións de calefacción, gas e eléctrica. Estado xeral. Valoración.

23 3.- CONTIDO (sic) g) Informe sobre as medidas recomendables e prioritarias para asegurar a estabilidade, a seguridade, a estanquidade e a consolidación estrutural, así como para manter ou recuperar as condicións de habitabilidade ou de uso efectivo segundo o destino propio da construción ou da edificación. h) Os graos de execución e efectividade das medidas adoptadas nos inmobles e dos traballos e obras feitas para cumprir as recomendacións contidas no último informe de inspección técnica ou, de ser o caso, nos informes técnicos das inspeccións anteriores. i) Informe sobre as instalacións mecánicas (ascensores, antenas …) de que dispoña o edificio. Estado xeral. Valoración. l) Informe sobre as instalacións de protección contra incendios.

24 4.- DICTAME Tratará de establecer:
- As POSIBLES CAUSAS que motivaron a patoloxía observada, - EVALUACIÓN da importancia dos danos sinalados, - DICTAMINARÁ sobre a evaluación da intervención e a súa necesidade xustificada, - ESTABLECERÁ o tipo de intervención a acometer por parte do propietario

25 Emisión de Informes IMPARCIALIDADE OBXECTIVIDADE INDEPENDENCIA
VERACIDADE

26 DITAME Faráse constar no REXISTRO do EDIFICIO

27 DITAME FAVORABLE O edificio CUMPRE coas condicións esixibles de seguridade establecidas no Plan Xeral de Ordenación Urbana e nos Plans especiais de protección, especialmente no relativo a elementos de fachadas a espazos de uso público, estabilidade estructural e cimentación, sístema de cubertas e instalacións primarias entre outras.

28 DITAME FAVORABLE Teráse por cumprida a obriga de presentar a ITE
Unha vez REVISADA a documentación NOTIFICARÁSELLE ó propietario o cumprimento da realización da ITE, así como o seu carácter favorable e a data na que lle corresponderá facer a seguinte inspección. Incorporaráse ó LIBRO DO EDIFICIO ou á documentación técnica deste no seu defecto

29 DITAME DESFAVORABLE O propietario deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello: - dúas copias do INFORME -presuposto estimativo das obras que deba acometer, con indicación do prazo de inicio e de ejecución destas - Indicación das medidas inmediatas de seguridade no caso en que procedésen e maila justificación de que non admiten demora por motvo de inminente perigo para os ocupantes da edificación ou quen ocupe a súas inmediacións. Nestes supostos faráse unha visita de inspección polos servizos técnicos municipais de estimarse oportuno.

30 DITAME DESFAVORABLE Cando as obras a realizar NON teñan o carácter de URXENTE. O prazo para proceder á execución das obras será o que se determine no informe. Dispón dun prazo de DOUS MESES para a presentación da correspondente licenza de obras e proxecto técnico visado polo colexio profesional competente de ser preciso a partir da data de entrada en registro. Sen non se presentan as licenzas ou non se execuctan as obras serán de aplicación as medidas previstas no suposto de incumprimento da obriga de presentación da ITE Se do informe resultase a necesidade de acometer MEDIDAS INMEDIATAS DE SEGURIDADE por perigo inminente, estas se deberán realizar no prazo previsto no mesmo.

31 DITAME DESFAVORABLE Dado que o resultado é desfavorable, esto SUPÓN a necesidad de acometer obras para alcanza-las condicións esixibles de seguridade constructiva, o cal facultará para que, trala comprobación previa do informe emitido e a modificación de se-lo caso das obras de reparación do edificio que resulten procedentes, se requira ós interesados para que no prazo de DOUS MESES soliciten licenza municipal.

32 DITAME DESFAVORABLE

33 DITAME DESFAVORABLE

34 DITAME DESFAVORABLE A SUBSANACIÓN das deficiencias observadas acreditarase co correspondente certificado de finalización das obras emitido polo técnico director e farase constar en todo caso no Rexistro do Edificio onde se incorporan os Informes e Inspección Técnica dos edificios

35 DITAME DESFAVORABLE En caso de Incumprimento da obriga de realizar as obras prevista no informe de ITE, os servizos técnicos e xurídicos do Servizo de Urbanísmo emitirán informe propoñendo ao órgano competente o inicio do procedemento para dictar unha ORDE DE EXECUCIÓN ou incoar de oficio o expediente de DECLARACIÓN DE RUINA do inmoble, no caso de que esta medida resultase procedente.

36 INCUMPRIMENTO EXECUCION DAS OBRAS
As ORDES DE EXECUCIÓN que se dicten a resultas do informe da ITE e dos informes técnicos e xurídicos municipais DEBERÁN conter: a DETERMINACIÓN concreta das OBRAS que fosen precisas para restablecer as condicións básicas de seguridade, estabilidade, estanquidade e consolidación estructurais, así como as de habitabilidade, en función do destino propio da edificación, e FIXAR os PRAZOS DE COMEZO e execución para o cumprimento voluntario do ordeado, polo propietario; prazos que estarán en función da importancia, volume e complexidade das obras por realizar. Igualmente, DETERMINARÁSE se a entidade das obras ESIXE a redacción de proxecto técnico e de estudio de seguridade e saúde e a existencia de dirección facultativa.

37 CADRO RESUME


Descargar ppt "INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICIOS ITE"

Presentaciones similares


Anuncios Google