La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

ECONOMÍA Sector terciario.

Presentaciones similares


Presentación del tema: "ECONOMÍA Sector terciario."— Transcripción de la presentación:

1 ECONOMÍA Sector terciario

2 SOCIEDADE TERCIARIA O sector servizos abrangue todas aquelas actividades que non se poden considerar agrícolas ou industriais. En España este sector ocupa o meirande número de traballadores. Por iso, considérase que vivimos nunha sociedade terciaria

3 O sector terciario ou servizos abrangue o conxunto de prestacións orientadas a satisfacer as necesidades e demandas da sociedade. É un sector moi heteroxéneo formado por actividades moi diversas.

4 O sector terciario de Galicia adquiriu unha importancia decisiva na creación de postos de traballo, xa que en 2008 os servizos ocupaban o 66% do emprego galego (2010). A distribución xeográfica está pouco equilibrada; os servizos concéntranse nas capitais provinciais e nos grandes núcleos urbanos.

5

6 Tamén se poden clasificar segundo a súa función:
-Sociais satisfán determinadas necesidades da sociedade. -Administrativos ocúpanse, por exemplo, da xestión e tramitación de documentos públicos ou privados. -Financieros ocúpanse de operacións monetarias, referentes a bancos e caixas de aforro. -Culturais identifícanse con aspectos relacionados coa cultura, como museos, cines, teatros, etc. -Persoais son servizos que ofrecen os profesionais, como avogados, electricistas, fontaneiros ou perruqueiros. -Información e comunicación actividades que transmiten información, como a radio, a prensa ou a televisión. -Comerciais son as distintas formas de comercio. -Transporte encargado do transporte, tanto de persoas coma de mercadorías (terrestres, fluviais, marítimas e aéreas). -Ocio e turismo relacionados coa diversión e o turismo.

7 Os medios de comunicación:
Transformacións na vida persoal e profesional das persoas. Grazas a internet podemos realizar xestións dende o noso domicilio. Poñen á nosa disposicion moita información. É unha forma de ocupar o tempo de ocio. Axuda a aumentar os contactos persoais e profesionais. As TIC permitiron transformar o mundo laboral.

8 Tecnoloxías da Información e a Comunicación, tamén coñecidas como TIC, son o conxunto de tecnoloxías desenvolvidas para xestionar información e enviala dun lugar a outro. Abranguen un abano de solucións moi amplo. Inclúen as tecnoloxías para almacenar información e recuperala despois, enviar e recibir información dun sitio a outro, ou procesar información para poder calcular resultados e elaborar informes.

9 Qué significa esto Se falamos de España decatamonos que no ano 2012 este sector xa estaba a aumenter e mellorar a súa economía.

10 É lóxico que o subsector de servizos informáticos sexa o que ocupa a maior proporción de emprego, cun 56%, mentres que telecomunicacións ocupa o 16%; manufactura, o 12%, e o resto corresponde a diversas actividades de comercio. Ademais, o subsector de informática é o que absorbeu case todo o crecemento da man de obra do sector das TIC, xa que o número total de empregados dos subsectores de telecomunicacións e manufactura en 2006 foi menor mesmo do que tiñan en 2001

11 O elevado ritmo de innovación tecnololóxica e a crecente globalización económica a intensificación da competencia internacional, que forzou a mellorar as prácticas empresariais e, así mesmo, o desenvolvemento das tic esta permitindo superar  a propia cualificación da man de obra. Polo que quedan neutralizadas as dificultades que tradicionalmente mostraran algúns servizos para substituír traballo por capital e introducir melloras tecnolóxicas, posibilitando, con iso, o logro de avances na súa productividade.

12 INTERNET: Este apartado de comunicacións ten efectos importantes sobre a productividade, os prezos e a evolución de determinadas actividades terciarias. O futuro de moitas actividades de servizos depende da capacidade que mostren as súas empresas para aproveitar en toda a súa extensión as oportunidades de modernización e progreso. Pola contra esto suporía cifras moi negativa para as taxas de desemprego xa que a “substitución” dos empregados por máquinas máis efectivas e rápidas fan que a poboación en busca de traballo se vexa afectada.

13 A economía da comunicación non só son as empresas puntocom
A economía da comunicación non só son as empresas puntocom. A economía do coñecemento tamén son os cambios na oferta-novas formas de producir, de traballar, de interaccionar as empresas, de ofrecer produtos e de innovar nos deseños organizativos, etc. - e os cambios na demanda -novas formas de distribuír e de consumir, de realizar investimento e financiamento, de cambiar as relacións internacionais, etc. - xerados polo uso intensivo das TIC e os contidos dixitais.

14 O e-negocio configúrase como o deseño organizativo empresarial propioda economía do coñecemento, de maneira que a organización-rede e as redes informáticas son os seus dous elementos crave. TRANSICIÓN = CAMBIO = CRISIS NOVAS OPORTUNIDADES TRABALLO ESTABLE NOVAS FORMAS DE TRABAJO ERA DIXITAL

15 A empresa rede só é posible a partir dun cambio cultural interno
A empresa rede só é posible a partir dun cambio cultural interno. A empresa rede é o resultado dun cambio estratéxico e organizativo, que require unha cultura empresarial interna e previa que sitúe o traballo en rede no centro da súa propia definición.

16 OUTROS MEDIOS DE COMUNICACIÓN MÁIS TRADICIONAIS:
Televisión: É un medio audiovisual masivo que permite aos publicistas despregar toda a súa creatividade porque poden combinar imaxe, son e movemento. Radio: É un medio "solo-audio" que na actualidade está recobrando a sú popularidade. Xornais, revistas e outros escritos

17

18 Como podemos observar, pouco a pouco en Galicia vaise
Incrementando o uso de internet sobre as compras e ventas Tradicionais aínda que non tanto como noutras comunidades Máis avanzadas no sector tic como poden ser Madrid ou o País Vasco.

19 TIPOS DE AXUDA PARA AS TIC
Este financiamento está orientado a autónomos, empresas e entidades públicas e privadas, tanto españolas coma estranxeiras, que realicen investimentos productivos en territorio nacional. A tramitación das operacións realízase directamente a través das Entidades de Crédito.

20 Condicións: -Importe máximo por cliente: ata 10 millóns de euros, nunha ou varias operacións. Conceptos financiables: *Liquidez *Investimentos dentro do territorio nacional: Activos fixos produtivos novos ou de segunda man (IVE incluído) Vehículos turismos, cuxo importe non supere os euros máis IVE Adquisición de empresas Liquidez co límite do 50% do financiamento obtido para esta modalidade de investimento Rehabilitación de vivendas e edificios. Modalidade: préstamo/leasing para investimento e préstamo para liquidez. Tipo de interés: fixo ou variable, máis a marxe establecida pola Entidade de Crédito segundo o prazo de amortización. Prazo de amortización e carencia: *Se se financia 100% liquidez: 1, 2 e 3 anos coa posibilidade de 1 ano de carencia. *Se se financia investimento: 1, 2, 3, 5, 7, 10, 12, 15 e 20 anos con ata 2 anos de carencia. Comisións: a Entidade de Crédito non pode cobrar comisión, salvo por amortización anticipada. Garantías: a determinar pola Entidade de Crédito coa que se tramite a operación salvo aval de SGR/SAECA.

21 300kilos.org é unha empresa galega de comunicacións con sede na coruña que se encarga de axudar aos novos negocios para poder desenvolverse no mercado mediante a publicidade orixinal, spots, campañas e videos virais. Este tipo de empresas surxiu co “boom” das redes sociais e o internet e estan tende un impacto importante. Polo momento esta é a única empresa deste tipo en Galicia.

22 A través de 300kilos.org, unha serie de artistas e comunicadores, ofrecen ás empresas a posibilidade de entaboar co público diálogos que tratan de ser estimulantes, divertidos e entretidos. Hai uns anos, Samuel (o creador) casouse coa súa compañeira de clase, Sonia Barros, directora de programas, documentalista e a primeira realizadora dun Reality Show en Galicia ("A casa de 1906". TVG2006), así como a recente dirección do programa de laSexta "O Aprendiz", polo que ademais de toda a creatividade, agora, en300kilos, ás empresas podeselles ofrecer contidos para que a relación cos seus clientes e sobre todo cos que aínda non o son, sexan frutíferas.

23


Descargar ppt "ECONOMÍA Sector terciario."

Presentaciones similares


Anuncios Google