La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

FUNCIÓNS DE NUTRICIÓN: APARATO DIXESTIVO

Presentaciones similares


Presentación del tema: "FUNCIÓNS DE NUTRICIÓN: APARATO DIXESTIVO"— Transcripción de la presentación:

1 FUNCIÓNS DE NUTRICIÓN: APARATO DIXESTIVO
Bioloxía-Xeoloxía de 1º de BAC

2

3 http://recursos. cnice. mec

4 ANATOMÍA DO APARATO DIXESTIVO
GLÁNDULAS ANEXAS .GLÁNDULAS SALIVAIS Parótidas Sumaxilares Sublinguais .FÍGADO VESÍCULA BILIAR .PÁNCREAS TUBO DIXESTIVO .BOCA .FARINXE .ESÓFAGO .ESTÓMAGO .I. DELGADO Duodeno Xexuno Íleo .I. GROSO Cego Colon Recto .ANO

5 O tubo dixestivo mide uns 11 metros de lonxitude
CARDIA PÍLORO VÁLVULA ILEOCECAL

6 O aparato dixestivo transforma os alimentos en nutrientes, que son incorporados ao sistema circulatorio para ser distribuídos a todas as células.Teñen lugar os seguintes procesos dixestivos: INXESTIÓN. Consiste na incorporación ao o organismo de alimentos do medio DIXESTIÓN. Transformación MECÁNICA (trituración) e QUÍMICA (mediante enzimas dixestivos) dos alimentos en moléculas simples. ABSORCIÓN. Paso dos produtos da dixestión cara ao medio interno ASIMILACIÓN. As células utilizan os nutrientes nos procesos do metabolismo celular EXESTIÓN (defecación). Eliminación dos produtos non dixeridos.

7 DIXESTIÓN NA BOCA A saliva contén:
A enzima amilase que degrada o amidón Lisozima, sustancia bactericida Mucina (lubricante). Dixestión mecánica e química Na boca os alimentos mestúranse coa saliva e tritúranse cós dentes. Fórmase o bolo alimenticio. Mediante a deglutición progresa pola farinxe cara ao esófago. Comeza a dixestión de glícidos

8 A farinxe é común aos aparatos dixestivo e respiratorio.
A epíglote é unha estrutura que pecha a larinxe cando se está a realizar a deglutición do bolo alimenticio evitando esganarse. EPÍGLOTE

9 Esganamento En caso de esganamento hai que despexar as vías respiratorias obstruidas. Comprímese có puño por debaixo do esterno, cara dentro e cara arriba. De non ter éxito, podería necesitarse unha traqueotomía.

10 ESÓFAGO: No esófago prodúcense movementos peristálticos que son contraccións da súa musculatura lisa que empurran o bolo cara ao estómago.

11 DIXESTIÓN NO ESTÓMAGO:
Dixestión mecánica e química O bolo a. transfórmase en QUIMO Nas paredes do estómago existen: Glándulas caliciformes, produtoras de mucina (protectora) Glándulas gástricas, produtoras de pepsina e HCl CARDIA PÍLORO Comeza a dixestión de proteínas

12 DIXESTIÓN NO I. DELGADO:
No intestino delgado se termina de realizar a dixestión de glícidos, lípidos e proteínas. O quimo transfórmase en QUILO por acción: Da bile e o zume pancreático que verten ao duodeno a través da ampola de Vater Das glándulas intestinais: Glándulas de Brunner segregan mucina Glándulas de Lieberkühn producen o zume intestinal formado por: disacaridasas (maltasa, sacarasa, lactasa), peptidasas e nucleasas intestinais

13 FÍGADO Recibe sangue da vea porta, procedente do intestino (aporta nutrientes). Recibe sangue da arteria hepática (aporta osíxeno) As veas dos lobulillos confluen na vea hepática, que leva sangue á vea cava inferior. No fígado prodúcese a bile que se almacena na vesícula biliar. Actúa no intestino delgado neutralizando a acidez do quimo e emulsiona as graxas,

14 PÁNCREAS: zume pancreático
Como glándula exócrina fabrica o zume pancreático. Contén enzimas: amilasa pancreática, lipasa pancreática, tripsina, quimotripsina, peptidasa, nucleasas pancreáticas e bicarbonato. Chega ao duodeno a través do conduto pancreático (c. de Wirsung), que se une ao colédoco (procedente do fígado) e desemboca na ampola de Vater

15 ABSORCIÓN: A absorción é o paso de sustancias dende o tubo dixestivo ao sangue e a linfa. A maior parte dos nutrientes absórbense no intestino delgado e vese favorecida polas pilosidades e micropilosidades intestinais. Os monosacáridos e aminoácidos penetran nos capilares sanguíneos e conflúen na vea porta, que os lleva ao fígado. As graxas penetran nos vasos quilíferos e pasan á rede linfática As pilosidades e micropilosidades intestinais proporcionan unha superficie de absorción de 300 m2 Diariamente se absorben 9 litros de auga que conteñen 500 g de nutrientes.

16 PILOSIDADES E MICROPILOSIDADES

17 FUNCIÓNS DO INTESTINO GROSO:
Nel prodúcese a absorción de auga e ións inorgánicos Fórmanse e elimínanse as feces Contén abundante flora bacteriana que fermenta residuos non dixeridos, e sintetiza vitaminas K e B

18 DIXESTIVO DE AVES O BOCHE é unha bolsa membranosa comunicada có esófago que acumula alimento para dixerilo lentamente. Está especialmente desenvolvido nas aves granívoras. A MOELLA é órgano moi musculado das aves que permite triturar finamente a comida . Dentro da moella das aves pódense atopar gastrolitos.

19 As aves rapaces eliminan EGAGRÓPILAS cós restos, como pelos, osos
As aves rapaces eliminan EGAGRÓPILAS cós restos, como pelos, osos.., que non puderon dixerir

20 Os catro estómagos dos rumiantes:
No BANDULLO, almacéase a comida e fermenta pola acción de bacterias simbióticas. No RETÍCULO o alimento humidécese. Devólvese á boca para masticárense de novo.  No LIBRO absórbense algúns ións Na CALLEIRA, ten lugar a dixestión química

21 CRANIOS DE VERTEBRADOS
HERBÍVORO CARNÍVORO OMNÍVORO AVE CON PETEIRO


Descargar ppt "FUNCIÓNS DE NUTRICIÓN: APARATO DIXESTIVO"

Presentaciones similares


Anuncios Google