Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
1
DEREITOS DE CONCILIACIÓN E NEGOCIACIÓN COLECTIVA
Jaime Cabeza Pereiro
2
IDEAS PREVIAS Cuestións que inciden na conciliación de vida familiar e laboral: -Servizos sociais. -Medidas de Seguridade Social. -Medidas de organización do tempo de traballo. -Medidas de permisos por forza maior e parentais. -Outras –teletraballo e tecnoloxías da comunicación, ou limitacións á mobilidade, vg.-
3
CONCILIACIÓN E NEGOCIACIÓN COLECTIVA
Tempo de traballo e traballo a tempo parcial. Permisos por forza maior –licenzas-. Permisos parentais –excedenzas, reduccións de xornada-. Na súa descrición, emprégase a negociación colectiva sectorial de ámbito autonómico.
4
TEMPO DE TRABALLO Art ET: “el trabajador tendrá derecho a adaptar la duración y la distribución de su jornada de trabajo para hacer efectivo su derecho a la conciliación de la vida personal, familiar y laboral en los términos que se establezcan en la negociación colectiva o en el acuerdo a que se llegue con el empresario respetando, en su caso, lo previsto en aquélla”. Desde logo, non se recoñecen dereitos legais autónomos, senón que se deben desenvolver por convenio ou pacto individual. Pero utilización dunha linguaxe dos dereitos.
5
TEMPO DE TRABALLO E PLANES DE IGUALDADE
Ferramentas de integración dos dereitos á igualdade e á non discriminación. Contido moi central deles, a ordenación do tempo de traballo “para favorecer, en términos de igualdad entre mujeres y hombres, la conciliación laboral, personal y familiar” (art. 46). Pero, en xeral, o capítulo dos convenios do tempo de traballo debe ter en conta esta perspectiva En xeral, os convenios non se prantexan como obxectivo da regulación do tempo de traballo a conciliación, agás excepcións. Pero hai reglas que se axustan mellor a fins conciliatorios.
6
XORNADA E HORARIO Cláusulas de calendario laboral: que contidos deben ter?, cando se ten que expor no taboleiro de anuncios?, que réxime específico hai que observar para a súa modificación. Regulación de horas de entrada e saída ao traballo. Perda, en xeral, das cláusulas de horario flexible. Regulación da xornada continuada. Ás veces, unicamente no verán. Intercambiabilidade coa reducción de xornada. Cláusulas de xornada irregular con límites –vg., non más dun número máximo de horas á semana-. Certos parámetros de previsibilidade horaria. Cuestión dos preavisos.
7
segue Pactos individuais de flexibilización de xornada. Tamén poden valer para obxectivos de conciliación. Distribución da xornada de luns a venres. Posibilidade de acurtar os días semanais de traballo? Sistemas de bolsas de horas con determinación do tempo de traballo pola persoa traballadora.
8
CONSIDERACIÓNS XERAIS DE XORNADA E HORARIO
Trátase de negociar a diversidade. Utilización do plan de igualdade “de arriba a abaixo” –do sector á empresa-, pero tamén “de abaixo á arriba”. Importancia dos acordos de empresa, nunha estruturación das unidades negociais. Importancia da autonomía individual, como instrumento de conciliación. Vg., art. 34 ou art ET. Conveniencia de establecer pactos de corresponsabilización de traballadores do tipo job sharing.
9
TEMPO PARCIAL Poucas reglas convencionais.
Contrasta cunha regulación moi flexible, desde a reforma laboral de 2001. Tema das preferenzas para ocupar vacantes –preferenzas que deberían ser “bidireccionais”, como quere o art. 12 ET. Horas complementarias: limitación percentual, preavisos, posibilidade de denuncia do pacto. Cláusulas de percentaxes de xornada mínima: discutibeis. Igualdade e proporcionalidade de dereitos.
10
VACACIÓNS Interese para as persoas traballadoras con descedentes, pero tamén con persoas dependentes. Cambios dos hábitos sociais nos últimos anos. Reglas de disfrite total ou parcial ininterrompido. Preferenzas polo período de verán. Antelación coa que se coñecen as datas de disfrute. Criterios de preferenza para colisións: vg., menores en idade escolar, antiguidade… Coincidenza de IT con vacacións. Referenza ao novo art ET.
11
PERMISOS E EXCEDENZAS Prioridade pola análise dos arts. 37 e 46 ET.
Alusión á maternidade e as súas reglas de conciliación, á suspensión por adopción e acollemento e á parternidade. Pouco papel da negociación colectiva, ademáis de divulgar os dereitos. Si no disfrute a tempo parcial.
12
PERMISOS Enfermidade, hospitalización ou morte. Melloras convencionais: días, mellora á consanguinidade, transformación en horas á semana. Nacemento de fillo. Coordenación coa suspensión por paternidade. Exámenes prenatais e técnicas de preparación ao parto. Fecundación asistida. Permisos de adopción. Permisos de consulta médida. Para a persoa traballadora, familiares menores… Permisos por asuntos propios, breves e retribuídos ou longos e non retribuídos. Permisos de longa duración sen retribución, para atender feitos de forza maior.
13
LACTACIÓN Reiteracións da lei. Evitar a feminizacíón do permisos.
Clarexamento do dies a quo. Reglas de acumulación. Unha hora ou media. Acumulación a tempo parcial. Crédito de horas. En xeral, pouco interese da negociación colectiva estudada.
14
GARDA LEGAL Silencio da negociación colectiva.
Realmente, a lei recoñece dereitos subxectivos. Tema da prioridade de eleición de quenda de traballo, na liña da STC 3/2007, do 15 de xaneiro. Tema da xornada irregular. Intercambiabilidade coa xornada continuada.
15
EXCEDENZA POR COIDADO DE FILLOS/AS E FAMILIARES
Malas prácticas do convenio: “á traballadora”, “excedenza por maternidade”. Melloras para a consanguinidade. Reserva do mesmo posto alén do primeiro ano. Tema do disfrute fraccionado e a súa concreción na negociación colectiva. Excedenza voluntaria de catro meses. Reserva de posto e contrato de interinidade.
16
CONCLUSIÓN Tema da corresponsabilización dos homes. Máis doado en permisos e excedenzas que en tempo de traballo. Na práctica, as medidas convencionais unicamente serven para facilitarlle ás mulleres a “dobre xornada”. Pero a LO 3/2007 responsabiliza á negociación colectiva na corresponsabilización: plans de igualdade. Tensións entre vida laboral, persoal e familiar que crecen ao longo da vida das mulleres.
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.