Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
Publicada porMaria das Neves Aveiro Fernandes Modificado hace 6 años
1
MANIPULACION Emilio González Legaspi
2
MANIPULACIÓN INFORMATIVA
3
Liberdade e manipulación
A manipulación é un intento de controlar o exercicio da liberdade do/dos outro/os sin que estes se dien conta.
4
Manipulación interindividual
A VÍTIMA.- ”Aquí estou. Dáme unha patada, maltrátame”. Manipulan para que os couiden e lles solucionen os problemas. O/A DEPRESIVO/A.- Buscan chamar a atención vendo só o negativo e esperan que lles axuden. BOTAR A CULPA AOS DEMAIS.- ”Mira o que me fixeron”, ”Todo é pola túa culpa”, ”Todos me maltratan”. O obxectivo é librarse da culpa propia. HIPOCONDRÍACO/A:- Busca a enfermidade para non enfrontarse á vida e que todos estean pendentes deles. O/A SUICIDA.- Ameazan con matarse ou chegan a matarse para facerlles sentirse culpables aos demais. O /A SALVAVIDAS.- ”Dareiche todo o que necesitas e serás miña/mei” O/A MÁRTIR.- ”Vou traballar tanto que sin min a túa vida non terá sentido. Necesitarasme” O/A FACILITADOR.- Axúdanlle aos demáis a non saír da súa dependencia para telos controlados.
5
Liberdade e manipulación
¿Que entendemos por liberdade? liberdades.f. 1. Dereito e posibilidade de poder actuar unha persoa segundo os propios criterios e de decidir por ela mesma aquilo que lle atinxe, sen estar sometida ás imposicións doutros. Ten liberdade para actuar como queira. Un país con liberdade relixiosa. Na casa danlle moita liberdade. 2. Situación daquel que non está baixo o dominio absoluto de alguén ou do que non está preso. A escravitude é todo o contrario da liberdade. Deixaron en liberdade o paxaro que tiñan na gaiola. ANT. catividade. // pl. 3. Excesiva confianza que unha persoa ten con outra, e que resulta molesta. Esas liberdades no trato non me gustan.
6
Liberdade e manipulación
¿Que entendemos por liberdade de expresión? Toda persoa ten dereito á liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión; este dereito inclúe a liberdade de cambiar de relixión ou de Crenza, así como a liberdade de manifestar a súa relixión ou a súa crenza, individual e colectivamente, tanto en público como en privado, polo ensino, a práctica, o culto e a observancia. Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión; este dereito inclúe o de non ser molestado por mor das súas opinións, o de investigar e recibir informacións e opinións, e o de difundilas, sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión. Artigos 18 e 19 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos
7
Liberdade e manipulación
¿A liberdade vennos dada ou temos que conquistala?
8
Liberdade e manipulación
¿Poden/ podemos todos conseguila?
9
Poder e información O cuarto poder
¿Realmente os Medios de Masas son libres e articúlanse como unha ferramenta socializadora e plural, ou ben actúan baixo os ditames dos partidos políticos, os seus dirixentes ou os empresarios? Unha palabra fire máis fondo que unha espada Robert Burton
10
Poder e información
11
Calumnia, que algo queda.
Poder e información Calumnia, que algo queda. 2.- OS TRES COADORES En certa ocasión, un home achegouse a Sócrates e díxolle: -Teño que contarche algo moi serio dun amigo teu. Sócrates mirouno profundamente cos seus ollos de sabio e preguntoulle: -Xa pasaches o que me queres contar pola proba dos tres coadores? -Que proba é esa? -díxolle desconcertado o home. -Se non o sabes, escóitame ben. O primeiro dos tres é o coador da verdade. Estás completamente seguro de que é certo o que me queres contar? -En realidade, seguro, seguro, non. Creo que é certo porque o escoitei dun home moi serio, que non acostuma dicir mentiras. -Se iso é así, con toda seguridade que non o pasaches polo segundo coador. Trátase do coador da bondade. O home ruborizouse e respondeu con timidez: -Certamente que non. Sócrates mirouno compasivamente e seguiu dicíndolle: -Aínda que pasases o que queres dicirme por estes dous primeiros coadores, aínda che faltaría o terceiro, o da utilidade. Estás seguro que me vai ser realmente útil o que queres contarme? -Útil? En verdade, non. -Ves? ?díxolle o sabio-, se o que me queres contar non sabes se é verdadeiro, e certamente non é nin bo nin proveitoso, prefiro que non mo digas e o gardes só para ti.
12
Estratexias de manipulación
O lingüista Noam Chomsky elaborou a lista das 10 Estratexias de Manipulación través dos medios
13
Estratexia da distración
1. A estratexia da distracción O elemento primordial do control social é a estratexia da distracción que consiste en desviar a atención do público dos problemas importantes e dos cambios decididos polas elites políticas e económicas, mediante a técnica do diluvio ou inundación de continuas distraccións e de informacións insignificantes.
14
Crear problemas 2. Crear problemas e despois ofrecer solucións. Este método tamén é chamado ”problema-reacción-solución”. Créase un problema, unha ”situación” prevista para causar certa reacción no público, a fin de que este sexa o mandante das medidas que se desexa facer aceptar. Por exemplo: deixar que se desenvolva ou se intensifique a violencia urbana, ou organizar atentados sanguentos, a fin de que o público sexa o demandante de leis de seguridade e políticas en prexuízo da liberdade. Ou tamén: crear unha crise económica para facer aceptar como un mal necesario o retroceso dos dereitos sociais e o desmantelamento dos servizos públicos.
15
Gradualidade 3. A estratexia da gradualidad. Para facer que se acepte unha medida inaceptable, basta aplicala gradualmente, a contagotas, por anos consecutivos. É dese xeito como condiciones socioeconómicas radicalmente novas (neoliberalismo) foron impostas durante as décadas de 1980 e 1990: Estado mínimo, privatizacións, precariedade, flexibilidade, desemprego en masa, salarios que xa non aseguran ingresos decentes, tantos cambios que provocasen unha revolución se fosen aplicadas dunha soa vez.
16
Diferir 4. A estratexia de diferir. Outro xeito de facer aceptar unha decisión impopular é a de presentala como ”dolorosa e necesaria”, obtendo a aceptación pública, no momento, para unha aplicación futura. É máis fácil aceptar un sacrificio futuro que un sacrificio inmediato. Primeiro, porque o esforzo non é empregado inmediatamente. Logo, porque o público, a masa, ten sempre a tendencia a esperar inxenuamente que ”todo irá mellorar mañá” e que o sacrificio esixido poderá ser evitado. Isto dá máis tempo ao público para afacerse á idea do cambio e de aceptala con resignación cando chegue o momento.
17
Infantilizar o discurso
5. Dirixirse ao público como criaturas de pouca idade. A maioría da publicidade dirixida ao gran público utiliza discurso, argumentos, personaxes e entonación particularmente infantís, moitas veces próximos á debilidade, coma se o espectador fose unha criatura de pouca idade ou un deficiente mental. Canto máis se intente buscar enganar ao espectador, máis se tende a adoptar un ton infantilizante. Por que? .Se un se dirixe a unha persoa coma se ela tivese a idade de 12 anos ou menos, entón, en razón da suxestionabilidade, ela tenderá, con certa probabilidade, a unha resposta ou reacción tamén desprovista dun sentido crítico como a dunha persoa de 12 anos ou menos de idade.
18
Emocionar mellor que razoar
6. Utilizar o aspecto emocional moito máis que a reflexión. Facer uso do aspecto emocional é unha técnica clásica para causar un curto circuíto na análise racional, e finalmente ao sentido critico dos individuos. Por outra banda, a utilización do rexistro emocional permite abrir a porta de acceso ao inconsciente para implantar ou injertar ideas, desexos, medos e temores, compulsiones, ou inducir comportamentos...
19
Manter a ignorancia 7. Manter ao público na ignorancia e a mediocridade. Facer que o público sexa incapaz de comprender as tecnoloxías e os métodos utilizados para o seu control e a súa escravitude. ”A calidade da educación dada ás clases sociais inferiores debe ser a máis pobre e mediocre posible, de forma que a distancia da ignorancia que planea entre as clases inferiores e as clases sociais superiores sexa e permaneza imposible de alcanzar para as clases inferiores”.
20
Aceptar a mediocridade
8. Estimular ao público a ser compracente coa mediocridade. Promover ao público a crer que é moda o feito de ser estúpido, vulgar e inculto...
21
Reforzar a autoculpabilidade
9. Reforzar a autoculpabilidade. Facer crer ao individuo que é soamente el o culpable pola súa propia desgraza, por causa da insuficiencia da súa intelixencia, das súas capacidades, ou dos seus esforzos. Así, en lugar de rebelarse contra o sistema económico, o individuo se auto desvalida e cúlpase, o que xera un estado depresivo, un de cuxos efectos é a inhibición da súa acción. E, sen acción, non hai revolución!
22
Coñecer a sociedade 10. Coñecer aos individuos mellor do que eles mesmos se coñecen. No transcurso dos últimos 50 anos, os avances acelerados da ciencia xeraron unha crecente brecha entre os coñecementos do público e aqueles posuídos e utilizados polas elites dominantes. Grazas á bioloxía, a neurobiología e a psicoloxía aplicada, o ”sistema” gozou dun coñecemento avanzado do ser humano, tanto de forma física como psicoloxicamente. O sistema conseguiu coñecer mellor ao individuo común do que el se coñece a si mesmo. Isto significa que, na maioría dos casos, o sistema exerce un control maior e un gran poder sobre os individuos, maior que o dos individuos sobre si mesmos. Forma en que os medios manexan a opinión pública
23
Exemplos de manipulación
10 exemplos de manipulación fográfica Manipulación sobre o Tibet Manipulación sobre Libia Manipulación da linguaxe
24
Exemplos de censura e poder
25
Interpretar a realidade
26
Crear estados de opinión
Tendemos a ler o que coincide coas nosas ideas e co noso modelo social
27
Manipulación e intereses
¿Quen son os piratas?
28
Recomendacións CONTRASTA SEMPRE AS NOTICIAS EN VARIAS FONTES
SE NON QUERES SER MANIPULADO, SEN CRÍTICO CONTRASTA SEMPRE AS NOTICIAS EN VARIAS FONTES Reflexiona por que se dicen as cousas, pero sobre todo para que se dicen, con que intención.
29
MOITAS GRACIAS. Pola vosa atención
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.