Domingo de Ramos – Ciclo A Bendito o que vén no nome do Señor!
«Dicide á filla de Sión: Velaí o teu rei que vén onda ti, humilde e O texto bíblico de Mateu fai alusión ao libro do profeta Zacarías: «Dicide á filla de Sión: Velaí o teu rei que vén onda ti, humilde e montado nunha burra, nun burriño, fillo de animal de carga».
Que significa esta cita? Afírmase a dignidade real de Xesús, presentado como o Mesías de Deus esperado polas xentes. Sublíñase a humildade e a mansedume dos pobres, que haberían de formar o núcleo do pobo de Deus. Xesús entra na cidade sobre a montura que usaban os antigos príncipes da súa terra.
A «filla de Sión», Xerusalén, tería que alegrarse pola chegada do seu Rei e Señor. Con ela facíase visible a visita de Deus ao seu pobo. Era a manifestación da graza e a misericordia de Deus.
Ese é o grito da multitude que acompaña a Xesús. «Bendito o que vén no nome do Señor» Ese é o grito da multitude que acompaña a Xesús. El era en verdade o enviado de Deus. Con este grito acollíase o peregrino por excelencia. O que viña a ofrecer o camiño para a santidade.
Esta aclamación dirixida a Xesús, distingue os cristiáns «Bendito o que vén no nome do Señor» Esta aclamación dirixida a Xesús, distingue os cristiáns dos demais crentes. En todas as relixións hai un indicio do Absoluto. Pero recoñecer a Xesús como o «enviado» de Deus é a clave da fe cristiá.
Acoller o enviado é un signo de fe que nos une ao que o envía. «Bendito o que vén no nome do Señor» O cristián recibiu a luz para recoñecer en cada ser humano a alguén que vén a el no nome de Deus. Acoller o enviado é un signo de fe que nos une ao que o envía.
Señor Xesús, ti vés a nós como mensaxeiro da paz. Que a túa visita non nos pase inadvertida. Que sexa para nós un signo de graza e de esperanza. Amén.
José Román Flecha Andrés PALABRA DEL SEÑOR Salamanca 2007 Presentación: Antonia Castro Panero Música: Pueri Hebraeorum