HISPANIA E GALLAECIA Por Candela Botana 1ºD.

Slides:



Advertisements
Presentaciones similares
LA EDAD ANTIGUA.
Advertisements

La Hispania Romana. Conquista y romanización
Sociales 4º Unidad 9 LA PENÍNSULA IBÉRICA EN LA edad antigua.
1.Etapas de la conquista 2.Hispania durante la República 3.Hispania en el Imperio 4.Sociedad y Cultura 5.Crisis y decadencia del imperio romano HISTORIA.
EDAD ANTIGUA Generalidades
EDAD ANTIGUA Generalidades
Las conquistas del imperio romano
LOS CARTAGINESES LOS PICAPIEDRA.
La Hispania romana..
10.3 CONQUISTA Y ROMANIZACIÓN DE LA PENÍNSULA IBÉRICA.
TARRAGONA (TARRACO).
Introducción Los órdenes arquitectónicos utilizados por los romanos.
La Itálica.
ROMANIZACIÓN.
BACHARELATO CPI DE PANXÓN Curso
O legado de Roma IES MONTE DAS MOAS 1º ES0 MAIO 2011.
Batáns.
Historia da Literatura galega: a idade media
O Coliseum romano Historia dun símbolo.
INDUSTRIALIZACIÓN E SOCIEDADE EN ESPAÑA E GALICIA NO SÉCULO XIX
OS CLIMAS 1.º FP BÁSICA.
A clonación e as células nai.
O legado de Roma IES MONTE DAS MOAS 1º ES0 MAIO 2011.
Profesoras de Sociales 3º de Ed. Primaria
LA EDAD ANTIGUA..
ESTUDO DOS AUTÓNOMOS DE PONTEVEDRA ESTUDO DOS AUTÓNOMOS DE PONTEVEDRA
Estudo dos Autónomos da CORUÑA
O barroco compostelán.
O Barroco. Unha arte para a sociedade do seu tempo
Obradoiro do portal educativo do Instituto Galego de Estatística (IGE)
O primeiro terzo do século XX
GALICIA RELEVO, HIDROGRAFÍA, CLIMA e MEDIO NATURAL
A arte de Maurits C. Escher.
R E T O S D A S P O L Í T I C A S de Igualdade E N G A L I Z A.
Manifestación agrarista en Ribadavia (Ourense)
LOS ROMANOS.
Manifestación agrarista en Ribadavia (Ourense)
A llama.
O legado de Roma IES MONTE DAS MOAS 1º ES0 ABRIL 2014.
O cambio climático. Traballo feito por Carolina Barros Moran, Cristina Barros .oran e Ana Mañas Hernández.
Erros máis comúns (2ª parte)
CONQUISTA E ROMANIZACIÓN DE GALLAECIA
Aulas ABALAR.
Atenas.
CONQUISTA E ROMANIZACIÓN DE GALLAECIA
HISTORIA DE ESPAÑA: LA HISPANIA ROMANA
O cAsTeLo De MaCeDa Castelo.
Carlos Gradín (Universidade de Vigo)
HISTORIA DE ESPAÑA: LA HISPANIA ROMANA
LOS ROMANOS (ROMA EN IBERIA)
O DEPORTE FEMININO NA PRENSA GALEGA
LUCÍA OS ROMANOS.
CONQUISTA E ROMANIZACIÓN DE GALLAECIA
A época dos navegantes Miniquest adaptada por José Otón Mallo
Evolución da poboación humana
A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL
NORMATIVA E MARCO LEGAL
RECOÑECEMENTO DE COMPETENCIAS POR EXPERIENCIA LABORAL (Real Decreto 1224/2009, de 17 de Xullo, de recoñecemento das competencias profesionais.
CONECTANDO MUNDOS: Cando se torcen os dereitos.
PARA QUÉ SERVE HOXE EN DÍA ESTUDAR LATÍN E GREGO?
O portfolio como recurso na avaliación do alumnado
O OURIZO CACHO.
MATRIMONIO HOMOSEXUAL
ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA DE LA HISPANIA ROMANA
Nunha xunta de pais de familia de certa escola, a directora resaltaba o apoio que os pais deben darlle aos fillos.
Os entroidos de Ourense
Ramón Piñeiro López Armea (Láncara ) 31de maio de 1915.
TEMA 1: Relevo e ríos de Galicia.
Segue o esquema proposto
6. NARRATIVA DE POSGUERRA (I). ÁLVARO CUNQUEIRO E ÁNXEL FOLE
Transcripción de la presentación:

HISPANIA E GALLAECIA Por Candela Botana 1ºD

Tema 15: “GALICIA NA HISPANIA ROMANA” INTRODUCIÓN: No século III a.C., os cartaxineses invaden a zona oriental da Península, polo que houbo guerras entre Roma e Carthago. Entón Roma decide conquistar a Península Ibérica para que non a conquisten os cartaxineses. Os romanos deciden chamarlle Hispania. A súa presenza perdura ata principios do século V. Hispania divídese en provincias, e Galicia primeiro for, parte de Tarraconensis, e logo de Gallaecia. Roma conquista Galicia no século I a.C. Os seus habitantes (galaicos) opuxeron moita resistencia. Roma, en Gallaecia, explotou os dominios agrícolas, mellorou as técnicas agrarias e extraeu minerais. Os romanos comezan a construír cidades, calzadas, comézase a usar a moeda e imponse o latín.

1. A CONQUISTA ROMANA 1.1. GUERRAS ENTRE ROMA E CARTHAGO As Guerras Púnicas foron a orixe da ocupación romana da Península Ibérica. A zona occidental de Hispania proporcionáballes aos cartaxineses: metais, soldados e impostos. O xefe da expedición foi Amílcar Barca, que dominou o Sueste peninsular e fundou Carthago Nova. No ano 220 a.C., o seu fillo, Aníbal, planeou a conquista de Roma dende a Península Ibérica, e atacou a cidade de Sagunto. Roma, entón, para frealo e vingar Sagunto, decide conquistala. Para isto impediu que chegaran subministracións aos exércitos cartaxineses que loitaban en Italia. No ano 218 a.C., 2 exércitos romanos dos irmáns Escipión, desembarcaron en Emporion, para loitar contra os cartaxineses. Iniciouse así a conquista romana da Península Ibérica.

AMÍLCAR BARCA Aníbal barca

1.2. A CONQUISTA DA PENÍNSULA IBÉRICA Os romanos denominaron á Península, Hispania. A súa conquista desenvólvese en 4 fases (218-19 a.C.): 1ª fase (218-201 a.C.): foi moi rápida. Houbo guerras contra cartaxineses e iberos para dominar a costa mediterránea. -2ª fase (201-154 a.C.): foi tamén moi rápida. Conquistouse o Sistema Ibérico. Houbo unha escasa oposición por parte dos iberos e os habitantes da Meseta Oriental. -3ª fase (154-133 a.C.): foi moi dura, debido a que a zona occidental ofreceu unha maior resistencia. Houbo loitas cruentas contra lusitanos, arévacos e vacceos. No ano 139 a.C., Viriato (caudillo lusitano), foi traicionado e asasinado polos seus oficiais a cambio de terras e privilexios. A toma de Numancia permitiu o control do resto da Meseta. -4ª fase (29-19 a.C.): foi moi dura, porque os galaicos, cántabros e ástures ofreceron moita resistencia. No ano 137 a.C., conquistouse por fin Galicia, en tempos do Emperador Augusto.

2. HISPANIA, UN TERRITORIO DO IMPERIO ROMANO 2.1. AS PROVINCIAS Hispania na época do Emperador Augusto Os romanos dividiron Hispania en provincias. Ao mando de cada unha había un gobernador. Augusto estableceu tres provincias: Tarraconensis, Baetica e Lusitania. Logo, Diocleciano dividiu Tarraconensis en: Tarraconensis, Gallaecia e Carthaginensis. Ao final do século IV crearon a provincia Balearica. Ahí está Carthago Nova Hispania na época de Diocleciano

2.2. A ACTIVIDADE ECONÓMICA A produción agrícola medrou e as terras traballábanas indíxenas e colonos. Creábanse latifundios que eran explotados por propietarios que utilizaban escravos para traballar. Neles producíase trigo, aceite e viño. A actividade artesanal tivo un gran desenvolvemento. Había pequenos obradoiros artesanais e factorías con escravos. Os romanos explotaron, ademais, a riqueza mineira. O que producían era para consumo local, aínda que tamén exportaban mediante unha rede de calzadas e o transporte marítimo. Isto era o que producían nos latifundios: trigo, aceite e viño.

3. GALLAECIA, UNHA PROVINCIA ROMANA 3.1. A ORGANIZACIÓN DO TERRITORIO MAPA DE GALLAECIA Os romanos chamáronlle Gallaecia ao territorio que ocupaban os galaicos. Roma instalou campamentos, debido á resistencia dos pobos da cultura castrexa. Destes campamentos naceron cidades, como: Lucus Augusti, Bracara Augusta e Asturica Augusta. Ademais, creáronse 3 “conventus” para administrar mellor o territorio. O “conventus” máis importante é o: “Conventus Lucensis”. Nel atópase a maioría do territorio de Galicia actual. “Conventus Lucensis”, o máis importante

3.2. A EXPLOTACIÓN DAS RIQUEZAS Roma impuxo taxas aos galaicos e obrigounos a contribuír co exército. O principal interese romano eran os recursos mineiros (ouro, prata, estaño…). As poboacións establecéronse en chairas e en baías protexidas, onde se fundaron enclaves portuarios. Os castros non desapareceron, aínda que había máis vivendas rectangulares, é dicir, houbo un cambio na urbanización. Os castros convertéronse en explotacións pesqueiras e agrícolas. Para unha mellor comunicación, os romanos fixeron unha rede de calzadas e pontes. O principal interese romano eran os recursos mineiros: ouro, prata…

A VIDA COTIÁ NAS CIDADES ALIMENTACIÓN E DOMUS ROMANAS SALA “TRICLINIUM” Os romanos comían deitados nunha sala chamada “triclinium”. Comían coas mans e a cea era un gran festexo. As familias ricas vivían en “domus”(casas individuais). As familias humildes vivían en “ínsulas”(apartamentos colectivos).

“Domus” romana

FAMILIA, OCIO E ESPECTÁCULOS E VESTIDOS CIRCO DE MÉRIDA E ANFITEATRO DE TARRAGONA A familia romana xiraba en torno ao pai (pater familias). A lei garantíalle unha autoridade completa (patria potestas). A muller dependía do home. A poboación acudía a carreiras do circo ou ao anfiteatro, a ver combates de gladiadores. Tamén acudían a termas e ao teatro. Os cidadáns vestían unha toga viril, que estaba feita de la, era moi longa e era semicircular. Os mozos vestían unha toga pretexta, que era branca e estaba bordeada por unha franxa púrpura. As mulleres vestían unha estola cuberta cunha palla. Todos calzaban sandalias.

4. O LEGADO DE ROMA 4.1. A ROMANIZACIÓN A romanización foi unha integración de Hispania no mundo romano adoptando elementos culturais desa civilización. O dereito romano unificou xuridicamente todos os habitantes do Imperio, e os hispanos recibiron a cidadanía no ano 212 a.C. A relixión impúxose aos cultos anteriores indíxenas e o culto ao emperador espallouse polo Imperio. O latín converteuse na lingua habitual dos hispanos. As familias ricas enviaban aos seus fillos a Roma para ampliar a súa formación e que iniciaran unha carreira política, como: Traxano, Adriano e Teodosio. Fragmento de texto en latín

4.2. O PATRIMONIO ARTÍSTICO EN HISPANIA Na escultura fixéronse retratos de emperadores, estatuas de divindades, relevos e sartegos. Ademais, había mosaicos e pinturas, que adornaban vivendas e vilas rurais, e que achegan tamén información sobre a súa vida cotiá. A romanización influíu nas cidades, e ademais na arte. As construcións romanas de Hispania son: Teatros (Itálica, Mérida…) Anfiteatros (Mérida, Tarragona…) Circos (Mérida e Tarragona) Termas (Lugo, Barcelona…) Murallas (Lugo) Pontes (Córdoba, Alcántara…) Acuedutos (Segovia, Tarragona…) Outras obras de carácter conmemorativo foron: os arcos de triunfo, os templos e os monumentos funerarios. Acueduto de Segovia

5. O LEGADO ROMANO EN TERRAS GALEGAS Galicia foi un dos últimos territorios en someterse a Roma, e ten un importante patrimonio-artístico: LUGO - Muralla: feita a finais do século III, declarada pola UNESCO “Patrimonio da Humanidade” no 2000. Templo: atópase baixo a muralla (dedicado a Mitra). Termas: hoxe, son un balneario. Conservan o “apodyterium”. Domus: ten mosaicos e pinturas murais. Ademais tamén hai un anfiteatro e unha palestra. Muralla de Lugo, “Patrimonio da Humanidade”

A TORRE DE HÉRCULES OUTROS VESTIXIOS Foi construída no século II. É o único faro romano na Península, e máis antigo do mundo que funciona. Foi declarada “Patrimonio da Humanidade” no 2009. O único obradoiro de barro está en Panxón (Pontevedra). Realizáronse escavacións en Vigo que dan a coñecer materiais da súa importante actividade comercial no porto. Tamén hai pontes, coma as do Freixo (Ourense).

O PATRIMONIO ARTÍSTICO EN HISPANIA PARTE AMPLIADA: O PATRIMONIO ARTÍSTICO EN HISPANIA

CIRCO DE TARRAGONA E ACUEDUTO DE SEGOVIA O circo de Tarragona foi construído na época de Domiciano, a finais do século I d. C. Podía chegar a acoller 23.000 espectadores. No circo facíanse espectáculo como carreiras de cuadrigas. O acueduto de Segovia, é quizais a construción romana máis importante de España. Realizouse en granito a finais do século I d.C., baixo o reinado do emperador Traxano. Ten 28 e medio de altura e 818 de largo. Precisáronse para construílo 20.400 bloques de pedra, que se uniron sen ningún tipo de morteiro. Domiciano Traxano

ANFITEATRO DE TARRAGONA Ten unha capacidade de 14.000 persoas, e a arqueoloxía dou a coñecer que no anfiteatro realizáronse unha serie de reformas, sendo unha das máis importantes a que se realizou na época de Heliogábalo. Construíuse na época de Traxano ou Adriano, e representou para Tarragona o poder dispoñer dun lugar onde realizar os “ludi gladiatorii”, que xa se celebraban anteriormente, quizais no foro. Encontrouse recentemente unha inscrición que sinala que este monumento puido estar costeado por un sacerdote, cuxa identidade se descoñece. Na area fixéronse dúas grandes fosas para facilitar o acceso dos gladiadores á pista, e mediante unhas portas nos extremos da pista que se comunicaban co exterior do edificio podían introducir os animais. Heliogábalo

Busto do emperador Augusto ESCULTURA E PINTURA Busto do emperador Augusto Na escultura romana destacan os retratos e os relieves históricos, que dan a entender que os romanos querían conmemorar as súas fazañas e os seus triunfos. Os peiteados dos retratos caracterizan aos personaxes, sobre todo no caso das mulleres. Na época de Adriano os homes levan todos barba. O relevo histórico recolle os triunfos militares dos principais emperadores. Na pintura romana hai catro estilos: “incrustacións” (semellante ao mármore), “arquitectónico” (píntanse columnas e outros elementos construtivos, “exiptizante” (inspírase na arte exipcia) e “fantástico” (combina o amarelo, o vermello, o negro e o azul celeste, obtendo un resultado fantasioso). Relieve histórico Pintura romana

FIN