I.E.S OTERO PEDRAYO FACENDO HISTORIA
Fachada principal do Centro en 1896.
Fachada principal na actualidade
Fachada posterior. Obsérvase o Pompeo como campo de experimentación agrícola.
Na historia do instituto distínguense tres etapas fundamentais: - primeira, necesidade dun espacio digno, - segunda, consolidación do edificio - terceira, recuperación que comezaría a partir do incendio de 1927.
O Posío era o xardín botánico e centro experimental do Instituto
No ano 1845 comeza o instituto a súa andaina No ano 1845 comeza o instituto a súa andaina. Estaba situado na rúa Lamas Carbajal, onde compartía edificio co Seminario Conciliar. En 1869 a Deputación Provincial destinará unha parte do seu orzamento para comezar a construcción do edificio actual.
Na súa portaleira principal figura esculpido Centro Provincial de Instrucción, debido a que comeza albergando o Instituto de 2ª Ensinanza, a Escola de Artes e Oficios, a Escola Normal de Mestres, a Biblioteca Pública, ...
No ano 1896 inaugúrase o actual edificio. Ó longo de moitos anos pasarán polas súas aulas profesorado e alumnado que despois se convertirán en ilustres representantes da cultura galega.
ALGÚNS PROFESORES ILUSTRES Otero Pedrayo Losada Dieguez García Mosquera Ferro Couselo Vicente Martínez-Risco Xulián Besteiro
ALGÚNS ALUMNOS ILUSTRES Alfredo Conde Luis González Seara Méndez Ferrín Xose A. Valente Carlos Casares
A partir do curso 1904-05 atopamos xa as primeiras alumnas matriculadas.
Aspecto dun aula, co estrado e os bancos do alumnado
Na madrugada do día 8 de decembro de 1927 o lume destrúe as dúas terceiras partes do Instituto. Afecta sobre todo á súa parte dianteira na que se situaba a Biblioteca, a Sala de Profesores, e a Escola de Artes e Oficios, quedando o material que había nestes departamentos inservible.
Pouco a pouco o Instituto volveu a recuperar a súa fisonomía.
No ano 1968 o Instituto celebra o centenario da Gramática Galega de Saco e Arce.
Na década dos anos sesenta o instituto empeza a denominarse Instituto Feminino, debido á apertura dun novo centro no barrio da Ponte que se destinará para Instituto Masculino. Coa democracia volve a ser mixto, pero sen a anterior separación de alumnos no baixo e alumnas no primeiro andar.
Dende o ano 1980 o Instituto recibe o nome do insigne escritor Otero Pedrayo
O Instituto soubo en todo momento ser agradecido e isto foi o que o levou a celebrar en 1988 o centenario do patriarca das Letras Galegas, Excmo. D. Ramón Otero Pedrayo
O ex-colexio Universitario serviu de anexo do Instituto desde 1999.
As inquedanzas pola construcción dun edificio para facer deporte fóronse repetindo ano tras ano. As manifestacións máis significativas aconteceron no curso 1997-98.
Por fin comezaron as obras do polideportivo, pero os restos arqueolóxicos atopados retrasaron varios anos as excavacións.
Por fin no ano 1999 inaugúrase o Polideportivo construído no antigo campo O Pompeo, collendo del a súa denominación.
No ano 1996 celébrase o 150 aniversario da andadura deste centro educativo e o 100 aniversario do fermoso edificio que hoxe nos acolle a todos.
Numerosos actos tiveron lugar para conmemorar o aniversario: conferencias, obras de teatro, actuacións musicais...
Conferencia de Don Alfredo Conde, ex-alumno do Centro e Premio Nacional de Literatura 1984.
Cristina Pato ex-alumna do centro comeza a súa andaina como xenial gaiteira no Paraninfo, nos actos do centenario.
No curso 1996-1997 os primeiros estudiantes da ESO chegan ó Centro.
No ano 1998 chega a informática... ¡Que tempos! Basic, Wordstar...
A Infanta Elena inaugura o curso escolar 1999-2000 no Paraninfo
A partir do ano 2004 a práctica docente incorpora os novos avances tecnólóxicos ó proceso educativo.
No ano 2005, a Ministra de Agricultura Pesca e Alimentación e antiga alumna do centro, Dona Elena Espinosa, inaugura a Semana da Ciencia.
O Conselleiro do Medio Rural, Don Alfredo Suárez Canal, profesor de Matemáticas do Centro, inaugura a Semana da Ciencia 2006.
Este curso que hoxe remata, comezaron as obras no Colexio Irmáns Villar. Vemos preto o fin dos paseos e as carreiras pola rúa García Mosquera.
23 de xuño de 2006