MAGMATISMO E METAMORFISMO

Slides:



Advertisements
Presentaciones similares
AMBIENTES PETROGENÉTICOS
Advertisements

5.1.- AMBIENTES PETROGENÉTICOS
AMBIENTES PETROGENÉTICOS
LAS ROCAS.
LAS ROCAS.
ROCAS IGNEAS Magma Volcanismo Plutonismo Productos Clasificación.
Unidad didáctica 5: los minerales
TIPOS DE ROCAS SEGÚN SU ORIGEN ROCAS SEDIMENTARIAS Rocas formadas por la cementación de fragmentos de otras rocas. Tacto arenoso/aspecto homogéneo ROCAS.
Tipos de Rocas Arantxa Martín.
Las rocas POR: Selene Prats Díaz.
Las rocas Raquel y Camila 4º diver.
UNIVERSIDAD DE CHILE FACULTAD DE CIENCIAS AGRONÓMICAS ESCUELA DE AGRONOMÍA EDAFOLOGÍA INTRODUCCION A LA PETROGRAFÍA Rocas ígneas o magmáticas Profesor:
Arena y Arenisca Los granos de arena son formados por la descomposición y ruptura de rocas preexistentes, debido a la meteorización y erosión, además como.
LUTITAS LUTITA = PELITA = ARGILITA
Geología La geología es la ciencia que estudia la composición y estructura interna de la Tierra, y los procesos por los cuales ha ido evolucionando a.
MINERALES Y ROCAS IVAN ORTIZ Y JUANJO MOROTE. COMPOSICIÓN DE LA CORTEZA El que mas abunda es el oxígeno y el silicio.
Biología y Geología 1.º Bachillerato 17. Magmatismo y tectónica de placas División continental MODELO TÉRMICO 1.-La corriente ascendente a elevada temperatura.
ROCAS La superficie de la Tierra está formada por materiales sólidos, las rocas. Una roca es un sólido natural formado por la asociación de minerales.
UNIDAD 7 Biología y Geología 3.º ESO La cambiante superficie de la Tierra TIPOS DE ROCAS.
CAP. VIMETAMORFISMO REGIONAL. 1.-Introducción El metamorfismo regional puede incluir la mayoría de los tipos de metamorfismo, considerándose más bien,
Rocas.
Rocas ígneas.
04 – Magmatismo y Metamorfismo
ROCAS METAMÓRFICAS.
ROCAS IGNEAS EDWIN CARRILLO JAVIER TARQUINO. QUE SON: Son todas aquellas rocas que se han formado por solidificación de un de material rocoso, caliente.
Las rocas metamórficas
METAMORFISMO Y ROCAS METAMÓRFICAS
Meteorización Las rocas se forman, en general, bajo la superficie de la tierra, en condiciones de presión y temperatura diferentes a las que predominan.
TEMA 6 CTM 2º BACHILLERATO
ROCAS METAMÓRFICAS SE PUEDEN FORMAR A PARTIR DE LAS ROCAS IGNEAS, SEDIMENTARIAS O ROCA METAMORFIZADA PREVIAMENTE, POR RECRISTAIZACIÓN EN ESTADO SÓLIDO.
MANIFESTACIONES DE LA DINÁMICA LITOSFÉRICA
Departamento de Geología Conceptos Geológicos Básicos
MAGMATISMO Y TECTÓNICA DE PLACAS
MAGMATISMO.
EXTRACCIÓN MINERALES Y ROCAS
ROCAS.
Magmatismo y tectónica de placas
PROCESOS GEOLÓGICOS INTERNOS
Metamorfismo Factores que intervienen en el metamorfismo
Andesita Plagioclasa,  hornblenda y ortopiroxeno Roca volcánica, de grano fino. Se forma en bordes convergentes de  placas litosféricas.
A ORGANIZACIÓN E ESTRUTURA DOS SERES VIVOS.
OS VOLACÁNS EN ERUPCIÓN
CICLOS DE LAS ROCAS.
Procesos petrogenéticos del ambiente magmático
Clasificación de las Rocas
ESTRUCTURA Y COMPOSICIÓN QUÍMICA DE LA GEOSFERA
O Barroco. Unha arte para a sociedade do seu tempo
A arte de Maurits C. Escher.
OS PROCESOS SEDIMENTARIOS
Grao en Enxeñaría da Enerxía ou dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
Capitulo 3 Secciones
DINÁMICA TERRESTRE.
Unidade didáctica 3 A atmosfera.
Proxecto: Enseada de San Simón
1 Deseña un experimento para comproba-la seguinte hipótese: O rozamento é debido ás rugosidades que existen nas superficies dos corpos en contacto. Sobre.
O cambio climático. Traballo feito por Carolina Barros Moran, Cristina Barros .oran e Ana Mañas Hernández.
Erros máis comúns (2ª parte)
Aulas ABALAR.
Traballo voz natura Traballo Traballo Voz Voz Natura Natura Traballo
As 7 ferramentas básicas de control da calidade
Grao en Enxeñaría da Enerxía ou dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
Carlos Gradín (Universidade de Vigo)
DEFORMACIÓNS DAS ROCHAS
PROCESOS GEOLÓGICOS INTERNOS I
Práctica de reconocimiento de visu de rocas
Os volcáns.
A CONTAMINACIÓN DA AUGA.
Os bioelementos e as biomoléculas
OS BIOELEMENTOS Elementos químicos que forman a materia dos seres vivos Bioelementos primarios: 99% C,H,O,N e S, P.
Rocas y Minerales.
Transcripción de la presentación:

MAGMATISMO E METAMORFISMO

A maioría das rochas que atopamos na parte máis superficial da codia terrestre se orixinaron en ambientes magmático e metamórfico, e se formaron en zonas máis profundas No ambiente magmático: as altas presións e Tª xeran fundidos de materiais denominados magmas que evolucionan a medida que chegan á superficie. Alí prodúcese arrefriamento e cristalización  forman as rochas magmáticas No ambiente metamórfico: as rochas de calquera tipo vense sometidas a presións e Tª máis moderadas pero durante longos períodos altera a súa estrutura e composición e orixina rochas metamórficas.

OS PROCESOS MAGMÁTICOS: Son os responsables da formación, evolución e consolidación dos magmas Formación dos magmas: un magma é un fluído composto por minerais fundidos (principalmente silicatos) con algúns cristais e fragmentos de rocha aínda sólidos e cunha cantidade variable de gases disoltos. Fórmanse cando as rochas experimentan un de Tª, un da Presión ou un contacto con fluidos que fan que se acade o punto de fusión. Evolución dos magmas: antes da súa consolidación definitiva, a maioría dos magmas alóxanse nunha cámara magmática, onde experimentan unha evolución que pode alterar a súa composición. Consolidación dos magmas: unha vez formados nas rexións profundas da litosfera, o magma comeza a ascender cara á superficie, debido a que é menos denso que as rochas que o rodean.Os magmas poden: Situarse baixo a superficie e arrefriar lentamente (actividade magmática plutónica) Saír á superficie por medio de volcáns e arrefriar rápidamente (actividade volcánica)

AS ROCHAS MAGMÁTICAS As rochas magmáticas ou ígneas son as que se forman pola consolidación dun magma. Segundo o tipo de proceso que as formou, clasifícanse en: Rochas plutónicas ou intrusivas: orixínanse cando o magma solidifica moi lentamente no interior da codia terrestre. Os minerais tamén cristalizan moi lentamente cristais ben formados e de tamaño máis ou menos uniforme. Rochas volcánicas ou efusivas: orixínanse cando o magma se consolida na superficie terrestre. O magma solidifícase máis rápidamente que no caso anterior os cristais teñen pouco tempo para formarse, polo que son moi pequenos ou inexistentes.

CLASIFICACIÓN DAS ROCHAS MAGMÁTICAS: Granito: cor gris clara ou rosada. Formado por cuarzo, feldespato, mica e anfibois. Diorita: cor escura e agrisada. Formada por plaxioclasas (grupo de feldespatos), anfíbois e piroxenos (grupo de silicatos) Gabro: Cor escura. Formado por plaxioclasas e piroxenos Peridotita: Cor moi escura. Formada por piroxenos, olivina e anfíbois Plutónicas ou intrusivas Riolita: composición similar á dos granitos pero ten unha textura porfírica (cristais grandes rodeados de cristais diminutos). Cor rosa ou gris. Basalto: Composición equivalente á do gabro pero con cristais moito máis pequenos. cor escura e agrisada. Andesita: Cor escura. Composición parecia á das dioritas, pero con textura porfírica. Volcánicas ou efusivas

Clasificación das rochas magmáticas: Granito Diorita Gabro Peridotita Plutónicas ou intrusivas Riolita Andesita Basalto Volcánicas ou efusivas

OS PROCESOS DO METAMORFISMO: Nas zonas da litosfera nas que existe ambiente metamórfico, as rochas de calquera tipo experimentan un conxunto de procesos denominado metamorfismo que as desestabiliza, cambia a súa composición, a súa textura e a súa estrutura, e transfórmaas en rochas diferentes (rochas metamórficas) Factores do metamorfismo: O aumento da Tª: un aumento térmico pode romper os enlaces das redes cristalinas que forman os minerais se favorecen novas reaccións químicas e xeran estruturas cristalinas diferentes. O aumento da Presión: un aumento da presión pode cambiar as estruturas cristalinas dos minerais dunha rocha por outras máis compactas (de novos minerais). Tamén pode provocar unha reorientación dos cristais. A presenza de fluidos:en moitas rochas sometidas a Presión prodúcese circulación de auga polos espazos intergranulares Esta auga leva ións en disolución que poden reaccionar e cambiar a composición da rocha.

AS ROCHAS METAMÓRFICAS As rochas metamórficas poden clasificarse atendendo a varios criterios (tipo de metamorfismo, rocha da que proceden, textura e estrutura, etc.). Segundo a súa estrutura, clasifícanse en: Foliadas: formáronse en procesos de metamorfismo cuxo factor dominante é a P. Segundo a P que soportan presentan diferentes graos de foliación. Tipos: Lousas (pizarras), Filitas, Xistos, Gneises Non foliadas: orixínanse en procesos de metamorfismo de contacto. Por iso os seus minerais teñen cristais grandes, regulares e sen orientacións. Tipos: Cuarcitas, Mármores, Corneanas, Anfibolitas

CLASIFICACIÓN DAS ROCHAS METAMÓRFICAS: Lousas (pizarras): teñen unha foliación en láminas planas. Gran moi fino que non se aprecia a simple vista. Filitas: teñen unha foliación en láminas planas. Gran fino pero maior que o anterior (obsérvase a simple vista). Presentan maior brillo. Xistos: gran groso que permite recoñecer os minerais que a forman (cuarzo, feldespatos e mica) Gneises: Cristais moi grandes distribuidos en bandas claras e escuras Foliadas Cuarcitas:formadas por cristais de cuarzo de tamaño grande ou medio. Son rochas moi duras, resistentes á erosión e moi abundantes na natureza. Mármores: constituídos por cristais de calcita de tamaño grande ou medio. Orixínanse por metamorfismo rexional ou de contacto. Poden presentar diversas cores. Corneanas:formadas por cristais de gran fino. Fórmanse por metamorfismo de contacto. Anfibolita: cristais de gran groso. Formanse por metamorfismo de rochas volcánicas (basaltos) Non foliadas

Clasificación das rochas metamórficas: Lousa (pizarra) Filita Xisto Gneis Foliadas Cuarcita Mármore Corneana Anfibolita Non foliadas

EXEMPLOS…

Rochas magmáticas plutónicas: Granitos

Rochas magmáticas plutónicas: O Seixo Branco - Mera Rochas filonianas (rochas magmáticas plutónicas que se orixinan cando o magma se abre paso hacia a superficie a través de filones)

Rochas magmáticas volcánicas en Lanzarote

Rochas magmáticas volcánicas en Lanzarote

Volcán