La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

6. NARRATIVA DE POSGUERRA (I). ÁLVARO CUNQUEIRO E ÁNXEL FOLE

Presentaciones similares


Presentación del tema: "6. NARRATIVA DE POSGUERRA (I). ÁLVARO CUNQUEIRO E ÁNXEL FOLE"— Transcripción de la presentación:

1 6. NARRATIVA DE POSGUERRA (I). ÁLVARO CUNQUEIRO E ÁNXEL FOLE
Dos anos cincuenta aos setenta A partir dos anos cincuenta iníciase a recuperación cultural en Galicia. Xorden editoriais como Galaxia. Os narradores máis salientables son Blanco Amor, Cunqueiro e Fole. Nos anos sesenta aparece unha nova xeración –a “Nova Narrativa Galega”- que vai incorporar novas técnicas e novos temas. Destacan Méndez Ferrín, Carlos Casares, Xoana Torres, Mª Xosé Queizán… A partir dos setenta danse a coñecer autores como Alfredo Conde, Paco Martín, Fernández Ferreiro, Xavier Alcalá.., irán consolidando o xénero narrativo. 1 1 1

2 ÁLVARO CUNQUEIRO (Mondoñedo, 1911 – Vigo, 1981)
Pasou a infancia en Mondoñedo en contacto coas súas xentes, coa paisaxe e coa rica tradición da literatura oral. Xa en Lugo e logo en Santiago, onde estudou Filosofía e Letras, compartiu con Ánxel Fole preocupacións estéticas e culturais que o poñerían en contacto coas vangardas. Despois da Guerra Civil traballou no periodismo, colaborou en diversas publicacións. Nos anos sesenta instalouse en Vigo e foi director do Faro de Vigo. Mitólogo, gastrónomo, poeta, narrador, dramaturgo, articulista... Foi membro da RAG. 2 2 2 2 2

3 NARRATIVA DE ÁLVARO CUNQUEIRO
Tres novelas: Merlín e familia (1955) recrea os personaxes míticos Merlín e Xenebra, adaptándoos a un tempo presente e un escenario en terras galegas. O narrador é Filipe de Amancia, antigo paxe de Merlín, que lembra sucesos acaecidos a carón do seu amo. En cada capítulo chega un visitante ao pazo de Merlín en procura dos seus saberes, expón o seu caso e el resolve o problema mediante a fantasía. As crónicas do Sochantre (1956). Un mestre de coro, que se dirixe a tocar nun enterro, viaxa nunha carroza acompañado de personaxes de ultratumba na Bretaña francesa do século XVIII e que contan historias das súas vidas pasadas. Se o vello Simbad volvese ás illas (1961). Inspírase nos relatos de As Mil e unha noites. Mostra o mariñeiro árabe retirado na súa casa e que soña con volver ás súas antigas viaxes. 3 3 3 3 3

4 Libros de relatos: Escola de menciñeiros (1960), Xente de aquí e de acolá (1971) e Os outros feirantes (1979) teñen unha temática e estrutura semellantes. Son retratos breves de personaxes populares vinculados coa tradición oral, típicos da Galicia rural e máxica e que mostran aspectos da súa psicoloxía e da mitoloxía popular mediante o humor e a fantasía. Poesía. Continúa o seu labor poético con obras como Dona do corpo delgado (1950) e Herba de aquí ou acolá (1980). Teatro. Como dramaturgo, escribiu O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1959) e A noite vai coma un río (1960). Ensaio. “Tesouros novos e vellos” é o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega. Nel achégase ao mito dos tesouros de Galicia. 4 4 4 4 4

5 ÁNXEL FOLE (Lugo, 1903 – 1986) Estudou Filosofía e Letras e Dereito. Fundou a revista Yunque. Militou no Partido Galeguista. Tras a Guerra Civil pasou longas tempadas en Quiroga, O Incio e Terra Chá. En 1957 regresa a Lugo onde traballa como xornalista. Foi membro da RAG. Narrativa. Prentende retratar a Galicia máxica e misteriosa. Os temas están relacionados co medo, o misterio, experiencias paranormais (telepatía, premonicións, aparicións) adobiados co humor galego. A técnica narrativa está baseada no conto popular oral: fórmulas introdutorias, remate sentencioso, apelacións aos oíntes... seguindo a técnica do conto dentro do conto, presenta personaxes que se reúnen para se contaren historias. Fole reproduce a lingua falada por iso aparecerán vulgarismos, dialectalismos e castelanismos. 5 5 5 5 5

6 Destacan catro libros de relatos:
OBRA DE ÁNXEL FOLE Destacan catro libros de relatos: Á lus do candil (1953) e Terra Brava (1955) están ambientados nas terras do Courel, O Incio e val do Sil. Neles reflicte os modos de vida daquel tempo: a paisaxe, a economía, os labores agrícolas, a fala, alimentación, os costumes, as crenzas (bruxaría, supersticións) e as lendas (Santa Compaña, tesouros agachados...). Contos da néboa (1973) e Historias que ninguén cre (1981) son contos de misterio, de medo e experiencias paranormais situados na cidade de Lugo e vilas próximas. Teatro. Pauto do demo (1958) desenvólvese nunha aldea da ribeira do Sil en tempo da vendima. 6 6 6 6 6


Descargar ppt "6. NARRATIVA DE POSGUERRA (I). ÁLVARO CUNQUEIRO E ÁNXEL FOLE"

Presentaciones similares


Anuncios Google