La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

Ramón Piñeiro López Armea (Láncara ) 31de maio de 1915.

Presentaciones similares


Presentación del tema: "Ramón Piñeiro López Armea (Láncara ) 31de maio de 1915."— Transcripción de la presentación:

1 Ramón Piñeiro López Armea (Láncara ) 31de maio de 1915

2 Desta casa proceden os primeiros recordos de Ramón Piñeiro ,cando a nai o metía nun pequeño espacio coutado con bancos de madeira e el se puña a correr arredor ,divertido pola propia velocidade con que o facía.

3 De neno: Piñeiro foi tímido.
Vivía illado sen poder xogar con outros nenos. Construía casiñas de barro e falaba para os seus botóns

4 Meu pai levoume á escola cando cumprín os seis anos, porque esa era a idade legal de iniciar a escolarización Escola de San Pedro de Láncara

5 “Cando cheguei á escola xa sabía ler e escribir”.
A escribir aprendera pola súa conta…pois seu pai quería evitar que collese vicios que logo serían moi difíciles de enmendar. Mollaba pallas en auga e con elas debuxaba sobre a mesa da cociña.

6 Na escola , o mestre falaba castelán , o cal desconcertou ó neno , pois o galego era a única lingua que se falaba na súa casa e na aldea , entre os veciños.

7 Por fin, Piñeiro puido ver o tren
Por fin, Piñeiro puido ver o tren. Foi en Sarria , con motivo dunha viaxe a Lugo para ir ás festas do San Froilán.

8 Aquel mesmo día foi comer a un restaurante co seu pai , onde o neno viu unha luz que non era unha vela , e … ademais non se apagaba soprando.

9 En Lugo, seguiron as sorpresas , sobre todo a iluminación das rúas , pois o neno , en Láncara , non coñecía máis luz para andar de noite que a que viña da lúa e as estrelas ou os fachóns de palla para andar polos camiños.

10 Ramón tivo o seu primeiro traballo en Sarria .
Foi no almacén de Cortiñas un amigo do seu pai. Un día que foi levar o correo ó tren coñeceu a Castelao pois viuno baixar do tren e recoñeceuno porque o vía nos xornais.

11 Fixo o bacharelato superior en Lugo.
As festas , as feiras , as aldeas dos arredores , as excursións ,eran clase que un recibía de folklore , de socioloxía , de economía , de flora , de fauna e mesmo de filoloxía se é que , naturalmente , o bo tempo axudaba .

12 Senón , ……as aulas que nos acollían eran o bar Nemesio, o café Méndez Núñez…
Pero o Círculo das Artes era a aula magna na que se impartían e recibían leccións de toda índole con Fole , Luis Pimentel

13 Manuel María Anxel Fole
Ramón gustaba de pasear placidamente polas murallas de Lugo platicando con Luis Pimentel , Anxel Fole, Carballo Calero , Manuel María… Anxel Fole

14 O 15 de xuño de 1983 Ramón Piñeiro sentiuse moi feliz .
Por unanimidade aprobouse a Lei de Normalización Lingüística , que Ramón converteu nun Monumento “ a ese pobo que soubo conservar a lingua” e tamén a Rosalía de Castro , “ como símbolo de todos cantos se esforzaron e loitaron por conservala, desenvolvela e dignificala”

15 Toda a súa vida loitou Piñeiro para conseguir que todas as forzas políticas, económicas e sociais recoñecesen as señas de identidade de Galicia e reivindicasen os seus dereitos como pobo.

16 …Por eso onde hai unha lingua hai unha cultura orixinal. Ramón Piñeiro…

17 chea de esforzo e de traballo
grazas por unha vida chea de esforzo e de traballo por Galicia e os galegos C.P.R. LA MERCED Sarria


Descargar ppt "Ramón Piñeiro López Armea (Láncara ) 31de maio de 1915."

Presentaciones similares


Anuncios Google