Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
1
COMENTARIO FILOSÓFICO
O SÍMIL DA LIÑA
2
ESQUEMA XERAL CONTEXTUALIZACIÓN COMPRENSIÓN DO TEXTO
EXPLICACIÓN TEÓRICA E ANÁLISE CONCEPTUAL COMENTARIO ESPECÍFICO COMENTARIO PERSOAL (se procede)
3
1. CONTEXTUALIZACION A. Presentación do autor (notas biográficas facendo fincapé na conexión co tema) B. Obra na que se inscribe o texto e importancia dela no conxunto de obras do autor C. Proposta e explicación xeral do tema. D. Tese xeral do autor acerca do problema.
4
A. Presentación do autor
Platón naceu en Atenas no ano 427 a.C. nunha familia pertencente á aristocracia ateniense. Desde moi novo educouse cos mellores mestres de Atenas. Estudiou matemáticas na comunidade pitágorica e con 20 anos coñeceu a unha das persoas que máis influirá no seu pensamento: Sócrates. A morte do seu mestre levou a Platón a intentar deseñar un estado no que esta non tivera sido posible e iniciou o seu camiño na Filosofía Este estado debería estar baseado nun coñecemento seguro, non convencional, e que permitira acadar a verdade. O pensamento de Platón está influído polo pensamento presocrático e a súa busca da explicación do mundo físico, para os que toma como modelo a Empédocles e Anaxágoras (amplíase explicando o pensamento destes autores) O Sistema Filosófico de Platón tenta resolver, ademais, o debate respecto do coñecemento e a Realidade proposto por Heráclito e Parménides (amplíase co pensamento destes autores)
5
B. Obra na que se inscribe
A República de Platón, obra na que se inscribe o texto é unha das principais obras de madurez de Platón (amplíase con outras obras e perídos). Nesta obra podemos atopar o pensamento de Platón, que xa é claramente distinguible do seu mestre Socrátes (amplíase explicando a diferencia no uso do diálogo). A República pode considerarse a primeira utopía política, na que Platón tenta explicar a construción do que el considera un Estado Ideal. Para a construción dese estado faise necesaria unha reflexión sobre: a educación, o coñecemento, as formas pólíticas e a constitución do ser humano
6
C. Exposición e explicación do tema
O texto proposto aborda a explicación da teoría do coñecemento platónica que se fundamenta na distinción entre opinión e coñecemento verdadeiro ou ciencia. Platón tenta formular os diferentes graos de coñecemento que constitúen o saber humano, definilos e explicar a relación que manteñen No texto tamén pretende acadar unha definición de ciencia que cumpra coas esixencias do coñecemento matemático dos pitágoricos: Universalidade e necesidade. Nesta concepción do coñecemento de Platón xúntanse a súa visión dos tipos de coñecemento humano e a teoría sobre a realidade ou ontoloxía. E dan pé a unha teoría antropolóxica baseada no dualismo
7
D. Resumo da posición xeral do autor respecto ao tema.
Platón distingue claramente entre un coñecemento aparente e un coñecemento verdadeiro, distinguindo entre opinión e ciencia. O aparente é aquel saber ao que accedemos a través dos sentidos, a experiencia, a memoria, os rumores e os prexuízos, é dicir, o coñecementos das cousas materiais. A ciencia, en cambio, é coñecemento verdadeiro, e busca verdades absolutas e universalmente válidas, por iso non debe basearse nos coñecementos do mundo material, que xeran só opinión. A ciencia debe basearse en obxectos que sexan permanentes, estables, universais e absolutos e que non proporcionen un coñecemento da mesma natureza.
8
2. COMPRENSIÓN Explicación xeral do texto do texto (resumo explicativo) Definición de conceptos fundamentais (deben ir integrados nunha redacción) Explicación das intencións do texto (que nos quere explicar o autor con el)
9
A. Explicación do texto O texto describe a división dunha liña en dous segmentos con arreglo a unha determinada proporción. Logo volve a dividir cada segmento en outros dous seguindo a mesma proporción. Sitúa cada grao de coñecemento nun dos segmentos, nunha progresión de menor a maior verdade. Platón afirma que existe unha relación semellante entre o contido dos segmentos e a proporción na que están un respecto dos outros e que o seu contido é copia un do outro Así o primeiro segmento mayor sería unha copia do segundo maior E dentro de cada un deles se reproduciría a relación de copia.
10
B. Definición de conceptos fundamentais.
Distinción entre coñecemento racional (Episteme) e coñecemento sensible (Doxá). Propón un dualismo epistemolóxico 2 mundos esixen dous tipos de coñecemento e 2 tipos de coñecemento esixen dous mundos. Fundamentación na teoría das ideas. Na “Teoría de las ideas” Platón propón que a realidade está formada fundamentalmente por dous planos (dualismo ontolóxico): por un lado o mundo das cousas materiais e por outro lado as ideas. As ideas son universais, eternas e inmutables e son as esencias das cousas, a súa razón de ser. O ser humano, se quere ter unha vida boa e guiarse polo coñecemento seguro, tanto na súa vida pública como privada, debe esforzarse por coñecer as ideas. Pero, como ser material que é, ao ser humano lle custa un gran esforzo afastarse do mundo material ao que pertence por mor do seu corpo. Só desprendendose do material, corruptible poderá o ser humano acceder ao mundo da perfección e a verdade. A teoría das Ideas mantén como tese central que o mundo sensorial e material non é totalmente real e que o que podemos “coñecer” nel, é posible porque está construído a imitación do mundo Ideal a través da acción do Demiurgo
11
Platón describe 4 graos principais de coñecemento neste achegamento á verdade:
• Intuición intelectual (noésis), captación inmediata que fai a intelixencia das Ideas. • Razoamento (dianoia). Ten por obxecto os entes ou realidades matemáticas. • Percepción ou crenza (pístis). Coñecemento das cousas sensibles. • Ilusión ou aparencia (eikasía) coñecemento das imaxes das cousas visibles. O home ordinario, en ausencia de educación vive toda a súa vida nun estado de eikasia (ilusión), mentres que a pistis (crenza) é o primeiro estadio efímero e insatisfactorio do home cando comeza a súa educación. O razoamento matemático e a intuición intelectual gardan unha relación semellante aos graos anteriores.
12
Platón afirma que o matemático usa hipóteses para proceder a partir delas e extraer conclusións, que usa continuamente diagramas e imaxes sensibles para poder achegarse aos conceptos. Pero si queremos atopar o verdadeiro coñecemento deberemos desfacernos das hipóteses (coñecementos non xustificados) para atopar un punto de partida non hipotético, un coñecemento que non dependa de nada mais que de si mesmo. O matemático non se decata de que a representación da idea non é a idea en si mesma e, xa que logo, vive como nun soño, do mesmo forma que o facía o home que vivía no estado de Ilusión, pensando que o que vía era o real. A captación da verdadeira esencia da realidade, das Ideas, só é posible mediante un golpe de visión intelectual, unha intuición inmediata e directa, unha visión directa das ideas, que non precisa exemplos, nin imaxes visuais de ningunha clase.
13
Para adecuar a mente a esta visión intelectual que permite captar as ideas na súa totalidade precísase un método de preparación . Este método é, para Platón o método dialéctico. A dialéctica nunha contraposición entre opinión e a crítica da mesma. Conserva a postura socrática de que hai que partir dunha primeira hipótese e logo ila mellorando a forza de críticas que se lle vaian facendo. Estas críticas como mellor se fan é no diálogo que consiste no intercambio de afirmacións e negacións. O método dialéctico ten 2 momentos: un primeiro que consiste na intuición confusa da idea, e un segundo momento no que hai un esforzo crítico para esclarecer esa intuición confusa da idea. (completar coa explicación do método dialéctico) A dialectica é unha noción complexa por ter varios significados ou sentidos. Pode considerarse un método racional do diálogo –xogo de preguntas e respostas- completado cunha análise e síntese (simploke). Tamén pode definirse coma unha arte que evoca o recordo das Ideas, ou como a forma en que o pensamento establece a organización de conceptos. En calquera caso, sempre é un método en tres fases (un momento de afirmación, un momento de negación e un momento de síntese). O método dialéctico serve ao proceso de ascender dende o mundo sensible ata o mundo das Ideas para contemplar o Ben en si. Este é un proceso ascensional da alma que progresivamente se libera da multiplicidade do mundo sensible, das aparencias en constante mutación.
14
Completamos con… Outras formas de acceso á Noesis: Reminiscencia, Eros
Teoría da reminiscencia: Pero, como se inicia o camiño? Para responder esta cuestión, Platón propón a teoría da reminiscencia. Según o filósofo o ser humano, que posúe un alma inmoral, posúe, desde o nacemento un coñecemento difuso e imperfecto das ideas coas que a alma tivo contacto antes do nacemento nun corpo mortal. Nese estado a alma captou a esencia das ideas, pero ao caer no corpo esquece a súa perfección. Coñécer as ideas, polo tanto, non é máis ca recordalas. Con esta idea, Platón recupera a filosofía do seu mestre Sócrates, quén pensaba que tódolos seres humanos posúimos nocións das cousas e só debemos mirar no noso interior para acadar o coñecemento. O exemplo do exclavo que, por si mesmo demostra o teorema de Pitágoras, só coa axuda das preguntas axeitadas… etc)
15
C. Explicación das intencións do texto
O texto presenta unha metáfora, Platón tenta explicarnos a diferencia entre as formas de coñecemento do ser humano (a sensible e a racional) representada polos dous segmentos maiores da liña. Ao mesmo tempo tamén intenta amosarnos o percorrido que a mente humana ten que facer para habituarse a pensar mediante conceptos e mediante a razón, unica forma de coñecer a verdade. Ese proceso está representado por cada unha das catro división da liña que levan ao ser humano desde a ilusión ata a sabedoría. Platón advirtenos de que nese proceso fan falta métodos especiais que habituen a mente a novas formas de pensar, pero tamén saltos intelectuais. Se queremos chegar ao grao máximo de coñecemento teremos que abandonar os exemplos, as imaxes e todo o material que nos impida pensar mediante razoamentos abstractos. O símil da liña é a aplicación epistemóloxica do que Platón tentara transmitirnos no Mito da Caverna acerca da situación do home que se atopa preso no mundo dos sentidos.
16
C. Información relevante
C.Información relevante. Outras ideas que axuden a entender a teoría do autor: Antropología, política, ontología… É necesario sinalar que a distinción platónica entre opinión e ciencia ten o seu punto de partida no seu pensamento político. Platón crítica a un sistema político que permitía que os políticos sofistas, coa súa habilidade retórica e a súa capacidade discursiva, manipularan aos cidadáns en interese propio. Por iso, na súa teoría política é tan importante distinguir entre opinión e coñecemento. Só aqueles que teñan un coñecemento adecuado, verdadeiro e universal, estarán capacitados para gobernar a sociedade en beneficio de todos e non en interese propio. Os representantes dese saber, os filósofos, deberán ser os gobernantes da República ideal de Platón. Para garantir esta idea propón tamén unha orixinal teoría da educación a cargo do estado. Unha educación encamiñada a formar os mellores cidadáns en función das súas capacidades e a seleccionar os futuros gobernantes-filósofos.
17
3. COÑECEMENTO ESPECÍFICO.
A. Repercusións na Historia da Filosofía B. Influencias no pensamento doutros autores. C. Comentario persoal
18
A. Repercusión na Historia da Filosofía
Platón foi un dos pensadores máis orixinais e que tivo maior influencia na na cultura occidental e no resto da historia do pensamento filósofico e político. A el lle debemos o ideal científico que forma parte da nosa identidade cultural. A busca dun coñecemento perfecto que nos garanta a verdade e nos permita comprender o mundo. Tamén podemos percibir a súa influencia na progresiva matematización das diferentes ciencias e no intento racional de comprender o mundo. Especialmente importante é a influencia que as ideas platónicas respecto a beleza, os ideais de proporción, e as característica que debera ter unha vida boa, tiveron e seguen tendo nos nosos días. A beleza como proporción e simetría, a virtude como perfección da alma ou a inmortalidade da verdadeira esencia do ser humano, presentes na arte e na relixión aínda hoxe son testemuñas da influencia do pensamento platónico.
19
A teoría do coñecemento de Platón foi difundica a través da Academía na que se formaron case todos os científicos e filósofos gregos. Entre eles destaca Aristóteles, crítico e continuador da investigación iniciada por Platón. Aristóteles, a pesares de elaborar una teoría do coñecemento centrada no mundo material, coincide con Platón na definición de ciencia como coñecemento seguro e tamén no papel central que xogan os Universais no coñecemento. Posteriormente, o cristianismo usará a doutrina platónica a nivel antropolóxico para fundamentar a inmortalidade da alma e a súa teoría do Ben para explicar o concepto de Deus como a idea de Ben supremo. O máximo expoñente medieval da asimilación do pensamento platónico atopámolo en Santo Agostiño que afirma que as Ideas Universais platónicas existen na mente divina e que a Iluminación é a fonte máis fiable do coñecemento. A influencia de Platón segue a ter moito peso durante a constitución da ciencia renacentista que, pese a ser unha ciencia empírica, afirma a esencia matemática da realidade. A nivel filósofico, Descartes, na Idade Moderna manterá como Platón a validez e seguridade das ideas Inatas. O propio Kant, durante a Ilustración definirá tamén unhas Ideas puras da razón, froito do coñecemento racional. Aínda no mundo contemporáneo podemos atopar un pensamento con clara reminiscencias platónicas nos estructuralistas lingüisticos que afirman a existencia de estructuras universais innatas que permiten a construcción das linguas.
20
4. Comentario personal Si procede
Desgraciadamente, na actualidade segue estando vixente a polémica que suscitou a reflexión de Platón. As actitudes que representaban os sofistas e o seu modelo político e social, poden verse hoxe tamén no panorama político actual. A demagoxia e o uso da razón para fins privados e non para o ben común, seguen presentes nas nosas vidas: na política, nos medios de comunicación que deforman e desfiguran a realidade, de forma que pensamos que coñecemos o real, cando só temos unha opinión errada e falible da mesma.
21
A maior parte dos seres humanos seguen no estado de eikasia platónico, confundido ás imaxes (dos medios de comunicación) coa verdadeira realidade), sen molestarse en saír do seu estado porque non se saben nun erro. O debate sobre como educar a unha sociedade que non quere ser educada, que non quere comprender a verdade porque só busca o pracer fácil e a vida virtuosa, é o vello debate platónico e segue estado vixente hoxe coma sempre
22
FIN
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.