Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
1
A 1ª GUERRA MUNDIAL E A REVOLUCIÓN RUSA
2
INTRODUCIÓN: Nos comezos do século XX, as rivalidades económicas, coloniais e nacionais entre Estados europeos conducen a unha escalada de tensións e a unha carreira de armamentos que desemboca na 1ªGM ( ). Tratouse dun novo tipo de conflito que implicou países de todo o mundo, mobilizou non só a exércitos senón a poboación civil, deixando un terríbel saldo de mortos e destrucións. A participación do Imperio ruso na guerra provocou gran descontento entre a poboación e, en 1917, unha dupla revolución derrocou ao tsarismo e instaurou o primeiro Estado socialista no mundo.
3
Grandes potencias: Entre gran parte das potencias europeas vanse enfrontar na 1ªGM. Os conflitos previos á guerra eran localizados e o seu alcance era limitado en canto a participantes e a intensidade. AS grandes potencias eran: GB: 1ª potencia mundial. A súa Mariña era a maior do mundo xa que debían garantir o control no mares e asegurar o control do Imperio nas actividades económicas. Francia: Queda moi tocada despois da guerra con Prusia (1870). Estaba moi resentida con Alemaña pola perda de Alsacia e Lorena. Rusia: (imperio en horas baixas). Tiña un grande potencial pero estaba sumido nunha economía atrasada (agraria) e unha monarquía absoluta. Antes de 1914 prodúcese unha grande industrialización localizada, creando unha gran masa obreira. Rusia apoia aos novos países da zona dos Balcáns (Bulgaria, Serbia e Grecia) e aos eslavos dominados polo imperio austrohúngaro. Imperio Austrohúngaro: vivían en perigo constante polo nacionalismo de croatas, serbios, bosnios, romanos…En 1908 anexiona Bosnia. Rusia termina aceptando esa unión xa que non está preparada para unha guerra
4
Alemaña: Unificada tras as vitorias contra Austria e Francia
Alemaña: Unificada tras as vitorias contra Austria e Francia. Gran desenvolvemento económico. Dominada pola monarquía dos Hohenzollern, una magnífica burocracia e un exército moi influinte. Dista do réxime parlametario é aproxímase máis ao autoritario. O seu canciller Bismarck será o árbitro da política europea. Os seus obxectivos serán: aislar a Francia e aliarse con Rusia, Austria e Italia co fin de aumentar o seu poder. En 1890 Bismarck deixa a política. Os seus sucesores no serán tan hábiles e a guerra será inevitable. Imperio Turco: moi debilitado. Grecia independízase no 1829, despois o farán Romanía, Serbia. A zona era una mosaico de idiomas, relixións, culturas…Serbia quería facer un País integrando todas as minorías. Cada vez é menor a presenza turca nos Balcáns e hai dúas potencias que queren controlar a zona: Rusia (saída ao Mediterráneo) e o Imperio Austro Húngaro ( quería expandirse cara o Sur).
5
POR QUE ESTALOU A GUERRA EN 1914:
No último terzo do século XIX, Europa viviu un clima de “paz armada” que anunciaba a inminencia dun conflito bélico. Este ambiente obedecía a varios motivos: Enfrontamentos coloniais: A Conferencia de Berlín 1885 establecía acordos entre os imperios, pero o ascenso de países coma Alemaña que chegara tarde á carreira colonial, volveu a reabrir conflito entre os países. A comezos do século XX, Marrocos foi fonte de conflitos: En prodúcese unha crise franco-alemá polo control territorial de Marrocos. Convócase unha conferencia internacional en Alxeciras (1906) na que Rusia, GB, Italia e España apoian as reivindicacións francesas. En Alemaña consinte que Francia estableza un protectorado sobre Marrocos a cambio de certas compensacións territoriais: Francia entrega parte do Congo francés e España e Francia establecen un protectorado sobre a zona.
6
b) RIVALIDADES ENTRE AS POTENCIAS: O NACIONALISMO
Prodúcese unha exaltación dos valores e da identidade de cada nación, que xerou un clima de desconfianza mutua. O ascenso do nacionalismo contribuíu a aspiracións de independencia dalgúns pobos europeos que se querían librar de tutela dos imperios tradicionais. Nos Balcáns, ante a decadencia do imperio turco, o imperio Austro-Húngaro aspiraba a expandirse na zona. Enfrontábanse ás ambicións de Serbia e do imperio ruso que querían aumentar a súa influencia e ter saída ao Mediterráneo. A anexión de Bosnia- Hercegovina ao Imperio austrohúngaro en 1908, agravou as tensións nos Balcáns e orixinou dúas guerras que empeoraron a situación. As guerras consolidan a Serbia, co apoio de Rusia, coma potencia forte da zona. Este liderado alarmou a Austria-Hungría que temen un levantamento xeral dos pobos eslavos baixo o seu dominio. Por iso vai buscar o apoio de Alemaña fronte Rusia. Francia reclamaba a Alemaña as zonas de Alsacia e Lorena, a raíz da guerra franco-prusiana de Alemaña xermaniza esa zona e provoca grandes tensións. En Francia comeza un sentimento de rébancha contra Alemaña. Existía unha grande rivalidade económica entre Gran Bretaña e Alemaña polo control comercial europeo e das rutas comerciais. A rápida industrialización de Alemaña é unha ameaza para os seus intereses económicos
7
c) ALIANZAS MILITARES E CARREIRA DE ARMAMENTOS.
Nesta situación de tensión, as potencias inician unha carreira armamentística (aumento de gasto militar, prolongan o servizo militar, fomento do patriotismo…). Alemaña asusta ao resto polo seu enorme potencial industrial, a súa gran flota e os seu gran rearme. É por esta razón pola que este período se coñece coma a Paz Armada As potencias lánzanse a un complexo sistema de alianzas ante un posible enfrontamento. En 1882, Alemaña, Austria-Hungría asinan a Tripla Alianza. Francia, temerosa do poderío militar de Alemaña, alíase con Rusia e mellora as relacións con GB (deterioradas na conquista colonial). As tres potencias asinan en 1907 o Triple Acordo (Triple Entente) Tripla Alianza: A+ A-H+I vs Triplo Acordo: F+R+GB O malestar leva as potencias a unha carreira de armamentos. Os estados inverten grandes cantidades de cartos en fabricar armas, construír barcos de guerra e adestrar a súas tropas. O asasinato do arquiduque foi a chispa pero as causas fraguáronse durante décadas
8
Nun principio parecía que gañaría a Tripla Entente ou Acordo (F+GB+R)
Nun principio parecía que gañaría a Tripla Entente ou Acordo (F+GB+R). Os gobernos inverten moito diñeiro en armamento. Bloques Aspectos favoraveis Aspectos negativos Triple Entente Francia+GB+Rusia Superioridade naval Máis habitantes: 238 mill Mellor abastecemento debido ás boas relacións comerciais cos países neutrais e EUA Francia bo exército Bloque disperso territorialmente Rusia mal comunicado, mala burocracia e problemas sociais. En 1908 comezan unha reforma GB conta cun exército moi pouco numeroso Tripla Alianza Alemaña+ Imperio Austrohúngaro Guerra submarina Países pegados facendo un bloque compacto. Alemaña loita en 2 frontes. Gran exército alemán Países ben comunicados Moi boa burocracia Menos poboación: 120 mill
9
Van intentar integrar novos países, aínda que para iso terán que facer concesións difíciles de cumprir. Os países neutrais serán: Suíza, España, Holanda e países escandinavos ANOS ALIADOS (ENTENTE) IMPERIOS CENTRAIS 1914 SERbia RUSIA BÉLXICA FRANCIA GB XAPÓN: entra na guerra conseguir as factorías comerciáis de Alemaña en Asia. ALEMAÑA AUSTRIA-HUNGRÍA TURQUÍA: integra neste bloque e foi un duro golpe para os aliados xa que tiñan estreitos importantes que comunicaban co Exeo. 1915 ITALIA: prométenlle certas concesións territoriais que lle quitan a Austria BULGARIA 1916 ROMANÍA: PORTUGAL 1917 GRECIA EUA RETÍRASE RUSIA
10
ESTALIDO DA GUERRA Nestas circunstancias tan tensas, calquera chispa podía estourar a guerra, o que aconteceu o 28 de xuño de 1914, co asasinato en Saraxevo de herdeiro da coroa austrohúngara, o arquiduque Francisco Fernando, por un mozo nacionalista serbio, que demandaba a unión de todos os serbios nun único Estado. Austria, animada por Alemaña, acusou a Serbia de ter instigado o Magnicidio e declaroulle a guerra o 28 de Xullo. Rusia interveu para protexer a Serbia e declaroulle a guerra ao Imperio austrohúngaro. Alemaña, aliada de Austria, declaroulle a guerra a Francia e a Rusia. O 4 de agosto invade Bélxica e GB entra no conflito. Só Italia se mantivo neutral nun principio. Alemaña críase superior nestes momentos e pensan que poden gañar a guerra facilmente. O emperador Guillerme II di “agora ou nunca”. Había que provocar a guerra e o asasinato do arquiduque o pretexto perfecto. (ver cuadro resumo)
11
28 de xuño Asasinato de Francisco Fernando (herdeiro ao trono austrohúngaro) 23 de xullo Austria (co apoio alemá) da un ultimátum a Serbia (aliada de Rusia). Pídenlle unha serie de condicións que os serbios rechazan 28 de xullo Austria declara a guerra a Serbia 29 de xullo Bombardean Belgrado. Rusia intervén a favor de Serbia contra Austria e Alemania 1 de agosto Alemaña declara a guerra a Rusia 3 de agosto Alemaña declara a guerra a Francia 4 de agosto Os alemáns invaden Bélxica e GB entra no conflito
12
DESENVOLVEMENTO DO CONFLITO
PLANS ESTRATÉXICOS: Os dous bloques tiñan plans estratéxicos para vencer o inimigo (foran elaborados antes do estalido da guerra) Plan Schlieffen (1891): os alemáns querían atacar Francia con celeridade antes de que os rusos tiveran tempo de organizarse. Unha vez neutralizado o fronte francés dedicaríanse ao ruso. O plan fracasou debido a dura resistencia francesa. Plan XVII (1911): foi un fracaso. O fracaso destes dous plans provocou que a guerra se prologara. Comezarán a usar novas tácticas: a) de desgaste: rematando cos recursos (trincharas), b) de diversión: abrindo moitos frontes secundarios e dividindo as forzas do inimigo, c) de ruptura: aniquilar a fronte inimiga. A 1ª GM vai ser unha guerra moderna: novas armas, ametralladoras, novos tanques, canóns“Bertha” , obuses, gases….resultado da gran industrialización.
13
2. ETAPAS DA GUERRA: 1. Guerra de movementos, até decembro de 1914: Na zona oeste, os alemáns poñen en marcha o Plan Schlieffen e invaden Bélxica e unha parte do norte de Francia. Querían unha guerra relámpago pero non contaban ca dura resistencia francesa que freou aos alemáns no Marne, paralizándose a ofensiva e estabilizando as frontes coas trincheras. Na zona este, os rusos mal equipados e con malas comunicacións serán derrotados en Tanneberg. Austria foi derrotada e abandona Serbia. 2. Guerra de posicións, dende decembro do 1914 até 1916: O fracaso do plan Schlieffen provoca unha angustiosa guerra de trincheras, poñendo a proba o sufrimento e o aguante. Esta guerra de desgaste está baseada máis no abastecemento que nos avances militares. Os franceses resistirán o empuxe alemán tanto en Verdún coma en Somme. 3. Novidades de 1917: No ano 1917 cambia o panorama bélico. EUA entra na guerra tras varios incidentes con Alemaña (afundían barcos americanos, poñían trabas ao comercio de EUA con Francia e GB). Reforzarase o bloque aliado con homes, materiais e capital. En novembro, Rusia tras o triunfo da revolución bolchevique, sae da guerra. Isto confírmase en febreiro do co tratado Brest-Litovsk. A fronte oriental queda eliminada.
17
4.Retorno ás grandes ofensivas 1918: No último ano de guerra todas as nacións fan un grande esforzo para lograr a vitoria. Os alemáns concéntranse na fronte oeste, unha vez eliminado o este (retirada de Rusia). Os aliados coordinan forzas baixo un único mando de Foch. Cando entran os americanos en escena a inferioridade alemá será manifesta e se producirá un declive alemá. Os xenerais alemáns Hindemburg e Ludendorff declaran a imposibilidade da resistencia, acelerándose a caída alemá. O 9 de novembro o kaiser Guillerme II fuxe de Alemaña e se proclama a República de Weimar . O 11 de novembro firman un armisticio no bosque de Compiégne. A guerra estaba rematada. 1917: A ENTRADA Plan Schlieffen Exércitos alemáns atacan Francia entrando por Bélxica e Luxemburgo Batalla Marne Os franceses e británicos logran reorganizarse e deter o avance alemá Batalla de Tannenberg Alemaña derrota a Rusia Batalla de Verdún Nova ofensiva dos alemáns contra os franceses que resisten Batalla de Somme GB+Francia atacan con pouco éxito as liñas alemás
18
3. CONSECUENCIA DA GUERRA: Serán tremendas tanto en número de vítimas coma de destrución de países.
1. Perdas demográficas: son dramáticas, chegando aos 10 millóns de persoas. (Rusia 3 mill, Alemaña case 2mill, Francia millón e medio) Nalgúns sitios prodúcese unha superpoboación feminina, non había homes para realizar certos traballos. 2. Perdas económicas: foron enormes. Destrúen infraestruturas vitais para o desenvolvemento coma pontes, ferrocarrís, fábricas, estradas… O país máis afectado foi Francia. Todos os países aliados endeudáronse con EUA para poder facer fronte ao gasto bélico. 3. Transformacións sociais: Ante a ausencia de homes, as mulleres acceden a postos de traballos até o momento exclusivos de homes. Coa paz a tendencia consolidouse e a muller participará no mundo laboral con máis intensidade. 4. Peso político de Europa decae. Será sustituído por potencias extraeuropeas coma EUA ou Xapón.
19
4. REGULACIÓN DA PAZ 1. REUNIÓNS PRELIMINARES: Tras o fin de a guerra, reúnense os vencedores para elaborara os tratados de paz. Os representantes máis destacados serán: Francia: Clemenceau (intransixente con Alemaña), GB: Lloyd George, EUA: Wilson. Wilson intenta impoñer unha serie de principios, Os 14 puntos de Wilson, nos que establece como debe firmarse a paz: critica o xogo de alianzas secretas que levou a guerra Principio de nacionalidades, nos territorios onde o 55% da poboación pertenza a unha lingua, crearase un estado independente tras referendo da poboación. Potenciar os sistemas democráticos 2. TRATADOS DE PAZ NA CONFERENCIA DA PAZ DE PARÍS: 2.1.PAZ CON ALEMANIA : TRATADO DE VERSALLES 28/6/1919 Foi o tratado máis importante pola importancia de Alemaña a quen a resposabilizan da guerra. Impóñenlle duras sancións. Alemaña queda moi humillada economicamente pero mantén a unidade territorial
20
Sanción territorial Sanción militar Sanción económica Perde Alsacia e Lorena (Francia) Entrega a Bélxica 2 cidades fronteirizas Cede parte de Prusia a Polonia As colonias pasan a GB e Francia O exército alemá non pode ter máis de homes Suprimen o servicio militar obligatorio Desmilitarizan a zona do Rin que será ocupada polos aliados Pagan 220 millóns de marcos. Francia recibe a metade. 2.2. PAZ CON AUSTRIA: TRATADO DE SAINT GERMAIN (10/11/1919) Sanción territorial Sufriu moito máis que Alemaña. Queda reducida a un pequeño país de 8 millóns de persoas. (Plantean unila a Alemania, Italia e Francia néganse) Galitzia será entregada a Polonia Bohemia e Moravia a Checoslovaquia Unha parte irá a Romanía Trentino e Istria a Italia Ao novo país Iugoslavia, entregaranlle Bosnia, Eslovenia e Dalmacia
25
2.3 PAZ CON BULGARIA: TRATADO DE NEUILLY 1919:
Bulgaria terá que ceder territorios aos seus veciños. Unha parte irá a Iugoslavia. Cede terreo a Grecia e perde a saída ao mar Exeo 2.4 .PAZ CON HUNGRÍA: TRATADO DE TRIANON 1920 Consideran a Hungría territorio independente a Austria. Queda reducido a un país pequeno de 7,5 millóns de persoas. Croacia pasará a formar parte de Iugoslavia, Transilvania a Romanía e Eslovaquia a Checoslovaquia. 2.5 .PAZ CON TURQUÍA: TRATADO DE SEVRES 1920 A súa presenza en Europa queda reducida a Istambul e arredores. En Asia perden Siria, Mesopotamia (Iraq que se crea agora) e Arabia que serán controlados por Francia e GB. Impóñenlle libre circulación polos estreitos do Bósforo e Dardanelos que comunicaban o Mar Negro e o Mediterráneo SOCIEDADE DE NACIÓNS: Precedente da ONU. Inspíranse nos 14 puntos de Wilson. Obxectivo é manter a paz e evitar calquera estalido en calquera punto do mundo a través dunha Asemblea que decidiría calquera litixio entre países. Créase o Tribunal de Xustiza da Haya Na década dos 30 perde efectividade.
29
RESUMO DO NOVO MAPA DE EUROPA:
Dos cinco grandes Imperios europeos existentes en 1914, só sobreviviu o británico. Os imperios alemán, austrohúngaro, ruso e otomán foron divididos en novos Estados nacionais ou en territorios anexionados a outros países. Alemaña perdeu todas as colonias, devólvelle o ducado de Schleswig a Dinamarca. Ao novo estado de Polonia cédelle o corredor de Dazing . O Imperio Austrohúngaro fracciónase en catro países: Austria, Hungría, Checoslovaquia e Iugoslavia. Do Imperio Ruso independízanse Finlandia, Estonia, Letonia y Lituania Rexurdiu Polonia, a partir dos territorios de austrohúngaros, alemás e rusos Italia anexiona Trentino e Istria O imperio Otomán quedou reducido a Turquía, parte do territorio pasou a Grecia e a Romanía.
31
A RUSIA TSARISTA: A comezos do século XX, o imperio dos tsares era un xigante territorial que tiña unha estruturas económicas e políticas moi atrasadas: O réxime político era autocrático: O tsar exercía poder absoluto, sen limitacións, que procedía de Deus. Gobernaba un inmenso territorio que comprendía unha variedade de pobos con diferentes relixións, linguas…Impoñía unha dura represión ante calquera oposición ao sistema. Aínda así, existían partidos e organizacións clandestinas opostas ao réxime: uns querían un réxime liberal burgués e outros unha revolución social que dese o poder aos proletarios. Economía basicamente agraria: O 80% da poboación eran campesiños pobres que traballaban, con métodos tradicionais, as terras do clero e da nobreza. En cidades como Moscova e San Petersburgo produciuse unha forte industrialización estimulada polo Estado, co apoio de investimento estranxeiro. Os obreiros vivían en condicións moi duras que propiciaba a axitación revolucionaria Revolución de 1905, un malestar social deu lugar a unha folga xeral e a unha manifestación pacífica, quería lee ante o Palacio de inverno un escrito expresando o descontento popular. A reacción do tsar foi moi violenta, morreron miles de persoas no “Domingo Sangriento”. O tsar aloxase cada vez máis do pobo. No mesmo ano os mariñeiros do acorazado Potemkin rebélanse contra os oficiais, dan orde de reducilos pero non a cumpre. Todo isto obrigou ao tsar a renunciar a unha parte do seu poder a favor do Parlamento, a Duma, e a emprender algunhas reformas sociais e políticas, facendo unha pseudoconstitución a través do Manifesto de Outubro. Na práctica continuou gobernando de forma absoluta.
32
A CAÍDA DO TSARISMO: Foi a participación na 1ªGM o que propiciou a caída do tsarismo e o triunfo da revolución, pois puxo de manifesto a incapacidade e as carencias do sistema. A impopularidade da guerra ía parella á do propio tsar Nicolás II. O concepto de Revolución Rusa fai referencia a dúas revolucións que triunfaron no 1917: a revolución de febreiro que pon fin ao goberno autocrático do tsar e a revolución de outubro ou bolxevique , provocou a caída do goberno provisional establecido na primeira etapa revolucionaria e o establecemento da ditadura comunista dirixida por Lenin. Revolución de Febreiro: A intervención de Rusia na 1ªGM levou a mobilización de millóns de campesiños e isto provoca un descenso na produción agrícola. O pobo estaba famento e desilusionado. Fórmase consellos de obreiros, campesiños e soldados: os soviets, que esixían cambios. En febreiro prodúcese un movemento revolucionario en Petrogrado que leva a abdicación do tsar. O poder pasou a mans dun Goberno provisional formado polos membros da Duma, que iniciou medidas liberais.
33
Tras a revolución, existían dous poderes enfrontados:
a) o goberno provisional, dirixido por Kerenski e apoiado polos menxeviques (moderados) Querían establecer un réxime liberal e elaborar unha constitución b) Os Soviets, dirixidos maioritariamente por bolxeviques (+radicais agrupados no Partido Comunista) que tiñan como líder a Lenin. Querían poñer fin a guerra (só servía para os intereses da burguesía), confiscar a propiedade privada (pasa a mans do estado) e converter aos soviets na única autoridade. Revolución de Outubro: Ante a lentitude da reforma agraria do goberno de Kerenski e a súa decisión de continuar na guerra, o pobo decantase polos soviets. En outubro, os bolxeviques protagonizaron unha segunda revolución e derrocaron ao goberno provisional. Lenin formou un novo goberno, asinou a paz con Alemaña, a conta de grandes perdas territoriais para Rusia (paz de Brest- Litovsk). Lenin aproba a expropiación das grandes propiedades agrarias e o control das fábricas por parte dos obreiros. Este feitos avivaron a oposición ao novo réxime e desembocou nunha guerra civil entre , que concluía coa vitoria dos bolxeviques grazas a creación por parte de Trotski dun exército moi disciplinado (o exército vermello)
34
O goberno de Lenin: A situación creada pola guerra civil provocou una derrubamento da economía rusa, en 1921 houbo unha grande fame que lle custou a vida a 5 mill. Lenin adopta unha Nova Política económica (NEP), que combina elementos comunistas e capitalistas: permitía a propiedade privada campesiña pero a industria e os bancos quedaba en mans do Estado. A NEP conseguiu a recuperación económica máis aumentou as diferenzas sociais Baixo o seu mandato varias nacionalidades, que se independizaron na guerra civil, uníronse para formar a URSS Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas en decembro do Cada unha gozaba de certo autogoberno, pero estaba sometida as decisión do Partido Comunista e do Parlamento ou Soviets Supremo.
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.