La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

APARATOS PARA A NUTRICIÓN (I): A DIXESTIÓN E A RESPIRACIÓN

Presentaciones similares


Presentación del tema: "APARATOS PARA A NUTRICIÓN (I): A DIXESTIÓN E A RESPIRACIÓN"— Transcripción de la presentación:

1 APARATOS PARA A NUTRICIÓN (I): A DIXESTIÓN E A RESPIRACIÓN
Eva María Durán Bereijo Tema 3: APARATOS PARA A NUTRICIÓN (I): A DIXESTIÓN E A RESPIRACIÓN IES PUNTA CANDIEIRA

2 1.- A NUTRICIÓN: UN INTERCAMBIO DE SUBSTANCIAS
Para realizar a nutrición os seres vivos necesitan que se produza un intercambio de substancias entre o medio que os rodea e as súas células. Este intercambio realízase de forma diferente se o ser vivo é unicelular ou pluricelular.

3

4 1.1.- COMO SE INTERCAMBIAN SUBSTANCIAS
Nos seres unicelulares: Intercambian directamente as substancias co medio que os rodea. Os nutrientes e osíxeno entran a través da membrana plasmática no interior da célula e os refugallos saen pola mesma ao exterior.

5 Nos seres pluricelulares
A maioría das células non están en contacto co exterior polo que non poden intercambiar substancias directamente con el. A nutrición realízase grazas a acción conxunta de diferentes aparatos e sistemas que serven de «intermediarios» entre o medio intra e extracelular.

6 Os aparatos que interveñen na nutrición dos seres humanos son:
O aparato dixestivo O aparato respiratorio O aparato circulatorio O sistema linfático O aparato excretor

7 1.2.- APARATOS PARA O INTERCAMBIO DE SUBSTANCIAS
O aparato dixestivo: Transforma os alimentos que inxerimos en substancias máis sinxelas (nutrientes) que son absorbidas e pasan ao sangue

8 O aparato respiratorio: Toma o osíxeno (O2) do aire e cédello ao sangue, toma do sangue o dióxido de carbono (CO2) e expúlsao ao exterior.

9 O aparato circulatorio: Leva a través do sangue os nutrientes e o osíxeno ás células, e transporta os refugallos das células ata os órganos excretores, onde son expulsados

10 O sistema linfático: Colabora co aparato circulatorio no transporte de substancias.
O aparato excretor: Toma do sangue as substancias de refugallo producidas pola actividade celular e expúlsaas ao exterior. Na excreción interveñen outros órganos e aparatos como as glándulas sudoríparas, o aparato respiratorio…

11

12 2.- O APARATO DIXESTIVO O aparato dixestivo é un conxunto de órganos que se encargan de realizar a dixestión: transformar alimentos en nutrientes que pasan ao sangue, e de eliminar os restos non dixeridos.

13 2.1.- ANATOMÍA DO APARATO DIXESTIVO
O aparato dixestivo fórmano o tubo dixestivo e as glándulas anexas. O tubo dixestivo: Tubo longo formado por: Boca Farinxe Esófago Estómago Intestino delgado Intestino groso As glándulas anexas: Están fora do tubo dixestivo pero verten nel zumes dixestivos que segregan e conteñen substancias que axudan na dixestión: Glándulas salivais Fígado Páncreas

14 Tubo dixestivoe glándulas anexas (páxinas 46 e 47 do libro)

15 A) O TUBO DIXESTIVO A boca:
Cavidade onde os alimentos son cortados e triturados polos dentes. Nela atópase a lingua: órgano musculoso con papilas gustativas onde reside o sentido do gusto, e as glándulas salivares.

16 A farinxe Conduto común aos aparatos dixestivo e respiratorio. Os alimentos pasan por ela dende a boca ao esófago e o aire desde o nariz ata a larinxe. Ten un repregamento a epiglote que fai de tapadeira, cerrándose sobre o conduto respiratorio e evitando que o alimento o obstrúa.

17 O esófago Tubo de 25 cm polo que descende o alimento ata o estómago grazas aos movementos peristálticos (contracción das súas paredes).

18 O estómago Comunícase co esófago por un orificio o cardia e co intestino delgado por outro orificio o píloro. Ten músculos moi potentes nas súas paredes e glándulas que segregan zumes gástricos que se mesturan cos alimentos.

19 O intestino delgado Tubo moi longo (6m). As súas paredes teñen glándulas que segregan zume intestinal e unhos repregamentos chamados vilosidades intestinais. Estas vilosidades constan de condutos finos polos que circula o sangue. Os nutrientes obtidos na dixestión pasan a estes capilares. Divídese en duodeno, xexuno e íleo.

20

21 O intestino groso Tubo (1metro) ancho formado por 3 partes: O cego O colon O recto Do cego parte o apéndice vermiforme. O recto comunica co exterior a través do ano, por onde é expulsada a materia.

22 B) AS GLÁNDULAS ANEXAS Están fora do tubo dixestivo pero verten nel os zumes dixestivos que segregan. Estes zumes conteñen substancias coma os enzimas dixestivos. Os enzimas dixestivos: son proteínas que aceleran a descomposición dos alimentos en nutrientes. Destacamos: as glándulas salivares o fígado o páncreas.

23 As glándulas salivais:
Son 3 pares de glándulas cuxos condutos verten saliva no interior da boca. Sublingual: baixo a lingua Parótides: diante as orellas Maxilar: na mandíbula.

24 O fígado: É a glándula máis grande do organismo. Realiza importantes funcións, como a dixestión, proceso no que segrega a bile que se almacena na vesícula biliar

25 A bile non contén enzimas dixestivos, pero axuda a realizar a dixestión dos lípidos actuando coma un deterxente. O fígado ten outras funcións como: Almacenamento de glicosa, ferro e vitaminas. Eliminación de substancias tóxicas coma o alcohol.

26

27 Unha endocrina: libera substancias ao sangue.
O páncreas É unha glándula en forma de punta de frecha que se atopa debaixo do estómago. Ten dúas funcións: Unha dixestiva: segrega o zume pancreático Unha endocrina: libera substancias ao sangue.

28

29 3.- A DIXESTIÓN No aparato dixestivo realízase a dixestión dos alimentos que inxerimos en varias etapas: Inxestión A dixestión mecánica A dixestión química A absorción A formación de feces.

30 3.1.- A DIXESTIÓN MECÁNICA Trala inxestión do alimento ocorre a dixestión mecánica, un conxunto de procesos encargados de reducir o tamaño das partículas de alimento e de facelas avanzar ao longo do aparato dixestivo. Ocorre en varias etapas: Mastigación Insalivación Deglutición

31 Mastigación: Consiste en esgazar, cortar e triturar os alimentos que foron inxeridos a través da boca. Lévana a cabo os dentes e o movemento da mandíbula inferior.

32

33 A insalivación Consiste en mesturar os alimentos xa triturados coa saliva grazas aos movementos da lingua. Como resultado fórmase o bolo alimenticio.

34 A deglutición Consiste en facer avanzar o bolo alimentario, con axuda dos movementos peristálticos, a través da farinxe e do esófago ata o estómago.

35 3.2.- A DIXESTIÓN QUÍMICA Conxunto de procesos que transforman os alimentos en nutrientes pola acción das substancias contidas nos zumes dixestivos. Ocorre en 3 partes: A boca O estómago O intestino delgado.

36 Na boca Durante a formación do bolo alimentario, as substancias da saliva actúan sobre os glícidos descompoñéndoos en substancias máis sinxelas.

37 O estómago As paredes do estómago segregan zumes gástricos que conteñen ácido clorhídrico e actúan especialmente sobre as proteínas do bolo alimentario. A papa resultante e semilíquida denomínase quimo

38 No intestino delgado actúan:
Os zumes intestinais (segregados pola parede intestinal) A bile (segregada polo fígado) O zume pancreático (secretado polo páncreas) A súa acción finaliza a transformación do quimo en quilo. O quilo contén auga, nutrientes resultantes da dixestión e outros produtos non dixeridos

39

40 DIXESTIÓN QUÍMICA

41

42 3.3.- A ABSORCIÓN DOS NUTRIENTES
Os nutrientes deben chegar a tódalas células do noso organismo e fano a través do sangue. A absorción intestinal é o proceso polo cal os nutrientes que contén o quilo atravesan a parede do intestino e pasan ao aparato circulatorio.

43 A absorción de nutrientes no intestino delgado é un proceso rápido.
A absorción no intestino delgado A absorción de nutrientes no intestino delgado é un proceso rápido. Isto débese a que a parede intestinal dispón dunha gran superficie de absorción (200m². aprox).

44 A superficie de absorición é tan grande debido a:
A gran lonxitude do intestino As súas paredes interiores (mucosa intestinal) están recubertas por estruturas que incrementan 600 veces a súa superficie de absorción: As dobras intestinais As pilosidades intestinais As micropilosidades.

45 O intestino delgado está percorrido en toda a súa lonxitude polas dobras intestinais que á súa vez teñen miles de pilosidades intestinais que tapizan a parede interna do intestino. Estas vilosidades están formadas por células cuxas membranas teñen repregamentos denominados micropilosidades.

46 Ten un diámetro maior que o intestino delgado.
A absorción no intestino groso e formación de feces. A maior parte da auga e dos sales minerais absórvese no intestino groso. Ten un diámetro maior que o intestino delgado. Ten unha lonxitude de 1m (aprox.) Non ten pilosidades. 46

47 3.4.- A EXESTIÓN OU DEFECACIÓN
Exestión: permite a eliminación dos produtos non dixeridos (refugallo). A flora bacteriana do intestino groso (bacterias beneficiosas do intestino) transforman os produtos non dixeridos en feces que son expulsadas ao exterior a través do ano.

48 Nos alimentos hai substancias que non podemos dixerir nin absorber como por exemplo a fibra.
Ningún dos enzimas dixestivos é capaz de dixerila e transformala en glicosa. Ainda así a fibra e esencial para a actividade do aparato dixestivo xa que favorece a mobilidade do intestino e evita o estrinximento.

49 4.- O APARATO RESPIRATORIO
O aparato respiratorio intercambia gases co exterior. Toma o O2 do aire e cédello ao sangue; e toma deste o CO2 e expúlsao ao medio.

50 No aparato respiratorio diferencianse 2 partes:
As vías respiratorias Os pulmóns

51 4.1.- AS VÍAS RESPIRATORIAS
Son condutos que levan o aire do exterior aos pulmóns e viceversa. Están formados por Fosas nasais Farinxe Larinxe Tráquea Bronquios Bronquiolos

52 Os bronquiolos rematan nuns sacos cegos de paredes delgadas: alvéolos, que están rodeados por unha rede de capilares sanguíneos.

53 4.2.- OS PULMÓNS Son 2 órganos esponxosos situados na caixa torácica e separados do abdome polo diafragma. Están rodeados por unha dobre membrana: pleura que está chea de líquido pleural, que protexe aos pulmóns do rozamento coa caixa torácica e contribúe aos movementos respiratorios.

54 4.3.- O FUNCIONAMENTO DO APARATO RESPIRATORIO
O aparato respiratorio realiza a respiración en 3 etapas: A inspiración O intercambio gasoso A expiración

55 A inspiración: Durante a inspiración prodúcese a entrada de aire atmosférico ao interior dos pulmóns. Para que isto aconteza é necesaria: a contración do diafragma a expansión dos pulmóns. O aire entra pola boca ou polas fosas nasais onde se quenta e percorre as vías respiratorias ata chegar aos alvéolos.

56

57 Intercambio gasoso: Os gases atravesan as membranas celulares, e diríxense desde onde se atopan en maior concentración, ata onde están en menor concentración. Así, o O2 que está en maior concentración nos alvéolos atravesa as paredes destes e pasa á sangue, onde se atopa en menor concentración. O CO2 abundante na sangue procedente das células pasa ao interior dos alvéolos (onde hai pouco CO2) e é expulsado ao exterior.

58

59 A expiración: O diafragma reláxase e aumenta de tamaño, mentres que os pulmóns diminúen o seu volume. Isto fai que o aire cargado de CO2 sexa expulsado ao exterior a través das vías respiratorias.

60 Fin


Descargar ppt "APARATOS PARA A NUTRICIÓN (I): A DIXESTIÓN E A RESPIRACIÓN"

Presentaciones similares


Anuncios Google