Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
Publicada porAlicia Prado Modificado hace 6 años
1
APARATOS PARA A NUTRICIÓN (II): A CIRCULACIÓN E A EXCRECIÓN
2
INTRODUCIÓN Tras o proceso dixestivo e o intercambio gasoso obtemos nutrientes e osíxeno que circulan polo noso organismo a través do aparato circulatorio. As células do noso corpo están bañadas por un líquido do que extraen as substancias que necesitan e ao que verten os produtos de refugallo: medio interno.
3
O intercambio de substancias entre o aparato circulatorio e as células non se realiza directamente, xa que os capilares e as células non están en contacto directo; entre eles existe un líquido: medio interno. A composición, temperatura etc do medio interno debe ser constante para garantir o bo funcionamento das células.
4
Nos seres humanos o medio interno está formado por:
Líquido intersticial: Baña as células Sangue: recolle, reparte e elimina substancias Linfa: recolle, reparte e elimina substancias
5
Nos seres humanos existen 2 sistemas encargados do transporte intercambio e eliminación das substancias: 1.- O aparato circulatorio 2.- O sistema linfático.
6
1.- APARATO CIRCULATORIO
O aparato circulatorio transporta substancias mediante o sangue, que circula polos vasos sanguíneos impulsado polo corazón.
7
A sangue leva: Ás células: nutrientes absorbidos durante a dixestión. osíxeno obtido nos pulmóns. Aos órganos excretores: substancias de refugallo.
8
1.1.- O SANGUE O sangue humano é un líquido vermello e espeso composto por: O plasma: formado por auga, sales, nutrientes procedentes da dixestión, substancias de refugallo. As células sanguíneas: son de 3 tipos: glóbulos vermellos glóbulos brancos plaquetas
9
Os glóbulos vermellos/eritrocitos:
Son células bicóncavas pequenas, sen núcleo. Son as máis abundantes no organismo (4-5 millóns/mm²) Conteñen a hemoglobina (proteína que ten ferro e intervén no transporte de osíxeno e dióxido de carbono.
10
Os glóbulos brancos/leucocitos:
Son células esféricas máis grandes e menos numerosas que os glóbulos vermellos. Defenden o organismo fronte aos patóxenos e ás células tumorais. Hainos de distintos tipos.
11
As plaquetas/trombocitos:
Non son verdadeiras células, senón anacos de citoplasma irregulares. Hai por mm³ Interveñen na coagulación sanguínea.
12
AS FUNCIÓNS DO SANGUE Transportar substancias (nutrientes, osíxeno e refugallos) polo organismo. Regular a temperatura corporal: distribuíndo a calor por todo o corpo. Defender o organismo: os glóbulos brancos interveñen nos mecanismos de defensa fronte patóxenos e células tumorais. As plaquetas interveñen na coagulación sanguínea evitando que nos desangremos.
13
1.2.- OS VASOS SANGUÍNEOS Poden ser de 3 tipos: Arterias Capilares Veas
14
As arterias: As arterias son vasos que teñen as paredes grosas e elásticas. Levan sangue desde o corazón ata os órganos. Ramifícanse e orixinan arterias de menor calibre: arteriolas
15
As veas: Son vasos de paredes máis delgadas e menos elásticas que as das arterias. Teñen válvulas que impiden o retroceso do sangue. Conducen o sangue desde os órganos ata o corazón. Ramifícanse e orixinan vasos de menor calibre: vénulas
16
Os capilares: Vasos microscópicos que chegan a todas as células. A través deles únense as arteriolas e as vénulas, formando así un circuíto cerrado. As paredes son moi delgadas e permiten o intercambio de nutrientes, gases e refugallos entre o sangue e as células.
17
1.4.- O CORAZÓN O corazón é o órgano muscular formado por tecido muscular cardíaco (miocardio) encargado de impulsar o sangue a través dos vasos sanguíneos. Se o corazón deixase de funcionar as células deixarían de recibir o osíxeno e os nutrientes necesarios para realizar as funcións vitais.
18
A ANATOMÍA DO CORAZÓN O corazón é un órgano musculoso e oco situado na caixa torácica entre os pulmóns. Está dividido en 2 mitades: dereita e esquerda separadas por un tabique lonxitudinal. A parte dereita e esquerda non se comunican.
19
Cada metade presenta á súa vez dúas cavidades:
Unha cavidade superior: aurícula Unha cavidade inferior: ventrículo
20
Por tanto o interior do corazón está dividido en 4 cavidades:
2 aurículas: na parte superior, que bombean o sangue aos ventrículos. 2 ventrículos: na parte inferior máis grandes e musculosas, que bombean o sangue hacia fora do corazón.
21
As aurículas e os ventrículos do mesmo lado están comunicados a través de válvulas que impiden o retroceso do sangue. A aurícula esquerda e o ventrículo esquerdo comunícanse a través da válvula mitral A aurícula dereita e o ventrículo dereito comunícanse a través da válvula tricúspide.
22
As aurículas ou cavidades superiores:
Na aurícula esquerda desembocan as veas pulmonares, procedentes dos pulmóns. Na aurícula dereita desembocan as veas cavas, nas que conflúe o sangue procedente de todas as demáis veas do organismo.
23
Os ventrículos ou cavidades inferiores:
Do ventrículo dereito sae a arteria pulmonar que leva a sangue aos alveolos pulmonares para realizar o intercambio gasoso. Do ventrículo esquerdo sae a arteria aorta, que distribúe o sangue con osíxeno por todo o corpo.
24
As grandes arterias que saen do corazón teñen na zona de saída as válvulas semilunares, que impiden que o sangue retroceda hacia este. As arterias coronarias son as que irrigan e nutren o corazón
25
1.4.- O CICLO CARDÍACO O corazón ten un tecido muscular especial: miocardio, que lle permite contraerse e dilatarse e así bombear o sangue. A secuencia destes movementos de contracción (sístole) e dilatación (diástole) chámase ciclo cardíaco. Un ciclo cardíaco dura menos dun segundo, o ritmo pode duplicarse durante exercicio intenso ou estrés.
26
Durante o ciclo cardíaco, o sangue entra no corazón a través das veas e sae del polas arterias; pero os vasos sanguíneos permanecen cheos de sangue en todo momento; pois é un ciclo contínuo.
27
AS ETAPAS DO CICLO CARDÍACO:
O ciclo cardíaco divídese en 3 etapas: Sístole auricular Sístole ventricular Diástole xeral
28
Diástole: Esta etapa da comezo ao ciclo.
As aurículas reláxanse e expándense. Isto produce a entrada do sangue no corazón. A través das veas cavas entra o sangue na aurícula dereita e a través das veas pulmonares entra o sangue na aurícula esquerda
29
Sístole auricular: As aurículas contráense e o sangue que contiñan pasa aos ventrículos Da aurícula dereita pasa o sangue ao ventrículo dereito a través da válvula tricúspide. Da aurícula esquerda pasa o sangue ao ventrículo esquerdo a través da válvula mitral. Ambas válvulas impiden o retroceso do sangue ás aurículas.
30
Sístole ventricular: Os ventrículos contráense impulsando o sangue polas arterias a través das válvulas semilunares. O ventrículo dereito envía o sangue pola arteria pulmonar e o ventrículo esquerdo envía o sangue pola arteria aorta. Esta saída do sangue é intermitente e percíbese como pulso arterial.
32
Os movementos do corazón producen uns sons característicos que se orixinan en cada ciclo, e que están producidos polo peche das válvulas mitral, tricúspide e semilunares.
33
Ás veces óense no corazón ruídos anormais como os sopros, ocasionados polo paso do fluxo sanguíneo a través de válvulas cardíacas que non funcionan ben por non pecharse totalmente ou por ser demasiado estreitas e ríxidas.
34
2.- A CIRCULACIÓN SANGUÍNEA
A circulación sanguínea é o percorrido que realiza o sangue polo aparato circulatorio impulsado polos movementos do corazón.
35
A circulación nas persoas é dobre e completa.
Dobre: porque nun percorrido completo pasa dúas veces polo corazón; polo tanto percorre 2 circuitos: Pulmonar Xeral Completa: porque o sangue rico en osíxeno e o rico en dióxido de carbono non se mesturan debido ao tabique que divide a parte esquerda e dereita do corazón.
36
2.1.- O CIRCUITO PULMONAR O circuito pulmonar ou menor é o que se establece entre o corazón e os pulmóns. É a parte dereita do corazón a encargada de bombear o sangue a este circuito.
37
O circuito pulmonar comeza cando o sangue pobre en osíxeno, recollido en todos os órganos do corpo, chega á aurícula dereita e pasa ao ventrículo dereito de onde sae a arteria pulmonar.
38
Cando pasa polos alveolos o sangue libera o CO2 e cárgase de O2.
A arteria pulmonar divídese en 2 arterias, cada unha das cales vai a un pulmón, onde se subdividen á súa vez seguindo as ramificacións dos bronquiolos. Cando pasa polos alveolos o sangue libera o CO2 e cárgase de O2. Realizado o intercambio de gases o sangue pasa ás veas pulmonares que o levan á aurícula esquerda.
39
2.2.- O CIRCUITO XERAL O circuito xeral ou maior é o que se establece entre o corazón e os diferentes órganos do corpo. A parte do corazón encargada de bombear o sangue a este circuito é a esquerda
40
No circuito xeral o sangue rico en osíxeno e nutrientes, que se atopa na aurícula esquerda pasa ao ventrículo esquerdo e de aí é impulsado á arteria aorta que se vai ramificando en arteriolas e capilares que chegan a todos os tecidos e órganos do corpo (agás os pulmóns).
41
Nos tecidos e órganos do corpo, o sangue cede os nutrientes e o O2 e recolle as substancias de refugallo e o CO2, que regresa polas veas cavas á aurícula dereita do corazón e comeza de novo o circuito pulmonar.
42
No circuito pulmonar o sangue libera CO2 nos alvéolos e cárgase de O2.
No circuito xeral o sangue leva O2 e nutrientes a todas as células e recolle CO2 e refugallos do metabolismo celular.
43
3.- A SAÚDE E O SISTEMA CIRCULATORIO
O bo funcionamento do sistema circulatorio pode verse alterado por enfermidades de distinta gravidade: Enfermidades que afectan ao sangue Enfermidades que afectan ao corazón Enfermidades que afectan aos vasos sanguíneos.
44
Enfermidades que afectan ao sangue:
Anemia: Baixa concentración de hemoglobina e glóbulos vermellos. Un síntoma é a fatiga. Leucemia: Cancro que afecta ás células da médula ósea que forman as células sanguíneas. Consiste no aumento do número de glóbulos brancos defectuosos e a disminución de glóbulos vermellos e plaquetas. Hemofilia: Enfermidade xenética caracterizada por problemas na coagulación do sangue. Síntomas: hemorraxias espotáneas
45
Enfermidades que afectan ao corazón.
Arritmias: Alteracións do rítmo cardíaco. Poden ser taquicardias ou bradicardias. Síntomas: dor no peito, mareos… Infarto de miocardio: Cando un coágulo tapona algunha arteria coronaria. As células do miocardio morren e unha parte do corazón deixa de funcionar. Síntoma: dor no peito e brazo esquerdo. Anxina de peito: Estreitamento das arterias coronarias, rego insuficiente do miocardio. Síntoma: Dor no peito.
46
Enfermedades que afectan aos vasos sanguíneos
Arteriosclerose: Estreitamento dos vasos sanguíneos, cando no interior dos vasos se forman placas de colesterol e graxas. Isto favorece a adhesión de plaquetas á parede e a formación de coágulos. Trombosis: Formación de trombos ou coágulos que obstrúen os vasos sanguíneos. Ictus: Enfermidade cerebrovascular que afecta aos vasos sanguíneos que irrigan o cerebro. As células nerviosas morren por falta de osíxeno.
47
Hipertensión arterial: Enfermidade que consiste no aumento da tensión arterial. Causa enfermidades como o infarto, anxina de peito… Varices: Dilataciones de las venas que se dan cando as válvulas das veas non pecha ben.
48
HABITOS SAUDABLES Evitar a obesidade e o sobrepeso Practicar exercicio físico Non fumar Reducir a inxesta de sal Evitar o estrés Non empregar prendas de roupa axustadas que dificulten a circulación sanguínea.
49
4.- O SISTEMA LINFÁTICO 3.1.- O PLASMA INTERSTICIAL E O SISTEMA LINFÁTICO O intercambio de substancias entre o aparato circulatorio e as células non se realiza directamente, xa que os capilares e as células non están en contacto directo; entre eles existe un líquido: o líquido intersticial
50
O plasma intersticial é o líquido que rodea as células.
Os capilares verten nel os nutrientes e o osíxeno, e estes pasan desde el ata as células. As células verten nel as substancias de refugallo, e estas pasan del ao sangue dos capilares.
51
Para que o organismo funcione é necesario que a composición do plasma intersticial se manteña constante. O sistema linfático que transporta a linfa intervén nesta función. A linfa é un líquido de cor clara que se forma a partir do plasma intersticial.
52
O sistema linfático: recolle o exceso de plasma intersticial que queda entre as células e devolvelo ao sangue transporta graxas que se absorben no intestino e participa na defensa do organismo fabricando glóbulos brancos.
53
COMPOÑENTES DO SISTEMA LINFÁTICO
Os capilares linfáticos: Son condutos de tamaño moi pequeño, que penetran na maioría dos tecidos do corpo. Os vasos linfáticos: Condutos similares ás veas. Resultan da confluencia dos capilares linfáticos e van parar ao sistema circulatorio. Os ganglios linfáticos: Son engrosamentos que se atopan ao longo dos vasos linfáticos. Neles fabrícanse os glóbulos brancos. Distribúense por todo o organismo sendo máis abundantes nas axilas, inguas e pescozo.
54
4.- A EXCRECIÓN A excreción é a eliminación das substancias de refugallo, procedentes da actividade das células do organismo e de substancias que se atopan en exceso.
55
4.1.- O APARATO EXCRETOR Está formado polos riles e as vías urinarias. Excreta substancias de refugallo mediante os ouriños.
56
Son 2 órganos situados na zona lumbar con forma de feixón.
Os riles: Son 2 órganos situados na zona lumbar con forma de feixón. No corte dun ril distínguese: A parte externa: codia renal. A médula renal: dividida en sectores con forma de pirámide. A pelve renal: cavidade con forma de embude que recolle os ouriños fabricados polo ril.
57
Cada ril está formado por miles de estruturas microscópicas chamadas nefronas.
58
Cada nefrona consta dun nobelo de capilares sanguíneos (glomérulo) ao que rodea unha cápsula esférica (cápsula de Bowman) e dun tubo renal. Varias nefronas desembocan nun tubo colector.
59
As vías urinarias Son os condutos que levan os ouriños desde os riles ata o exterior. Están formadas por: Ureteres Vexiga urinaria Uretra
60
4.2.- AS FUNCIÓNS DO APARATO EXCRETOR
A cada ril chega unha arteria renal, que transporta sangue cargado de refugallos De cada ril sae unha vea renal con sangue limpo.
61
Os riles realizan esta depuración do sangue a través da formación dos ouriños.
Os ouriños fórmanse en dúas etapas: A filtración A reabsorción
62
Etapa de filtración No glomérulo realízase a primeira filtración do sangue coa que se obteñen os ouriños primarios. Estes ouriños conteñen: auga substancias tóxicas sales minerais substancias útiles (glicosa e aminoácidos)
63
Etapa de reabsorción No túbulo renal reabsórbense gran parte das substancias dos ouriños primarios e devólvense ao sangue. Como resultado fórmanse os ouriños definitivos que desembocan no tubo colector e son expulsados a través das vías urinarias.
64
A formación de ouriños:
Depura o sangue Regula a cantidade de auga e de minerais do organismo Axuda a manter o equilibrio interno
65
5.- OUTROS ÓRGANOS RELACIONADOS COA EXCRECIÓN
5.1.- O FÍGADO O fígado compre unha importante función como órgano excretor. Elimina substancias procedentes da degradación dos glóbulos vermellos que se almacenan na bile e que son expulsadas a través das feces.
66
5.2.- OS PULMÓNS Realizan a función excretora ao eliminar o CO2 producido durante a actividade das células. 5.3.- AS GLÁNDULAS SUDORÍPARAS Están distribuídas por toda a pel. Filtran o sangue dos capilares que as rodean e coas substancias de refugallo que retiran forman a suor dunha composición semellante aos ouriños diluídos, e é excretada polos poros da pel.
67
6.- ENFERMIDADES DO APARATO EXCRETOR
As máis grandes son as que afectan ao ril como: Insuficiencia renal: debido á deterioración progresiva do ril Cálculos renais: debidos a unha mala alimentación…
68
FIN
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.