La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

As bacterias.

Presentaciones similares


Presentación del tema: "As bacterias."— Transcripción de la presentación:

1 As bacterias

2 As bacterias son moneras, seres unicelulares, procariotas de tamaños microscópicos e formas variadas. A maioría teñen unha parede celular de peptidoglicano. Poden ter formas moi variadas. Algunhas están dotadas de órganos de movemento: flaxelos, cilios...

3 ESTRUCTURA DUNHA BACTERIA
cápsula plásmidos (conteñen xenes) espazo periplásmico nucleoide parede celular vacuolas ribosomas membrana citoplasmática cilios flaxelo

4 BACTERIAS GRAM NEGATIVAS (negibacterias) BACTERIAS GRAM POSITIVAS
As que non se tinguen de azul escuro ou violeta pola tinción de Gram. Dan unha cor rosada. Teñen dúas membranas de lípidos entre as que se localiza unha fina parede de mureína (peptidoglicano). BACTERIAS GRAM POSITIVAS (posibacterias) Tínguense de azul escuro ou violeta pola tinción de Gram. Teñen so unha membrana de lípidos e a parede de peptidoglicano é moito máis grosa Neisseria gonorrhoeae Streptpcocus

5 As bacterias son os organismos máis abundantes do planeta e atópanse en todo tipo de hábitats: no aire, no solo, no mar, en mananciais de augas quentes, nas profundidades do océno, no corpo doutros seres vivos (ou nos seus restos), no lixo... No mundo hai aproximadamente 5×1030 bacterias. Nun gramo de terra pode haber 40 millóns de bacterias. Nun mililitro de auga pode haber un millón de bacterias. No corpo dunha persoa hai dez veces máis bacterias que células humanas. A maioría son beneficiosas. bacterias nun rego de auga férrica

6 Reprodúcense moi activamente por bibartición ou esporulación.
As bacterias do leite, a 35º C, pasan nun día de por cm3 a uns cuarenta millóns. Lactobacillus bulgaricus

7 Escherichia colli, causante de infeccións intestinais
Escherichia colli, causante de infeccións intestinais. Duplícase cada 30 minutos. Nun día un só individuo pode dar orixe a unha poboación de 50 millóns de exemplares.

8 ASOCIACIÓNS DAS BACTERIAS CON OUTROS ORGANISMOS
PATÓXENAS producen danos noutros seres vivos COMENSAIS viven sobre outros organismos sen producirlles danos MUTUALISTAS forman asociacións que lle resultan indispensables -bacterias con arqueas. As bacterias anaerobias consumen ácidos orgánicos e producen hidróxeno e as arqueas consumeno. -Bácterias das raíces: fixan o nitróxeno atmosférico -Aparato dixestivo: bacterias que sintetizan ácido fólico, vitamina K, biotina, fermentacións lácticas Clostridium E. coli nódulos de bacterias nunha raíz

9 Acidobacterias: viven en medios ácidos
Acidobacterias da terra. Teñen un importante papel ecolóxico.

10 Lactobacillus acidophilus Absorbe a lactosa e forma ácido láctico
Lactobacillus acidophilus Absorbe a lactosa e forma ácido láctico. Está presente no aparato dixestivo dos animais, na vaxina... Úsase na produción do iogur.

11 ACTINOBACTERIAS: atópanse na terra e descompoñen a celulosa e a quitina. son fundamentais na formación do humus. Tamén aparecen nos animais e nas plantas como patóxenas. Algunhas empréganse para obter antibióticos. En 1940 Selman Waksman descubriu no solo as bacterias que producen actinomicina, polo que gañou o premio Nobel. Mycobacterium leprae. Causante da lepra Streptomyces

12 ACUÍFICAS: viven en ambientes extremos: mananciais quentes, pozos sulfurosos, fontes termais...
surxencia volcánica

13 manancial férrico

14 BACTEROIDETAS: viven no solo, nos sedimentos, na auga do mar, no aparello dixestivo dos animais...
Bacteroides biacutis

15 CLAMIDIAS: son patóxenos celulares obrigados
ChlamydiaTrachomatis

16 Respiran arseniato. Viven en ambientes contaminados por arsénico.
SULFOBACTERIAS (bacterias verdes do xofre, Chlorobi). Usan sulfuro de hidróxeno ou xofre. Conteñen bacterioclorofila. Atópanse en lagos, océanos. CRISOXENETAS: Respiran arseniato. Viven en ambientes contaminados por arsénico. Chrysiogenes arsenatises Thiomargarita namibiensis. É a bacteria máis grande (0,75 mm). Descuberta en abril de 1999 por un buque oceanográfico ruso fronte ás costas de Namibia.

17 BACTERIAS VERDES (Chloroflexi):
fotosintéticas, non producen osíxeno.

18 CIANOBACTERIAS(Oxyphotobacteria): realizan fotosíntese osixénica
CIANOBACTERIAS(Oxyphotobacteria): realizan fotosíntese osixénica. Antes coñecíanse como algas azuis. Lyngbya Anabaena

19 Micocystes

20 Encoro do Umia coa auga eutrofizada por cianobacterias
Algunhas cianobacterias producen toxinas que envelenan a auga e aos animais que viven nela. O fenómeno resulta grave cando hai unha floración (unha explosión demográfica importante), xeralmente a causa do aumento da temperatura e a abundancia de nutrintes, sobre todo fósforo (eutrofización das augas). Producen citotóxicos (atacan as células), hepatotóxicos (aracan o fígado) ou neurotóxicos (atacan o sistema nervosos).

21 NOSTOC. Unha bacteria fotosintética que podemos atopar formado colonias con aspecto de xelatina pardo-verdosa sobre toros de árbores e rochas húmidas.

22 DEINOCOCCUS-THERMUS: moi resistentes aos cambios no medio ambiente: sobreviven en resíduos nucleares e no espazo, soportan a calor e o frío extremos. Deinococcus radiodurans

23 FIBROBACTERIAS: degradan a celulosa no estómago dos ruminantes.

24 FIRMICUTES: teñen forma de coco ou bacilo, moitas producen endosporas que lles permiten resistir en condicións extremas. Empréganse na elaboración e cervexa, viño, sidra... Enterococus Bacillus anthracis

25 FUSOBACTERIAS: anaerobias, de aspecto filamentoso. Forman parte da flora do aparato dixestivo. Fusobacterium novum

26 PLANCTOMICETOS: acuáticas, de forma ovoide. Reprodúcense por xemación.

27 PROTEOBACTERIAS: Gram negativas, cunha parede celular formada principalmente de liposacáridos. Patóxenas ou de vida libre, con formas moi variables. Escherichia coli

28 BACTERIAS RIZOBIÁCEAS (Rizobium leguminosarium)
BACTERIAS RIZOBIÁCEAS (Rizobium leguminosarium). Viven en simbiose coas células da planta e fixan, transformándoo en compostos útiles, o nitróxeno do aire, elemento imprescindible para o desenvolvemento dos vexetais pero que eles non poden tomar directamente. Reciben a cambio proteción e azucres. Brucella nódulos das raíces dunha leguminosa

29 Salmonella Yersinia pestis

30 Vibrio cholerae Legionella

31 ESPIROQUETAS: Gram negativas, coas células alongadas e enroladas en espiral. Teñen uns flaxelos situados detrás da membrana que lles permiten moverse de distintas maneiras. Treponema pallidum

32 USOS E IMPORTANCIA DAS BACTERIAS
Reciclaxe de elementos fixación do nitróxeno atmosférico Biorremediación verquidos de petróleo e produtos industriais tóxicos Causantes de enfermidades Persoas e animais: cólera, tifo, sífile, lepra, difteria, escarlatina, tuberculose, lexionela, neumonía, tétanos, carbunclo, mastite... Plantas: necrose bacteriana, escobas de bruxa... Industria Tratamento de augas residuais Control biolóxico de parásitos Produción de queixo, iogur, manteiga, vinagre, alcohois, acetona, medicamentos... Curación do tabaco Curtido do coiro, caucho e algodón Estudos de laboratorio Escoba de bruxa nun piñeiro

33 A LOITA CONTRA AS BACTERIAS:
Antibióticos, desinfectantes (lixivía, xabóns..).

34 PRINCIPAIS ENFERMIDADES BACTERIANAS
CÓLERA produce epidemias cada ano nos países pouco desenvolvidos TUBERCULOSE 8 millóns de enfermos e 2 millóns de mortos no mundo ao ano

35 MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Internet, Adela Leiro. DEBUXOS: Mon Daporta Restos de cianobacterias nas augas do Umia


Descargar ppt "As bacterias."

Presentaciones similares


Anuncios Google