La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

O uso das MAIÚSCULAS.

Presentaciones similares


Presentación del tema: "O uso das MAIÚSCULAS."— Transcripción de la presentación:

1 O uso das MAIÚSCULAS

2 Escríbense con maiúscula inicial os seguintes casos:
A primeira letra dun texto, dos títulos dos libros e a que vai despois de punto. Os nomes propios (de persoa, lugar, alcumes, animais…). O artigo que acompaña o nome dalgunhas poboacións: A Coruña, O Barco. Os nomes comúns cando pasan a ser nomes propios: Instituto de Educación Secundaria. As abreviaturas de tratamento: Sra., D., Excmo.

3 Os nomes de institucións e os adxectivos que os acompañan: Real Academia Galega.
Substantivos e adxectivos que forman parte do nome dunha festa relixiosa, civil ou popular: Día das Letras Galegas. Despois de signo de interrogación e exclamación cando equivalen a punto. Algúns acrónimos: Sergas (Servicio Galego de Saúde). Os nomes de xerarquías ou cargos importantes cando non van acompañados do antropónimo: o señor Director.

4 Despois de dous puntos emprégase maiúscula:
No saúdo das cartas Nas citas textuais Cando o que segue forma en si mesmo un enunciado independente.

5 Tamén se escriben con maiúscula:
As siglas: ONU, RAG A numeración romana As abreviaturas dos puntos cardinais Os pés dalgúns textos administrativos, como as instancias: SR. D. DIRECTOR DO IES DE SABÓN

6 Non se escriben con maiúscula:
Os nomes das estacións do ano Os nomes dos meses Os días da semana Os xentilicios Os nomes das notas musicais As abreviaturas do sistema métrico decimal


Descargar ppt "O uso das MAIÚSCULAS."

Presentaciones similares


Anuncios Google