Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
Publicada porFlávio Garrido Sabrosa Modificado hace 6 años
1
pemento (Capsicum annuum) pimiento pepper piment pimento
2
CLASE Anxiospermas ORDE Solanales FAMILIA Solanáceas
3
Planta orixinaria de América da que se cultivan distintas variedades.
As máis coñecidas en Galicia son as de Padrón e de Arnoia. TALOS ergueitos e verdes, moi ramificados.
4
FOLLAS Simples, pecioladas de forma oval-lanceolada coa beira dentada e a cor verde escura.
5
FLORES Completas, con cinco pétalos de cor branca-rosada.
6
Arnoia Herbón FROITOS Bagas ovais ou cónicas de cor verde ou vermella, de tamaños diferentes segundo a variedade.
7
Tamén se cultiva en invernadoiros. CICLO ANUAL-PEMENTO
Seméntas en xaneiro-febreiro e trasplántase en abril-maio. Páñase desde agosto ata outubro. Tamén se cultiva en invernadoiros. CICLO ANUAL-PEMENTO Folla Flor Froito xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro
8
USOS Consumo directo ou en numerosas preparacións: salsa, guisos, secos, asados, en confitura, en conserva..., para facer pimentón. É rico en minerais (potasio, magnesio), vitaminas B1, B2, B5, e C e licopeno.
9
INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA Pemento de Herbón
Aprobado en 2009 Área de produción e envasado: concellos de Padrón, Dodro e Rois (A Coruña) e Pontecesures e Valga (Pontevedra). Froitos da especie Capsicum annum dos ecotipos locais da variedade Padrón, procedentes de parcelas inscritas no correspondente rexistro. Características: o froito é colleitado en verde, en estado inmaduro precoz para a súa comercialización en fresco, de entre 3,5 e 4,5 gramos por unidade; ten aroma de intensidade moderada, sabor dóce, e pode ser lixeiramente picante. Produción aproximada: kg
10
INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA Pemento da Arnoia
Aprobada en 2010 Zona: concello da Arnoia e parroquia de Meréns (Cortegada). Forma cónica e grandeira, cor verde-amarelenta clara cando son destinados ao consumo en fresco e de cor vermella intensa nos froitos maduros destinados principalmente á transformación. O seu sabor e arume é suave e non pican. Adoitan ter un peso de entre 50 e 90 gramos por unidade cando o froito é verde e entre 120 e 145 gramos cando o froito é maduro. A súa lonxitude é de entre 7,5 e 11 cm no froito verde e 11,5 e 13,5 no froito maduro.
11
INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA Pemento do Couto
Aprobado en 2010 Área de produción: concellos da comarca de Ferrol: Ferrol, Narón, Valdoviño, Cedeira, Moeche, As Somozas, San Sadurniño, Neda, Fene, Mugardos e Ares. Produto protexido Froitos da especie Capsicum annuum, do ecotipo local. O froito é colleitado en verde, en estado inmaturo precoz para a súa comercialización en fresco, cun peso aproximado entre 4 e 6 gramos por unidade e unha lonxitude entre 4 e 8 cm. A carne é de textura fina e zumarenta, de sabor dóce, lixeiramente herbáceo e sen picor, con aroma de intensidade moderada e con escasa presenza de sementes. A produción aproximada é de kg
12
INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA Pemento de Oímbra
Aprobado en 2010 Forma regular, alongada, sen nervaduras importantes, cun peso de entre 100 e 200 g por unidade, e unha lonxitude entre 10 y 20 cm. A súa pel é lisa e brillante, de cor verde claro con tonalidades case amarelas. A carne é de sabor dóce, sen picor. Zona de produción: comarca de Verín (concellos de Oímbra, Verín, Castrelo do Val, Monterrei, Cualedro, Laza, Riós e Vilardevós).
14
Montaxe: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet. DEBUXOS: Mon Daporta Decembro 204
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.