Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
1
CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL
2
REFERENTES: - Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. - Real decreto 1630/2006, do 29 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas do segundo ciclo de educación infantil. Situación Actual: Anteproxecto de Decreto.
3
O SENTIR… A aprendizaxe prodúcese en contextos significativos.
Destaca a propia achega da nena e do neno como elemento mediador na aprendizaxe que vai construíndo. Cómpre ter como referente a adquisición das competencias básicas. Deféndese unha metodoloxía activa e un enfoque construtivista
4
ÁREAS DE COÑECEMENTO: AUTOCOÑECEMENTO E AUTONOMÍA INTRODUCIÓN
COÑECEMENTO DO CONTORNO E INTERACCIÓN CO MUNDO LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN INTRODUCIÓN OBXECTIVOS CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN
5
AUTOCOÑECEMENTO E AUTONOMÍA
Trátase de desenvolver o proceso de construción persoal BLOQUES DE CONTIDOS : 0-3 anos 3-6 anos O corpo O corpo e a propia imaxe A identidade, a autoestima e as emocións Xogo e movemento O coidado persoal A actividade cotiá Coidado persoal e saúde
6
COÑECEMENTO DO CONTORNO E INTERACCIÓN CO MUNDO
Favorecer o proceso de descubrimento e representación dos diferentes contextos que compoñen o propio contorno BLOQUES DE CONTIDOS 0-3 anos 3-6 anos O medio físico Medio físico: elementos, relacións e medida Achegamento á natureza Cultura e vida en sociedade
7
LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN
A comunicación nas súas diversas manifestacións implica a capacidade de producir, recibir e interpretar mensaxes BLOQUES DE CONTIDOS 0-3 anos 3-6 anos Comunicación xestual e oral Linguaxe verbal Expresión plástica e musical Linguaxe artística: Plástica, musical e corporal Representación escrita e dramática Linguaxe audiovisual
8
8 COMPETENCIAS BÁSICAS Competencia lingüística Competencia matemática
Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico Tratamento da información e competencia dixital Competencia social e cidadá Competencia cultural e artística Competencia para aprender a aprender Competencia autonomía e iniciativa persoal
9
Contribución dende a educación infantil: COMPETENCIA LINGÜÍSTICA
Fomentando a participación, respectando a diversidade de respostas e ofrecendo un clima no que se anime a ler, escribir e conversar.
10
Contribución dende a educación infantil: COMPETENCIA MATEMÁTICA
Empregando os elementos e razoamentos matemáticos para enfrontarse ás situacións cotiás e reais que o precisen.
11
Contribución dende a educación infantil: COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E NA INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO
Iniciando as criaturas no pensamento científico, potenciando habilidades de investigación: formular hipóteses, recoñecer evidencias, observar, formular interrogantes, descubrir alternativas, verificar, predicir, xerar novas ideas e solucións
12
Contribución dende a educación infantil: TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL
Propoñendo situacións nas que sexa necesario resolver problemas reais, para o cal se recorrerá ao tratamento da información e ao uso dos recursos tecnolóxicos. Supón aprender “sobre” e “coas” TIC.
13
Contribución dende a educación infantil: COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ
Traballando as habilidades sociais que permiten mediar nos conflitos da convivencia, axudan a resolvelos con actitude construtiva e a tomar decisións con autonomía.
14
Contribución dende a educación infantil: COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA
Cando a aula estea aberta ás diferentes manifestacións culturais e artísticas.
15
Contribución dende a educación infantil: COMPETENCIA PARA APRENDER A APRENDER
Incidindo na potenciación da comprensión e da expresión lingüística, da memoria, da motivación, da observación, dos rexistros das aprendizaxes, do traballo cooperativo e por proxectos, da resolución de problemas, posibilitando a planificación e organización da tarefa a realizar, a selección e o tratamento da información.
16
Contribución dende a educación infantil: COMPETENCIA AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL
Cando se permita imaxinar, emprender accións, desenvolver proxectos individuais ou colectivos con creatividade, confianza e responsabilidade.
17
AS COMPETENCIAS BÁSICAS E A SÚA REPERCUSIÓN NA METODOLOXÍA
A incorporación das competencias básicas no currículo obriga a reformular a práctica educativa. Abandonar os tradicionais modelos de transmisión do coñecemento por modelos que permitan a mobilización de diferentes recursos cognitivos. O paradigma educacional referente: “aprender a aprender” e de “aprender facendo”. Precísase unha aprendizaxe significativa que se transfira a situacións da vida real e que implique a resolución de problemas na práctica.
18
CAMBIOS MÁIS SIGNIFICATIVOS CON RESPECTO AO CURRÍCULO ANTERIOR
19
- Achegamento á lingua escrita
- Achegamento á lingua escrita. Utilización funcional e significativa da lectura e da escritura na aula. Achegamento á literatura infantil a partir de textos comprensibles e accesibles para que esta iniciación literaria sexa fonte de gozo, de diversión e de xogo. - A lóxica matemática como instrumento para coñecer o medio e interactuar co mundo. Favorecerase nas criaturas as nocións de tempo, espazo, causalidade, cuantificación e a resolución de problemas que se presentan na súa vida cotiá. As distintas formas de expresión matemática preséntanse como unha ferramenta para interpretar e intervir en situacións e actividades da vida cotiá.
20
- Iniciación ás tecnoloxías da información e comunicación
- Iniciación ás tecnoloxías da información e comunicación. A educación sobre e cos medios de comunicación, identificando o papel que estas teñen na vida, interesándose polo seu coñecemento e iniciándose no seu uso. Primeira aproximación á lingua estranxeira. A lingua estranxeira practicarase en contextos comunicativos reais e funcionais nos que o alumnado se implique e participe activamente.
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.