La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

Carlos Dosil Güeto 4º ESO

Presentaciones similares


Presentación del tema: "Carlos Dosil Güeto 4º ESO"— Transcripción de la presentación:

1 Carlos Dosil Güeto 4º ESO
A EVOLUCIÓN BIOLÓXICA Carlos Dosil Güeto 4º ESO

2 TEORÍA DA XERACIÓN ESPONTÁNEA
Consiste na creenza de que os seres vivos nacen espontaneamente da materia orgánica en descomposición. O primeiro científico que a cuestionou foi Francesco Redi e posteriormente Pasteur demostrou que era falsa. Experimento de Redi

3 A FORMACIÓN DAS PRIMEIRAS CELULAS
Alexander Oparin ( bioquímico ruso ) propuxo que as primeiras moléculas orgánicas formáronse a partir dos gases da atmósfera primitiva a causa das descargas eléctricas das tormentas e da luz do Sol. Stanley Miller ( investigador americano ) foi o primeiro en comprobala Experimento de Miller

4 EVOLUCIÓN BIOLÓXICA Son os cambios graduales e progresivos que se producen nos seres vivos primitivos ata outros máis diferenciados e complexos.

5 O FIXÍSMO E O CATASTROFISMO
Fixísmo: Todas as especies eran fixas e foron creadas aos principios dos tempos e os fósiles son especies desaparecidas sen relación cas actuais. Catastrofismo: Os seres vivos eran producto de actos creadores seguidos de aniquilacións catastróficas.

6 TEORÍA DE LAMARCK J. B. Lamarck ( naturalista francés ) desenvolveu unha teoría da evolución: _ O seres vivos tenden a perfeccionarse para adaptarse. _ Lei do uso e desuso dos órganos. _ A función crea o órgano. _ Herdanza dos caracteres adquiridos.

7 A TEORÍA DA SELECCIÓN NATURAL II
Darwin resume o argumento central da teoría desta forma: _ Os seres vivos teñen moitos descenentes polo que si todos sobrevivisen encherían a Terra. _ Os seres vivos máis aptos para sobrevivir son os que poden chegar a reproducirse e ter descendentes con semellantes características

8 A TEORÍA DA SELECCIÓN NATURAL I
Charles Darwin ( naturalista inglés ) deu a coñecer unha idea da evolución biolóxica case idéntica ca de Alfred Rusell Wallace co que de mutuo acordo presentou a súa teoría. Darwin Wallace

9 O NEODARWINISMO Nace en 1930, da unión da teoría darwinista da selección natural e os coñecementos da xenética . O neodarwinismo afirma que as mutacións e a selección natural complementanse entre si.

10 TEORÍAS ACTUAIS DA EVOLUCIÓN
Os paleontólogos Eldredge e Gould, desenvolveron o saltacionismo que propoñen que as especies viven longos períodos de estabilidade que se ven cortados bruscamente por fases breves de cambios. Beer propuxo s evolución en mosaico na que algúns caracteres están estables moito tempo e outros evolucionan gradualmente. Eldredge e Gould

11 AS MUTACIÓNS, FONTE DA VARIABILIDADE
As mutacións son cambios no material xenético dun ser vivo. Constitúen a materia prima da evolución, porque son a orixe da variabilidade. As mutacións prodúcense sempre ao chou independentemente de si causan beneficio ou prexuízo.

12 O PAPEL DA RECOMBINACIÓN XENÉTICA
Na fecundación, a unión dos gametos ocorre ao chou polo que as características dun individuo dependen de case infinitas recombinacións polo que a variabilidade é practicamente ilimitada

13 VARIABILIDADE E SELECCIÓN NATURAL
As mutacións beneficiosas para a supervivencia son as que prosperan pois os seus portadores son os que chegan a reproducirse. Polo que a selección natural elimina as desfavorables. A selección natural non se guía por obxetivos polo que unha variante xenética beneficia ou non dependendo do ambiente. A mutación da pelaxe branca para esta lebre ártica é beneficiosa para a camuflaxe.

14 A ESPECIE BIOLÓXICA Especie: Conxunto de individuos con características semellantes capaces de reproducirse entre si. Hai casos nos que dúas especies diferentes reprodúcense pero a descendencia non é fértil. Mesma especie O mulo e un cruce de egua e asno (de diferentes especies)

15 A ESPECIACIÓN A especiación é o proceso de formación de novas especies a partir dun antepasado común. Para esto debe producirse un illamento xenético. Hai dúas formas de que se produzca: _ Se dúas poboacións da mesma especie queda xeograficamente separadas _ Se aínda que non estén separadas xeograficamente existen mecanismo de illamento.

16 A ESPECIACIÓN POR POLIPLOIDÍA
Este tipo de especiación, moi frecuente nas plantas, é rápido e sen illamento. Estes individuos teñen células con máis de dúas notacións haploides de cromosomas. O cruce entre individuos dunha especie co seu derivado poliploide non é fértil (diferente especie).

17 VALORACIÓN DA BIODIVERSIDADE COMO RESULTADO DO PROCESO EVOLUTIVO
A biodiversidade e o resultado da capacidade dos seres vivos de adaptarse a un mundo que está en constante cambio. Os beneficios da biodiversidade son incontables, como a obtención de alimentos, medicinas e moitas outras substancias.

18 O PAPEL DA HUMANIDADE NA EXTINCIÓN DE ESPECIES E AS SÚAS CAUSAS
O ser humano e capaz de modificar o proceso evolutivo. A medida que as poboacións humanas se expanden e alteran o ambiente natural, están destruíndo a biodiversidade. A taxa de extinción alcanza unha especie por día incluso máis.

19


Descargar ppt "Carlos Dosil Güeto 4º ESO"

Presentaciones similares


Anuncios Google