La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

O Proxecto de Dragal permite ao alumnado acceder, de xeito interdisciplinar, á historia e á cultura de Galicia a través do éxito das aventuras que agocha.

Presentaciones similares


Presentación del tema: "O Proxecto de Dragal permite ao alumnado acceder, de xeito interdisciplinar, á historia e á cultura de Galicia a través do éxito das aventuras que agocha."— Transcripción de la presentación:

1

2 O Proxecto de Dragal permite ao alumnado acceder, de xeito interdisciplinar, á historia e á cultura de Galicia a través do éxito das aventuras que agocha a novela de Dragal, escrita por Elena Gallego Abad.

3 É importante a compoñente normalizadora do proxecto, posto que combina o traballo individual co colectivo e as tarefas tradicionais e lúdicas con outras orientadas á investigación ou á edición colaborativa na rede. Deste xeito fomentamos o emprego da lingua galega, con incidencia no seu uso oral, para o intercambio e obtención de información.

4 - Gozar coa lectura de historias fantásticas en lingua galega.
OBXECTIVOS - Transmitir unha imaxe positiva e actual da lingua galega ao relacionala con temáticas de interese para a mocidade e coas Tics. - Gozar coa lectura de historias fantásticas en lingua galega. - Estimar os principais aspectos históricos e culturais de Galicia que aparecen como pano de fondo da trama. - Intercambiar información sobre diferentes aspectos da novela no centro e a través da rede co alumnado doutros IES do proxecto para compartir experiencias lectoras e achados. - Empregar as novas tecnoloxías para crear mensaxes orais e escritas en lingua galega. - Respectar as distintas manifestacións culturais e relixiosas. - Respectar as persoas que forman parte dun grupo malia a heteroxeneidade.

5 No proxecto, este curso , participa o alumnado de 2º da ESO do IES Puga Ramón e o doutros 10 centros máis de ensino secundario de Galicia. Colaboran no noso IES: O departamento de Matemáticas, achegando o alumnado á arte e á arquitectura dos nosos templos a través da xeometría. O Equipo de Dinamización co apoio e promoción do proxecto. O Departamento de Orientación coa caracterización da adolescencia e o tratamento do Acoso Escolar.

6 Reparto de tarefas 1ª AVALIACIÓN Presentacións da novela (Booktrailer) Lectura da novela Creación dun dicionario colectivo Ambientación/dragalización do IES Xogo de rol: Comezo coa creación dos grupos de cabaleiros/donas da nosa Fraternidade de Dragaliños/as.

7 Reparto de tarefas 2ª AVALIACIÓN Avaliación do contido da novela
Visita da escritora (22 de xaneiro) SKYPE: coñecemos aos 600 dragaliños/as que participan no proxecto e o lugar de Galicia onde están Presentación do wiki onde traballará e interactuará o alumnado e o profesorado Caracterización dos personaxes e cómic Xogo de rol: asignar os roles a cada participante e deseñar os disfraces de entroido. Reparto das tarxetas da Fraternidade do Dragón que identifica e recolle a avaliación do alumnado. Temática: discusión no fóro da web e na aula Creación propia: Final á carta

8 Reparto de tarefas 3ª AVALIACIÓN
Investigación: Espazos máxicos - Concurso fotográfico Investigación: Patrimonio inmaterial (lendas de mouros/as, tesouros, dragóns, serpes, pozas encantadas) Conta contos: Tradición 2.0 (22 de abril) O Dragón sae da aula. Contamos o que estamos facendo Xogamos na web (Dragalpalabras e Dragalsaber) Saída didáctica: Visita o fogar do dragón no Pico Sacro. Xogo de rol co resto de IES do proxecto e xantar de confraternización de todos os cabaleiros e donas que protexeron a maxia do dragón e conseguiron proxectala aos do seu redor. Axentes dinamizadores da nosa cultura (Localizar os lugares máxicos e as lendas nun Google Map creando así unha ruta de lendas e de arte románica en Galicia)

9 O carácter aberto e multidisciplinar do Proxecto facilita o acceso do alumnado a coñecementos de distintas áreas. A literatura galega, a arte románica, o culto pagán, o cristianismo, a xeometría, a aritmética, a historia de Galicia, o noso patrimonio inmaterial ou as Tics únense nesta novela para crear un ambiente de misterio no que gozamos e crecemos como lectores.


Descargar ppt "O Proxecto de Dragal permite ao alumnado acceder, de xeito interdisciplinar, á historia e á cultura de Galicia a través do éxito das aventuras que agocha."

Presentaciones similares


Anuncios Google