La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

ENLACE QUÍMICO CUESTIÓNS.

Presentaciones similares


Presentación del tema: "ENLACE QUÍMICO CUESTIÓNS."— Transcripción de la presentación:

1 ENLACE QUÍMICO CUESTIÓNS

2 Unidade 4: Enlace químico Exercicios
1 ¿Que condicións enerxéticas deben darse para poder afirmar que se formou un enlace? O contido enerxético do conxunto de átomos enlazados ten que ser menor que a suma dos contidos enerxéticos dos átomos por separado Calcular a A.E. do cloro cos seguintes datos: Enerxía reticular do cloruro de sodio ,0 kJ/mol Enerxía de ionización do sodio ,7 kJ/mol Enerxía de formación do NaCl ,0 kJ/mol Enerxía de disociación do cloro ,6 kJ/mol Enerxía de sublimación do sodio ,5 kJ/mol 2 Formación = ½ disociación + sublimación + A.E. + P.I. + reticular A.E. = Formación – ½ disociación – sublimación – P.I. – reticular. A.E.= -411,0kJ/mol – 121,3kJ/mol – 107,5kJ/mol – 493,7kJ/mol + 769,0kJ/mol A.E. = - 364,5kJ/mol

3 Unidade 4: Enlace químico Exercicios
3 O cloruro de ferro(III) funde a 282ºC e o cloruro de potasio a 776ºC. ¿Que podes dicir acerca das súas enerxías reticulares? Dado que o punto de fusión é unha propiedade que depende directamente da enerxía reticular, podo dicir que a enerxía de rede do KCl é maior que a do cloruro de ferro. Debuxa as estructuras de Lewis dos seguintes ións e moléculas: CO2 , N2 , NO , CCl4 , ClO- , CO3= 4

4 Unidade 4: Enlace químico Exercicios
5 Cal será a xeometría dos seguintes ións e moléculas: SiBr4 PCl3 BF4- CO2 Tetraédrica Br Si Br Br Br Tetraédrica P Cl Cl Cl Tetraédrica, igual a de tetrabromuro de silicio Lineal. Plana O=C=O

5 Unidade 4: Enlace químico Exercicios
6 Das moléculas BCl3, BeH2, NH3, e CO2 unicamente é polar a do amoníaco. ¿Qué podes dicir acerca da xeometría destas moléculas? Que sendo heteroatómicas, con marcada diferencia de electronegatividades, teñen que ser simétricas para que se anulen os momentos dipolares dos enlaces, e poidan resultar moléculas apolares Así, no BCl3 o Boro estará na centro de un triángulo equilátero determinado por as posicións dos tres átomos de cloro. Resultando unha molécula triangular, plana No BeH2, o berilio estará en liña con os dous átomos de hidróxeno, resultando unha molécula lineal. E o dióxido de carbono está no mesmo caso que o hidruro de berilio.

6 Unidade 4: Enlace químico Exercicios
7 7.-Razoa se son certas ou falsas as seguintes afirmacións referentes a os orbitais híbridos: a)Os orbitais híbridos son moleculares b)Sempre están todos situados no mesmo plano c)Nos compostos orgánicos o C utiliza sempre a hibridación sp3 d)O número total de orbitais híbridos é sempre igual ao de orbitais puros empregados na súa formación Por definición a hibridación é unha reorganización de orbitais atómicos distintos que dan lugar a outros novos, distintos dos anteriores, pero iguais entre si. Son por tanto orbitais atómicos Están no mesmo plano no caso dos orbitais híbridos sp e sp2, pero non no caso dos sp3, que se dirixen cara aos vértices dun tetraedro. O carbono presenta esta hibridación cando presenta catro enlaces sinxelos con outros tantos átomos, pero nos casos de enlaces múltiples, que por suposto tamén son característicos de enlaces orgánicos, presenta hibridación sp2 e sp. Ao hibridarse sofren unha dexeneración igualándose en enerxía, pero non pode desaparecer

7 Unidade 4: Enlace químico Exercicios
8 8.-¿Qué consecuencia se pode sacar de que o momento dipolar do cloruro de berilio sexa nulo e o do sulfuro de hidróxeno non o sexa? Que no cloruro de berilio os átomos de cloro están dispostos simetricamente respecto de o átomo de berilio, é unha molécula lineal. Así se anulan os dous momentos dipolares correspondentes a os dous enlaces. Mentres que no caso do sulfuro de hidróxeno non están os tres átomos alineados, existe un ángulo de enlace HSH distinto de 180º. A explicación está nos dous pares de electróns non compartidos que ten o xofre, que determinan que a xeometría da molécula sexa tetraédrica. .. S H H

8 Unidade 4: Enlace químico Exercicios
9 9.-Xustifica as seguintes afirmacións sobre o enlace entre dous átomos A e B a)O enlace será iónico se os P.I. de ámbolos dous son pequenos b)Será iónico se son moi diferentes as súas electronegatividades c)Será iónico se as afinidades electrónicas son moi parecidas d)Será covalente se as dúas A.E. son moi similares e)Será covalente se os seus P.I. son moi elevados O enlace iónico fórmase entre un átomo electropositivo e outro electronegativo, por tanto con diferentes P.I. Si, xa que eso implica que un é metálico e outro é non metálico Non, pola mesma razón que a exposta no apartado a) O enlace covalente fórmase entre átomos de elementos con A.E. Similares, pero teñen que ser non metálicos. Si, por ser esa a característica dos nos metais

9 Unidade 4: Enlace químico Exercicios
10 ¿En cales dos seguintes compostos existen enlaces de hidróxeno? HF H2O CH3CH2OH CH3NH2 H2O2 NH3 PH3 CH3-O-CH3 CH3COOH SI SI SI SI SI SI POUCO NON SI

10 Unidade 4: Enlace químico Exercicios
Selectividade Xuño 97 Indique a xeometría das moléculas seguintes,de acordo coa teoría da repulsión dos electróns de valencia: BH3, BeI2, CCl4, e NH3. Razoe a resposta Selectividade Xuño 04 Deducir razoadamente a forma xeométrica, o tipo de hibridación e a polaridade das seguintes moléculas: BeCl2, CH4, e NF3. Razoe a resposta

11 Unidade 4: Enlace químico Exercicios
Selectividade Sept 97 Razonar que tipo de enlace ou forza de atracción se rompe ao: Fundir monobromuro de litio Fundir monóxido de calcio Disolver bromo molecular en tetracloruro de carbono Evaporar auga Selectividade Xuño 94 Xustifique a polaridade das seguintes moléculas: HCl, I2, CH2Cl2 , e comente a natureza das forzas intermoleculares presentes. Indique mediante un exemplo, unha propiedade característica que diferencie un sólido ou composto iónico dun sólido ou composto molecular.

12 Unidade 4: Enlace químico Exercicios
Selectividade Xuño 06 Poña un exemplo dunha molécula que conteña un carbono con hibridación sp. (b) un nitróxeno con hibridación sp3 . Razoe todas as respostas Selectividade Xuño 04 Das seguintes moléculas: F2 , CS2 , C2H2 , H2O , NH3 ¿Cales presentan enlace sinxelo? ¿En cales existe algún dobre enlace? ¿En cales existe triple enlace? Explíqueo razoadamente


Descargar ppt "ENLACE QUÍMICO CUESTIÓNS."

Presentaciones similares


Anuncios Google