La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

Cumio sobre o clima Copenhague 2009

Presentaciones similares


Presentación del tema: "Cumio sobre o clima Copenhague 2009"— Transcripción de la presentación:

1 Cumio sobre o clima Copenhague 2009
Unha loita por salvar o planeta María Pena e Alba Remacho 1º BACHARELATO Ciencias para o Mundo Contemporáneo IES Otero Pedrayo. Ourense Profesora: Carmen Cid Manzano

2 Cambio Climático Dende hai máis de dúas décadas, a comunidade científica mundial comezou a alertar de que a temperatura da Terra estaba aumentando a un ritmo sen precedentes.

3

4 Ao buscar a causa do quentamento global, observouse que existía unha relación directa co aumento das emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) provocado polas sociedades humanas industrializadas.

5 GASES INVERNADOIRO (GEI)

6 En 2009 a concentración de CO2 excede substancialmente ás existentes nos últimos anos, debido fundamentalmente á queima de combustibles fósiles.

7 Para intentar frear o cambio climático celebrouse...
O cambio climático é unha realidade tal e como indican todos os informes científicos solventes. Canto máis tardemos en actuar, maiores serán os custos económicos, ecolóxicos e sociais. Para intentar frear o cambio climático celebrouse...

8 A XV Conferencia Internacional sobre o Cambio Climático
Tivo lugar en Copenhague, (Dinamarca), dende o 7 ao 18 de decembro de 2009. Foi organizada pola Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC), que organiza conferencias anuais dende 1995. Obxectivo: Formulación de acordos que substitúan o Protocolo de Kioto que remata no 2012.

9 Na conferencia acreditáronse 34
Na conferencia acreditáronse persoas: presidentes e xefes de estado, delegados dos 192 países membros da CMNUCC, expertos en clima, representantes de ONGs e prensa. Este cumio foi a culminación dun proceso de preparación iniciado en Bali en 2007.

10 A formulación inicial era a redución mundial das emisións de CO2 polo menos nun 50% en 2050 con respecto a 1990, e para conseguilo, os países debían fixar obxectivos intermedios. Así, os países industrializados deberían reducir as súas emisións de GEI entre un 25% e un 40% respecto aos niveis de 1990 para o 2020 e alcanzar unha redución de entre o 80% e o 95% para o 2050.

11 Temas polémicos a tratar
Redución das emisións de carbono dos países desenvolvidos??? A redución das emisións dos países en desenvolvemento??? Como promover o crecemento económico sen prexudicar o medio ambiente??? Estados Unidos, China, India reducirán as súas emisións??? Cooperación para axudar aos países pobres???

12 As negociacións foron difíciles

13

14 Zapatero non dubidou en sinalar co dedo ós que, segundo el, son os principais culpables do bloqueo das negociacións: “Nin EEUU nin China poden eludir a súa responsabilidade ante o mundo”

15 Manifestacións no Cumio
Durante o cumio milleiros de manifestantes reclamaron á comunidade internacional un acordo xusto para salvar o planeta. As detencións foron o lado escuro deste evento mundial. A policía danesa reprimiu con brutalidade aos manifestantes. O resultado foron máis de 900 detidos.

16 Entre os detidos

17 O plenario da conferencia climática só puido asumir un documento de mínimos, Acordo de Copenhague, que postergou para 2010 a fixación de metas de redución de emisións contaminantes.

18 Acordos finais Inclúe de forma orientativa a redución de emisións que cada país presentou ao cume. O pacto non inclúe a verificación de emisións. A transparencia limitarase a un sistema "internacional de análise e consultas" por definir, establecéndose que cada país comunicará as súas emisións á ONU respectándose a soberanía nacional. As reducións de emisións que se fagan con diñeiro internacional si estarán suxeitas a un completo sistema de comprobación.

19 Acordos finais O acordo mantén o obxectivo de que a temperatura global non suba máis de dous graos centígrados. Sobre cando as emisións deberán alcanzar o seu máximo só se di que "canto antes" e non se establecen obxectivos para Tampouco se incluíu a recomendación do IPCC de que as emisións dos países desenvolvidos deberían reducirse para 2020 entre un 25% e un 40% sobre o nivel que tiñan en 1990.

20 Acordos finais O acordo alcanzado entre EE.UU, China e outros 27 países non foi aceptado por unanimidade na Convención pois rexeitárono algúns países como Cuba, Bolivia e Nicaragua. O ALBA fíxose sentir fortemente por medio de Hugo Chávez e Evo Morais, quen unidos na Alianza Bolivariana para os Pobos de América (ALBA) lograron que o modesto acordo de protección climática non vinculante, forxado por EEUU, China, India, Suráfrica e a Unión Europea, quedase en papel mollado, mínima expresión dun acordo que os pobres do planeta rexeitan.

21 Incógnitas por resolver
Que ocorrerá coa loita contra o cambio climático? O acordo de Copenhague establece que antes do 1 de febreiro do 2010 as nacións industrializadas (incluído EE. UU.) deberán presentar, individual o colectivamente, as súas novas metas para o ano 2020. Que fará a UE? A UE mantén o seu plan para reducir as emisións de gases do 20% para o E EEUU? Só se comprometeu a reducir os gases invernadoiro un 3-4% para o 2020 respecto a 1990, pero a súa promesa non é vinculante (como todo o acordado en Copenhague).

22 E para os países en vías de desenvolvemento, que comporta
E para os países en vías de desenvolvemento, que comporta? estes países teñen previsto reducir o ritmo de crecemento das súas emisións nun 28% no respecto á tendencia prevista para esa data. Cumpren máis que os países ricos Que plans teñen os grandes países emerxentes? China reducirá o consumo de carbón entre un 40% e un 45% para o ano con relación ó 2005. India recortará a intensidade de emisión entre un 20% e un 30% para esa data. Brasil reducirá as emisións entre un 36,1% e un 38,9% respecto ás tendencias previstas para o 2020. Contaminación en China, en Brasil e na India

23 Haberá axudas para os países pobres?
Entre o 2013 e o 2020 os países desenvolvidos comprométense a mobilizar progresivamente ata millóns de dólares. Este diñeiro debe servir para axudarlles a reducir as súas emisións, protexer os bosques evitando a deforestación e asistilos no proceso de adaptación fronte aos efectos do quentamento, ademais de para a transferencia de tecnoloxía.

24 Algúns xornais falaban así do resultado do Cumio
EL PAÍS martes 19 de decembro El MUNDO martes 19 de decembro La Vanguardia martes 19 de decembro

25 As reaccións ao acordo EEUU declara que aínda hai moito que facer. Obama recoñece que é un acordo non vinculante, aínda que significativo non é suficiente. O presidente de Francia, Nicolas Sarkozy, di que o texto non é perfecto e que o feito de non ter un obxectivo de redución de emisión é motivo de decepción.

26 China gabou os resultados do Cumio,aínda que está de acordo con outros países en que queda moito camiño por percorrer, o ministro chinés de exteriores, Yang Jiechi, declaraba”Gracias aos esforzos de todas as partes, a reunión culminou cun acordo positivo e importante” ,máis tarde engadiu: “Copenhague non é o final, senón o comezo”.

27 Alemaña:A canciller alemá Angela Merkel recoñece que co Cumio de Copenhague adiantouse un paso pero non é suficiente. Explica tamén que as negociacións foron moi difíciles.

28 Moitos din que o único que fixeron os políticos no cumio foi...
Durmir

29 O acordo non foi asinado pola “Alianza Bolivariana para los Pueblos de Nuestra América” (ALBA).

30 As maiores críticas veñen dos movementos ecoloxistas e organizacións gubernamentais.

31 Vídeo resumo sobre o Cumio
Cumbre del Clima termina con un acuerdo insuficiente y no vinculante.wmv ( 0,56s) Cumbre de Copenhague no arrojó resultados que el mundo esperaba (4m03s)

32 Fontes de información:
_http://es.wikipedia.org/wiki/Conferencia_sobre_el_Cambio_Clim%C3%A1tico_de_la_ONU_2009 _http:// _http:// _http://


Descargar ppt "Cumio sobre o clima Copenhague 2009"

Presentaciones similares


Anuncios Google