Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
1
Os textos argumentativos
2
DEFINICIÓN Argumentar consiste en proporcionar razóns, ideas ou opinións para probar unha tese. O autor defende razoadamente o seu punto de vista sobre un tema determinado e achega datos para probar a veracidade das súas afirmacións. A finalidade é, pois, convencer ou persuadir o lector ou o receptor.
3
Estrutura do texto argumentativo
1. Presentación ou introdución + Exposición da tese Dáse a coñecer o tema sobre o que se argumenta e exponse a tese a defender. Procúrase captar a atención do destinatario e espertar nel o interese, así como unha actitude favorable. (Un parágrafo) 2. Corpo argumentativo (dous parágrafos, aínda que, dependendo do traballo, pode conter máis) Trátase ben de xustificar a tese coa presentación de probas e argumentos variados (argumentación positiva), refutar a tese contraria, ou admitir algún argumento contrario (concesión) para contraargumentar. 3. Conclusión (un parágrafo) Recórdase ao receptor/interlocutor a tese, as partes máis relevantes do exposto e insístese na posición argumentativa adoptada.
4
A tese A tese é a postura que se mantén ante o tema. Pode aparecer ao principio ou ao final do texto e é o núcleo da argumentación. Unha tese que non se apoie en argumentos racionais non constitúe unha boa argumentación. Ao defender unha opinión adoita adoptarse unha destas tres posturas argumentativas: a) Postura positiva: o emisor-argumentador achega argumentos que apoian a súa tese (argumentación positiva ou de proba). b) Postura negativa: ofrécense razóns que refutan ou rexeitan argumentos contrarios ao propio punto de vista (argumentación negativa ou de refutación). c) Postura ecléctica: acéptanse algunhas razóns alleas (concesións) e achéganse argumentos propios.
5
Características lingüísticas
Substantivos abstractos Tecnicismos Impersoais Pasiva reflexa Sintaxe complexa e longa Conectores Linguaxe culta e formal
6
Substantivos abstractos
Non designan obxectos que se poden percibir cos sentidos. Son o oposto dos substantivos concretos (ex. casa, gato, mesa…). Adoitan presentar as terminacións: -ade, -eza, -ude, -ura, -ción. *PERO non sempre: (ex. amor, perigo, engano, nación, lectura, crise…).
7
tecnicismos Os tecnicismos ou a terminoloxía son o vocabulario especializado propio da materia ou do tema sobre o que verse o texto argumentativo para comunicarse con precisión. Exemplos: Tecnoloxía: microchip, spam, emulador, placa base… Medicina: hemorraxia, necrose, hepatite, estreptococo… Literatura: metáfora, paradoxo, pleonasmo, circunloquio… Sociolingüística: lingua minorizada, conflito lingüístico, diglosia… Filosofía: mito, logos, verdade, aristotelismo, determinismo… Historia: Neolítico, polis, cidadán, república, oligarquía…
8
ORACIÓNS IMPERSOAIS Estas oracións carecen de suxeito; non nos interesa ou non sabemos quen realiza a acción. Nas oracións impersoais, se é o elemento que remarca a impersonalidade. Ex: No campo vívese mellor ca na cidade. Na cidade contamínase moito.
9
Pasiva reflexa Poden confundirse coas anteriores, pero a maior diferenciación é que estas oracións son bimembres e contan polo tanto con suxeito e predicado. Ex: Aprobouse o decreto//Aprobáronse os decretos.
10
Sintaxe longa e complexa
Nos textos argumentativos predomina a subordinación (condicionais, concesivas, consecutivas…). Ex: Se non actuamos na loita contra o cambio climático, desaparecerán moitas especies. Aínda que as centrais nucleares producen moita enerxía, cómpre ter en conta os riscos medioambientais que poden supoñer. O consumismo está a destruír os recursos da biosfera, por conseguinte, temos que cambiar os valores da nosa sociedade.
11
conectores Aditivos: ademais, alén, tamén, do mesmo xeito, igualmente, así como… De orde: en primeiro lugar, primeiro, para empezar, en segundo lugar, por último, finalmente Causais: a causa de, porque, por mor de, debido a, xa que, grazas a, por culpa de, dado que… Condicionais: se, agás que, coa condición de que, con tal de que… Consecutivos: a consecuencia de, entón, por conseguinte, polo tanto, por esa razón, así… Finais: para que, coa intención de, co obxecto de, a fin de que… Exemplificadores e explicativos: como, por exemplo, é dicir, ou sexa, a saber, noutras palabras Concesivos: aínda que, malia, a pesar de, pese a, aínda cando… Contrastivos: pero, mais, non obstante, por outra banda, ao contrario, en comparación, mentres que, en cambio… Conclusivos: en conclusión, en definitiva, en suma, en resumo, para rematar, en poucas palabras…
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.