La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

BIOGRAFÍA DE ALEXANDRE BÓVEDA

Presentaciones similares


Presentación del tema: "BIOGRAFÍA DE ALEXANDRE BÓVEDA"— Transcripción de la presentación:

1 BIOGRAFÍA DE ALEXANDRE BÓVEDA
Adrián Carpintero Sánchez, Nuria Piñeiro Barreiro y Paula Martiñá Torreiro

2 SOCIEDADE A principios do século XX España, e sobre todo Galiza, eran maioritariamente rural e as condicións de vida eran ínfimas. Nesta sociedade abriuse paso unha organización que traballaba pola concienciación do campesiñado galego: Solidaridad Galega. Esta organización foi a que iniciou o movemento “nacionalista” galego.

3 PRIMEIROS ANOS No ámbito desta sociedade naceu Alexandre Bóveda Igrexas, o 4 de xuño de Foi fillo dun carpinteiro e dunha costureira. Pronto amosou interese polo galeguismo, o agrarismo e o anticaciquismo de Solidaridade Galega.

4 Co paso dos anos afeccionarase a lecturas como a revista Nós, órgano de expresión do galeguismo organizado representado polas Irmandades da Fala. Aquela sensibilidade iría medrando con el. Durante a súa adolescencia sufrirá un dos grandes males da Galiza daquela época : a emigración de seu pai a Arxentina.

5 VIDA PERSOAL En 1920 comezou a traballar como auxiliar de contabilidade do Estado como número 1 da súa promoción na delegación de Facenda da súa cidade natal. Alí coñece a Florentino López Cuevillas, galeguista que o poría en relación co nacionalismo ourensán, e co grupo da xeración Nós. Con 24 anos terá que marchar a Pontevedra. Nesta localidade integraríase na Sociedade Coral Polifónica.

6 Alí coñeceu tres persoas que o marcarán de por vida: D. R
Alí coñeceu tres persoas que o marcarán de por vida: D. R. Castelao , Antón Lousada Diéguez e Amalia Álvarez Gallego, que máis tarde converterase na súa dona. Con Castelao e Lousada, comprometérase e organizárase politicamente cun proxecto nacionalista que contribúe a modelar. En 1928, comezará Bóveda a estudar o cobramento da contribución e a creación dunha Caixa de Aforros.

7 Nesta época casa con Amalia. Desta relación nacen 5 fillos.
Alexandre Bóveda será o primeiro director da Caixa de Aforros de Pontevedra, que desenvolve unha clara función social. Nesta época casa con Amalia. Desta relación nacen 5 fillos. Despois da censura e persecución contra os nacionalistas galegos, o galeguismo aproveita a fenda para se reorganizar. Sucédense varios manifestos de inspiración galeguista e republicana, que darán pé a que se constitúa o Partido Galeguista, do que Bóveda será secretario xeral.

8 LOITA POLO ESTATUTO Bóveda será clave para a consecución dun Estatuto de Autonomía para Galiza. En 1931 desenvólvese na Coruña unha xuntanza para procurar un ante-proxecto estatutario base de cara a iniciar discusión sobre a cuestión , que acabará en fracaso, aínda que chegando a uns acordos mínimos. O debate serviu para que a cuestión estatutaria tomase dimensión social e que a poboación reflexionase sobre a autonomía de Galicia. Bóveda terá un grande protagonismo neste encontro aínda sen estar presente no mesmo grazas aos seus estudos que mostraban a desfavorábel relación económica do país co Estado español.

9 Logo desta reunión decídese tomar o tema con suficiente constancia como para desenvolver varios encontros en Madrid. Os nacionalistas, ao estaren en minoría nestes encontros, verán desbotadas a maioría das súas propostas o que servirá para tornar obvia a imposibilidade de integrar no proceso de redacción do Estatuto galego os deputados galeguistas e os de ideario conservador electos polas circunscricións galegas. Por isto abrirase unha paréntese no proceso estatuario, que representará a conxelación deste. En 1932 o alcalde de Compostela chega ao convencemento da necesidade de reactivar o proceso estatutario.

10 O 27 de abril convócase unha xuntanza en Compostela de todos os concellos do país para debateren arredor do que tería de ser o texto definitivo do Estatuto de Autonomía. Despois dista xuntanza, marcarase data para a Asemblea de Concellos de Galiza Pro-Estatuto, na que se tratará o Proxecto de Estatuto, o Regulamento da Asemblea, e a organización da propaganda do Estatuto. Acordouse chegar a un texto estatutario resultado dos distintos modelos presentados o ano anterior. Este texto presentaba cambios forzosamente necesarios, sobre o proxecto de máximos defendido polo nacionalismo e nomeadamente por Alexandre Bóveda.

11 O 10 e 11 de 1932, desenvólvese en Compostela a segunda Aeamblea do PG
O 10 e 11 de 1932, desenvólvese en Compostela a segunda Aeamblea do PG. Nesta asamblea foron tratados distintos puntos, pero a cuestión estatutaria foi a que máis tempo durou nos debates. O mes de decembro deste ano inaugurarase a Asemblea de Concellos Pro- Estatuto. Nesa asemblea dúas cuestións levantaron o ton dos asistentes: a cooficialidade do galego e o español, e a capitalidade da autonomía. O 19 de decembro é aprobado o Estatuto de Autonomía, todo un éxito do que Bóveda é moi responsábel. O PG fixo fronte á represión con valentía y fortaleza, e Bóveda e Castelao seguirán a ter as mesmas funcións. Os esforzos encamiñaranse decididamente cara a un necesario medre social do partido. Na IV Asemblea Nacional do PG aproba a liña que apostaba por atinxir con outras organizacións de esquerdas amplas alianzas republicanas.

12 DERRADEIROS ANOS DE BÓVEDA
O 20 de xullo de 1936, é detido tras o triúnfo da sublevación en Pontevedra. Pola súa firme lealdade democrática e galeguista diante do golpe militar, Bóveda será sentenciado a morte. A pena foi executada na madrugada do 17 de agosto.


Descargar ppt "BIOGRAFÍA DE ALEXANDRE BÓVEDA"

Presentaciones similares


Anuncios Google