Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
Publicada porDeddy Halim Modificado hace 6 años
1
SOLUCIÓNS PARA O AFORRO ENERXÉTICO E A LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO
XABIER GÓMEZ DOMÍNGUEZ E PABLO ROMERO VILARCHAO 1º Bacharelato.Ciencias para o mundo contemporáneo IES Otero Pedrayo.Ourense Profesora: Carmen Cid Manzano
2
Como diminuír os gases invernadoiro?
TECNOLOXÍAS ALTERNATIVAS NOVOS COMBUSTIBLES O coche máis verde é o que non circula I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
3
Como diminuír os gases invernadoiro?
TECNOLOXÍAS ALTERNATIVAS Tecnoloxía Downsizing Automóbiles híbridos Coches eléctricos puros Pila de combustible de hidróxeno Coches solares I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
4
TECNOLOXÍA DOWNSIZING
O obxectivo é reducir a cilindrada (en litros) dun coche e optimizar a súa potencia (en cabalos), conseguindo que o seu consumo sexa menor e polo tanto emita menos contaminantes. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
5
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
6
Vantaxes: Redúcese a cilindrada do motor mantendo as súas prestacións grazas á utilización de tecnoloxías, por exemplo, a incorporación dun turbo, inxección directa, etc. ao mesmo tempo que reduce as emisións. Permite conciliar o aspecto ecolóxico (redución de emisións contaminantes e de CO2) e o aspecto económico (redución de consumos de carburante e tecnoloxía alcanzable). É moi interesante para os fabricantes, xa que lles supón un grande aforro. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
7
Downsizing no mercado:
• O exemplo máis importante é a familia de motores TSI de Volkswagen, que dun único motor de 1.4 litros (baixa cilindrada) chega a obter potencias de 170 C.V. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
8
Opel tamén lanza un motor de 1. 6 litros e de 180 C. V
Opel tamén lanza un motor de 1.6 litros e de 180 C.V. substituindo ao de 2 litros e 175 C.V., polo que ademais de obter unha maior potencia, aforra un 10% máis de combustible. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
9
VEHÍCULOS HÍBRIDOS Son vehículos de propulsión alternativa movidos pola enerxía eléctrica que provén de baterías e, ao mesmo tempo, dun motor de combustión interna que move un xerador. O motor tamén pode impulsar as rodas de forma directa. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
10
Tipos: Híbridos en paralelo: o motor de combustión e o eléctrico poden facer xirar as rodas de forma independiente. En serie: o motor de combustión xera electricidade e o eléctrico é o que se encarga da tracción das rodas. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
11
Vantaxes: Menos ruído e máis elasticidade ca un motor convencional.
Permite recuperar enerxía mediante a utilización de freos rexenerativos. En percorridos curtos non é necesario acender o motor de combustión, xa que chega coa enerxía das baterías. Consumo moi inferior. A potencia eléctrica tamén se pode aproveitar, por exemplo, para aire acondicionado. Desconto no seguro do automóbil polo seu maior nivel de eficicacia e menor grao de sinistralidade. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
12
Desvantaxes: Maior peso ca un coche convencional, xa que hai que engadirlle o motor eléctrico e as baterías. Segue dependendo da gasolina. Incremento da enerxía necesaria para desprazalo. É máis complexo, o que dificulta as súas revisións e reparacións. O seu prezo é bastante maior. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
13
Estrutura interna de dous automóbiles híbridos nos que se observan as súas partes, entre elas a batería. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
14
Coches híbridos no mercado:
Á esquerda, Toyota Prius de 2004, un vehículo híbrido de gasolina e eléctrico. Á dereita, panel de información do mesmo vehículo. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
15
Actualmente en España tamén hai autobuses híbridos fabricados por Castrosua.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
16
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
17
Todos podemos contribuír apagando o coche nos atascos e nos semáforos.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
18
COCHES ELÉCTRICOS PUROS
Son vehículos que dispoñen dun motor eléctrico que se recarga a través de baterías, coma se se tratase dun móbil. Animación vehículo eléctrico e híbrido. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
19
Vantaxes: A existencia de baterías permitiría almacenar a electricidade xerada sobrante (por exemplo a eólica ou a solar). É moito máis eficiente que os vehículos que teñen motores de combustión interna, como os convencionais e os híbridos. Custo asequible. Redución do custo de mantemento en ata un 40%. Emisión nula de contaminantes atmosféricos. Baixa contaminación acústica xa que o motor é pouco ruidoso. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
20
Desvantaxes: A implantación do coche eléctrico puro suporía un redeseño da rede eléctrica, xa que se aumentaría o consumo de forma importante. Sería necesario realizar unha revisión semestral. As baterías de chumbo só teñen unha duración de tres anos. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
21
Vehículos eléctricos no mercado:
A compañía Tesla Motors lanza ó mercado o modelo Tesla Roadster, un automóbil que, ademais da súa estética atractiva, ten outras virtudes: 100% eléctrico. De 0 a 100 Km/h en 4 segundos. Gasta 0.6 céntimos cada Km. O único aspecto negativo é o seu elevado prezo ( dólares). I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
22
Renault anuncia o lanzamento do REVA, un vehículo que custará 12
Renault anuncia o lanzamento do REVA, un vehículo que custará € e que xa se vendeu noutros países como Gran Bretaña e Italia. Poderase recargar en calquera enchufe de 220W e ten un indicador de batería que avisa ao faltar 15 km de carga. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
23
Este automóbil eléctrico supón un paso intermedio ata o que será o futuro vehículo de cero emisións. Está en Dinamarca e Israel e tamén forma parte dun proxecto de Renault. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
24
Motor eléctrico O Plan Integral de Automoción, dotado con 800 millóns de euros, e o Plan VIVE II teñen como obxectivo que no 2014 circulen polas estradas españolas un millón de coches eléctricos. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
25
Nesta viñeta todos os implicados no atasco están pensando que se os outros colleran o autobús, agora eles xa estarían na casa. Debemos viaxar en autobús sempre que poidamos, e así aforramos uns cantos tubos de escape. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
26
PILA DE COMBUSTIBLE DE HIDRÓXENO
Ao incorporaren este dispositivo, os automóbiles empregan esta celda de hidróxeno para producir electricidade que permita o movemento do vehículo. Animación: Autobuses con pila de hidróxeno I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
27
Unha pila de combustible é un dispositivo electroquímico de conversión de enerxía, similar a unha batería, pero que se diferencia desta en que produce electricidade dunha fonte externa de combustible e osíxeno. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
28
Vantaxes: Alta eficacia ao transformar a enerxía química en electricidade. Cero emisións unha vez que se incorpora ao vehículo. Os únicos residuos son calor e vapor de auga. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
29
Desvantaxes: A obtención de hidróxeno resulta cara, pois supón un gasto de enerxía obtelo da auga ou do metano e ás veces prodúcese CO2. As pilas de combustible e os depósitos de hidróxeno para os automóbiles resultan voluminosos, pesados e caros. Cómpre unha rede de distribución de H. Aínda está en fase de experimentación. As reservas mundiais de platino serían insuficientes para permitir unha conversión total dos vehículos a pilas de combustible, o que provocaría un gran incremento do prezo do platino e un descenso significativo das súas reservas.
30
Vehículos de hidróxeno no mercado:
O Toyota FCHV PEM FC é un automóbil deseñado por Toyota e impulsado por hidróxeno. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
31
Hai numerosos prototipos e modelos de coches e autobuses baseados na tecnoloxía da pila de combustible. As empresas de automoción seguen investigando e xa chegaron a fabricar algúns prototipos. Compañías como DaimlerChrysler, Ballard Power Systems, Ford, Volvo, Mazda, General Motors, Honda, BMW, Hyundai, ou Nissan, entre outras. Segundo a industria do automóbil, agárdase que os primeiros vehículos comerciais estean dispoñibles no ano 2010. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
32
A primeira estación de reabastecemento de hidróxeno como combustible abriuse en Reykjavik (Islandia) en abril de Esta estación abastece a tres autobuses construídos por DaimlerChrysler e que prestan servicio na rede de transporte público de Reykjavik. Os únicos subministros que necesita son electricidade e agua. A estación non ten teitume para que en caso de perigo o hidróxeno poida escapar libremente á atmosfera.
33
COCHES SOLARES Un automóbil solar é un vehículo propulsado por un motor eléctrico, alimentado por enerxía solar obtida de paneis solares na propia superficie do automóbil. As celdas fotovoltaicas converten a enerxía do Sol directamente en enerxía eléctrica, que pode ou ben ser almacenada en baterías eléctricas ou utilizada directamente polo motor.
34
Vantaxes: Poden operar durante grandes distancias sen Sol.
Se fai moito sol, pódese almacenar a enerxía sobrante en baterías. Ademais de células fotovoltaicas, pódese empregar ao mesmo tempo velas que aproveiten a enerxía do vento. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
35
Desvantaxes: Na actualidade aínda non son unha forma de transporte práctica debido á fraxilidade das celdas fotovoltaicas. Só teñen espazo para unha ou dúas persoas. Se unha soa célula está en sombra, bloquea a corrente ao resto da cadea, é dicir, actúa como un diodo. Non é unha enerxía constante. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
36
Vehículos solares no mercado:
Na actualidade, non hai coches solares á venta. Marcas como General Motors e Honda están traballando na súa investigación. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
37
Algúns prototipos xa conseguiron rexistros espectaculares
Algúns prototipos xa conseguiron rexistros espectaculares. O coche solar más rápido do mundo, o Nuna 2, foi capaz de percorrer km por toda Europa en 2004 só coa enerxía subministrada polos seus paneis solares. É un vehículo deseñado e construído por estudantes holandeses co apoio da Axencia Espacial Europea (ESA), que proporcionaba as células solares e os compoñentes electrónicos do interior. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
38
En xaneiro do 2007, un equipo de estudantes da Universidade australiana de Nova Gales do Sur lograba que o seu vehículo, o Jaycar SunSwift III, atravesara os km do deserto de OutBack en cinco días e medio. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
39
En EE.UU lévanse a cabo carreiras nas que participan automóbiles solares. As dúas máis importantes son: World Solar Challenge e North American Solar Challenge. Nelas participan gran variedade de equipos universitarios e profesionais que traballan para o desenvolvemento desta nova tecnoloxía. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
40
Como diminuír os gases invernadoiro?
NOVOS COMBUSTIBLES Uso de Biocombustibles Motores de gas natural GLP (Gas Licuado do Petróleo) I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
41
Debemos combater o cambio climático utilizando cada día combustibles menos contaminantes.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
42
BIOCOMBUSTIBLES Os biocombustibles, ou agrocombustibles, son combustibles líquidos que substitúen aos fósiles e teñen como materia prima produtos de orixe vexetal. Os máis difundidos son: - Biogás, que substitúe ao gas líquido. - Biodiésel, que substitúe ao gasoil. - Bioetanol, que substitúe á nafta. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
43
Biogás: Obtense dos excrementos dos animais e restos orgánicos agrícolas, que producen enerxía mediante un proceso de transformación química. A súa finalidade é a obtención de electricidade. A electricidade pódese utilizar nos coches électricos
45
Biodiésel: Obtense do aceite vexetal e no caso dos países que non teñen recursos petrolíferos é un bo combustible e contamina menos que os derivados do petróleo.
46
Bioetanol: Prodúcese a partir do azucre, o amidón ou a celulosa. Ten un carácter renovable e presenta unha clara vantaxe na redución de emisións de CO2. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
49
GAS NATURAL Utilízase na gran maioría o metano. A súa principal vantaxe é que os motores reducen as emisións de monóxido de nitróxeno (NOx) e monóxido de carbono (COx). I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
50
Vehículos de gas natural:
“Natural Power”, de gas natural de Fiat. Cando fai uso da gasolina, emite 149 g/km, rebaixando a cifra ata os 115 g/km se o metano é o que alimenta o motor. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense alternativo.pdf
51
Ford Focus CNG Mercedes E200 NGT Renault Kangoo CNG Volvo V70 BiFuel
52
GAS LICUADO DO PETRÓLEO (GLP)
É a mestura de gases condensables presentes no gas natural ou disoltos no petróleo. Os compoñentes do GLP (aínda que a temperatura e presión ambientais son gases) son fáciles de condensar, de aí o seu nome. Na práctica, pódese dicir que os GLP son unha mestura de propano e butano.
53
O GLP (Gas Licuado do Petróleo) é un hidrocarburo que se obtén directamente do proceso de refinado do petróleo cru ou por extracción, derivando tanto do gas natural como do petróleo. Con respecto á gasolina e ao gasoil, o GLP xera menos emisións e, o que é máis importante, non produce partículas PM10, principais causantes da contaminación atmosférica. Fronte ao gas natural, o GLP ofrece como vantaxe unha maior rede de distribución con estacións en 26 países europeos (fronte ás do gas natural).
54
As principais vantaxes deste combustible na automoción son:
- Emisións de CO2 dun 15% menos cá gasolina Un 96% menos de emisión de NOx có diésel e un 68% menos cá gasolina Un 95% menos de partículas contaminantes. - Menor consumo que gasolina e diésel para os mesmos km. - Maior duración do motor. - Menos cambios de aceite. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
55
Coches que funcionan con GLP:
Os modelos Punto, Bravo e Panda de Fiat estarán dispoñibles no mercado español no segundo trimestre de 2009. O Panda GLP adopta un motor 1.2 de 60 C.V. de potencia, cun nivel de emisións de tan só 116 g/km. O Punto, conta cun propulsor 1.4 de 77 C.V. e unhas emisións de 119 g/km. O Bravo, pola súa banda, adopta un propulsor 1.4 de 90 C.V. e unhas emisións de 134 g/km.
56
Chevrolet venderá en España coches de combustión por gas licuado do petróleo.
Este combustible ten un 15% de eficacia máis cá gasolina, un 80% menos de emisións e un aforro de combustible do 40%.
57
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
58
Actualmente, para que a un vehículo considéreselle como ecolóxico debe cumprir tres requisitos:
Estar fabricado nunha factoría certificada ISO 14001, emitido por un organismo de certificación independente (Organización Internacional da Normalización) o que leva a constatar o progreso levado na construción do vehículo para conseguir diminuír o impacto ambiental. - Que as emisións de CO2 sexan inferiores a 140 gr/km ou que funcione con bio-combustibles. - Que, polo menos, un 5% das materias plásticas dun vehículo proveñan da reciclaxe e que na súa construción un 95% da masa do vehículo poida ser reutilizable para a fabricación doutros vehículos segundo os obxectivos fixados pola directiva da Comunidade Europea nº 2000/53, de 18/09/2002, relativa aos vehículos fóra de uso. En España, de acordo co Real Decreto 1383/2002, o usuario, se se decide a desfacerse do seu vehículo ten a responsabilidade entregalo a un centro autorizado de tratamento (CAT) ou nunha instalación de recepción. Realmente estes coches son ecolóxicos? Non sería mellor dicir máis respectuosos co medio ambiente?
59
Coche ecolóxico A partir de outubro de 2009, será posible disfrutar do Aptera 2e da popular firma californiana Aptera Motors, que anunciou que o seu próximo vehículo ecolóxico se porá á venda en outono deste mesmo ano para todos os cidadáns de California que o desexen. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
60
O 2e vai ser un dos coches más aerodinámicos do mundo
O 2e vai ser un dos coches más aerodinámicos do mundo. De feito, ademais de ser eléctrico, só pesa 772 kilos. A isto hai que engadirlle que pode correr distancias de ata 100 km con apenas 2 litros de gasolina e aproveita a enerxía almacenada na súa batería ata chegar aos 160 km. Pero todo isto forma parte da teoría. De momento, os enxeñeiros pediron un pouco máis de tempo para rematar con tranquilidade o que vai ser un dos vehículos máis impresionantes do ano. E é que só hai que observar as súas formas. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
61
O caso é que a etapa de pre-produción Aptera xa ten claro que o 2e poderá custar entre e dólares (entre e euros). Uns prezos que se asemellan moito ao dos outros dous vehículos espaciais e ecolóxicos que Aptera tamén pensa poñer en práctica. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
62
OUTRAS IDEAS Segundo científicos australianos, os vehículos “intelixentes” son máis eficientes que os híbridos, xa que emiten menos dióxido de carbono. Son automóbiles convencionais provistos de equipos que subministran datos sobre a circulación, de forma que non teñen que acelerar nin frenar inesperadamente, reducindo en ata un 33% o consumo de combustible.
64
ECO PEDAL: Nissan lanza o “Eco Pedal”, que pretende aumentar a conciencia aforradora do condutor. Se se pisa demasiado, devolve a presión ao pé e unha luz avisa ao condutor no cadro de mandos. Nissan quere incluílo a partir do 2009 e afirma que conseguirá aforros de combustible de entre un 5 e un 10%.
65
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
66
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
68
Consellos para aforrar carburante:
Uso correcto do automóbil: - Evitar sobrecargalo. - Planificar a ruta. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
69
- Utilizar a primeira marcha só para arrancar.
2. Estilo de condución: - Utilizar a primeira marcha só para arrancar. - Utilizar marchas longas e con baixas revolucións. - Manter a velocidade o máis uniforme posible. - En vez de frear, desacelerar. - O uso de aire acondicionado aumenta un 20% o consumo de combustible Infografía: Consejos para ahorrar combustible al conducir | CONSUMER EROSKI
70
Unha páxina do IDAE permite coñecer o consumo de gasolina e as emisións de CO2 dos automóbiles:
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
71
Unha moi boa iniciativa.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
72
Utilizar o transporte público,.
a bici… e sobre todo, camiñar. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
73
FONTES
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.