6. NARRATIVA DE POSGUERRA (I). ÁLVARO CUNQUEIRO E ÁNXEL FOLE

Slides:



Advertisements
Presentaciones similares
El teatro posterior a 1936 El discurso literario. La Literatura española desde 1936: El teatro posterior a 1936.
Advertisements

Miguel de Cervantes Saavedra Para la asignatura de lengua.
LÍRICA POPULAR DE LA EDAD MEDIA
DÁMASO ALONSO.
Subgéneros narrativos
LOS ROMANCES POESÍA NARRATIVA POPULAR - TRADICIONAL SIGLO XV
BACHARELATO CPI DE PANXÓN Curso
A ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA
O legado de Roma IES MONTE DAS MOAS 1º ES0 MAIO 2011.
Batáns.
Historia da Literatura galega: a idade media
Plan de Desenvolvemento Sostible da USC
O PORTFOLIO EUROPEO DAS LINGUAS (2009/10)
Humor en galego 09/10/2014.
pex PLAN MUNIPAL de emprego xuvenil – 2020.
Mª José Méndez Lois Dpto. MIDE USC
EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
ESTUDO DOS AUTÓNOMOS DE PONTEVEDRA ESTUDO DOS AUTÓNOMOS DE PONTEVEDRA
O barroco compostelán.
I.E.S OTERO PEDRAYO FACENDO HISTORIA.
O Barroco. Unha arte para a sociedade do seu tempo
VOLUNTARIADO AMBIENTAL
CURTA HISTORIA... Charles Plumb, era piloto dun bombardero na guerra de Vietnam. Despois de moitas misións de combate, o seu avión foi derribado por un.
O primeiro terzo do século XX
O Proxecto de Dragal permite ao alumnado acceder, de xeito interdisciplinar, á historia e á cultura de Galicia a través do éxito das aventuras que agocha.
A arte de Maurits C. Escher.
Lara Lagoa Patiño 2º ESO B
R E T O S D A S P O L Í T I C A S de Igualdade E N G A L I Z A.
Plan de integración das tecnoloxías da información e a comunicación
O CLIMA EN ESPAÑA E EN GALICIA
A Narrativa dos anos 60 Nova Narrativa Galega.
Manifestación agrarista en Ribadavia (Ourense)
Manifestación agrarista en Ribadavia (Ourense)
LINGUAXE MUSICAL I A música é unha linguaxe, e para escribila, necesitamos aprender os seus signos. Nuria García Amigo.
Aqueles mozos dos anos 20 Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Cuevillas, Losada Diéguez Presentación de Noemí Pazó.
UNIVERSO FILGUEIRA.
Distribuir os números do 1 ao 9 entre os aneis olímpicos, de xeito que a suma dos números que hai en cada anel sexa sempre USC.
O legado de Roma IES MONTE DAS MOAS 1º ES0 ABRIL 2014.
O cambio climático. Traballo feito por Carolina Barros Moran, Cristina Barros .oran e Ana Mañas Hernández.
Erros máis comúns (2ª parte)
Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.
Falando do pasado: COPRETÉRITO
Tertulia para NAIS E PAIS
CONQUISTA E ROMANIZACIÓN DE GALLAECIA
Traballo voz natura Traballo Traballo Voz Voz Natura Natura Traballo
O uso das MAIÚSCULAS.
VIDA e OBRA NACE O 24 DE AGOSTO DE 1941 EN OURENSE
O cAsTeLo De MaCeDa Castelo.
Carlos Gradín (Universidade de Vigo)
Falando do pasado: COPRETÉRITO
O CLIMA EN ESPAÑA E EN GALICIA
O DEPORTE FEMININO NA PRENSA GALEGA
Emilio Arias Consultor. Director de proxectos de Edan Xestión, s.l.
LUCÍA OS ROMANOS.
A época dos navegantes Miniquest adaptada por José Otón Mallo
O morcego Roque.
A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL
PLAN INTEGRAL DO SERVIZO DE TRANSPORTE AO NOVO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO
Era unha vez unha competencia ...
RECOÑECEMENTO DE COMPETENCIAS POR EXPERIENCIA LABORAL (Real Decreto 1224/2009, de 17 de Xullo, de recoñecemento das competencias profesionais.
PARA QUÉ SERVE HOXE EN DÍA ESTUDAR LATÍN E GREGO?
Proyectos dTítulo do traballo de innovación e/ou nvestigación
ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE
O portfolio como recurso na avaliación do alumnado
Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade
unha bruxa horriblemente guapa
Ramón Piñeiro López Armea (Láncara ) 31de maio de 1915.
7. NARRATIVA DE POSGUERRA (II)
TEMA 1: Relevo e ríos de Galicia.
Segue o esquema proposto
Transcripción de la presentación:

6. NARRATIVA DE POSGUERRA (I). ÁLVARO CUNQUEIRO E ÁNXEL FOLE Dos anos cincuenta aos setenta A partir dos anos cincuenta iníciase a recuperación cultural en Galicia. Xorden editoriais como Galaxia. Os narradores máis salientables son Blanco Amor, Cunqueiro e Fole. Nos anos sesenta aparece unha nova xeración –a “Nova Narrativa Galega”- que vai incorporar novas técnicas e novos temas. Destacan Méndez Ferrín, Carlos Casares, Xoana Torres, Mª Xosé Queizán… A partir dos setenta danse a coñecer autores como Alfredo Conde, Paco Martín, Fernández Ferreiro, Xavier Alcalá.., irán consolidando o xénero narrativo. 1 1 1

ÁLVARO CUNQUEIRO (Mondoñedo, 1911 – Vigo, 1981) Pasou a infancia en Mondoñedo en contacto coas súas xentes, coa paisaxe e coa rica tradición da literatura oral. Xa en Lugo e logo en Santiago, onde estudou Filosofía e Letras, compartiu con Ánxel Fole preocupacións estéticas e culturais que o poñerían en contacto coas vangardas. Despois da Guerra Civil traballou no periodismo, colaborou en diversas publicacións. Nos anos sesenta instalouse en Vigo e foi director do Faro de Vigo. Mitólogo, gastrónomo, poeta, narrador, dramaturgo, articulista... Foi membro da RAG. 2 2 2 2 2

NARRATIVA DE ÁLVARO CUNQUEIRO Tres novelas: Merlín e familia (1955) recrea os personaxes míticos Merlín e Xenebra, adaptándoos a un tempo presente e un escenario en terras galegas. O narrador é Filipe de Amancia, antigo paxe de Merlín, que lembra sucesos acaecidos a carón do seu amo. En cada capítulo chega un visitante ao pazo de Merlín en procura dos seus saberes, expón o seu caso e el resolve o problema mediante a fantasía. As crónicas do Sochantre (1956). Un mestre de coro, que se dirixe a tocar nun enterro, viaxa nunha carroza acompañado de personaxes de ultratumba na Bretaña francesa do século XVIII e que contan historias das súas vidas pasadas. Se o vello Simbad volvese ás illas (1961). Inspírase nos relatos de As Mil e unha noites. Mostra o mariñeiro árabe retirado na súa casa e que soña con volver ás súas antigas viaxes. 3 3 3 3 3

Libros de relatos: Escola de menciñeiros (1960), Xente de aquí e de acolá (1971) e Os outros feirantes (1979) teñen unha temática e estrutura semellantes. Son retratos breves de personaxes populares vinculados coa tradición oral, típicos da Galicia rural e máxica e que mostran aspectos da súa psicoloxía e da mitoloxía popular mediante o humor e a fantasía. Poesía. Continúa o seu labor poético con obras como Dona do corpo delgado (1950) e Herba de aquí ou acolá (1980). Teatro. Como dramaturgo, escribiu O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1959) e A noite vai coma un río (1960). Ensaio. “Tesouros novos e vellos” é o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega. Nel achégase ao mito dos tesouros de Galicia. 4 4 4 4 4

ÁNXEL FOLE (Lugo, 1903 – 1986) Estudou Filosofía e Letras e Dereito. Fundou a revista Yunque. Militou no Partido Galeguista. Tras a Guerra Civil pasou longas tempadas en Quiroga, O Incio e Terra Chá. En 1957 regresa a Lugo onde traballa como xornalista. Foi membro da RAG. Narrativa. Prentende retratar a Galicia máxica e misteriosa. Os temas están relacionados co medo, o misterio, experiencias paranormais (telepatía, premonicións, aparicións) adobiados co humor galego. A técnica narrativa está baseada no conto popular oral: fórmulas introdutorias, remate sentencioso, apelacións aos oíntes... seguindo a técnica do conto dentro do conto, presenta personaxes que se reúnen para se contaren historias. Fole reproduce a lingua falada por iso aparecerán vulgarismos, dialectalismos e castelanismos. 5 5 5 5 5

Destacan catro libros de relatos: OBRA DE ÁNXEL FOLE Destacan catro libros de relatos: Á lus do candil (1953) e Terra Brava (1955) están ambientados nas terras do Courel, O Incio e val do Sil. Neles reflicte os modos de vida daquel tempo: a paisaxe, a economía, os labores agrícolas, a fala, alimentación, os costumes, as crenzas (bruxaría, supersticións) e as lendas (Santa Compaña, tesouros agachados...). Contos da néboa (1973) e Historias que ninguén cre (1981) son contos de misterio, de medo e experiencias paranormais situados na cidade de Lugo e vilas próximas. Teatro. Pauto do demo (1958) desenvólvese nunha aldea da ribeira do Sil en tempo da vendima. 6 6 6 6 6