La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

TEMA 8: A DINÁMICA DA TERRA

Presentaciones similares


Presentación del tema: "TEMA 8: A DINÁMICA DA TERRA"— Transcripción de la presentación:

1 TEMA 8: A DINÁMICA DA TERRA

2 1.- POR QUE CAMBIA A TERRA? As capas da Terra son dinámicas e cambian contínuamente. As enerxías que impulsan estos cambios son: A calor do interior do planeta A gravidade A enerxía solar.

3 1.1.- A CALOR INTERNA TERRESTRE
A calor interna da Terra chamada enerxía xeotérmica aumenta coa profundidade e impulsa a dinámica interna da xeosfera.

4 Os efectos que produce a calor interna terrestre pódense resumir así:
1.- A calor do manto profundo fai que masas de rocha desta zona se fagan menos densas e ascendan á superficie. 2.- As rochas da litosfera e da parte superior do manto (frías e densas) afúnden ata zonas profundas onde se quentan e funden e volven a ascender.

5 Os desprazamentos cíclicos de masas de rocha que se producen no son as que manto denomínanse correntes de convección eorixinan o movemento das placas tectónicas.

6

7 1.2.- A GRAVIDADE E A ENERXÍA SOLAR
A gravidade e a enerxía solar impulsan as dinámicas da atmosfera e da hidrosfera. A gravidade: atrae obxectos cara o centro da Terra. A enerxía solar: quenta a atmósfera e a hidrosfera e orixina os ventos e o ciclo da auga. 7

8 A dinámica da atmosfera: os ventos
Na atmósfera debido á calor do Sol e por un mecanismo de convección orixínanse movementos das masas de aire.

9 O movemento das masas de aire ocorre así:
1.- O sol quenta a superficie terrestre e esta quenta ao aire que está en contacto con ela. 2.- O aire quente (- denso) ascende e despraza ao aire frío das capas altas (+denso) que descende.

10 A dinámica da hidrosfera: o ciclo da auga.
O ciclo da auga pódese resumir en: 1.- A enerxía solar evapora a auga superficial e o vapor de auga ascende ata a amósfera. 2.- Nas capas altas a temperatura baixa e o vapor de auga condénsase orixinando as nubes que viaxan empurradas polo vento.

11 3.- Cando as gotas das nubes se fan grandes ou se conxelan caen á terra en forma de precipitacións: chuvia, sarabia ou neve. 4.- A auga das precipitacións forma correntes superficiais que escorren ata o océano ou infíltranse baixo a terra formando as augas subterráneas.

12

13 2.- A ESTRUTURA EN CAPAS DA TERRA
A partir dos datos proporcionados polo método sísmico e por análise doutros métodos deduciuse a composición da xeosfera. A xeosfera ten unha estrutura en capas e subcapas de diferente composición que son: A codia O manto O núcleo 13

14 As capas da Terra son: A codia: Continental Oceánica O manto A zona externa A zona interna O núcleo Interno Externo

15 A codia é a capa máis superficial da xeosfera
A codia é a capa máis superficial da xeosfera. Esta capa é fría e ríxida.

16 Está constituída por: A codia continental: Formada polos continentes e as plataformas continentais somerxidas. O seu grosor varía entre os km e está composta por rochas de distintos tipos (abunda o granito). A codia oceánica: formada polas zonas cubertas polos océanos . O seu grosor varía entre 5-15km, con rochas do tipo do basalto.

17

18 O manto É a capa máis grosa da xeosfera. Ten unha composición moito máis homoxénea e a principal rocha é a peridotita. Sitúase por debaixo da codia e chega ata os 2900km Ten dúas zonas: zona externa zona interna

19 O núcleo O núcleo terrestre esténdese desde os 2900km de profundidade ata o centro do planeta (6371km). Pola súa densidade suponse que está composto por metais (Fe e Ni). Diferenciase: Núcleo externo: É fundido Núcleo interno: É sólido

20 2.- A DINÁMICA DAS PLACAS LITOSFÉRICAS
A litosfera está formada pola codia e a parte superior da zona externa do manto. Esta capa ríxida chega ata unha profundidade que varía entre os 70 e os 300 km de profudidade. Como hai 2 tipos de codias tamen hai 2 tipos de litosfera: A litosfera oceánica e a continental.

21 3.- A DINÁMICA DAS PLACAS LITOSFÉRICAS
A litosfera está dividida en placas que se desprazan, aumentan ou reducen o seu tamaño ou cambian de forma. Non podemos velo porque o fan moi lentamente ao longo de millóns de anos.

22 2.1.- POR QUE CAMBIAN AS PLACAS?
A enerxía interna da Terra fai que no interior do manto se produzan correntes de convección. Estas correntes do manto entran en contacto coa litosfera e afectan as placas facendo que se despracen, fragmenten…

23

24 2.2.- OS CONTACTOS ENTRE BORDOS DE PLACAS
As principais interaccións entre dúas placas litosféricas ocorren nos seus bordos. Estes poden ser de 3 tipos: Bordos converxentes Bordos diverxentes Bordos transformantes

25 Bordos converxentes Son os límites entre dúas placas que se moven unha cara á outra. Xeralmente unha das placas introdúcese baixo a outra e afúndese no manto (destrúese litosfera) xenerándose foxas.

26 Se converxen unha placa continental cunha oceánica, a oceánica subduce baixo a contiental.
Se converxen 2 placas oceánicas a menos densa subduce. Se converxen 2 placas continentais ningunha subduce, tras a colisión unha queda incrustada baixo a outra e fórmanse grandes cordilleiras.

27 Bordos diverxentes Son os límites de 2 placas que se separan, entre elas fórmase unha greta a través da cal soe salir magma que solidifica no exterior formando nova litosfera. Estes bordos adoitan coincidir con dorsais oceánicas ou rifts continentais

28 Bordos transformantes (con movemento lateral)
Son os que se producen cando 2 placas se rozan ao moverse na mesma dirección pero en sentido oposto. Neles non se crea nin destrúe litosfera.

29 2.3.- A TEORÍA DA TECTÓNICA DE PLACAS
As interaccións entre os bordos das placas son as responsables da maioría dos procesos xeolóxicos: formación de cordillerias, terremotos, volcáns… 29

30 A Teoría da Tectónica de Placas afirma que:
1.-A litosfera está dividida en placas dinámicas. 2.-As interaccións entre estas placas son a causa dos procesos xeolóxicos.

31 3.- EFECTOS DA DINÁMICA DE PLACAS: A FORMACIÓN DAS ROCHAS
Como consecuencia da dinámica das capas da Terra fórmanse 3 tipos de rochas: 1.- Magmáticas 2.- Metamórficas 3.- Sedimentarias

32 3.1.- AS ROCHAS MAGMÁTICAS E METAMÓRFICAS
As rochas magmáticas e metamórficas orixínanse mediante procesos relacionados coa dinámica interna da xeosfera.

33 A formación das rochas magmáticas
As rochas magmáticas fórmanse a partir de magmas (masas quentes de minerais que se funden no interior da Terra). Os magmas ascenden ata a superficie terrestre, onde arrefrían e solidifican orixinando as rochas sólidas que poden ser: Volcánicas Plutónicas

34 As rochas volcánicas orixínanse cando o magma sae polos volcáns en forma de lava e arrefría no exterior da codia rapidamente. Ex: basalto. As rochas plutónicas fórmanse cando o magma non chega a saír á superficie, e arrefría e solidifícase lentamente no interior da codia. Ex: granito

35

36 A formación das rochas metamórficas
As rochas metamórficas orixínanse a partir doutras rochas preexistentes que se tranforman: Ao ser pregadas pola presión Ao ser sometidas a altas temperaturas sen chegar a fundirse. 36

37 As rochas metamórficas poden ser:
Foliadas: Presentan foliación (os seus grans están orientados formando láminas paralelas superpostas). Ex: lousas Non foliadas: Non presentan foliación. Exemplo mármore.

38

39 3.2.- AS ROCHAS SEDIMENTARIAS
As rochas sedimentarias orixínanse mediante procesos debidos ás dinámicas da atmosfera e hidrosfera.

40 1.- O vento e a auga arranca fragmentos das rochas e transpórtanos ata lugares onde se depositan (fondos de lagos…). 2.- Os fragmentos de rochas que se depositan (sedimentos) acumúlanse uns enriba doutros formando capas: estratos. 3.- A repetición deste proceso orixina moitas capas de sedimentos. Os sedimentos das capas profundas quedan esmagados polas capas superiores, compáctanse e convértense en rochas sedimentarias.

41 As rochas sedimentarias poden conter fósiles.
Os fósiles son: restos ou sinais da actividade dos seres vivos que viviron noutros tempos e quedaron enterrados entre os sediemtnos.

42 Tipos de rochas sedimentarias
Segundo os sedimentos que as forman as rochas sedimentarias poden ser: 1.- Detríticas: Formadas por fragmentos doutras rochas que foron levados polos ríos ata mares e lagos. Ex: arxilas. 2.- Non detríticas: Formadas por minerais que estaban disoltos na auga e precipitan. Ex: calcarias.

43

44 4.- EFECTOS DA DINÁMICA DE PLACAS: OS TERREMOTOS E OS SEUS RISCOS.
4.1.- QUE É UN TERREMOTO? Os terremotos ou sismos son movementos do terreo producidos por forzas derivadas da dinámica das placas litosféricas.

45 Así se produce un terremoto
1.- As forzas tectónicas debidas á dinámica de placas actúan sobre as rochas comprimíndoas ou estirándoas en diversas direccións. O ascenso de magmas tamén pode orixinar terremotos.

46 2.- A tensión acumúlase nas rochas porque éstas son resistentes ao desprazamento e a fractura.

47 3.- O terremoto prodúcese cando as rochas non soportan máis tensión e se desprazan ou rompen bruscamente nun punto chamado hipocentro. Esa liberación de enerxía produce variacións chamadas ondas sísmicas que se propagan polas rochas.

48 4.- As ondas sísmicas alcanzan a superficie terrestre nun punto chamado epicentro situado na vertical do hipocentro. A partir dese punto as ondas propáganse formando ondas circulares.

49 As ondas sísmicas superficiais poden romper o terreo ou producir desprendementos de ladeiras.
Se o terremoto ocorre no mar pode orixinar tsunamis, ondas enormes que arrasan poboacións costeiras.

50 O risco sísmico depende de: A actividade sísmica.
O risco sísmico é a probabilidade de que nunha zona se produzan danos humanos ou económicos a causa de terremotos. O risco sísmico depende de: A actividade sísmica. A capacidade destructiva dos terremotos. A presenza de poboacións

51 A actividade sísmica As zonas do mundo con maior actividade sísmica (que sofren máis terremotos) son as que se atopan preto dos bordos das placas.

52 A capacidade destrutiva dos terremotos
Depende da súa magnitude (cantidade de enerxía que se libere), que se expresa na escala de Richter. Os sismos de maior magnitude acadaron o valor 9 nesta escala Tamen depende de se provoca tsunamis ou desprendementos que aumentan os danos.

53 A presenza de poboacións.
O risco sísmico dunha zona aumenta se está moi poboada, pois os danos serán maiores.

54 4.2.- A PREVENCIÓN DO RISCO SÍSMICO
Para previr o risco sísmico o ideal sería saber onde e cando se vai producir un sismo, pero isto non é posible. A única prevención posible é: Confeccionar mapas de risco. Preparar as zonas de risco con construcións sismorresistentes ou ampliar os medios de rescate e reparación.

55 5.- EFECTO DA DINÁMICA DE PLACAS: OS VOLCÁNS E OS SEUS RISCOS
5.1.-QUE É UN VOLCÁN? Un volcán é unha abertura na superficie terrestre pola que saen ao exterior rochas fundidas e outros materiais do interior da Terra. 55

56 Partes dun volcán A cámara magmática: Zona da litosfera na que se acumula o magma e desde a que saen os materiais volcánicos. Cheminea: Conduto que comunica a cámara magmática co exterior e polo que saen os mateirias O edicficio volcánico: Estrutura semellante á montaña, xeralmente en forma de cono que se orixina pola acumulación dos materiais que vai expulsando o volcán. Cráter: Orificio do volcán. Adoita ocupar o cume.

57

58 5.2.- QUE EXPULSA UN VOLCÁN? Unha erupción volcánica é a expulsión de materiais a través dun volcán. Acontece cando a presión da cámara magmática é moi alta e ábrense gretas que a comunican co exterior. Isto reduce a presión e libera de golpe os gases do magma, o que impulsa o magma ao exterior. 58

59

60 Durante unha erupción, os volcáns expulsan:
Gases: Como vapor de auga ou óxidos de xofre, carbono… despréndense a gran presión do magma e impúlsano cara ao exterior. Líquidos: Rochas fundidas que forman a lava que flue en ríos ou coadas. Ao arrefriar solidifícase e orixina as rochas magmáticas. Sólidos: Son os piroclastos: anacos de lava que solidifican no aire antes de caer. De menor a maior tamaño son: cinzas, lapilli ou bombas.

61

62 Nos bordos converxentes: A placa que subduce pode fundirse parcialmente ou non. Isto forma magmas que ascenden polas gretas creando volcáns. Nos bordos diverxentes: Entre as placas ábrense fisuras que comunican o manto coa superficie. As rochas do manto fúndense e ascenden. Os volcáns que aparecen lonxe dos bordos de placas (intraplaca) están relacionados co ascenso de rochas quentes do manto profundo que penetran por gretas. 63

63

64 5.4.- QUE É O RISCO VOLCÁNICO?
O risco volcánico é a probabilidade de que nunha zona se produzan danos humanos ou económicos debido á actividade volcánica. Depende de: 1.- A actividade volcánica da zona 2.- O tipo de erupcións volcánicas 3.- A presenza de poboacións.

65 A actividade volcánica da zona
A maior parte das zonas volcánicas do mundo están nas proximidades dos bordos de placas. No territorio español a única zona con volcáns activos é a das illas Canarias.

66 O tipo de erupcións volcánicas
A perigosidade dun volcán depende de cómo sexan as súas erupcións: Volcáns con erupcións explosivas: proxectan a gran distancia enormes nubes compostas por gases tóxicos e piroclastos ardentes. Moi perigosos. Volcáns con erupcións non explosivas: Emiten gran cantidade de lava líquida que flúe lentamente. Son pouco perigosos salvo que as coadas sexan rápidas ou emitan gases.

67

68 A presenza de poboacións
O risco volcánico é maior nas zonas máis poboadas xa que as erupcións ocasionarán máis danos.

69 5.5.- A PREVENCIÓN DO RISCO VOLCÁNICO
A prevención do risco volcánico consiste en predecir as erupcións ou preparar unha defensa contra elas. 1.- Predecir erupcións observando fenómenos que adoitan anuncialas(tremores, emisión de gases…) e confecionar mapas de risco. 2.- Preparar unha zona contra as erupcións construíndo refuxios para a poboación ou diques para desviar a lava. Tamén se deseñan plans de evacuación.

70 6.- O RELEVO COMO RESULTADO DA DINÁMICA TERRESTRE
O relevo da superficie terrestre é o resultado de 2 tipos de procesos xeolóxicos: 1.- Os que renovan os relevos: xeran novas montañas e cambios de extensión e posición dos continentes e océanos. 2.- Os que modelan os relevos existentes: desgastándoos progresivamente e transformándoos, en chairas

71 Os procesos que renovan os relevos débense á ácción interna da Terra por iso se denominan procesos xeolóxicos endóxenos. Estes procesos son: Actividade volcánica e sísmica Apertura e peche de océanos Formación das cordilleiras

72 6.1.- APERTURA E PECHE DOS OCÉANOS
A dinámica das placas cambia a distribución dos océanos: Nos bordos diverxentes as placas crecen e amplíase o fondo oceánico (ábrese un océano) Nos bordos converxentes unha placa oceánica afúndese no manto e destrúese fondo oceánico.

73

74 6.2.- A FORMACIÓN DAS CORDILLEIRAS
A maior parte das cordilleiras do planeta fórmanse en bordos converxentes nos que hai unha placa continental ou máis. Ao empurrarse as placas a litosfera prégase elévase e rómpese formando as cordilleiras.

75 FIN


Descargar ppt "TEMA 8: A DINÁMICA DA TERRA"

Presentaciones similares


Anuncios Google