La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

O TFG NA FACULTADE DE CC. EE. E EMPRESARIAIS DA USC Curso

Presentaciones similares


Presentación del tema: "O TFG NA FACULTADE DE CC. EE. E EMPRESARIAIS DA USC Curso"— Transcripción de la presentación:

1 O TFG NA FACULTADE DE CC. EE. E EMPRESARIAIS DA USC Curso 2018-2019
IMPORTANTE: Toda a información que figura neste documento está explicada polo miúdo na Guía Docente colgada na Web do TFG da Facultade

2 Que é o TFG? Materia de segundo semestre de 6 créditos ECTS
Tempo requerido: 150 horas (7,5 horas/semana) Elaboración e defensa pública dun traballo orixinal (NON PLAXIADO) entre e palabras (requisito para o depósito) Metodoloxía da aprendizaxe: Traballo autónomo titorizado Demostrar as competencias adquiridas Quen titoriza? Profesorado da titulación

3 Memoria escrita Contidos mínimos (imprescindibles para o depósito):
Páxina inicial Resumo 300 palabras máximo + número de palabras do traballo. Índice de contidos, de táboas, etc. Introdución. Nela figurarán os obxectivos Desenvolvemento do traballo Conclusións, limitacións e posibles ampliacións. Bibliografía. Formato O do Modelo de TFG en formato Word do SNL Podes eliminar ou mover epígrafes do modelo sempre que respetes os contidos mínimos

4 Matrícula Quen se pode matricular? A que da dereito a matrícula?
Non ter pendentes mais de 75 créditos, excluído o TFG A que da dereito a matrícula? A presentar o traballo en 2 ocasións en calquera das 3 oportunidades do curso As 3 oportunidades son nesta orde: febreiro, xullo e setembro Para quen é a oportunidade de febreiro? Para presentar un TFG cando non o presentaches no curso/s anterior/es, aínda que estiveras matriculado e traballaras nel. Para utilizala é necesario que te matricules de novo na materia.

5 Convocatorias Cantas convocatorias podo consumir?
Cada matrícula correspóndese cunha convocatoria. Máximo 4 convocatorias O Non Presentado considérase a efectos de consumir a convocatoria Podo renunciar a unha convocatoria? Podes, se non reúnes os requisitos para presentar o traballo por ter materias pendentes

6 Fases e Datas FASE DO PROCEDEMENTO (RESPONSABLE) DATAS Matrícula
DATAS Matrícula (Alumno/a) Nos prazos establecidos para a matrícula na USC (incluídos os prazos de modificación de matrícula) Aprobación da lista de títulos (Comisión do TFG) Antes do inicio do curso académico Sesión de presentación (Coordinación) Día 20 de setembro de 2018 na aula A Solicitude de continuidade co título e titor/a (Alumnos/as repetidores) Do 21 de setembro ao 2 de outubro Solicitude de títulos Desde o 16 ata o 24 de outubro. Asignación de títulos e titores/as (Comisión) Primeira semana de novembro. Planificación do traballo co titor/a (Alumno/a – Titor/a) Como moi tarde o estudante debe poñerse en contacto co titor/a na primeira semana lectiva do semestre. -Incorporados en febreiro (modificación de matrícula): a semana despois da aprobación dos títulos. Entrega do TFG completo ao titor/a Recoméndase entregalo ao titor/a unha semana antes do depósito. Depósito do traballo escrito e solicitude de defensa Febreiro: do 1 ata o 10 de febreiro. Xuño/Xullo: do 3 ata o 18 de xuño. Setembro: do 3 ata o 17 de xullo. Entrega do informe do titor/a (Titor/a) Febreiro: do 10 ao 18 de febreiro Xuño/Xullo: do 18 ao 25 de xuño Setembro: do 17 ata o 24 de xullo Avaliación do traballo Febreiro: 22 de febreiro. Xuño/Xullo: 1-2 de xullo. Setembro: 4-6 de setembro

7 Momentos clave Asignación título e titor/a
Planificación do traballo co titor/a Avaliación Depósito: Entrega do TFG a través da Secretaría Virtual Defensa: Acto no que se defende publicamente o TFG Onde se entregan os formularios e documentos para os diferentes trámites? O alumnos/as: Entregan o TFG a través da Secretaría Virtual e o resto dos formularios no Decanato Os titores/as: Entregan o seu Informe a través da Secretaría Virtual

8 Asignación títulos-titores/as
Como se asignan títulos e titores? Ti elixes no listado aprobado de títulos-titores seguindo as túas preferencias A Comisión de TFG asígnache un, segundo o teu expediente académico Podo continuar co tema-titor do curso anterior? Só co consentemento do titor/a e Só nunha ocasión. Debes facer a Solicitude de continuidade co título e titor (é antes da asignación de títulos-titores)

9 Planificación co titor/a
Cando debo contactar co titor/a? A materia cúrsase no 2º cuadrimestre Debes contactar, como moi tarde, ao comezo do 2º cuadrimestre Se ti e o titor/a o acordades, podedes empezar a traballar antes Canto tempo debe dedicarme o meu titor/a? A USC establece 4 horas de traballo e 10,5 de titorías ao longo do cuadrimestre Que debo programar co titor/a? As datas das sesión de traballo (4 horas en total) e os documentos que debes achegar nelas para traballar

10 Avaliación: Cando? Cando podo defender?
Cando teñas superados todos os restantes créditos do título Podo depositar sen ter aprobados todos os restantes créditos do título? Podes, pero só poderás defender se están aprobados no momento da defensa Compróbase desde o Servizo de Xestión Académica e a Secretaría Académica da Facultade

11 Avaliación: Quen e Que? Quen avalía? Que se avalía?
No formulario correspondente terás que elixir entre: Ser avaliado/a por un Tribunal (poderás acadar ata un 10) Ser avaliado/a polo teu titor/a (poderás acadar ata un notable 7,5) Unha vez avaliado/a por un deles non poderás solicitar volver a ser avaliado polo outro na mesma oportunidade Que se avalía? Podes consultar a rúbrica de avaliación na Web do TFG da Facultade.

12 Avaliación: Depósito Que teño que facer para o depósito?
Subir o TFG a túa Secretaría Virtual nas datas establecidas. Informarase polo miúdo do procedemento na web do TFG

13 Avaliación: Defensa En que consiste o acto de defensa?
Depende da opción de avaliación que elixas: Avaliación por Tribunal: Presentación diapositivas Exposición oral do traballo (máximo 15 minutos) Preguntas e comentarios do Tribunal Avaliación polo/a Titor/a: Exhibición dun póster Exposición oral dun resumen do traballo (máximo 5 minutos) Preguntas e comentarios do titor/a Entrega do impreso de Acreditación de presentación asinado

14 Avaliación: Defensa Podo facer a miña presentación a distancia?
A presentación dos traballos, independentemente do sistema de avaliación elixido, será pública e se desenvolverá de xeito presencial. Excepcionalmente, co visto e prace da Comisión de TFG, poderás realizar unha presentación a distancia que garanta o carácter público da exposición.

15 Que é un póster de TFG Un póster de presentación de TFG é unha representación gráfica ampliada que contén o seu título, nomes do autor/a e titor/a, información sobre a titulación, centro e universidade, data de presentación e unha combinación de textos, táboas e figuras que explican o contido do traballo. Na Guía Docente e na web do TFG da Facultade explícase polo miúdo todo sobre a elaboración e formato dos póster e sobre o relativo á súa exposición. Na mesma páxina tes a túa disposición unha plantilla que pode facerche o traballo mais sinxelo. Fonte: Segura Robles, A. Diseño de póster científico para la defensa del TFG Recuperado o 21 de setembro de 2016

16 Información sobre o TFG na Facultade
Sesión informativa: En setembro Web do TFG da Facultade: Nela aparece a principal información relativa aos TFG: guías docentes, normativa, todos os formularios, etc. Aula virtual: nas aulas de coordinación de 4º curso de Economía e ADE ofrécense recursos adicionais e a posibilidade de comunicación interactiva coas coordinadoras de TFG. Onde podo atopar exemplos de TFG de calidade xa defendidos na Facultade? Na base de datos Minerva da Biblioteca da USC

17 Web do TFG da Facultade


Descargar ppt "O TFG NA FACULTADE DE CC. EE. E EMPRESARIAIS DA USC Curso"

Presentaciones similares


Anuncios Google