La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

PROXECTOS EMPRESARIAIS DE I+D+i CONVOCATORIAS 2007

Presentaciones similares


Presentación del tema: "PROXECTOS EMPRESARIAIS DE I+D+i CONVOCATORIAS 2007"— Transcripción de la presentación:

1 PROXECTOS EMPRESARIAIS DE I+D+i CONVOCATORIAS 2007
Axudas a Proxectos Empresariais do Plan Galego de I+D+i: Aspectos prácticos PROXECTOS EMPRESARIAIS DE I+D+i CONVOCATORIAS 2007 Oficina I+D (OTRI) Universidade de Vigo Campus Universitario Vigo Hilda Iglesias Galán Tf vvvvvvvv 4 xuño 2007

2 INDICE INTRODUCIÓN PROGRAMAS SECTORIAIS DE I+D+i FOMENTO DA INNOVACIÓN EMPRESARIAL OUTRAS CONVOCATORIAS

3 SISTEMA GALEGO DE INNOVACIÓN
ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS:  Autonómica  Estatal  Europea Universidades Empresas Infraestructuras Parques Científicos OTRIS FUNDACIONS Centros Tecnolóxicos Centros Rede Pública Sanitaria Centros Públicos de Investigación (CSIC, IEO,…) SISTEMA FINANCEIRO

4 PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN TECNOLÓXICA (PGIDIT – in.ci.te)
INCITE (Innovación, Ciencia e Tecnoloxía) Establece o marco de actuacións de política científica e tecnolóxica da Xunta de Galicia para o período Obxectivo: Vertebrar o Sistema de I+D+i para desenvolver o seu potencial investigador de xeito que repercuta cualitativa e cuantitativamente no desenvolvemento económico e no benestar social. Xestionado pola Dirección Xeral de I+D+i (Consellería de Innovación e Industria, Xunta de Galicia), en coordinación coas Consellerías naqueles programas sectoriais que lles afecten. Orzamento total previsto: 800 M€.

5 in.ci.te ESTRUTURA Programas sectoriais Programas xerais
Programas horizontais Investigación aplicada PEME I+D I+D SUMA Tecnoloxías críticas transversais Innovación empresarial Proxección exterior do sistema galego de innovación Promoción xeral da investigación Programa de consolidación e estruturación do sistema público de I+D+i Programa Resultado - Valor Recursos humanos Articulación do sistema galego de investigación e innovación Comunicación e Sensibilización social Cooperación entre todos os axentes I+D+i en sectores da economía e da empresa galega Promoción da actividade innovadora

6 PROGRAMAS SECTORIAIS PROGRAMA DE INVESTIGACIÓN APLICADA:
Destinado a financiar proxectos dirixidos por do sistema público de I+D+i, que desemboquen en resultados aplicables e transferibles ao tecido empresarial.

7 PROGRAMAS SECTORIAIS PROGRAMA PEME I+D:
A súa finalidade é promover a participación das PEMEs na actividade investigadora mediante o impulso dos pequenos proxectos, de orzamento reducido pero con gran repercusión social. Ferramenta de apoio e formación ás empresas que se inician na actividade investigadora. Primarase a relación co sistema público de I+D+i e os centros tecnolóxicos, mediante a colaboración externa. PEME I+D: Para promover a participación das PEMEs na actividade investigadora, normalmente coa colaboración externa do sistema público de I+D+i e os centros tecnolóxicos.

8 PROGRAMAS SECTORIAIS PROGRAMA I+D SUMA:
Pretende financiar a I+D+i aplicada máis competitiva, con proxectos de alcance e risco medio ou alto, desenvolvida por empresas, centros tecnolóxicos, universidades e organismos públicos de investigación que actúen baixo principios de cooperación. Primarase a calidade tecnolóxica e científica da proposta, así como a súa capacidade para articular distintos contornos do sistema. Fináncianse as empresas, os grupos e os centros tecnolóxicos, individualmente ou en coordinación, e priorízase a cooperación. Promoveranse especialmente os proxectos entre organismos públicos de investigación–centros tecnolóxicos que xeren novo valor en sectores tradicionais e estratéxicos de Galicia.

9 AXUDAS PÚBLICAS: FASES DUNHA CONVOCATORIA
CONCESIÓN XUSTIFICACIÓN SEGUIMENTO E PAGO SOLICITUDES Publicación no DOG / BOE / DOCE Obxecto Beneficiarios Custos, financiación Prazo límite Outras características Durante e tras a realización dos proxectos Para todos os proxectos Visitas á empresa Entrega de informes Entrevistas Auditorías Comunicación Contía e condicións Prazo de aceptación Publicación no DOG/ BOE Prazo límite Documentación que xustifica: Realización do proxecto Execución económica e científica Resultados científicos e técnicos do proxecto Impresos Memoria Científica-Tecnolóxica Documentación de cumprimento dos requisitos AVALIACIÓN E SELECCIÓN

10 PROXECTO INICIATIVA DESTINADA A ALCANZAR UN OBXECTIVO.
Temporalidade: con principio e fin (acotado). Recursos: humáns e materiais (limitados). Tarefas: actividades. Propósito: resultado esperado (calidade). PROXECTO DE I+D. Incertidume na consecución de obxectivos técnicos, que poden variar co avance do proxecto. Memoria Técnica e Económica

11 TIPOLOXÍA DE PROXECTOS DE I+D+i
MERCADO + IT (i) D - DT IA - I + RISCO FINANCIAMENTO

12 in.ci.te CONVOCATORIAS 2007 PROGRAMAS SECTORIAIS

13 INVESTIGACIÓN APLICADA
PROGRAMAS SECTORIAIS Apoiar a investigación aplicada no sistema público de investigación. Apoiar e dinamizar o proceso de I+D+i nas PEMEs. Proxectos de máis impacto, primando a estratexia articuladora. INVESTIGACIÓN APLICADA 1- IA; 2-Peme; 3- Suma PROGRAMAS SECTORIAIS PEME I+D I+D SUMA

14 AXUDAS PROGRAMAS SECTORIAIS (2007)
Organismo convocante: Consellería de Innovación e Industria Bases e convocatoria: Orde do 25 de abril (DOG 15/05/07) Prazo límite presentación solicitudes: 16 de xuño de 2007 Obxecto: Por en marcha os instrumentos previstos no IN.CI.TE. para a execución dos programas sectoriais de Investigación Aplicada, PEME I+D e I+D Suma CREDITO TOTAL: € Ano 2007  € Ano 2008  € Ano 2009  € Ano 2010  €

15 AXUDAS PROGRAMAS SECTORIAIS (2007)
Proxectos individuais e Proxectos coordinados Proxectos que se inicien durante o 2007 e que teñan unha duración máxima de 3 anos, dende a data de concesión Modalidade de Axuda: SUBVENCION CONCORRENCIA: Axudas incompatibles con calquera outra da mesma Consellería para o mesmo proxecto Axudas compatibles con calquera outra para o mesmo proxecto sempre que conxuntamente non superen o custo total do proxecto ORGANOS COMPETENTES: A Dirección Xeral de I+D+i encargarase do procedemento de concesión. O Conselleiro de Innovación e Industria ditará a resolución de concesión. Contía da subvención nas Empresas: Transparencia da Táboa (pax. 13)

16 BENEFICIARIOS Equipos de investigación de universidades, organismos públicos de investigación, entes e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia. Centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia . Empresas privadas, agrupacións de empresas de carácter privado ou empresas públicas que teñan entre os seus fins ou realicen actividades de investigación.

17 TECNOLOXIAS SECTORIAIS (2007)
Medio Rural Medio Mariño Recursos Enerxéticos e Mineiros Medio Natural e Desenvolvemento Sostible Biomedicina e Ciencias da Saúde Tecnoloxías da Alimentación Tecnoloxías dos Materiais e da Construción Deseño e Produción Industrial: Deseño e Produción Industrial Deseño e Produción na Automoción Tecnoloxías da Información e as Comunicacións Sociedade da Información Sociedade e Cultura Turismo

18 PROGRAMAS SECTORIAIS FINALIDADES
Proxectos de Investigación Aplicada de Equipos de Investigación do Sistema Público Galego (ANEXO I) Proxectos de Investigación Aplicada de Centros Tecnolóxicos de Galicia (ANEXO II) Proxectos empresariais (ANEXO III) Proxectos coordinados (ANEXO IV)

19 PROXECTOS EMPRESARIAIS
PROGRAMAS SECTORIAIS PROXECTOS EMPRESARIAIS (ANEXO III)

20 XÉNESE DUN PROXECTO Universidade OTRI’S Centro Tecnolóxico
Colab. Externa Outra empresa: Cliente Provedor ... Coordinado Colaboración externa Empresario Coordinado Centro Tecnolóxico

21 PROXECTOS EMPRESARIAIS BENEFICIARIOS
EMPRESAS: entidades que exerzan unha actividade económica e que estean validamente constituidas. Intégranse as empresas públicas que teñan entre os seus fins ou realicen actividades de investigación. Requisitos da PEME: Menos de 250 empleados Volume negocio anual ata 50 M€ Balance anual ata 10 M€ Requisitos PEQUENA EMPRESA: Menos de 50 empleados Volume negocio anual ou un balance anual ata 10 M€ Requisitos MICROEMPRESA: Menos de 10 empleados Volume negocio anual ou un balance anual ata 2 M€ AGRUPACIÓNS EMPRESARIAIS SECTORIAIS DE CARÁCTER PRIVADO: que realicen proxectos e actuacións de I+D para o seu sector.

22 PROXECTOS EMPRESARIAIS: REQUISITOS BENEFICIARIOS
Domicilio social ou algún dos seus centros de traballo na CC.AA. de Galicia Realizar a actividade obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia Estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social Non ter contraída débeda coa Xunta de Galicia Posuír personalidade xurídica propia e suficiente capacidade de obrar e non estar inhabilitada para a obtención de subvención pública ou para contratar co Estado, CC.AA. e outros entes públicos Non incorrer nalgunha das circunstancias relacionadas no artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións

23 PROXECTOS EMPRESARIAIS: TIPOLOXÍA DE PROXECTOS
PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN INDUSTRIAL: Aqueles que levan a cabo unha investigación planificada ou estudos críticos encamiñados a adquirir novos coñecementos e aptitudes que poidan ser útiles para desenvolver novos produtos, procesos ou servizos ou permitan mellorar considerablemente os xa existentes. Inclúe a creación de compoñentes de sistemas complexos que sexan necesarios para a investigación industrial, especialmente a validación de tecnoloxía xenérica.

24 PROXECTOS EMPRESARIAIS: TIPOLOXÍA DE PROXECTOS
PROXECTOS DE DESENVOLVEMENTO EXPERIMENTAL: Aqueles que implican a adquisición, combinación, configuración e emprego de coñecementos e técnicas xa existentes, de índole científica, tecnolóxica, empresarial ou de outro tipo, con vistas á elaboración de plans e estruturas e deseños de produtos, procesos ou servizos novos, modificados ou mellorados. - Outras actividades de definición conceptual, planificación e documentación de novos produtos, procesos e servizos. Elaboración de proxectos, deseños, planos e demais tipos de documentación non destinada a usos comerciais. Desenvolvemento de prototipos e proxectos piloto non comercializables. Produción e ensaio experimental de produtos, procesos e servizos, sempre e cando non se poidan empregar ou transformar de modo que se poidan utilizar en aplicacións industriais ou para fins comerciais. Nas convocatorias anteriores: 1- Pr. Inv. Industrial 2.- Pr. Desenvolv. Precompetitivo 3.- Pr. Innov. Tecnolóxica 4.- Pr. Demostración 5.- Dotación Laboratorios  Fomento da Innovación

25 PROXECTOS EMPRESARIAIS CUANTIA E INTENSIDADE DE AXUDA
Modalidade de Axuda Tipo de Empresa Contía Mínima dos proxectos (en euros) Límites da Axuda (% custo total proxecto) Proxectos Investigación Industrial Pequena 50.000 70% Mediana 60% Grande 90.000 50% Proxectos de Desenvolvemento Experimental 45% 35% 25% Marco Comunitario: Referenciado ao final Ata o 80% nos supostos indicados no capítulo do Marco Comunitario

26 PROXECTOS EMPRESARIAIS: CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
COSTES DIRECTOS: Derivados da execución do proxecto PERSOAL TÉCNICO DA EMPRESA (PERSOAL PROPIO) PERSOAL ADICIONAL TÉCNICO-CIENTÍFICO CONTRATADO: Sin vinculación laboral previa (ata 2 anos) Incluir perfil na solicitude Non se admiten custos de persoal financiados con fondos europeos.

27 PROXECTOS EMPRESARIAIS: CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
MATERIAL INVENTARIABLE Adquisición de Equipos e instrumental Non se admiten custos de utilización nin amortizacións SERVIZOS TECNOLÓXICOS EXTERNOS Actividades puntuais como: Análises e ensaios de laboratorio Enxeñería para a montaxe e operacións Estudos e actividades complementarias Consultorías externas Non se admiten S.T.E. entre empresas do mesmo grupo

28 PROXECTOS EMPRESARIAIS: CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
MATERIAL FUNXIBLE VIAXES: Relacionados coa execución do proxecto Manutención: máximo 55 €/persoa/día Quilometraxe: 0,19 €/km

29 PROXECTOS EMPRESARIAIS: CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
COLABORACIÓNS EXTERNAS Con Universidades, Centros de Investigación, Centros Tecnolóxicos ou outras Empresas. Deberán ser precisas para o proxecto e específicas para o seu desenvolvemento, forman parte da propia investigación. Estarán debidamente pormenorizadas e xustificadas. Pode incluír calquera dos conceptos anteriores como custo. As colaboracións con Universidades, Centros Públicos de Investigación ou Centros Tecnolóxicos incrementaranse nun 15% en concepto de Custos Indirectos: derivados dos gastos xerais e do uso de infraestructuras da entidade O seu custo total poderá acadar o 70% do custo total do proxecto. Deberán estar recollidas nun contrato.

30 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Prazo: 16 de xuño de 2007 (un mes a partir do día seguinte ao da publicación) Formularios e aplicación informática: GUIATE (GUIA TELEMÁTICA de apoio na elaboración de documentación das solicitudes de axuda) (Só se poderán obter e cubrir os formularios ata as 24 h do día anterior á finalización do prazo  15 xuño) Lugar: Presentación telemática No Rexistro Xeral da Consellería de Innovación e Industria ou por calquera das formas previstas na Lei de Procedemento Administrativo Preséntase: Todo o documento que xera a aplicación (Formularios, Memoria Científico-Técnica, documentos pdf, Documentación requerida) debidamente asinado Non se admitirán a trámite as solicitudes que non inclúan a memoria científico-técnica incluída no formulario de solicitude, sen que sexa admitida nestes supostos a enmenda de documentación (memorias adicionais á incluída no formulario) Consulta sobre o estado do expediente, coa clave identificativa:

31 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
          

32 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

33 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

34 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

35 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Documentación ou información adicional: - Web da Consellería : - Telefono da DXIDI : - Enderezo electrónico: - Presencialmente na DXIDI: CONSELLERIA DE INNOVACION E INDUSTRIA DIRECCION XERAL DE I+D+i Rúa Feáns nº 7 Local C 15706 Santiago de Compostela Cuestións Xerais: - Teléfono da Consellería:

36 SOLICITUDE: DOCUMENTACIÓN (Relación non exhaustiva)
Formulario normalizado da solicitude (asinado polo representante legal da entidade) Currículos dos membros do equipo investigador da empresa EN FORMATO NORMALIZADO Copia compulsada de: - CIF da entidade solicitante ou NIF no caso de empresario individual - Xustificante de alta na Seguridade Social - Poder bastante co que actúa o representante legal da entidade solicitante - DNI do representante legal da entidade - Escritura de constitución da entidade e modificacións, se é o caso da persoa xurídica á que representa debidamente inscrita no Rexistro Mercantil ou Industrial Declaración do conxunto de axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin das distintas Administracións Públicas (modelo na solicitude) Declaración de cumprir os requisitos de pequena, mediana ou grande empresa Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para a obtención de subvencións previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, 17 de novembro, Xeral de Subvencións Se procede: Copia compulsada do contrato de colaboración (asinado polos representantes legais) Autorización emitida polo Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia Declaración de compromiso de utilización da lingua galega RECOMENDACIÓN: ENTREGAR A DOCUMENTACION ORDENADA E SEPARADA ADECUADAMENTE Hai que presentar os CV en papel

37 SOLICITUDE: CONSENTIMENTOS E AUTORIZACIONS
A presentación da solicitude implica o coñecemento e aceptación das bases reguladoras polo solicitante: Autorización do solicitante para que a Consellería obteña de forma directa acreditación do cumprimento das súas obrigas tributarias con Facenda (Estatal e Autonómica), e coa Seguridade Social (certificados telemáticos). Autorización do solicitante da inclusión e a publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como as sancións impostas nos Rexistros de Axudas, Subvencións, Convenios e Sancións da Xunta de Galicia. Autorización para o tratamento dos datos dos beneficiarios e a súa publicación na web oficial da Consellería (beneficiarios e importe das axudas). Os documentos esixidos que xa estean en poder da DXIDI non deberán ser entregados de novo, sempre que na solicitude se faga constar a data e órgano ou dependencia en que foi presentada dita documentación e que non transcorresen mais de cinco anos dende o remate do procedemento ao que corresponda. NON SE NECESITARIA ENTREGAR Copia compulsada de: - CIF da entidade solicitante ou NIF no caso de empresario individual - Xustificante de alta na Seguridade Social - Poder bastante co que actúa o representante legal da entidade solicitante - DNI do representante legal da entidade - Escritura de constitución da entidade e modificacións, se é o caso da persoa xurídica á que representa debidamente inscrita no Rexistro Mercantil ou Industrial

38 PROCEDEMENTO COAS SOLICITUDES
Revisión do cumprimento de requisitos nas solicitudes Prazo de enmenda da documentación (normalmente 10 días hábiles). Pode requerirse documentación e información complementaria necesaria para a tramitación. Revisadas as solicitudes coas enmendas, os expedientes completos remitiranse á comisión avaliadora correspondente.

39 AVALIACIÓN E SELECCIÓN
Os proxectos deben ser técnica, económica e financeiramente viables. - Cada Tecnoloxía Sectorial ten asignado un xestor. Procedemento: Os avaliadores (externos e expertos na materia) realizan a avaliación Científico-Técnica (2 avaliacións por proxecto) O xestor realiza o informe de idoneidade A Comisión de Selección prioriza as solicitudes, e determina a contía da axuda Criterios: Valoración científico-técnica, realizada por expertos: puntuación máxima de 70 puntos Valoración realizada pola Comisión de Selección: unha puntuación máxima de 30 puntos A Comisión de Selección poderá fixar o número máximo de proxectos que poden financiarse a unha mesma empresa ou grupo empresarial

40 RESOLUCIÓNS Resolución provisional de concesión: se achega aos interesados para que nun prazo determinado poidan formular alegacións. Resolución definitiva de concesión: indicando a actuación que se subvenciona e a súa cuantía a subvención concedida e a súa cuantía Inclúe un desglose económico por conceptos. Se o interesado non notifica en 15 días a súa renuncia, enténdese que acepta a axuda e adquire a condición de beneficiario. Habitualmente o prazo máximo de resolución é de 6 meses e o Silencio Administrativo é desestimatorio (16 de novembro de 2007). Renuncia voluntaria: Modelo (Anexo VI)

41 XUSTIFICACIÓN Data límite: 31 de outubro 2007 (1ª anualidade)
Non se admitiran xustificantes de pagamento posteriores ao 31 de decembro do exercicio correspondente Nos proxectos plurianuais os investimentos realizados entre a data límite de xustificación de anualidade corrente ata final de ano corresponden á anualidade seguinte 1 novembro 2007 a 31 decembro 2007 (2ª anualidade) 1 novembro 2008 a 31 decembro 2008 (3ª anualidade) 1 novembro 2009 a 31 decembro 2009 (4ª anualidade) Poden producirse modificacións na cuantía da subvención concedida: pola alteración das circunstancias da solicitude pola obtención concorrente de axudas solicitadas a instancia do beneficiario, con anterioridade á data de finalización do prazo de xustificación. - Pérdida parcial da subvención: pode darse en caso de modificacións - Pérdida Total: Non xustificar, modificar a finalidade, concurrencia ou por renuncia voluntaria

42 XUSTIFICACIÓN: DOCUMENTACIÓN (Relación non exhaustiva)
Memoria cos resultados Científico-Tecnolóxicos, parciais e finais. Declaración complementaria de axudas solicitadas e concedidas Certificación do número de conta do beneficiario, para realizar o pagamento Documentación acreditativa da execución do gasto: Resumo da execución cos custos agrupados por conceptos Facturas e xustificantes do pagamento dos gastos Inventariable ou Servizos Tecnolóxicos de importe superior a €: tres ofertas de diferentes provedores Gastos persoal: Certificación dos costes de persoal, partes de traballo, copia compulsada dos contratos laborais Viaxes: certificación da realización e documentación acreditativa Colaboracións externas: copia compulsada do contrato, facturas desglosadas Xustificante de deposito de aval bancario para proxectos plurianuais de importe superior a , 61 €

43 PAGO Nunca máis do concedido Normalmente, tras a xustificación:
Libramentos por anualidades Pagamento único ao final (normalmente en proxecto cunha anualidade) Pagamentos parciais a conta (aval bancario) Ao remate do proxecto, o pago ten que corresponderse co xustificado Pagamentos parciais: por adiantado

44 CONTROL E INCUMPRIMENTO
SEGUIMENTO E CONTROL: O beneficiario está obrigado a comunicar calquera outra axuda adicional que lle sexa concedida para o mesmo proxecto Tamén debe facilitar toda a información que lle sexa requerida (Intervención Xeral, Tribunal de Contas, Consello de Contas, …) Poden realizarse as actividades de inspección que se consideren oportunas para controlar o cumprimento da actividade. Poden realizarse visitas, entrevistas, solicitar informes, aclaracións... INCUMPRIMENTO: O incumprimento das obrigas implicará a obriga de devolución total ou parcial da subvención percibida mais os xuros de demora correspondentes  Procedemento de reintegro Réxime de infraccións e sancións

45 PROXECTOS COORDINADOS
PROGRAMAS SECTORIAIS PROXECTOS COORDINADOS (ANEXO IV)

46 PROGRAMAS SECTORIAIS PROXECTOS COORDINADOS
PROXECTOS INDIVIDUAIS PROXECTOS COORDINADOS: Varios socios, unha soa proposta conxunta Cada socio é responsable dun subproxecto Deberá existir un acrónimo común a todos os subproxectos e un título diferente para cada un deles Un socio asume o papel de líder, coordinando todos os traballos facéndose responsable do seu cumprimento.

47 PROXECTOS COORDINADOS BENEFICIARIOS
Posibilidades de asociación EQUIPOS DE INVESTIGACION CENTROS TECNOLOXICOS EMPRESAS SI NON Se no proxecto coordinado participa un Centro Tecnolóxico, este ten a obriga de asumir o papel de líder do proxecto. Nos proxectos coordinados entre Centros Tecnolóxicos e/ou entre empresas, as Universidades (OPIs) poderán participar como Colaboradoras externas.

48 PROXECTOS COORDINADOS CARACTERÍSTICAS PROPIAS
A cada subproxecto se lle aplicará a cuantía, conceptos subvencionables, custo mínimo e criterios de valoración correspondentes a cada tipo de solicitante O responsable de cada subproxecto cubrirá a súa solicitude, e xustificará os seus gastos A entrega na Administración será conxunta, a través do líder do proxecto, ao que se lle facilitará un código de coordinación A valoración dun proxecto coordinado resultará da media aritmética da valoración obtida polos subproxectos que o integran. Se algún subproxecto non acada a valoración mínima, o proxecto no seu conxunto non se considerará financiable Na xustificación, a memoria libre será única para todo o proxecto No caso de incumprimento dalgún dos socios, a DXIDI estudará a posibilidade de que os restantes subproxectos continúen desenvolvéndose Cada socio percibe a súa axuda e a xustifica. O líder presenta conxuntamente a xustificación conxunta de todos os socios

49 PROGRAMAS SECTORIAIS NOVIDADES 2007
Estruturado en Tecnoloxías Sectoriais Aplicacións orzamentarias “libres” en distribución Colaboracións Externas: costes indirectos do 15% Custos de quilometraxe limitados a 0,19 €/km Criterios de valoración: Compromiso de utilización da lingua galega Solicitude presentada correctamente Xustificación: 31 outubro Proxectos coordinados Anteriormente estruturado en Programas Sectoriais e aplicacións orzamentarias asignadas por programas

50 FOMENTO DA INNOVACION EMPRESARIAL
in.ci.te CONVOCATORIAS 2007 FOMENTO DA INNOVACION EMPRESARIAL

51 FOMENTO DA INNOVACIÓN EMPRESARIAL (2007)
Organismo convocante: Consellería de Innovación e Industria Bases e convocatoria: Orde do 26 de abril (DOG 18/05/07) Prazo límite presentación solicitudes: 19 de xuño de 2007 Obxecto: Incrementar a competitividade das empresas galegas mediante o estímulo da innovación nas organizacións en calquera punto da cadea de valor e en todos os procesos da empresa. CREDITO TOTAL: € Ano 2007  € Ano 2008  € Ano 2009  €

52 INNOVACIÓN EMPRESARIAL FINALIDADES
Creación de plataformas tecnolóxicas (ANEXO I) Consolidación de plataformas tecnolóxicas (ANEXO II) Realización de estudos de viabilidade (ANEXO III) Realización de proxectos de innovación (ANEXO IV) Cofinanciamento de proxectos subvencionados con anterioridade noutras convocatorias de axudas estatais e internacionais (ANEXO V) Preparación de novos proxectos para a participación noutras convocatorias de axudas estatais e internacionais (ANEXO VI) Dotación de laboratorios ou departamentos de I+D (ANEXO VII)

53 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Prazo: 19 de xuño de 2007 (un mes a partir do día seguinte ao da publicación) Formularios e aplicación informática: (Só se poderán obter e cubrir os formularios ata as 24 h do día anterior á finalización do prazo  18 xuño) Lugar: Presentación telemática No Rexistro Xeral da Consellería de Innovación e Industria ou por calquera das formas previstas na Lei de Procedemento Administrativo Preséntase: Todo o documento que xera a aplicación (Formularios, documentos pdf, Documentación requerida) debidamente asinado Consulta sobre o estado do expediente, coa clave identificativa:

54 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Documentación ou información adicional: - Web da Consellería : - Telefono do SEGAPI : / 88 - Enderezo electrónico: - Presencialmente no SEGAPI: CONSELLERIA DE INNOVACION E INDUSTRIA SERVIZO GALEGO DE PROPIEDADE INDUSTRIAL (SEGAPI) Rúa Doutor Teixeiro nº 26, baixo 15701 Santiago de Compostela Cuestións Xerais: - Teléfono da Consellería:

55 INNOVACIÓN EMPRESARIAL ANEXO III
REALIZACIÓN DE ESTUDOS DE VIABILIDADE Obxecto: realización de estudos de viabilidade técnica de carácter preparatorio para as actividades de investigación industrial, desenvolvemento tecnolóxico e innovación empresarial, e estudos que teñan por obxecto a diagnose tecnolóxica das capacidades da empresa e que servan de referencia para un determinado plan estratéxico de innovación. Dúas modalidades de axuda: INNOVAPEME: pequenas e medianas empresas INNOVAMAIS: grandes empresas Beneficiarios: Empresas galegas de carácter privado. Gastos subvencionables: persoal da entidade solicitante, adicado á realización do estudo de viabilidade consultoría externa e servizos externos outros gastos suplementarios (viaxes, xornadas, publicacións, material funxible, etc.) O custo subvencionable mínimo é de € e o máximo de € Subvención: - INNOVAPEME: ata o 50% do custo subvencionable - INNOVAMAIS: ata o 40% do custo subvencionable Xustificación: Unha única anualidade  Gastos entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2007 Documentación relevante: copia do estudo de viabilidade Non se admitirán proxectos coa finalidade de implantación dunha determinada norma ou certificación Non serán beneficiarios asociacións de empresas nen entidades sen animo de lucro

56 INNOVACIÓN EMPRESARIAL ANEXO IV
REALIZACIÓN DE PROXECTOS DE INNOVACIÓN Obxecto: fomentar a innovación empresarial en materia de proceso e de organización (produción, marketing e loxística) para aumentar a competitividade das empresas galegas industriais e de servizos. Beneficiarios: Empresas galegas de carácter privado, Agrupacións de empresas privadas. Modalidades de axuda: INNOVAPEME: pequenas e medianas empresas  Proxectos individuais e coordinados INNOVAMAIS: grandes empresas  Proxectos coordinados Nun proxecto coordinado: debe participar unha ou máis PEMEs, cunha contribución conxunta mínima do 30% do custo subvencionable Para cada subproxecto rixen as condicións de proxecto individual Unha das empresas participantes desenvolverá o papel de líder Subvención: - INNOVAPEME: ata o 35% do custo subvencionable para pequenas empresas ata o 25% para empresas medianas O custo subvencionable mínimo é de € - INNOVAMAIS: ata o 15% do custo subvencionable. MOITAS ACLARACIONS NO ART.1 Non serán beneficiarios asociacións de empresas nen entidades sen animo de lucro Agrupacións de empresas proxectos coordinados, non se podera disolver a agrupación ata… INNOVAMAIS. PROXECTO COORDINADO: cada subproxecto ten que cumplir as condicións de proxecto individual  ¿cada un un mínimo de €?

57 INNOVACIÓN EMPRESARIAL ANEXO IV
REALIZACIÓN DE PROXECTOS DE INNOVACIÓN Gastos subvencionables: persoal técnico adicional e propio, adicado ao proxecto material inventariable (inclúe leasing, con requisitos) material funxible servizos tecnolóxicos externos ou consultoría, realizados por outras empresas, centros tecnolóxicos ou organismos públicos de investigación (incluídas as universidades). viaxes outros gastos (formación, adquisición de licenzas de explotación, etc.) Xustificación: Tres anualidades: 2007: Gastos entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2007 2008: Gastos entre o 1 de novembro de 2007 e o 31 de outubro de 2008 2009: Gastos entre o 1 de novembro de 2008 e o 31 de outubro de 2009 Documentación relevante: memoria libre Nos proxectos coordinados, o incumprimento dun dos socios considerarase incumprimento do total do proxecto Excepcións en gastos subvencionables

58 INNOVACIÓN EMPRESARIAL ANEXO V
COFINANCIAMENTO DE PROXECTOS SUBVENCIONADOS CON ANTERIORIDADE EN CONVOCATORIAS DE AXUDAS ESTATAIS E INTERNACIONAIS Obxecto: Cofinanciamento de proxectos que foron obxecto de subvención noutras convocatorias de axuda de programas estatais (CDTI, PROFIT,...) ou internacionais (Programa Marco da UE, Programas de Innovación da UE, Eureka, Iberoeka,...) Beneficiarios: Empresas galegas de carácter privado. Solicitude: Documentación relevante: copia compulsada da solicitude presentada ao organismo xestor da convocatoria e copia compulsada da resolución de concesión do organismo competente, memoria libre sobre o estado de execución do proxecto. Gastos subvencionables: os mesmos conceptos de investimento e gasto que os especificados na convocatoria na que o proxecto foi obxecto de subvención. Subvención: Tendo en conta o establecido na convocatoria estatal ou internacional respecto a concorrencia e incompatibilidades de axudas, a cuantía será: ata o 35% do custo subvencionable para pequenas empresas ata o 25% do custo subvencionable para empresas medianas ata o 15% do custo subvencionable para grandes empresas. Axuda máxima: € Xustificación: Tres anualidades: 2007: Gastos entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2007 2008: Gastos entre o 1 de novembro de 2007 e o 31 de outubro de 2008 2009: Gastos entre o 1 de novembro de 2008 e o 31 de outubro de 2009 Documentación relevante: memoria libre Non serán beneficiarios as asociacións de empresas ou calquera outra entidade sen animo de lucro. Gastos subvencionables: se non están especificados, os do anexo IV desta convocatoria

59 INNOVACIÓN EMPRESARIAL ANEXO VI
PREPARACIÓN DE NOVOS PROXECTOS PARA A PARTICIPACIÓN NOUTRAS CONVOCATORIAS DE AXUDAS ESTATAIS E INTERNACIONAIS Obxectivo: incrementar a participación das empresas galegas en proxectos estatais e internacionais, promovendo accións que faciliten a presenza das empresas galegas en actividades financiadas por outros organismos, para asegurar os adecuados retornos científicos, tecnolóxicos e industriais. Preparación de proxectos que se presenten a convocatorias de axuda de programas estatais (CDTI, PROFIT,...) ou internacionais (Programa Marco da UE, Programas de Innovación da UE, Eureka, Iberoeka,...) Beneficiarios: Empresas galegas de carácter privado. Modalidades de axuda: INNOVAPEME: pequenas e medianas empresas INNOVAMAIS: grandes empresas Solicitude: Documentación relevante: declaración responsable do representante legal da entidade solicitante, comprometéndose á presentación do proxecto ante a Administración correspondente. Non serán beneficiarios as asociacións de empresas ou calquera outra entidade sen animo de lucro.

60 INNOVACIÓN EMPRESARIAL ANEXO VI
PREPARACIÓN DE NOVOS PROXECTOS PARA A PARTICIPACIÓN NOUTRAS CONVOCATORIAS DE AXUDAS ESTATAIS E INTERNACIONAIS Gastos subvencionables: persoal da entidade solicitante, adicado á preparación do proxecto consultoría externa e servizos externos (busca de socios, elaboración e presentación de propostas, redacción de memorias técnicas, etc.) outros gastos suplementarios (viaxes, xornadas, publicacións, material funxible, etc.) O custo subvencionable máximo é de € (programas estatais) e de € (programas internacionais) Subvención: - INNOVAPEME: ata o 50% do custo subvencionable - INNOVAMAIS: ata o 40% do custo subvencionable O outorgamento da subvención está condicionado á presentación oficial do proxecto ante a administración correspondente. Xustificación: Unha única anualidade  Gastos entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2007 Documentación relevante: memoria libre, certificación expresa de que a solicitude foi admitida a trámite na administración correspondente

61 INNOVACIÓN EMPRESARIAL ANEXO VII
DOTACIÓN DE LABORATORIOS OU DEPARTAMENTOS DE I+D Obxecto: favorecer a creación e ampliación da capacidade estable dentro das empresas mediante estruturas de I+D de dimensión apropiada para a xeración de desenvolvemento tecnolóxico. Dotación de equipamento para laboratorios ou departamentos de I+D, existentes ou de nova creación, dentro do tecido empresarial galego. Beneficiarios: Empresas galegas de carácter privado ou público e as Agrupacións de empresas privadas. Modalidades de axuda: INNOVAPEME: pequenas e medianas empresas INNOVAMAIS: grandes empresas Solicitude: Documentación relevante: descrición do material solicitado, tres orzamentos dos equipamentos. Requisitos imprescindibles: A empresa deberá ter recursos humanos especificamente adicados á I+D A empresa deberá xustificar qué actividades e proxectos se van levar a cabo Non serán beneficiarios as asociacións de empresas ou calquera outra entidade sen animo de lucro. Non se financiarán dotacións de laboratorio para control de calidade

62 INNOVACIÓN EMPRESARIAL ANEXO VII
DOTACIÓN DE LABORATORIOS OU DEPARTAMENTOS DE I+D Gastos subvencionables: Adquisición de equipamento para investigación Instalacións e acondicionamentos imprescindibles para o funcionamento dos equipamentos adquiridos Consumibles relacionados coa posta en marcha do laboratorio ou departamento de I+D, sempre que non superen o 5 % do investimento a realizar Subvención: A cuantía será: INNOVAPEME: ata o 45% do custo subvencionable para pequenas empresas ata o 35% do custo subvencionable para empresas medianas INNOVAMAIS: ata o 25% do custo subvencionable para grandes empresas. Xustificación: Unha única anualidade  Gastos entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2007 Documentación relevante: memoria libre

63 INNOVACIÓN EMPRESARIAL ANEXO I
CREACIÓN DE PLATAFORMAS TECNOLÓXICAS Obxecto: Incentivar a posta en marcha de plataformas tecnolóxicas en Galicia co fin de planificar a investigación e o desenvolvemento estratéxico. A plataforma debe contar con: axentes representativos dos diferentes ámbitos (produtivo, científico e tecnolóxico) un Plan de Actuación que prevea a elaboración dun documento de visión a medio-longo prazo e dunha Axenda Estratéxica de Investigación. Beneficiarios: Centros Tecnolóxicos (públicos ou privados) e Clústers Empresariais de Galicia. Gastos subvencionables: persoal da entidade solicitante, adicado ás tarefas de creación consultoría externa e servizos externos outros gastos suplementarios (viaxes, xornadas, publicacións, material funxible, etc.) Subvención: ata o 100% do custo subvencionable contía máxima de € para a creación de cada plataforma tecnolóxica Xustificación: Unha única anualidade  Gastos entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2007 Documentación relevante: memoria libre, documentos editados e documentación de constitución

64 INNOVACIÓN EMPRESARIAL ANEXO II
CONSOLIDACIÓN DE PLATAFORMAS TECNOLÓXICAS Obxecto: consolidar as plataformas tecnolóxicas creadas na convocatoria de 2006. Preténdese financiar os gastos de desenvolvemento e funcionamento da Secretaría Técnica da plataforma, como órgano xestor e coordinador das súas actividades, para promover a realización das actuacións previstas na Axenda Estratéxica de Investigación definida (proxectos de cooperación, participación en programas estatais e internacionais de I+D das empresas e entidades adheridas a ela). Beneficiarios: Centros Tecnolóxicos (públicos ou privados) e Clústers Empresariais de Galicia que liderasen a creación da plataforma correspondente. Gastos subvencionables: persoal da entidade solicitante, adicado ás tarefas de consolidación consultoría externa e servizos externos outros gastos suplementarios (viaxes, xornadas, publicacións, material funxible, etc.) Subvención: ata o 100% do custo subvencionable contía máxima de € para cada plataforma tecnolóxica Xustificación: Unha única anualidade  Gastos entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2007 Documentación relevante: memoria libre, documentos editados e documentación de constitución

65 OUTRAS CONVOCATORIAS 2007

66 PROGRAMA INNOEMPRESA (IGAPE, 2007)
Normativa: Resolución 9 de maio de 2007 (DOG nº 96, do 21 de maio de 2007) Convocatoria: aberta ata o 16/07/07 Obxecto: Apoio á innovación e competitividade das PEMEs mediante a realización de proxectos, tanto individuais como colectivos, nos ámbitos tecnolóxico, organizativo e de xestión empresarial. Beneficiarios: PEMEs e organismos intermedios Proxectos: Innovación organizativa e xestión avanzada: 1.1.- Proxectos de Innovación 1.2.- Diagnósticos de situación e elaboración de plans estratéxicos. 1.3.- Deseño de novo produto Innovación Tecnolóxica e de Calidade: 2.1.- Diagnósticos tecnolóxicos e plans de mellora tecnolóxica 2.2.- Proxectos de desenvolvemento tecnolóxico aplicado. 2.3.- Implantación e certificación de acordo coas normas UNE (proxectos de I+D+i) e UNE (sistemas de xestión da I+D+i). 2.4.- Implantación e certificación de sistemas de xestión medioambiental (ISO 14001), sistemas integrados de calidade e medioambiente (ISO ISO 9001), excelencia empresarial EFQM e sistemas de xestión da seguridade da información (ISO ou eventuais desenvolvementos posteriores) Innovación en Colaboración: 3.1.- Proxectos presentados por grupos de empresas cuxa actividade forme parte da cadea de valor global dun produto 3.2.- Identificación de necesidades tecnolóxicas, desenvolvemento de solucións técnicas e organizativas comúns e utilización de servizos avanzados compartidos por grupos de pemes. Duración: máximo de 12 meses dende a data de concesión, ampliación dun máximo de 6 meses Custo financiable e cuantía da subvención: art. 5º da convocatoria Máis información: IGAPE, tf ou

67 CONVOCATORIAS PREVISTAS
in.ci.te CONVOCATORIAS PREVISTAS 2007

68 in.ci.te Convocatorias previstas
Para completar as axudas de I+D+i (2007) queda pendente unha segunda quenda coas convocatorias de: Recursos Humanos Contratos-Programa para Grupos de Investigación Dinamización da Innovación Comunicación e Sensibilización Social ORZAMENTO TOTAL ESTIMADO: 35 M€ Estas axudas están actualmente en fase de redacción e tramitación segundo cada caso

69 AXUDAS AO FOMENTO DA PROPIEDADE INDUSTRIAL (ANTIGA 2006)
Organismo convocante: Consellería de Innovación e Industria (SEGAPI) Bases e convocatoria: Orde do 16 de maio (DOG 25/05/06) Prazo presentación solicitudes: Pechada (ata o 15 de novembro 2006) Obxecto: Apoios financeiros adicados ao fomento da protección e utilización da propiedade industrial Beneficiarios: Microempresas Pequenas e medianas empresas (Pemes) Grandes empresas que cumpran os requisitos esixidos para as Pemes, só para gastos derivados da extensión territorial de títulos existentes sobre invencións Conceptos subvencionables: Solicitude de títulos de propiedade industrial Mantemento de títulos de propiedade industrial Inscripción ou transmisión de títulos de propiedade industrial Análise de rexistrabilidade de títulos de propiedade industrial Axudas: Subvención a fondo perdido, cunha contía de: 70% dos gastos subvencionables no caso das Pemes 60% dos gastos no caso das grandes empresas A suma das subvencións percibidas por un mesmo beneficiario non poderá superar os € As solicitudes serán atendidas por orde de entrada ata o esgotamento do crédito dispoñible CONTÍA TOTAL DA CONVOCATORIA: € (ano 2006) INVENCIONS, DESEÑOS INDUSTRIAIS E SIGNOS DISTINTIVOS Gastos subvencionables: Tasas e gastos de consultoría externa Grandes empresas: só propiedade industrial de invencións Inventores

70 SENSIBILIZACIÓN SOCIAL V Premios Xornalismo Científico Galicia Innovación (ANTIGA 2006)
Organismo convocante: Consellería de Innovación e Industria Bases e convocatoria: Orde do 5 de decembro (DOG 19/12/06) Prazo presentación solicitudes: Pechada Obxecto: Estimular a produción de textos xornalísticos especializados en materia científica Beneficiarios: Profesionais do xornalismo que teñan publicado algún traballo xornalístico de contido científico nun medio de comunicación da CCAA de Galicia Documentación a presentar: Formulario normalizado Currículum vitae por sextuplicado Fotocopia DNI Exemplar do traballo por sextuplicado CONTÍA TOTAL DOS PREMIOS: 7.300€

71 NORMATIVA APLICABLE Lei 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da CCAA de Galicia para o 2007 Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración Pública Galega Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación de rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia Decreto 287/2000, do 21 de novembro, de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba a Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das AA.PP. e do procedemento común Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións Real Decreto Lexislativo 4/2004, de 5 de marzo, Lei do Imposto sobre Sociedades (BOE ) Recomendación da Comisión de 6 de maio de 2003 sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DOUE L 124, ) Regulamento 448/2004 da Comisión, de 10 de marzo Regulamento 1828/2006 da Comisión, de 8 de decembro (DOUE L371/1, ) Marco Comunitario sobre axudas estatais de investigación, desenvolvemento e innovación (2006/C 323/01; DOCE )

72 MAIS INFORMACION CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA
DIRECCIÓN XERAL DE INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO SERVICIO GALEGO DE PROPIEDADE INDUSTRIAL IGAPE OTRI UNIVERSIDADE DE VIGO BOLETINES OFICIAIS (BOE, DOG, OUTRAS COMUNIDADES AUTONOMAS, DIPUTACIONS, ENTIDADES LOCAIS…) MINISTERIO DE EDUCACIÓN MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO CENTRO PARA EL DESARROLLO TECNOLÓGICO INDUSTRIAL (CDTI) OUTROS MINISTERIOS: MEDIO AMBIENTE, FOMENTO, EXTERIORES… COMISIÓN EUROPEA. DIRECCIÓN GENERAL DE INVESTIGACIÓN

73 Moitas grazas pola súa presenza e atención.


Descargar ppt "PROXECTOS EMPRESARIAIS DE I+D+i CONVOCATORIAS 2007"

Presentaciones similares


Anuncios Google